DiscoverCOMER E FALAR TODO É COMEZAR-SI RADIO GALICIA
COMER E FALAR TODO É COMEZAR-SI RADIO GALICIA
Claim Ownership

COMER E FALAR TODO É COMEZAR-SI RADIO GALICIA

Author: COMER E FALAR

Subscribed: 3Played: 147
Share

Description

Programa sobre Gastronomía galega emitido durante 8 anos na Radio Galega, que se manterá vivo como mínimo nas redes. Despois dun ano, voltamos a estar no aire, agora en SI RADIO GALICIA. Un percorrido por todo o que ten que ver co mundo da gastronomía, do viño, productores, chefs, sen perder nunca de vista algo que nos fai o que somos, a tradición. Pero por riba de todo, as persoas que estan detras deses proxectos, que son os que fan posible as historias que contamos.
144 Episodes
Reverse
Falamos con Noa López sobre unha nova edición do encontro da cultura do viño Raizames que se celebra en Taboada. Aproveitando unha visita a Sabadelle en Chantada, coñecemos o proxecto de Xulio Losada en "Casa Losada" e a marca de productos de porco duroc "Landra", criados en liberdade
Falamos con Gonzalo Pose do Argentinos Burguer de A Estrada, tras gañar o concurso da Mellor Hamburguesa de España. E charlamos con Rosana Canda e Javier Fins que veñen de poñer en marcha un novo proxecto en Baiona, El Barbaro Brasería
Charlamos con Bego Vázquez, gañadora do Cociñeira Galega 2024. Máis premios, neste caso Jacobo Diz, como mellor xove promesa da cociña da Escola Le Cordon Blue, e María Bazar gañadora en panadería no SpainSkills. E ambos alumnos pertencen o CIFP Paeo das Pontes, e falamos co seu orgulloso director, Pablo Sobrado
Neste programa recuperamos a experiencia vivida na Capela do Espiritu Santo de Francos, nunha actividade organizada por Latexos de Turismo a trave do Concello de Teo sobre o Camiño de Santiago. E tamén, o noso compañeiro Emilio Vila, lembra que fai 4 anos, durante a pandemia nacía Comerefalarlive
Un gustazo de charla e de programa coñecendo co noso compañeiro Emilio Vila ó gran "Capitan Tarteras". Daniel Ferreiro pasou polo comer e falar para contar a vida dun cociñeiro en alta mar!!
Recuperamos a sección "Blogueando" da man do compañeiro Emilio Vila, para descubrir as peripecias de Lorena de @Lorelai en instagram e lorefly en Youtube
Do noso paso por Taboada e a sua Festa do Caldo de Osos descubrimos o traballo de Panadería Dario coas suas "Sacrapastas" as Galletas e Xián. Tamén coñecemos un pouco máis o Restaurante Anduriña. Na sección de Cine e Gastronomía, Marcos Velazquez traenos unha pelicula sorprendente
Bonito programa que fixemos adicado a algo máis que unha festa. Percorremos a cultura, o patrimonio, a memoria e a identidade do pobo de Taboada a traves do seu prato estrela, o Caldo de Ósos. Charlamos con Xosé Portela teniente alcalde, co concelleiro Manuel Dieguez, coa resposable de producción da festa Noa López e cunha veciña maravillosa, Inés Abelairas que manten vivas as tradicións con orgullo
Charlamos con Guille Moscoso de Pan da Moa, sobre a elaboración do Panettonne artesano, e o seu valor. Tamén as grandes diferencias cun industrial. Viaxamos a Ponte de Lima ´ño concurso do Bolo Rei, e ali visitamos o Hotel Rural Alminhas da Míndua
Programa especial adicado ó mundo do mar, da man do noso colaborador e amigo Javier Botana, o Capitán Agallas. Aproveitando a sua visita a Galicia para percorrer as lonxa das rias baixas e as rias altas, damos un paseo pola maravillosa Praza de Abastos de Compostela
Nesta ocasión charlamos con Elena Fabeiro, Xerente da Fundación Artesania de Galicia, sobre a celebración dunha nova edición de Artesanía no prato. Na sección de Cine e Gastronomía, Marcos Velázquez trae o filme "El Menu". E na sección "Comemos Historia", Juan Otero falanos da historia do Brownie.
Parte deste programa fixemolo dende a a Feira Etiqueta Negra Gourmet de Pontevedra. Falamos con Vanesa L. Chousa, e cos responsables de Cienporcel, Montes de Boado, Viravolta Cociña Retornada e Ánades Galicia. E tamén tempo para a nosa sección "Conversas nun viño" con Mariña Fernández.
Segundo programa da Festa da Castaña do Courel. Escoitamos a benvida da alcadesa Lola Castro, o pregón da cociñeira Bego Vázquez. Charlamos cos maestros asadores e amigos de Caurelor
Primeiro os programas especiais da Festa da Castaña do Courel 2023. Charlamos con Lola Castro, alcaldesa de Folgoso do Courel sobre o concurso de tapas e a Festa. Tertulia cos membros do xurado Eva Abal, Rosalía García, Dani Keral e Xoanqui Ameixeiras
Comezamos o programa falano con Fatima Estevez do EFA A Cancela, que organizan para o 26 de outubro unha xornada con panadeiros galegos e alemáns para os alumno e alumnas da ecola. Sección "Comemos historia" con Juan Otero Chaves e "Conversas nun viño" con Mariña Fernández.
Entrevistamos a Fran e Sonia, que nos contan máis sobre o proxecto agricola Lua de Dexo. Tamén charlamos con Diego González de A Conserveira Tradición, e o gran traballo con conservas de primeira calidade. E inauguramos a nova sección de Gastronomía e cine con Marcos Velázquez.
Nesta ocasión coñecemos o traballo da cooperativa "A Carqueixa" con Román Sanchez. Coñecemos mellor a Mariña Fernández e o proxecto "Asede" do Grupo Abastos. E Falamos con Paco Gómez de a Pulperia Asador A Feira e da Asociación de A,igos da Cociña Galega e a sua recente viaxe a New York e Miami.
2º Especial adicado a Artesanía de Galicia no Corel. Nesta ocasión, falamos con Ana Loredo de Nai Diseños, Sandra de Rego de Amorote, Julia de La Cal de La Parabolica, Nerea Carpente de Peixe Nero ceramica e Carlos de San Claudio ceramica.
Especial "Artesanía de Galicia no Courel". Como en cada edición charlamos cos artesáns presentes nesta edición. Aqui visitamos os obradoiros de Susi Gesto, Lola Logaro de Hilokune, Jose e Maria Xosé de Peixesapop, Rodrigo de Tresoficios, Minia de Variopinto e Natalia de Espazo Hylica.
Primeiro dos programas adicados a "artesanía de Galicia no Courel". Charlamos con Lola Castro, alcaldesa de Folgoso do Courel e cos artesáns María Xosé Martinez e José Antonio Carrera de Peixesapop. Tamén a nosa compañeira Conchi Zúñiga falanos da gastronomía de Botswana.
loading
Comments 
Download from Google Play
Download from App Store