DiscoverA Outra Porta - Radio Nove Galicia
A Outra Porta - Radio Nove Galicia
Claim Ownership

A Outra Porta - Radio Nove Galicia

Author: Radio Nove Galicia

Subscribed: 2Played: 60
Share

Description

Da man de Jonathan Zúñiga, abrimos a porta do misterio para entrar nun mundo descoñecido.
Misterios, seres escuros e misticos, caso estranos sen resolver, o mundo máxico que non se ve, ordes secretas, expedientes desclasificados.
Síguenos e camiña con nos por un mundo descoñecido.
"E RECORDADE QUE A NOITE E ESCURA, E ALBERGA HORRORES"
38 Episodes
Reverse
Desta ocasión facemos unha pequena recopilación de muitas de nosas festividades marcadas no calendario, que teñen un orixe totalmente tradicional e pagan, así como analizaremos e falaremos doutras desaparecidas.
Neste capítulo entramos no mundo das menciñeiras, curandeiros e similares, cos seus ritos tradicionais, os cales chegan ate fai ben pouco, os cales posiblemente sexan descandentes do mundo druidico e chamanico, sobre todo no caso das mulleres.
Directo onde falamos de seu novo libro, Evolución histórica dos Limites da Galiza, onde a parte falamos de historia, mitoloxía e deuses Galaicos
Neste programa faremos a continuación do anterior sobre desgrazas míticas do pasado, falando nesta ocasión de batallas, seres mitolóxicos que pregoan desgrazas, agoiros e lugares cun pasado maldito na nosa Terra galaica.
Nesta ocasión, faremos unha pequena viaxe sobre os mitos dun pasado catastrofico, como as cidades asolagafas, pero nun contexto de conexión a, nivel mundial maior, como poden ser o mito do Atlantico ou Doggerland
Primeiro directo de A Outra Porta, onde volvemos a tocar o mundo dos Mouros e seus mitos pero en forma de tertulia en directo entre Jhonathan Zúñiga e David Outeiro. Onde os espectadores puideron facer preguntas e aportes ao tema central.
Neste programa adicamos un capítulo completo a unha temática que mencionamos en case todos os anteriores, o mundo do Megalitismo, dende seu posible orixe global, o contexto e marco Atlántico, e no mundo galaico.
Neste capítulo viaxamos a uns fenómenos que se repiten a través do tempo, quedando marcados nas lendas e mitos como San Ero de Armenteira ou Santo André de Teixido. Viaxa con nos a un mundo onde cobra protagonismo a alma e espirutu
Neste capítulo falamos dun tema pouco falado, pero que no caso da paralisis do sono, se cree que afecta a un 30% da poboación mundial, tanto que dende a antiguedade creou súa propia mitoloxía.
Neste capitulo nos adentramos no mundo dos nosos entroidos tradicionais, seu legado e base proto histórica. Falaremos dos diferentes tipos de Entroidos, seus ritos e posible orixe, todo no contexto da antiga Gallaecia.
Neste capítulo falamos sobre o substrato que inda nos queda e os datos, que se conservan, sobre ritos e cultos neste fin do ciclo solar, o solsticio de inverno, onde noso protagonista será o sol que morre e renace, e con el festividades, rituais e seres vinculados a antigas divindades supremas
Neste capitulo facemos unha pequena viaxe polo período de dominación romana na nosa Terra, entrando sobre todo en dous puntos, os contactos e cambio cultural, e logo cultos e nova mitoloxía greco-romana
Este capítulo é a continuación do anterior, onde veremos como a Cristianización vai transformando e modificando o mundo pagán anterior, así comezan seus mitos, que de base son moi similares pero todos cun substrato anterior.
Neste capitulo falamos de como a relixión cristian comezou a transformar e manipular as anteriores lendas e mitoloxía tradicionais, facendo uso de ate relatos bíblicos, aparicións marianas ou santificando os lugares, pero, deixando o legado e rito anterior moi marcado. Colaboran Tomé Martínez, David Outeiro e Santiago Pazhin ñ.
Muito temos falado dos penedos e súa maxía na nosa Terra, os veciños de todas as parroquias galegas, teñen seus penedos emblemáticos, simbólicos e con encantamentos. Muitos destas pedras teñen un legado e substrato que se vai moi atrás, hoxe elas serán nosas protagonistas.
Neste capitulo falamos do mundo dos castros con súas preguntas e enigmas, onde tamén daremos nosas humildes opinións.
Un pequeno viaxe histórico que intentará dar resposta a un dos maiores enigmas de nosa historia galaica; ¿quen estará enterrado en Compostela? Falaremos do posible orixe ancestral do Camiño, do santuario e ídolos pagans da reina Lupa no lugar, do mito do apóstolo e como non, da vida e o enigmático lugar de enterramento de Prisciliano, o último druida galaico e primeiro santo/mártir.
Estamos nunha noite máxica, no fin dun ciclo para dar comezo a outro. O sol vai morrendo e con el este mundo, e chega o frio, a falta de fertilidade da terra, a longa noite... O tempo da morte, e con el, a visita dos nosos mortos ó mundo dos vivos.
Neste programa remataremos a tempada como a comezamos, se no primeiro capitulo, na primeira semana de cuarentena falamos de como poderia reaccionar a sociedade do século XXI ante un problema global, agora analizaremos o desenlace 21 semanas despois. Tamén falaremos doutras posibles problemáticas a nivel mundial como pode ser o cambio climático.
Nesta ocasión, seguindo unha liña cronolóxica falaremos de heroes e persoaxes da nosa historia, que o seu redor formaron o mito e a lenda, quedando así inmortalizados. Tanto masculinos como femeninos, nosa cultura popular sigue contando os contos destas persoas a través do tempo.
loading
Comments