Discover
Zona Wifi - Fóra de Cobertura
40 Episodes
Reverse
Conectar dous ipads como pantallas externas é posible, bótalle un ollo a estas ferramentas
WIN: https://www.spacedesk.net/
MACOS: https://www.duetdisplay.com/
tamén https://astropad.com/product/lunadisplay/
Hoxe, en 'Zona WiFi Fuera de Cobertura', damos a benvida á 'Volta ao Cole Tecnolóxica'. Pero, en lugar de engadir máis dispositivos ao noso arsenal, falaremos de por que decidín desfacerme de algúns deles. ¡Menos é máis!"
Mini capítulo para falar de www.poe.com e que vos permite facer.
Se queres suscribirte ao boletín, estou en https://xabierrolan.substack.com/
Pois Amador e Xabi volven ás andadas. Primeiro capítulo de 2023. Non era sen tempo, pero quedou xeitoso.
Velaquí os recursos dos que falamos ao longo do episodio
Samuel Gil: #153 ¿Cuándo nos va a quitar el empleo la inteligencia artificial?
Stephen Wolfram: What Is ChatGPT Doing … and Why Does It Work?
TinyWOW (en serio, é a repanocha esta web)
Link ao grupo de Telegram. Únete e compadrea/comadrea connosco!
Pechamos o ano como so a Amador e Xabi lles gusta: especulando e cuñadeando. No canto de falar do que nos deparará o 2023 no eido da tecnoloxía, conversamos sobre o que foi o ano 2023, como se estivesemos no Nadal de 2023. Admitimos novas elucubracións, desvaríos tecnolóxicos.
Que non sabes o que é a "cistalxia"? Pois escoita o capítulo.
Escoitámonos en 2023, benqueridos e benqueridas oíntes
Fantástico, fantástico, fantástico programa con Bernabé Carrillo, que nos contou o "inside job" dende as trincheiras de A3Player e a súa visión sobre a situación actual da súa profesión e da relación que temos coas canles de televisión, plataformas de streaming e algunhas cousas máis.
A recomendación da semana, como era obvio, pasa por A3Player, e completamos a información aportada por Amador sobre Netflix e servidores, que desenvolveron https://openconnect.netflix.com/en/ onde hai moita mais info propia.
Porque xa é tarde para falar da volta ao cole, pero aínda é cedo para falar do Black Friday.
Resolvemos o concurso que tiñamos pendente, aínda que o produto que sorteamos pechou o seu servizo (algo totalmente involuntario pola nosa parte!).
Amador recoméndavos un calendario de advento de RaspBerry, e Xabier recoméndavos a triloxía de Cixin Liu "O problema dos tres corpos".
Volvemos cun episodio curtiño (para os ladrillos que nos mandamos, si, é curtiño) porque sabemos que nos botabades de menos!
O pasado mércores 13 achegueime aos micrófonos da organización da WordCamp Pontevedra (23-25 de setembro) para charlar con Wajari Velásquez, Sabela Muñiz e Ana Gavilán, e falarmos sobre a introdución de WordPress na Universidade. Un pouco para derrubar os mitos do carácter inamobible desta institución que defendo (e que me dá de comer).
Venda de entradas aquí
Volver a ter un equipo con Windows ben merece a pena contalo!
Que che conto neste episodio?
Que me levou a voltar a windows
Con que equipo volvín a Windows
Que uso lle vou a dar
Que me gusta deste regreso
Que non me gusta deste regreso, ou a qué me tiña acostumado macos
Lembra que temos un concurso en marcha, so tes que escoitar o último witip e participar :)
Retomamos as entrevistas e temas nos que non so cuñadeamos, senón que temos convidados!. Hoxe acompáñanos Oswaldo García Crespo, profesor de montaxe e novos medios na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Uvigo.
Que por que deberías escoitar todo o episodio? Pois porque temos un SORTEO moi guai. Así que xa sabes, escóitao, responde á pregunta do final e poderás gañar un Google Stadia. Así, como cho contamos.
Desta volta Amador trae un tema ben interesante, a propósito da newsletter A folla de Jacobo Tarrío: usabilidade. Pero usabilidade do lado do ben (botón do pánico) ou do lado do mal, cos deseños escuros.
Por certo, deberías escoitar o episodio ata o final.
Que pasa cando dous señores maiores falan da súa aproximación ao mundo dos videoxogos? Un vello-gamer e un novo-gamer falando de cousas de consolas e consolos, nun novo especial Wi-Tip con Amador Loureiro
Non puxemos título porque é a tertulia tecnolóxica máis tertulia e máis gamberra.
Velaquí a recomendación de Amador. E tamén a de Xabier.
E así foi como comecei a empregar o ipad como monitor externo. E o moito que me facilita a vida.
Volvemos arrexuntarnos Amador e Xabi para abordar dúas preguntas clave nas nosas (de todos) vidas dixitais: con qué tecnoloxías/produtos/trebellos non podes vivir sen eles... e con eles! Se algo che resulta imprensindible, ou "pa'qué" inventaron iso, cóntanolo!!!!
Ademais, se aguantas ata o final, escoitarás un dos momentos máis épicos das bandas sonoras dos videoxogos. Iso nin Hans Zimmer!
Hoxe falamos do directorio de expertas udcientificas.com, unha proposta do CEXEF na UDC liderado pola profesora e investigadora Teresa Piñeiro.
A Teresa Piñeiro tamén a podedes escoitar en Micromachismos ou Voces do CEXEF
Queríamos falar de algoritmos e abrimos demasiados melóns. Son cousas que pasan cando Amador e Xabi botan a falar ás veces sen pensar as cousas moito, e de comentario a comentario, tertulianos a monte que se volveron :)
Spark, Outlook, Mail, Mimestream... ningunha aplicación me permite todo o que quero! Problemas do primeiro mundo tecnolóxico para comezar o ano 2022. Ah, e a ver se notades algo diferente na gravación. Xa vos contarei...
Esta semana falamos sobre produtividade. Comezamos co correo electrónico, pero prometemos que falaremos outra vez sobre este tema, porque atallos, rutinas, pequenas apps ou metodoloxías... son parte do noso día a día.
O titular ben podería ser que Amador é unha "persoa de bata", pero o eixo temático deste capítulo son os odios en internet e sobre a tecnoloxía. Que cousas aborrecen Amador e Xabi? Sobre que falamos de discursos de odio en liña? Todo isto e moito máis (escuro) nun episodio que remata coa luz das recomendacións deste episodio de outono.



![S03 E11 [especial webinar WordCamp Pontevedra] "WordPress na Universidade de Vigo", con @wajariv, Ana Gavilán e @castrovilar S03 E11 [especial webinar WordCamp Pontevedra] "WordPress na Universidade de Vigo", con @wajariv, Ana Gavilán e @castrovilar](https://d3t3ozftmdmh3i.cloudfront.net/production/podcast_uploaded_episode400/3787434/3787434-1657894718140-62dd40bda056f.jpg)


