DiscoverCafé Derby 21
Café Derby 21
Claim Ownership

Café Derby 21

Author: Café Derby 21

Subscribed: 16Played: 752
Share

Description

Unha sobremesa cultural e lixeira onde todo cabe. Con Nicolás Carreira, Carme Domínguez, Adrián Lede e un invitado ou invitada cada semana.
·
Podes atoparnos en Vinte na Praza e no noso perfil de Twitter e Instagram: @cafederby21 ✌️
103 Episodes
Reverse
Logo de varias semanas de incógnitas, nos últimos días moitos misterios foron desveleados, algúns positivos e outros non tanto. Para achegarnos á máxima actualidade no campo da investigación e resolución de incógnitas, neste programa contamos coa escritora e dama da novela negra, Arantza Portabales. Xunto a ela repasamos cuestións tan variadas como a paixón polo misterio, os nosos asasinos e detectives favoritos, os elementos para unha boa novela negra, misterios actuais como o de Kate Middleton e esa crise de comunicación, ou as motivacións para matar, desde o persoal ata o profesional. · Podes atoparnos en ⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠Vinte na Praza⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠, no noso perfil de Twitter ⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠@cafederby21⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠ e en ⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠Instagram⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠ ✌️ · Co apoio inestimable de Deleite💙
Que ninguén se deixe enganar polo título deste programa! Xa se tratou abondo a nostalxia e os recordos, por iso quixemos darlle un ollar diferente á materia. Para facelo con motivo e con consello experto, neste episodio contamos co cineasta Bruno Arias, finalista aos premios Mestre Mateo co seu debut 'Os espazos en branco'. Neste documental, Bruno achégase á figura da súa tía, Xela Arias, dun xeito íntimo e persoal. Efectivamente, imos falar da 💭MEMORIA💭. Para non poñernos puristas e densos, parolamos sobre o persoal, os primeiros recordos, as mortes de familiares influíntes, momentos históricos e onde estabamos, cambios de papas, o 11S, a construción de recordos ou as cámaras analóxicas. · Podes atoparnos en ⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠Vinte na Praza⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠, no noso perfil de Twitter ⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠@cafederby21⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠ e en ⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠Instagram⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠ ✌️ · Co apoio inestimable de Deleite💙
Saúde para todxs! Esta semana propoñemos un brinde para nós por sacar a diante unhas semanas raras e continuar como se nada. Por iso, quixemos contar coa opinión dunha experta na comedia, na arte de vivir e dos lugares onde se brindan. Dámoslle a benvida a Leti da Taberna para parolar sobre 🍺OS BARES🍺. Xunto a ela repasamos a nosa traxectoria vital de bares, tabernas e recunchos, historias arredor dos bares, o novo conflicto da Hortelería e os seus bares fabricados en cadea sen personalidade, as casas de comidas tradicionais, a importancia da taberna no núcleo rural e os nosos bares de favoritos na cultura, como Los Serrano, Pratos Combinados ou Seinfeld. · Podes atoparnos en ⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠Vinte na Praza⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠, no noso perfil de Twitter ⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠@cafederby21⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠ e en ⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠Instagram⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠ ✌️ · Co apoio inestimable de Deleite💙 e o traballo de edición de Xoán Bregua💚
ÚLTIMA HORA: Galicia vai a eleccións o #18F. Aínda non sabías nada disto? Quizais eras a última persoa do país. En calquera caso, un evento tan relevante para o futuro e a cultura tiña que ter o seu oco no Café Derby 21, pero desde o noso propio terreo. Por iso, contamos co xornalista, comunicador político e director de Ou Ké!, Iván Iglesias para parolar sobre 🗳️ AS ELECCIÓNS 🗳️, pero as de todos tipos. O equipo de Ou Ké! está cubrindo a campaña e as semanas previas ás eleccións galegas, por iso xuntámonos con Iván Iglesias para coñecer a importancia de Ourense nestes comicios, as posibilidades de goberno alternativo de esquerdas ou os candidatos, ademais de facer as nosas porras e quinielas. Ademais tamén tratamos as outras 🗳️ ELECCIÓNS 🗳️ que nos tocan de preto: a canción Zorra de Nebulossa a Eurovisión, a final de Operación Triunfo e as eleccións vitais (tomadas ou non) que non traen ata onde estamos. · Podes atoparnos en ⁠⁠⁠⁠⁠⁠Vinte na Praza⁠⁠⁠⁠⁠⁠, no noso perfil de Twitter ⁠⁠⁠⁠⁠⁠@cafederby21⁠⁠⁠⁠⁠⁠ e en ⁠⁠⁠⁠⁠⁠Instagram⁠⁠⁠⁠⁠⁠ ✌️ · Co apoio inestimable de Deleite💙 e o traballo de edición de Xoán Bregua💚
Aínda que somos persoas que apostan por dialogar e falar de calquera tema con calquera convidado, ás veces é preciso contar con expertos na materia que senten cátedra e falen con coñecemento pleno. Por iso, para animar o comezo do ano, dedicamos o programa ao 🤙BO ROLLO🤙 e parolamos con Samuel e Matías, de The Rapants, que presentan o seu próximo disco 'La máquina del buen rollo'. Xunto a eles repasamos algúns dos seus temazos, como o seu novo single 'Blaster w4u', e afondamos na importancia de estar en equilibrio, surfear os problemas, rematar cos egos e ser abertos para afrontar os desencontros pola convivencia. O bo rollo infíltrase e acabamos como no post concerto de The Rapants, amigos falando con amigos sobre a vida. · Podes atoparnos en ⁠⁠⁠⁠⁠Vinte na Praza⁠⁠⁠⁠⁠, no noso perfil de Twitter ⁠⁠⁠⁠⁠@cafederby21⁠⁠⁠⁠⁠ e en ⁠⁠⁠⁠⁠Instagram⁠⁠⁠⁠⁠ ✌️ · Co apoio inestimable de Deleite💙 e o traballo de edición de Xoán Bregua💚
Aínda que parecía non chegar, aquí está: EPISODIO NÚMERO 100 DE CAFÉ DERBY 21. Celebramos o noso centenario (esta foi a grabación número 100) dun xeito simbólico e que nos leva de novo á nosa orixe. Efectivamente, volvemos ao online pero por un bo motivo, a nosa convidada vive en Italia. E con ela tamén logramos un fito: a primeira persoa do Deporte como convidada. Dedicamos o episodio 100 ao ⚽ FÚTBOL ⚽ coa futbolista Vero Boquete. Repasamos a traxectoria dunha das mestras do deporte rei, desde os seus comezos nas categorías infantiles ata o seu presente en Italia ou o paso por Estados Unidos, ademais de achegarnos á realidade actual do fútbol feminino, o seu estado de gloria, os referentes ou os múltiples casos de discriminación e polémicas vividos nos últimos tempos. · Podes atoparnos en ⁠⁠⁠⁠Vinte na Praza⁠⁠⁠⁠, no noso perfil de Twitter ⁠⁠⁠⁠@cafederby21⁠⁠⁠⁠ e en ⁠⁠⁠⁠Instagram⁠⁠⁠⁠ ✌️ · Co apoio inestimable de Deleite💙 e o traballo de edición de Xoán Bregua💚
No primeiro episodio de 2024 queremos recoller as emocións e vivencias das últimas semanas de tolemia festiva. Achegámonos ata un dos nosos lugares de calma, o Café Universal, na Coruña, para parolar sobre algo esencial e moi presente nestes días: 🏠 O FOGAR 🏠. Para abordar semexante tema, contamos cun dos escritores galegos máis celebrados en 2023 e de futuro prometedor: Brais Lamela, autor de Ninguén queda e gañador do Premio Nacional da Crítica. Xunto a este vilalbés afincado en New York falamos da importancia da cociña dentro do fogar, das dinámicas que se forman na cociña, dos tipos de cociña e de como fan fogar, do retorno ao fogar familiar, da perda de liberdade, do retorno efímero á adolescencia e a calefacción dos apartamentos ao norte de Manhattan, entre outros temas. · Podes atoparnos en ⁠⁠⁠Vinte na Praza⁠⁠⁠, no noso perfil de Twitter ⁠⁠⁠@cafederby21⁠⁠⁠ e en ⁠⁠⁠Instagram⁠⁠⁠ ✌️ · Co apoio inestimable de Deleite💙 e o traballo de edición de Xoán Bregua💚
Pechamos este ano 2023 cun episodio moi especial para nós porque é a celebración dun aniversario único na cultura galega. Achegámonos ata Santiago de Compostela para parolar con Dios Ke Te Crew, en concreto con Sokram porque se nos xuntamos todos poderíamos xogar ao fútbol sala, banda fundamental na escena do rap en Galicia e en galego. Logo dunha carreira de 20 anos celebrada nun doble concerto-homenaxe-evento nas salas Capitol e Malatesta, puxemos calma para afondar no tema do programa: 📍 PIONEIROS 📍. Repasamos os comezos de Dios Ke Te Crew, como foi rachar prexuízos, ser referente para novas xeracións ou todo o que leva mudado en dúas décadas. · Podes atoparnos en ⁠⁠⁠⁠Vinte na Praza⁠⁠⁠⁠, no noso perfil de Twitter ⁠⁠⁠⁠@cafederby21⁠⁠⁠⁠, en ⁠Tik Tok⁠ e en ⁠⁠⁠⁠Instagram⁠⁠⁠⁠ ✌️ · Co apoio inestimable de Deleite💙 e o traballo de edición de Xoán Bregua💚
Neste aínda 2023 non podía faltar un programa* cunha das revelacións da temporada e un talento único, froito do encontro entre Galicia e Euskal Herria. Atopámonos coa cineasta Jaione Camborda en Santiago de Compostela, no clásico Pub Momo da capital galega, e, antes que nada, brindamos pola súa Concha de Oro no Festival de San Sebastián grazas a O Corno, un dos filmes da temporada e dentro do noso top do ano. Ela xa é profeta na súa terra, en todas elas. Xunto a Jaione Camborda falamos neste programa sobre 🚫 O PROHIBIDO 🚫 a raíz do que acontece no filme O Corno, pero tamén en todos os ecos que resoan na actualidade. Achegámonos a pensar sobre as liberdades, pensar que os anos 80 eran máis libres, a prohibición social sobre a sexualidade ou autocensurar o teu desexo. *AVISO: Por mor dun problema técnico no procesado do arquivo de audio, este programa ten unha duración lixeiramente inferior á habitual. Lamentamos as molestias, O Corno volverá ao Café Derby 21. Prometido! · Podes atoparnos en ⁠⁠⁠Vinte na Praza⁠⁠⁠, no noso perfil de Twitter ⁠⁠⁠@cafederby21⁠⁠⁠ e en ⁠⁠⁠Instagram⁠⁠⁠ ✌️ · Co apoio inestimable de Deleite💙 e o traballo de edición de Xoán Bregua💚
Sección Intersección (02:19) Café Derby 21 con David Fidaldo (14:45) Para este programa tivemos o pracer de formar parte do festival Intersección, o festival de cine internacional da Coruña. Nesta ocasión, o noso convidado é o cineasta, animador e artista visual David Fidalgo, que está tendo unha feliz temporada de festivais e premios con 'Sandwich Cat'. Fidalgo é un dos iconos actuais en Galicia sobre o humor absurdo e existencial que toca nos límites coas bágoas, por iso foi o momento perfecto para falar sobre 😭A TRISTEZA😭. Pero ao contrario do que pode parecer, nada ou case nada neste programa é motivo de choros. Xunto a David Fidalgo repasamos animación de adultos, momentos traumáticos na ficción, mortes e penurias varias nas series de televisión como en 'Médico de familia', os memes e como nos contamos a través deles ou, por primeira vez, a nosa relación co humor negro. Pero antes de falar con el, contamos cunha sección Intersección, unha conversa curta con dous dos talentos galegos que formaron parte do festival: Breogán Xague e Sabela Eiriz. · Podes atoparnos en ⁠⁠⁠Vinte na Praza⁠⁠⁠, no noso perfil de Twitter ⁠⁠⁠@cafederby21⁠⁠⁠, en Tik Tok e en ⁠⁠⁠Instagram⁠⁠⁠ ✌️ · Co apoio inestimable de Deleite💙 e o traballo de edición de Xoán Bregua💚
Achegámonos de novo ata Santiago de Compostela, aínda que só dúas partes das tres que compoñen o Café Derby 21 chegaron ata a estación de tren. Quen falta e por que? No programa resólvese o misterio. Quen non faltou foi o noso convidado, alguén a quen tiñamos moita gana de escoitar e que parolase con nós: MONDRA. Un dos fenómenos musicais deste ano, sen dúbida. Por iso, aproveitamos para falar sobre 👏O RITMO👏, non só no seu disco debut ARDĒN, que tamén, pero sobre os ritmos de vida, baixarlle unha ao ritmo actual, como é pasar do ritmo de anonimato a ter un perfil público más amplo, o ritmo da creación... E unha morea de cousas máis! · Podes atoparnos en ⁠⁠Vinte na Praza⁠⁠, no noso perfil de Twitter ⁠⁠@cafederby21⁠⁠ e en ⁠⁠Instagram⁠⁠ ✌️ · Co apoio inestimable de Deleite💙 e o traballo de edición de Xoán Bregua💚
OLA!!!!! Boas, como andamos? Café Derby 21 volve para unha 4ª temporada, era inevitable. Logo dunhas vacacións merecidas e semanas invisibles de traballo, rachamos o noso silencio para facer o mellor comeback posible: REVISITARNOS A NÓS MESMXS. Por iso, no primeiro programa desta nova temporada falamos de ⌛ PASAR O TEMPO ⌛ coa nosa madriña, a nosa benquerida Berta Dávila. Ademais de parolar sobre literatura, tamén contamos as anécdotas detrás dos nosos comezos, sobre vivir no presente, ollar ao pasado, arriscar o futuro, máquinas do tempo, exparellas e segundas oportunidades. Xa estamos aquí! 💙 · Podes atoparnos en ⁠Vinte na Praza⁠, no noso perfil de Twitter ⁠@cafederby21⁠ e en ⁠Instagram⁠ ✌️ · Co apoio inestimable de Deleite💙 e o traballo de edición de Xoán Bregua💚
Os tempos son chegados e como avisamos semanas atrás, a terceira temporada do Café Derby 21 chega ao seu fin. Como non podía ser doutro xeito epara estar á altura dun ano tan tolo como 2023, deixamos un programa histórico para a memoria e como peche perfecto a tantas semanas mantendo o nivel. Por iso, desprazámonos ata o Parlamento de Galicia para falar dos ✅FINAIS✅ con... Ana Pontón! Aproveitando o final da campaña electoral para as municipais e o fin da nosa terceira temporada, falamos con Ana Pontón sobre como facer para relaxarnos logo do estrés acumulado, como é a sensación de rematar un proxecto importante para unha mesma ou sobre o fin do anonimato e ser unha persoa pública, Tamén botamos a vista atrás para lembrarnos dos finais de curso escolar, dos bailes de fin de curso, da chegada do verán e de como iso cambia cando eres universitario, que o fin de curso pode ser en setembro ou xullo polas recuperacións. E para rematar, parolamos e fantaseamos con Ana Pontón sobre como sería o noso último día na Terra no caso de chegar a fin do mundo, ou sobre como rematar ben un día que foi perfecto. Ademais, recollemos algún momentos chamados Fin de la cita, en homenaxe a Mariano Rajoy e o seu gazapo icónico e algúns finais de películas que nos deixaron do revés. En resumo, este é o fin da terceira temporada do Café Derby 21, desde o Parlamento de Galicia. Quen contaba? Unha aperta e grazas por estas semanas de cariño e apoio💚 · Podes atoparnos en Vinte na Praza, no noso perfil de Twitter @cafederby21 e en Instagram ✌️ · Co apoio inestimable de Deleite💙 e o traballo de edición de Xoán Bregua💚
Esta semana estreamos o penúltimo programa da tempada e achegámonos ata Santiago de Compostela, con vistas á Cidade da Cultura desde a terraza do Balcón das Brañas. Rompemos o noso día a día para falar, precisamente, sobre 🗓️A RUTINA🗓️ coa amiga do programa e creadora de contido: Sara Seco. Repescamos o acontecido no Petiscos no Derby, dispoñible en YouTube, para volver a falar sobre os vídeos de tipo daily routine, observar as vidas alleas a través de pantallas, a liberdade de facer o que debemos e non o que queremos, a vida de Lovely Pepa ou a cabra que foi votar a Valga. tamén relatamos unha lista de rutinas forzosas e adultas das que queremos fuxir e esas outras que non poden faltar no noso día a día. · Podes atoparnos en Vinte na Praza, no noso perfil de Twitter @cafederby21 e en Instagram ✌️ · Co apoio inestimable de Deleite💙 e o traballo de edición de Xoán Bregua💚
Neste programa celebramos o Día das Letras Galegas dun xeito especial ou, mellor dito, en compañía dalguén especial, unha icona pop e poeta das que figuran nos temarios de bacharelato e oposicións: Yolanda Castaño. Tomando como inspiración os anos de silencio editorial e distancia entre poemarios na súa obra, e grazas ao feito de que é veciña de Nico, aproveitamos para falar dun tema que atravesa a todo o mundo: 🚌A DISTANCIA🚌. Con Yolanda Castaño parolamos sobre o concepto ALSA por amor, as relacións a distancia, as amizades diseminadas polo globo terráqueo, a comunicación dos sentimentos na distancia (física ou figurada) ou as residencias literarias, o proxecto vital da nosa convidada e outra forma de afastamento. Tamén reflexionamos sobre o feito de poñer terra de por medio entre os problemas ou a cuestión da equidistancia. Finalmente, afondamos no barrio, na proximididade e nas metas vitais de cada un. · Podes atoparnos en Vinte na Praza, no noso perfil de Twitter @cafederby21 e en Instagram ✌️ · Co apoio inestimable de Deleite💙 e o traballo de edición de Xoán Bregua💚
Esta semana achegámonos ata Vilalba, capital da chairega por excelencia, para gravar o Café Derby 21 como parte da programación do Festival Independente de Vilalba, o FIV, que para nós xa é un espazo querido. Alí, xunto ao afortunado público que gañou as entradas por sorteo, conversamos con Carlangas (alias Carlos Pereiro, ou viceversa), que vén de facer o seu debut musical tras a separación de Novedades Carminha. Precisamente, este foi o día tamén no que Carlangas deu o seu primeiro concerto en Galicia dentro deste novo ciclo. Xunto a él e desde a Casa da Cultura, falamos sobre eses delicados momentos que poderíamos chamar 1️⃣PRIMEIRAS VECES1️⃣, como o primeiro amor, o primeiro bico, o primeiro disco, o primeiro concerto ou, de xeito aleatorio, a primeira comuñón. Este programa é difícil de resumir, o mellor xeito de achegarse a el é escoitalo como se fosse, de feito, a primeira vez. · Podes atoparnos en Vinte na Praza, no noso perfil de Twitter @cafederby21 e en Instagram ✌️ · Co apoio inestimable de Deleite💙 e o traballo de edición de Xoán Bregua💚
Esta semana sentamos arredor dunha mesa no Café Universal, na Coruña, para abrirnos en canle e compartir algunas das nosas historias persoais ao tempo que unimos as experiencias con referentes que adoramos. Por suposto, este programa tiña que chegar. Falamos sobre os SENTIMENTOS co laureado poeta e amigo do programa, Ismael Ramos, poñendo o corpo por diante e a nosa vida á altura das doutros loables personaxes. Parolamos sobre a alegría, a cultura da felicidade constante, a tristeza, a confusión da depresión, a situación actual da saúde mental, a problemática da terapia publicitada, a ira ou cartas de amor. Atravesamos todo un mundo de sentimentos e pensamentos para contar algunhas das nosas historias e, sobre todo, reflexionar sobre cómo estamos agora mesmo. · Podes atoparnos en Vinte na Praza, no noso perfil de Twitter @cafederby21 e en Instagram ✌️ · Co apoio inestimable de Deleite💙 e o traballo de edición de Xoán Bregua💚
Para o programa desta semana fixemos unha viaxe dobre: ata a costa, pola zona de Arousa, e ao noso interior, preto do corazón e a alma. Así é como nos sentimos logo de ver o filme Matria, que está arrasando en cinemas e non podía faltar nesta temporada do Café Derby 21. Un dos fitos culturais deste 2023. Para achegarnos ao que significa 💪A MATRIA💪 consultamos e parolamos cos artistas detrás do fenómeno: o cineasta Álvaro Gago e as actrices María Vázquez e Susana Sampedro. Apoiándonos en momentos do filme chegamos ata as nosas propias conclusións. Reflexionamos sobre o carácter peculiar e único non só da xente do mar, senón desa área xeográfica de Galicia, tamén acerca do sentido do humor, o traballo asalariado, o teito de cristal, a muller obreira, o amor propio, a sexualidade e sensualidade na idade adulta, a autorealización ou o acento. · Podes atoparnos en Vinte na Praza, no noso perfil de Twitter @cafederby21 e en Instagram ✌️ · Co apoio inestimable de Deleite💙 e o traballo de edición de Xoán Bregua💚
Este programa é especial, único na súa especie! Collemos o coche a arrincamos en ruta pola provincia da Coruña para facer o que máis nos gusta: comer e falar. Para esta reportaxe sonora e dialogada, sentamos no Coffee Mori co crítico gastrónomico, escritor e historiador da arte, Jorge Guitián, para parolar arredor do concepto da 🍴SOBREMESA🍴 e gastronomía. Para acompañar a conversa, eliximos 3 doces típicos da provincia da Coruña que vertebran o que argumentamos ao longo do programa: ·Os melindres da Estilo (@doceriaestilo) ·A larpereira de Lorbé (@panaderia_lorbe) ·As maruxas de nata (@maruxasdenata) Xunto ao experto na materia, repasamos cuestións arredor da repostería, o doce, os biscoitos, a tradición, o papel histórico e fundamental da muller na gastronomía, o factor xeracional, a sobremesa como cultura e moitos máis temas. Todo acompañado por un delicioso café de selección e estes selectos productos! Podes atoparnos en Vinte na Praza, no noso perfil de Twitter @cafederby21 e en Instagram ✌️ · Co apoio inestimable de Deleite💙 e o traballo incansable da nosa técnica, Katia Lodeiro 💚 Vinte en Ruta faise coa colaboración de Turismo da Deputación da Coruña.
💅AS DIVAS💅 con Hydn

💅AS DIVAS💅 con Hydn

2023-02-2201:00:12

Rematamos o noso retorno ao telemático traendo boas novas e prometendo grandes anuncios proximamente (moi proximamente), pero ademais coa resaca dun Entroido moi necesario para todos que nos inspirou fondamente para este programa. Porque o Entroido ten os mesmos elementos que unha boa diva: espectáculo, estética e música de calidade. Para falar, precisamente, das 💅DIVAS💅 falamos con Hydn, un dos talentos máis interesantes da actualidade e obviamente made in Galicia. Con Hydn repasamos o acontecido con Rihanna na Superbowl, comentamos as nosas actuacións favoritas dese evento e outros, trazamos como debe ser un show de nivel, reflexionamos sobre a estética, tribos urbanas e demais. Parolamos, finalmente, sobre a carreira e o futuro da nosa convidada que deixou unha EXCLUSIVA CAFÉ DERBY 21‼️ • Podes atoparnos en Vinte na Praza, no noso perfil de Twitter @cafederby21 e en Instagram ✌️ · Co apoio inestimable de Deleite💙 e o traballo incansable da nosa técnica, Katia Lodeiro 💚
loading
Comments 
Download from Google Play
Download from App Store