DiscoverBueno Carallo Bueno
Bueno Carallo Bueno
Claim Ownership

Bueno Carallo Bueno

Author: Bueno Carallo Bueno

Subscribed: 3Played: 4
Share

Description

O mellor puto podcast en galego do mundo.
#OutroPodcast
55 Episodes
Reverse
Alberte e Silvio abandonan o baño de masas no Centro Galego de Barcelona para volver a facer o programa na casa. O retorno á vida ordinaria lévaos a comentar comentarios de FIDBACA sobre o episodio ao vivo e a constatar que pouco a pouco están á construir unha linguaxe propia do podcast. Como cando falan do mítico Antetokounmpo dominicano. Ademais, teñen tempo de escoitar unha mítica canción da autoría de Alberte e de falar dos prezos dos pisos en Ourense. En redes, @carallobueno
Alberte e Silvio dan o salto ao mundo do podcast en vivo, con público, nun lugar centenario como é o Centro Galego de Barcelona. Falaron de alopecia, da fichaxe do meteorólogo de TV3 Tomás Molina por ERC e tamén da súa chegada -de nenos- a Catalunya. Contaron coa presenza de dous convidados (Suso Mon, de ERGAC, e Anxo Baranga, de Furafollas) e máis tamén de dúas VIP: as súas nais! En redes, coma sempre, en @carallobueno.
Alberte e Silvio falan de moitos temas, todos propostos por Silvio porque (oh, sorpresa!) Alberte hoxe tampouco preparou nada. Os Ondas do Podcast, as eleccións en Portugal e polo resto un programa moi cinéfilo: falan dos Oscars e de Dune 2. Co gallo do pasamento de Akira Toriyama, abren un debate sobre cal é a versión boa da dobraxe de Dragon Ball: a galega ou a catalá. En redes, en @carallobueno.
Alberte e Silvio fan, contra todo pronóstico, un programa nada rosmón. A actualidade galega foi o tema principal, aínda que tamén falaron das eleccións. Tiveron tempo pra falar dos efectos secundarios das alerxias, dar unha recomendación hosteleira galegocatalana e a crítica da película da que xa falou todo o mundo. En redes, en @carallobueno.
Alberte e Silvio analizan, ao seu xeito, as eleccións galegas do 18 de febreiro e comentan o debate. Tamén falan de El Xokas, dos pais de Ana Pontón e dos premios Mestre Mateo. Dan resposta a unha pregunta universal: só unha afeitadora pra colloada e cara ou mellor ter dúas? Nota: o programa inclúe un ataque de risa inxustificado de más de medio minuto. AVISADOS QUEDADES. En redes, en @carallobueno.
Alberte e Silvio celebran un programa especial de Nadal a golpe de 16 de xaneiro. Moi do estilo deles. Falan de Cuba, Pachi Vázquez, pellets e dos regalos de Reis que os fan sentir aínda máis vellos. Un programa completiño, cinco semanas de ausencia ben o merecían. En redes, en @carallobueno.
Alberte e Silvio fan o programa máis tolo da tempada. Cheo de comparacións absurdas, metáforas innecesarias e moitísimos xogos de palabras, algo que só eles se poden permitir. Falan da campaña de vacinación da gripe, do xogo de loterías e a nova afición de Silvio por oficiar casorios. En redes, en @carallobueno.
Alberte e Silvio regresan despois dun parón de mes e medio motivado por outra puta viaxe de Silvio ao cú de mundo (É A PRIMEIRA VEZ QUE ALBERTE ESCRIBE A DESCRICIÓN DO CAPÍTULO). Falan das eleccións arxentinas, dos audios e vídeos familiares e do terceiro aniversario do programa. Alberte é o mellor comunicador do mundo (ALBERTE, DEIXA O TECLADO XA). En redes, en @carallobueno.
BCB 4x03 - Filipinas

BCB 4x03 - Filipinas

2023-10-1101:01:38

Alberte e Silvio adican un programa case monográfico a analizar o casorio do segundo, como non podía ser doutro xeito. Entón, por que leva de título 'Filipinas'? Escoitádeo, non me sexades LACAZÁNS. Incorporan un dos concursos de Silvio pra poñer a proba a ignorancia de Alberte, neste caso en ámbito xeográfico. En redes, en @carallobueno.
Alberte e Silvio encetan a que será a cuarta tempada do mellor puto podcast en galego do mundo cun programa que o gran Arsenio Iglesias definiría coa mítica frase "mucho que decir, poco que contar". Aínda así, tocan temas como o inicio do curso escolar ou a súa ausencia de vacacións por mor de compromisos radiofónicos. Como estrela convidada volve aparecer o mediático tiktokeiro Maguila Mudança, o superheroe brasileiro. Todo isto e moito máis, no Bueno Carallo Bueno!
Último programa da terceira tempada do mellor p*** podcast en galego do mundo. Neste programa Alberte presenta o que será o seu proxecto para este verán, que contra todo pronóstico implica TRABALLAR! Silvio achegou as heroicidades do mítico MAGUILA MUDANÇA, un señor de Sao Paulo que levanta neveiras cunha man. Un crack. As vacacións de Silvio implican un país exótico, como as cancións do verán que repasan ao final do programa. Haberá cuarta temporada! En redes, coma sempre, en @carallobueno!
Alberte e mais Silvio volven ao mellor p**** podcast en galego do mundo, para perpetrar o que será o penúltimo episodio da tempada. O pai de Silvio, Manolo, mándalle un audio en directo a Alberte... A súa reacción é ben divertida! Atopan tempo para comentar o caso Messi, a toma de posesión do novo alcalde de Xenebra, a nova película de animación preferida de Alberte ou a visita de Paco -o can de Alberte- ao veterinario. Moitos temas, moita leria, algo de cafeína e ganas de ir ao VÁTERE de don Alberte. Coma sempre, en redes en @carallobueno!
Alberte e Silvio debullan o resultado do partido de pádel máis esperado do 2023. O certo é que o partido de pádel estivo a piques de non celebrarse, e esa historia marca o desenvolvemento do programa. Xa veredes, xa! Antes, iso si, teñen tempo de acuñar un novo tempo "o forniquete", falando das novas habilidades de galán de Alberte e dos problemas de saúde de Silvio. Un pouco de todo. Tamén teñen tempo de agradecer a "don Gervasio" o seu licor café e de falar do "fardel" do Manolo, o pai de Silvio. E en redes, en @carallobueno!
A previa da GABALI CUP, a competición máis importante de pádel do mundo, marca este episodio do Bueno Carallo Bueno. O equipo dos 'Albertos' enfrontarase ao 'Falcón Team' no Gabali Cup Arena tamén coñecido como Pista Municipal La Verneda - Sant Martí de Provençals. Temos nivel, pero de momento temos que pagar pola pista, que lle imos facer. Mentres acaban de chegar as ofertas de patrocinio por parte de Isostar e Powerade, o amigo do programa Alberto da Sinda tróuxonos un obsequio de primeiro nivel: LICOR CAFÉ, o dóping da Gabalí Cup. Alberte e Silvio falan tamén dun misterioso político que coñeceu Silvio e dunha anécdota algo escabrosa que viviu Alberte nun velorio. Moita tela pra cortar! En redes, en @carallobueno!
O bidé xa non se usa tanto, e mira que ben podía ser unha solución contra a sequía. Ben, iso é o que pensan Alberte e Silvio neste programa do mellor puto podcast en galego do mundo. En plena resaca do Sant Jordi, onde Silvio asinou libros a multitudes, o mellor puto podcast en galego do mundo prepárase para un evento planetario. O partido de pádel máis esperado da vía láctea, a GABALÍ CUP, xa ten confirmadas as súas alineacións. Trrreeemendoo HYPEEE o que se respira! Silvio viaxou a Navarra e aproveito para contar en público un segredo de Alberte sobre San Fermín. Tremendo máquina. En redes, en @carallobueno!
BCB 3x11 - Dalai Drama

BCB 3x11 - Dalai Drama

2023-04-1250:09

Silvio e Alberte encetan unha nova edición do podcast ás presas. Alberte non lembraba que tiña unha reunión de veciños en menos dunha hora. Silvio aproveita este espazo pra rajar da súa sogra todo o que lle da. Na exitosa sección 'Puto Pádel' conseguen algo histórico: poñer data pra o famoso partido da GABALÍ CUP. Volve o tío Pedro (a sintonía vaivos namorar!) e na parte final do programa coñeceredes un motivo que pode poñer en perigo a continuidade deste podcast. En redes, en @carallobueno!
Alberte e Silvio son detractores do mate e non entenden como na Arxentina e no Uruguai son capaces de consumir esa p*** m*****. Con perdón, non vaia ser que caia a xira latinoamericana prevista para o outono do 2023. Tratan o novo look de Alberte, despois da súa visita á consulta do prestixioso doutor Asumir. Na exitosa sección 'PUTO PÁDEL' vanse desvelando detalles do que será o partido do século, o máis semellante a un Amigos de Zidane vs Amigos de Ronaldo, un solteiros contra casados MAL. Alberte segue odiando a Silvio porque viaxa máis ca el; ben, porque viaxa. En redes, en @carallobueno!
BCB 3x09 - GABALÍ

BCB 3x09 - GABALÍ

2023-03-1059:49

Alberte e Silvio volven á carga despois de superar as calçotades, tremendo esforzo levaron! Silvio quéixase de que comeu pouco mentres que Alberte papou UN GABALÍ. Convirten o programa nun magacín falando dos Mestre Mateo e da súa versión de marca blanca: os Oscars de Hollywood. Estrean sección do deporte que se inventou para os que non queren facer deporte: O PUTO PÁDEL. Hai reto á vista. En redes, en @carallobueno!
Alberte e Silvio volven ao podcast para falar de dous temas de ardente actualidade: o entroido e as calçotades. Cousas deste tempo do ano, para desfrutar e para vivir. A ver, moito coidado cos calçots, que entran ben pero saen mellor. Máis detalles no programa! Co gallo de nacemento do fillo do grandísmo Lucas Pérez, Alberte fala da actualidade da súa cativa que pasa polas visitas de portas abertas ás escolas. Ademais, Silvio atopou un recorte de prensa histórico no que se demostra o pedigrí radiofónico dos condutores do mellor puto podcast en galego do mundo.  En redes, en @carallobueno!
O podcast quincenal máis irregular da historia do podcasting está de volta, xa no 2023! Con moitos temas coma sempre, con plans de xira por Sudamérica e coa vontade de atopar patrocinadores capaces de aturar as súas tolemias. Será por ideas! Silvio explica como lle levou unha pequena propina a San Benito (e quen o mandou alá) e Alberte conta as horas do podcast como traballar. Menudos mangantes. O certo é que lles quedou un programa caralludo, listo para ser consumido xa ben sexa cociñando, no coche, en Uruguai ou comendo requeixo.  Podes seguilos en instagram, tik tok e twitter, en @carallobueno. 
loading
Comments 
Download from Google Play
Download from App Store