DiscoverAs Womansplainers
As Womansplainers
Claim Ownership

As Womansplainers

Author: As Womansplainers

Subscribed: 2Played: 40
Share

Description

Señoras explicando cousas desde 2021. O podcast coas señoras que máis forte opinan do Podgalego.
116 Episodes
Reverse
Xubiladas

Xubiladas

2025-11-2001:08:05

Ás Womansplainers xa nos tarda chegar á idade do xúbilo, mais mentres agardamos matamos o tempo gravando podcasts. Por iso, esta semana convidamos a Pepa Barreiro, actriz de teatro xubilada (pero non moito) para falar dos desafíos desta nova etapa.Debatimos con ela a necesidade de xubilarse e como vai mudar as percepción desta etapa agora que as baby-boomers chegarán a ela en masa. Tamén problematizamos as consecuencias económicas e as persoais que ten unha parada de actividade súpeta para moitas xubiladas e como o traballo se relaciona tamén cunha perda de estatus e relevancia social. Naturalmente, non esquecemos falar das que nunca poden xubilarse: as que coidan de fillos, netas, maridos e non cobran por facelo.Escoita este episodio mentres consultas ti tamén cantos días che quedan para a xubilación!
Bullying

Bullying

2025-11-0601:14:30

No episodio desta semana acompáñanos Carmen, orientadora escolar, para falarmos dun tema con estatísticas alarmantes: o bullying.Co uso das redes sociais e o auxe das IA cambiaron as formas de agresión? Cales son os sinais de alerta de que alguén está sufrindo ou exercendo bullying?Conversamos sobre os protocolos de actuación nos centros escolares, cales son os procedementos e como se activan. Que limitacións teñen as profesionais á hora de actuar?Por último, debatimos sobre as repercusións do bullying sobre a saúde mental e como traballar en prol do cambio e da creación de espazos seguros.Non perdas este novo episodio das Womansplainers e coméntanos a túa opinión. Agardámoste!
Diñeiro

Diñeiro

2025-10-2301:22:14

Neste episodio das Womansplainers falamos de cartos: do valor económico, social e emocional do diñeiro, e de como este condiciona o noso benestar, as relacións e mesmo o noso concepto de éxito. Preguntámonos por que segue a ser tabú falar de salarios, aforro ou economía doméstica, especialmente entre mulleres, e analizamos o impacto da fenda salarial, a desvalorización das profesións feminizadas e a educación que ensina ás rapazas que “os cartos non importan”. Falamos tamén de criptomoedas e do vínculo entre empoderamento e autonomía económica. Hai feminismo sen educación financeira? A resposta é non. Únete e pensa connosco como sería unha economía deseñada por e para mulleres.
Nostalxia

Nostalxia

2025-10-0901:33:42

Tocounos vivir unha época en que breves sacudidas do sistema, como o apagón de 2025 ou o grande confinamento de 2020, alimentan en amplos sectores da poboación saudades de tempos “máis sinxelos”. Desde a EXB ao Xabarín Club, de Cóntame como foi a A vida portuguesa, a nosa cultura está chea de ficcións, marcas, movementos sociais e partidos políticos dispostos a tirar proveito da NOSTALXIA.Acompañadas de novo por Alva Pico, as Womansplainers debullamos este fenómeno e tentamos pescudar de que teñen en realidade saudades as saudosas do pasado, en que medida a chamada “morriña” é integral á nosa identidade nacional e falamos da nosa propia nostalxia e dos textos en cancións que a espertan.Volvemos, unha tempada máis, prontas para matar a vosa saudade de nós e a nosa saudade de opinar forte!
Mudanzas

Mudanzas

2025-05-0857:07

No episodio desta semana, para falarmos de mudanzas, non podíamos convidar a outra que non fose a Uxía Castro: xornalista, feminista e trotamundos empedernida cun total de 18 mudanzas ás costas!Como podemos organizar unha mudanza sen que sexa un pesadelo? Á hora de decidir que deixar e que levar, quizáis sexa o momento ideal para doar ou vender cousas que xa non precisamos.Unha vez empaquetadas as nosas pertenzas, como as transportamos para o novo fogar? E subindo o nivel de dificultade: como se xestiona isto en viaxes intercontinentais?Falamos tamén das cuestións emocionais das mudanzas e dos "obxectos fixos dunha vida móbil". Que emocións espertan en nós as mudanzas? Como podemos adaptarnos mellor a un novo fogar?Todas estas cuestións e máis neste novo episodio dasWomansplainers. Agardámoste!
Reggaeton

Reggaeton

2025-04-2401:17:14

Neste episodio adentrámonos nun xénero musical ben polémico: o reggaeton. Debatemos coa artista Pauliña sobre se este estilo é realmente mais machistda do que outras expresións musicais populares. Cuestionamos os prexuízos raciais e de clase, que moitas veces se disfrazan de crítica feminista. Falamos tamén da hexemonía global deste ritmo e da ascensión de artistas que o adoptaron ou que o imitan para se manteren no foco. Ao final o reggaeton é o novo samba, tango ou funk e talvez debamos telo máis en conta.
Trinta

Trinta

2025-04-0301:26:11

A nosa ouvinte Antía propúxonos falar sobre a trintena porque, lonxe de tópicos e lugares comúns, ela pensa que a entrada nesta década si que significa cambios e reflexións importantes. Fiando o tema arredor dalgúns deses marcos que na literatura anglosaxona chaman “os fitos da adultez” o episodio servíunos para reflexionar sobre cuestións de natureza moi diversa: traballo, parella, vivenda,... e tamén para comparar as vivencias persoais e xeracionais sobre o paso do tempo e os cambios de etapa dependendo da idade de cada unha de nós.
Artes marciais

Artes marciais

2025-02-2701:14:48

No episodio desta semana acompáñanos a Andrea Otero, psicóloga e taekwondista, para falarmos de artes marciais.Aprendemos que son as artes marciais e en que se diferencian de calquera pelexa da rúa. Segue a ser o terreo das artes marciais un ámbito especialmente masculinizado? Como adoitan aliñarse politicamente estes espazos? É necesaria unha división por xéneros nestas disciplinas?Por suposto, aproveitando a profesión da Andrea, tamén falamos dos beneficios que teñen as artes marciais para a saúde mental e, especialmente, para as persoas neurodiverxentes.Hai unha idade para comezar ou nunca é tarde? É caro? É realista a representación que vemos no audiovisual das escenas de combate?Resolvemos todas estas cuestións e moitas máis no episodio desta semana. Agardámoste preparadas e en garda!
Asociacionismo

Asociacionismo

2025-02-1301:13:53

Neste capítulo falamos con Marinha Area de asociacionismo e movementos sociais na Galiza, levantando cuestións sobre o papel das asociacións e preguntándonos se ás veces son unha resposta á ineficiencia do Estado ou o reflexo dunha sociedade civil participativa. Abordamos a dependencia do financiamento público e o risco de instrumentalización política, que pode transformar en ocasións as asociacións en apéndices de partidos.A participación é tamén un punto central, falamos da súa efectividade, especialmente online, e tamén da renovación xeracional. Están as persoas máis novas desinteresadas e desmobilizadas? E ti? estás disposta a involucrarte neste programa?
USA

USA

2025-01-3001:20:18

Co mundo adaptándose aínda á segunda chegada de Donald Trump á Casa Branca, as Womansplainers botamos man para falar dos EUA dunha convidada chegada de alén mar: Krisha Kinnersley, de 39 anos, procedente de Michigan e coa perspectiva que da ser de alí mais vivir aquí hai anos. Con ela exploramos os lugares comúns sobre os Estados Unidos, e canto hai de certo nas cousas que cremos saber sobre ese país grazas á súa industria audiovisual. Tamén o que eles pensan sobre o resto do mundo e as semellanzas e os contrastes entre o seu país e o noso. Metímonos co elefante na habitación, ou na Casa Branca, e falamos do fato de perdedores convertidos agora en oligarcas reaccionarios, do seu sistema sanitario, de comercio internacional e política migratoria. Como o farán para que acabe quedando mellor o Papa! Naturalmente deixamos coma sempre tempo para dar as nosas dicas, menos estadounidenses do que podería agardarse. Adéntrate connosco nos Estados Unidos, unha terra de oportunidades… para quen poida pagar o prezo.
Xogos de azar

Xogos de azar

2025-01-0901:26:09

No episodio inaugural do 2025 acompáñanos a Marta Veiga, xornalista e mestra, sospeitosa habitual nas Womansplainers. Nestas datas natalicias é moi común xogar á lotería, intercambiar décimos e mercar rifas. Mais que opinamos da publicidade e cobertura informativa que se lle dá nos medios a este xogo de azar estatal? Causa isto problemas de ludopatía? Que probabilidades hai de gañar? Falamos de supersticións e tradicións arredor da lotería, deteorías da conspiración e de métodos matemáticos que xogan coas reglas do xogo para gañar. Ademais, tamén descubriremos que tipo de sorteos son habituais noutros países e unha lotería mexicana moi especial. Agardamos que desfrutedes do primeiro episodio do ano e que escoitar as Womansplainers siga sendo tradición no 2025!
Pés

Pés

2024-12-1901:10:27

Neste capítulo das Womansplainers, abordamos un tema que parece banal, pero que está repleto de historia, cultura e curiosidades: os pés. Exploramos como foron moldados polas normas sociais e culturais ao longo do tempo, desde práticas extremas ata a presión estética actual por ter pés perfectos. Tamén analizamos cuestións de saúde, como o impacto do uso de zapatos incómodos, e discutimos terapias asociadas, como a reflexoloxía. Non deixamos de lado as dimensións máis subxectivas, como o fetichismo, filias e fobias que esta parte do corpo suscita. Metede aquí o pé e escoitade todas as historias que os pés teñen para nos contar.
En terapia

En terapia

2024-11-2801:02:50

E será certo que todo o mundo debería facer terapia? Para comprobalo, esta semana as Womansplainers imos a terapia coa Dra. Iria Veiga, a nosa psiquiatra e opinadora de confianza. Falamos con ela de como a linguaxe terapéutica está a invadir a nosa lingua cotiá, de termos da psicoloxía ou a psiquiatría que permean a nosa comunicación e acaban por perder o seu significado, axudando ás veces ao autocoñecemento, ás veces a autodiagnósticos errados. Discutimos tamén as constelacións familiares, a terapia Gestalt, pseudoterapias e situacións en que facer terapia pode ser máis negativo que non facelo ou onde a terapia substitúe as conversas que antes tiñamos coas veciñas ou co párroco. Sexan as nosas terapeutas e escoiten todo o que necesitamos falar neste episodio!
Aliados

Aliados

2024-11-1401:27:45

A Susana Aríns, mestra, escritora e feminista, acompáñanos neste novo episodio das Womansplainers para falarmos sobre aliados. A que nos referimos cando falamos dun aliado? Como se pode ser un bo aliado dunha causa? Son as novas masculinidades e os señores deconstruídos o novo modelo a seguir? Que opinamos do concepto "espazo seguro"? Existen realmente estes espazos? Atoparás a resposta a todas estas preguntas e máis neste novo episodio das Womansplainers, agardámoste!
Trad wives

Trad wives

2024-10-3158:54

O episodio desta semana é sobre un tema que tem xerado debates acalorados: o movemento trad wife. O que significa iso de ser unha esposa tradicional nos días de hoxe? Como isto entra en conflito coas conquistas feministas que redefiniron o papel da mulher na sociedade? Baixo unha lente crítica e feminista, cuestionando “escollas libres” e explorando os discursos de romantización chegamos para abrir a nosa, nin máis nin menos, quinta temporada!
Incels

Incels

2024-06-2701:09:35

Que é un incel? De onde saen e como chegan a selo? En que grupo de idade atopamos máis incels? No episodio desta semana mergullámonos nas profundidades de internet da man da Uxía Castro, xornalista e feminista curtida no mundo das redes sociais. Falamos da machosfera, dos seus ídolos, referentes e estándares de comportamento a seguir. Investigando o contraditorio mundo incel analizamos o papel da muller como obxecto de odio e de desexo, a preocupante realidade do “terrorismo incel” e a misoxinia, machismo e racismo como elementos transversais que sosteñen a ideoloxía desta comunidade.
Mares

Mares

2024-06-1301:13:07

Neste último episodio das Womansplaners contamos coa colaboración de María Calvo, oceanógrafa e divulgadora científica.  O mar é vasto e o tempo é pouco, pero abordamos ao noso xeito cuestións como a preservación do medio mariño e o que pode interferir levar a nosa mascota á praia, apañarmos esa cuncha tan vistosa que encontramos ou irmos a unha festa gastronómica. Algúns destes puntos entroncan co tema do impacto do turismo. Trátase realmente dun motor económico? É verdade que algunhas vilas non poderían subsistir sen turistas? E falando de existencia e subsistencia, non podíamos esquecer a mudanza climática e a subida do nivel do mar, que tantas consecuencias van ter para nós.
Libros II (a vinganza)

Libros II (a vinganza)

2024-05-3001:24:48

Despois do noso episodio coa escritora Pati Janeiro, esta semana abrimos o libro por outra páxina coa editora de Cuarto de inverno, Andrea Jamardo. Adicamos a primeira parte do episodio a falarmos de libros que son prohibidos ou censurados e dos moitos motivos que pode convertir un libro en proscrito, desde o puritanismo até unha ortografía minoritaria, pasando por familias demasiado preocupadas pola inocencia dos seus fillos adolescentes. Son caros os libros galegos? Son galegos todos os libros que se publican en galego? Discutimos o prezo que pagamos as lectoras, que calidade recibimos a cambio e onde vai ese diñeiro. Escoitade a segunda parte deste episodio para podermos pasar páxina!
Libros (I)

Libros (I)

2024-05-1601:17:27

Esta semana celebramos o Día das Letras acompañadas da escritora Pati Janeiro, a nosa serióloga de confianza. Rosmamos sobre as lecturas obrigadas dos institutos, sobre os señores que presumen de que tiveron que ler a Otero Pedrayo en 4º de EXB e de clásicos que non se revisan desde a Lei de Villar Palasí. Repasamos os libros en novos formatos -audiolibros, libros electrónicos e outras maneiras de ler- ademais de toda a competencia que teñen os libros tradicionais no lecer das novas xeracións e pescudamos as cifras detrás dos laios de que agora xa son publicadas autoras. Coma sempre, non mordemos a lingua coas nosas opinións: somos coma un libro aberto!
Núas

Núas

2024-05-0901:33:12

No episodio desta semana espímonos da man da nosa convidada Ludy, practicante do naturismo dende hai media vida e membro da Asociación Nudista de Galicia (NaturiGal). Comezamos facendo un breve percorrido pola historia do movemento naturista na Galiza e aprendemos cal é a diferenza entre nudismo e naturismo. Cales son as vantaxes e inconvintes de practicar nudismo? Que impacto ten sobre a autoimaxe de quen o practica? Sexualización, perda de espazos propios e a incógnita do recambio xeracional son algunhas das preocupacións habituais entre as practicantes do nudismo, mais cales son os novos desafíos aos que ten que enfrotarse este colectivo? Descubrídeo neste novo episodio das Womansplainers!
loading
Comments