DiscoverA Lareira podcast
A Lareira podcast
Claim Ownership

A Lareira podcast

Author: A Lareira

Subscribed: 2Played: 2
Share

Description

Podcast en galego sobre Cine,música, literatura,ciencia, cultura pop e o que xurda.
-Presentado por Raquel Besteiro Gestoso
18 Episodes
Reverse
Nico Campos vennos falar do seu documental finalista aos Mestre Mateo "Chichi e mais eu" e do libro "Estampas dun mundo elegante". Obras que poñen en valor a obra do humorista gráfico, guionista e "artistiña" Xesús Campos "Chichi" a quen se lle adica este ano o Día da Ilustración. Unha obra que tardou 12 anos en rematar e que serve coma homenaxe póstuma.
Tivemos no podcast á xornalista Esther Estévez. Estivemos falando de novas plataformas, a elección de carreira profesional, música, aficións, entroido, e de como é pasar a infancia en Verín.
O cantautor pontevedrés Queco Lago vén Á Lareira presentarnos a súa nova canción "Mírame", o seu vindeiro videoclip e facer un percorrido polos seus temas e versións máis soados. Intercalamos parola e músicas, escoitando e falando sobre as composición máis persoais de Queco; o que significa para el expresarse a través da música, micros abiertos, proxectos de futuro, recomendacións musicais e literarias, e as amizades creadas a través desta arte.
Hoxe ven ao podcast o compositor de vfx Pablo Lamosa. Despois de anos traballando en Madrid en El Ranchito e Deluxe Films, en producións do calado de Xogo de Tronos, volta á Galicia para fundar o estudo "Cormorán vfx" no seu Bueu natal. Pablo vennos falar da súa profesión, do traballo nos efectos en Xogo de Tronos e como é traballar dende Galicia
Neste episodio coñecemos a Juanucha, emigrante retornada oriunda de Ribeira. Aos seus case 90 anos estívonos a contar as suas aventuras e desventuras na emigración en Newark (New York). Muller de Julián, o practicante de Ribeira, marchou cada el cando decidiu facer as américas, onde estiveron a traballar deixando aos fillos en Galicia.  Juanucha falounos dos tempos do contrabando na súa vila natal, do nacemento da festa da Donra e do seu traballo na diáspora; nunha fábrica de armamento primeiro e de guitarras despois. Anos de traballo que culminaron na súa volta a Ribeira cunha pistola gardada entre a equipaxe. Estas e moitas historias máis, na Lareira de hoxe.
Inauguramos a Tempada 2 de A Lareira coa primeira entrega da nova serie de podcasts "Diáspora: Conversas con galegos de acolá." A primeira convidada é Karina Espinoza, costarricense de nacemento e galego falante de corazón.Tartas de Santiago, Shin Chan en galego, Neira Vilas e rapaces de Riazor que che fan ser do Celta de Vigo. 
Hoxe viñeron pasar o rato á Lareira os amigos ourensáns Martín Sorga e Iván Iglesias. Nunha charla distendida botamos unhas risas parolando e reflexionando sobre as cousas da vida, da universidade e do Carrefour.🎙️🔥
No programa de hoxe, Mario Brión veu pasar o rato e falar da súa visión da Gallaecia, do galego, do "postureo da peña" e a presentarnos as súas novas camisolas de merchandising. Deunos tempo tamén de estilo, prexuizos e rememorar os vellos tempos pola facultade
Hoxe é luns de Entroido e ímolo celebrar traendo a unha das personaxes máis ancestrais do entroido galego. Dos montes de Salcedo, baixa o oso nun ritual de orixe agraria, símbolo do fin da hibernación e do comezo da primavera. Na Pobra de Brollón no corazón dos montes lucences segue viva unha tradición cuxa orixe perdouse no máis remoto dos tempos.
Segunda parte do especial Nadal sobre xoguetes eróticos e recomendación de saúde persoal. No programa Raquel e Diego partellan e intercambian as súas opinións e consellos sobre diversos aparellos, prexuízos arredor de determinadas prácticas e productos e ejercicios para manter a saúde muscular
Esta é a primeira parte do programa sobre Xoguetes eróticos. Falamos sobre saúde sexual, xoguetes eróticos masculinos e femininos, lubricantes, desinfectantes. Explicando usos, recomendacións, curiosidades e desfacendo prexuízos e tabúes de xeito divertido, humorístico e didáctico. Da man de Diego Blanco e Raquel Besteiro
Xian Lois Alcayde Dans ven falarnos do proxecto audiovisual promovido pola Real Academia Galega e a Univesidade de Santiago de Compostela. No programa puidemos falar co emprego do galego para divulgar, crear cultura, os prexuízos herdados, e a situación actual da lingua galega.
Miriam Iglesias, a autora ferrolá de banda deseñada, gañadora do concurso europeo de ilustración European Comic Schools 2018 vennos falar do novo cómic que ten entre mans. Mestura de fantasía, lendas galegas e maxia. Comentaremos os procesos que se levan a cabo á hora de crear un cómic, como chaguo a dar coa historia e como ve o sector actual da banda deseñada.
No programa de hoxe Raquel Besteiro Gestoso fala co escritor e libreiro Guillermo Moldes, que nos ven falar da súa nova novela, do proceso de autoedición e crowfunding así como da súa librería Cinania. Unha das mellores librarías de segunda man de España.
Daniel Gómez vennos falar do seu disco "Chrysalis", de composición e produción musical e da súa iniciativa de concertos en directos de Instagram por mor da cuarentena.
David Fidalgo ven á Lareira falar de"Homomaquia", a súa curta de animación nominada aos premios Goya 2020. No programa de hoxe, falamos da temática da curta, da técnica de animación empregada, a importancia de contar historias fronte aos despregues técnicos e moitas cousas máis.
No programa de hoxe, temos ao músico e compositor ourensán Iván Caride Sanjuán, que nos ven falar do lanzamento do seu disco "Voices" e do seu próximo concerto. Ademais, no programa, poderemos escoitar un adianto do disco, con dous temas "We are young" e "I see you in my dreams"
Hoxe viñeron quentarse á Lareira xunto a Raquel Besteiro Gestoso, os convidados Alba Tomé Sueiro, Eva Flete Giraldo e Diego Blanco Álvarez para parolar sobre o papel da muller na industria cinematográfica, no mundo laboral e no deporte. Acompáñanos neste interesante debate, con motivo do día internacional contra a violencia de xénero.
Comments 
Download from Google Play
Download from App Store