DiscoverAI, DIOMIO!
AI, DIOMIO!
Claim Ownership

AI, DIOMIO!

Author: olaxonmario

Subscribed: 1Played: 29
Share

Description

oink divas
16 Episodes
Reverse
Hoxe estivemos co creador do podcast "Descrifrando a Historia" David Gesteira para falar de todo o que ten a ver coa Caniza (máis comunmente denominada A Cañiza). Aquí falamos de xamón, de historia da Gallaecia, de patrimonio comido polas silvas, de toponímia deturpada, de ataques galegófobos en Tui, de invasións francesas trapalleiras, do camiño da raíña e de non poder ir a escola pola neve. #DavidGesteira #DescifrandoAHistoria #AiDiomio! #PodCast
Hoxe estivemos coa tiktoker gaiegueira herslef Sara Mollada aka Sara Seco, falando de ser de Valga, da ilexítima independencia de Pontecesures, do redesenho do escudo do concello, do himno de Valga, de Valga (Estonia), de xuíces nostálxicos e de Lucianita.
Hoxe estiven co Sergio Marei falando do fabuloso concello de POL. Este concello pertencente á comarca de Meira é o berce do único santo 100% galego, aparte de ser o número un de vacas por habitante moitos anos. Sergio estivo falando da súa colección Espantallo, de ser queer na ruralidade, da vecinha que da tiros ao aire pa que non lle rouben as berzas e da Cidade Deportiva de Pol. A non perder!
Hoxe estiven falando coa icona bierciana e sapatona Jelen Superstar sobre ser do Bierzo, sobre falar castrapo normativo, de serditos, de  queimar un coche, ser unhas porcas e miserábeis, da 'L word', sobre crear unha narrativa nacional coherente, de 'videos de cerdos  graciosos', da influencia da xeografía na arte, do conflico identitario bierciano, da marmelada de pementos, de ir a bailes regionales no colexio de monxas e de estar cagando y limpiarse el culo. Escoitar ti! #JelenSuperstar #Bierzo #AiDiomio
Hoxe estiven falando con Javi Eijo (aka Marisa Prisa), a primeira concursante Galega na segunda tempada de Drag Race España, sobre ser de   Burela, de rivalidades localistas, do odio cara Foz, da Festa Hortera  do  Porto do Son, de ser unha halloween/Pride queen, de escoller nome  drag,  de moda 'unisex', de vestidos de noivo, do Drag Bingo burelán, da   sexualización de 'hetero-curiosos' do drag e de profesionalizar a  arte.  Escoitar ti!   #MarisaPrisa #Burela #DragRaceEs
Hoxe estiven mais unha vez falando co Carlos, desta vez sobre Carreira.  Neste programa falamos do imperio caido, da perda de territorio  carreirán, de estar cucú, da gloria pasada, de crise identitaria, do  Portugal de Carreira, de Don Alejandro, de movementos de poboación, do  absurdo do Barbanza, da sabedoría da Igrexa Católica, de Arciprestados,  de Sálvora e de María José a do Coro. Escoitar ti! #CarlosLixó #AiDiomio #PodCast
Novo ano nova tempada! Desta vez estiven a falar con María e Juan, creadoras do podcast Fora de Mapa (https://linktr.ee/forademapa)  onde indagan sobre diferentes minorías étnicas e culturais da Europa.  Neste capítulo estivemos falando da súa orixe vital, do que é para elas  ser de Europa, de intercambios de poboación, de ser medio castellana, de  vivir na diglosia, de pasaportes covid, de quen ten a pataca máis  grande, de supremacismo turco e de estados sin nación.
Hoxe estiven falando cun senhor que é de (e mira a) Cuenca! Bon, concretamente do municipio de Henarejos. Estivemos a falar de 'La Hespanha vacía', do seu primeiro libro 'El Power ranger... Violeta? (Rosa)', de aprender a falar gaiego, de comer paella en Xinzo, de identidade de transición, de mirar os debuxos animados en valenciá, de Almortas, de ser o marica da aldea, do xudaísmo, de que mamá fale francés, de ser do Porrinho e catalanismo. Escoitar ti e así!
Hoxe estivemos a falar coa Alancha Motora de cacolas, de #SelfCare, de historia do podcast galego, dos vapores termais, de praia a 50 minutos, de despoboación, do Senhor Culotis, de desarraigo, de diverxencia neuronal, de especulación, de Jácome, de circo político e do paraugas universal. Escoitade e así!
Hoxe estiven falando co Guillermo Juncal, concelleiro do Concello de Pontevedra polo PP sobre alimentación, ser un ppero de menos de 45 anos, de paddle surf, do plan urbanístico pontevedrés, sobre seguridade vial, do chauvinismo 'socialista', sobre corrupción, sobre aires de senhorío de vila, localismo exacerbado, sobre non ver un matraquillo diante na vida, sobre persoas non gratas, sobre ser demasiado 'rojo' e  sobre a necesidade primordial de ENCE. Esoitar ti!
Estiven o outro día con Helena Antía (@Cousas RarismASMR) falando de  ASMR, de meter man en cu de vaca, de andar ás voltas, de ser artista, de  la Capilla, de desarraigo, da tusa, da tradición 'celta', das  caliveras, do requeixo da Capela, de vivir nun hotel, de conhecer  celebridades e de freixós.   #CousasRarismASMR #AiDiomio #PodCast
Estiven o outro día con Paula Jorge falando sobre ser de Burela e o que isto conleva. Ademais tamén falamos de Bullela, de sair no Luar, de TikToks deses, de opositar, da diversidade cultural burelesa, de fútbol sala, de nacer en Cervo, da masificación turística, sobre a orixe da inmigración caboverdiana, da tradición marinheira, de Batuko Tabanka, de falar caboverdiano, de integración e así! Escoitar ti cousa!
Hoxe estivome acompanhando o Miguel para tratar co Daniel Castro a  condición de ser de Enrriba do Eo (Ribadeo). Ademais estivemos a falar  ter problemas de desfase de audios, de Jessi de Noia, da problemática da  Ría do Eo, de endogamia, de ser deputado, de Ribagueto e Ribaguai, da  canción do verán da gaiega, de Indianes, de romarías, de Raffaella  Carrá, da supremacía de Castropol, de movida no parlamento, dos  Madracas, de aroz caldoso, de HollyFoz, de macrodiscotecas no rural e de  traer a Chayane ao Monte do Gozo. Escoitar e así!
Hoxe estiven falando co Cousxs (aka Carlos Barcia), maxistral compositor da sintonía deste podcast, ademais de ser músico, fotógrafo e youtuber. Con el estiven discutindo que é ser de Camariñas, como se compón música fermosa, a rivalidade con Muxía, sobre corvos e carneiros, naufráxios intencionados, illamento xeográfico, pintar casas con leite condensado, a gaiegueirade, a gheada e o seseo, insonorizar a túa habitación e algunha cousa máis! Escoita ti!
AL-V é une artiste catalán-galege que acaba de sacar o seu EP debut, 'Non quero morrer'. Natural de Llinars del Vallès (Barcelona), a metade das súas raices están na Pobra de Trives (Ourense). Hoxe estivemos discutindo como é medrar na área metropolitana de Barcelona conxugado coa súa procedencia galega. Ademais estivemos a falar do seu EP, de fonética catalá, da persona drag Licorka Fey, aprender gaiego, de bed and breakfast en Manzaneda, de apropiación cultural galega, do himno catalán, de ser dun sitio random, de ser co-host en Radio Primavera Sound, do pracer de conducir, do descubrimento folcórico e de hórreos no balcón. Xa disponhíbel nas túas plataformas de audio de confianza!
No primeiro capítulo de 'Ai, Diomio!' estiven discutindo con Miguel Silva (O Aquel-e) a condición de ser de Rianxo, a Rianxeiridade. Ademais disto tamén estivemos falando de TikTok, do Mesón Boiro, da ser 'dos cochinas marranas', de Samantha Hudson, das festas do Castro, da Guadalupe, de ser 'da vila',  do Antros Pinos, da lotería, dos pisos de Mahía, de comer cruasáns, de xoubas e de heteros. Comentar se ser bonito e así!
Comments 
Download from Google Play
Download from App Store