DiscoverMalva e Duarte non calan
Malva e Duarte non calan

Malva e Duarte non calan

Author: Malva e Duarte

Subscribed: 3Played: 46
Share

Description

Un podcast da Revista Luzes no que Malva e Duarte non calan
52 Episodes
Reverse
O Palmar de Troia, parte I

O Palmar de Troia, parte I

2025-09-2201:08:11

Esta semana… Malva e Duarte falan de sectas. No primeiro episodio de Duarte desta primeira tempada, o pobre preparouse un guión tan longo que temos que dividir o episodio en dúas partes. Nesta primeira volta Duarte introdúcenos no mundo do Palmar de Troya mentres falamos de que diferencia a unha relixión dunha secta, títulos nobiliarios e crianzas atopándose á Virxe en prados.
🧚‍♀️ Volvemos (contra todo prognóstico). No primeiro episodio da nova tempada metémonos no tema do espiritismo, Houdini e Sir Arthur Conan Doyle para falar das fadas de Cottingley.Falamos de emigrar ao Reino Undo, do espiritismo mainstream e fotos trucadas… ou non!
Boa día, boa tarde, boa noite e benvides unha semana máis a Malva e Duarte… non calan??Este episodio é só para poñervos ao día: cambiamos de nome, abrimos a veda, e agora falamos o que nos dea a gana. Xa non só misterios (que tamén), senón calquera historia que nos guste.E é que on estabamos mortes! Estabamos de viaxe.
Esta semana Malva e Duarte volven para falar sobre unha nova horrible persoa. Malva cóntanolo todo sobre alguén cuxa maldade tivo unhas consecuencias que seguen estando claramente presentes e vixentes a día de hoxe. Ligazóns de interese: Situación no Congo: https://www.acnur.org/es-es/emergencias/emergencia-en-republica-democratica-del-congo Situación en Sudán: https://www.amnesty.org/es/latest/news/2024/04/sudan-one-year-since-conflict-began-response-from-international-community-remains-woefully-inadequate/
ADVERTENCIA DE CONTIDO: Mencións de violencia física e psicolóxica cara mulleres, mencións sobre o suicidio. Xa na recta final da tempada, traemos un especial sobre cales son as peores persoas da historia na nosa opinión. Nesta primeira parte, Duarte narra a violenta vida dunha celebridade cara as mulleres do seu círculo e a súa propia familia, feitos que non adoitan a nomearse cando se fala da sua obra.
As tanxentes desta semana acabaron sendo bastante máis temáticas (e intimas) do que pensabamos cando comezamos a gravar. Falamos das implicacións das infidelidades entre parellas e como é romper co teu grupo de amigos, con Ariana Grande como fío conector.
Esta semana, Malva, Duarte e Mestre Mateo nominated Youtuber Olaxonmario exploran os misterios máis emblemáticos da ilustre vila de Boiro, a Santa Compaña e Kate Middleton.
Esta semana, Malva e Duarte volven co seu xa habitual popurrí de tanxentes. Falamos de Linkedin, da fama das redes e, en especial, do boicot a Eurovisión, de como foron as nosas charlas de educación sexual e do dano que fai a pornografía na mocidade.
ADVERTENCIA DE CONTIDO: Mencións de abuso sexual infantil e sacrificios animais. Esta semana Malva cumple a súa promesa e fálanos dun fenómeno moi misterioso: o Pánico Satánico da década dos 80. Por que comezou? Cales son os seus antecedentes históricos? Como está relacionado co boom das sectas? Todo isto e máis neste capítulo de Malva e Duarte falan de misterios.
Esta semana Malva e Duarte falan de pequenos terrorismos que se poden cometer en festas universitarias, o Súper Bowl e os altos e os baixos das aplicacións de citas. Podedes donar a Gofundmes para axudar a xente a evacuar de Gaza nesta ligazóns: https://docs.google.com/spreadsheets/d/1vtMLLOzuc6GpkFySyVtKQOY2j-Vvg0UsChMCFst_WLA/htmlview
Regresamos do entroido con novo misterio! Desta vez, retrocedemos nove séculos para contar a historia de dous irmáns de Woolpit, unha pequena vila inglesa, e o día que apareceron en estranas circunstancias… ca pel de cor verde!
Esta semana as tanxentes son unha mestura de temas. Comezamos falando un chisco sobre os prexuizos asociados aos códigos de vestimenta, a orientación sexual e a gordofobia, para rematar ca nosa opinión sobre as (non) nominacións de Greta Gerwig e Margot Robbie nos Oscars.
Volvemos as nosas raíces! Esta semana Malva nárralle a Duarte un episodio como os da primeira tempada, no que especulan quen estivo detrás de milleiros de mutilacións de gando nos 70 en Kansas, Colorado, Nebraska e todos eses estados nos EEUU aos que sempre van os aliens. Quen lle pasou a Snippy a besta? Que relación ten isto co pánico satánico? Con que animal mitolóxico ten Duarte unha especial obsesión?
Esta semana presentámosvos o Malva e Duarte Awards, nos que miramos a todas as películas que temos en común en Letterboxd e entregamos premios tan importantes como: Performance Que Serviu Máis Cona Award, Como Acabei Vendo Esta Peli Award ou Premio Edgar Wright a Director Que Debería Parar de Escribir Guións.
Volvemos das vacacións de Nadal retomando o fenómeno OVNI nun novo debate no que poñemos enriba da mesa ás Momias de Nazca, unha xa famosa conferencia de 2023 na que se aportaba evidencia real sobre a existencia dos aliens. Pero bueno, polo medio tamén falamos de alcoholismo, dos neandertais, de Gypsy Rose e do grande que ten Malva a cabeza.
Continuamos ca nosa análise das persoas gañadoras da Revista Time ata chegar ao 2023. Preparádevos para un montón de anticomunismo, presidentes dos estados unidos e personaxes recurrentes do podcast como os nosos queridos Elon Musk e Taylor Swift.
Esta semana, Malva volve do seu tour europeo para discutir un dos temas máis importantes ata agora: o que Malva e Duarte pensan sobre todes e cada unhe des gañadores de Persoa do Ano da revista Time desde o 1927.
Esta semana tivemos unha morea de problemas técnicos, varios ordenadores estragados e a Malva de vacacións. Malia parecer un episodio maldito, nesta nova entrega contamos con Iris Ledo (@irislm9), persoa que igual lembrades de certas tanxentes cinéfilas. Isto para falar da historia de Benito Soto, o último gran pirata do Atlántico que, coma ela, era de Pontevedra e que deixou un tesouro que igual ainda segue entre nós!
Rodri Míguez segue con nós unha semana máis para, agora si, falar de música sen acabar cambiando de tema á metade do episodio. Novas tanxentes nas que comentamos o ‘novo’ álbum de Taylor Swift, artistas cancelables, o Son do Camiño e máis temas musicais!
A roda de traer invitados non para! Por iso esta semana temos connosco a @rodrimiguez97 nun episodio que, como non podía ser doutro xeito, ten temática músical. Viunos contar a historia de Jim Sullivan, un autor sen éxito que desapareceu en estrañas circunstancias nun caso que implica abducións, mafia e a Grande Amore.
loading
Comments