DiscoverTemporada 1 | Estudio 3 Desclasificados
Temporada 1 | Estudio 3 Desclasificados
Claim Ownership

Temporada 1 | Estudio 3 Desclasificados

Author: AGalegaAudio

Subscribed: 0Played: 9
Share

Description



Vintecinco anos de concertos exclusivos que non foron editados nin publicados, e que tan só podes escoitar en Radio Galega Podcast grazas a estes Documentos Sonoros Desclasificados de Estudio 3.


27 Episodes
Reverse
Neste primeiro concerto exclusivo, escoitamos o neoyorquino Lenny Kravitz en Santiago de Compostela no 2018. Velaquí o primeiro bocado da súa actuación.
Escoitamos en exclusiva o potente directo de Novedades Carminha nun concerto en Arzúa no ano 2020. Aí vai unha proba musical deste cuarteto con historia: dunha tenda de lencería lexendaria en Santiago a un grupo de rock fundamental e divertido.
Escoitamos o directo da mítica banda española Los Ilegales nunha nova entrega dos concertos exclusivos e desclasificados de Estudio 3. Xusto un mes antes do confinamento do 2020, este grupo agasallábanos esta grande actuación en Arzúa.
Desclasificamos o arquivo sonoro do concerto que deu Jairo Zavala na Sala Capitol de Compostela no ano 2019. Así soaba este músico, máis coñecido (e ben coñecido) como Depedro.
O derradeiro concerto de Tequila, unha das mellores bandas de rock en castelán, foi en Galicia. Ariel Rot, Alejo Stivel e compañía tocaron na Festa do Queixo de Arzúa no 2020, unha actuación que contaba ser a penúltima se non fose pola pandemia que botou abaixo os plans. Así, neste capítulo dos Documentos Sonoros Desclasificados de Estudio 3, desfrutamos da despedida de Tequila.
Poñemos o oído no directo dunha banda orixinaria de Glasgow, un dos grupos máis poderosos do panorama indierock. Desta volta, en Estudio 3 Desclasificados, escoitamos en exclusiva parte dun concerto de Franz Ferdinand en Santiago.
Estudio 3 desclasifica o concerto de Meat Loaf co gallo do recente falecemento deste rockeiro estadounidense. Escoita en exclusiva un anaco do seu directo na xira 3 Bats.
Estudio 3 gravou o derradeiro concerto de Pau Donés en Galicia e agora comparte ese material exclusivo. A Sala Capitol (Santiago) foi o lugar no que o público gozou de Jarabe de Palo, a banda dun artista que marchou demasiado cedo.
Escoita en exclusiva o concerto de Morgan no Son do Camiño do 2018 grazas aos arquivos desclasificados de Estudio 3. A banda, coa espectacular voz de Nina á fronte, non fai máis ca medrar.
Tras a disolución da mítica banda Siniestro Total, Estudio 3 remexeu nos seus arquivos e desclasificou a gravación dun concerto no ano 2000. Escoita en exclusiva como soaba este grupo galego que fixo historia no rock.
O falecemento de Gelo, baterista de Los Suaves durante anos, colleu por sorpresa o mundo da música. Estudio 3 Desclasificados quixo facerlle unha homenaxe e publica en aberto a parte final dun concerto da súa xira '¿Hay alguien ahí?' (1994-1995).
Estudio 3 rebusca nos seus documentos e desclasfica un concerto de Eladio y Los Seres queridos, unha banda viguesa que xa ten 16 anos de vida. Escoita en exclusiva esta gravación realizada no Estudio 5 da Radio Galega en produción propia.
Estudio 3 Desclasificados enceta a segunda tempada de concertos cun directo do grupo británico Jamiroquai. Esta banda, nacida no 1992, actuou na primeira edición do Son do Camiño en Santiago de Compostela. Escoita en exclusiva o show de Jason Kay e compañía (chapeus de plumas incluídos).
Desclasificamos a gravación dun concerto da banda de rock estadounidense The Killers. Escoita como soaron no escenario do Son do Camiño 2018 neste arquivo bruto, sen editar nin un pouquiño.
Ruta León Benavente

Ruta León Benavente

2026-02-06--:--

O camiño entre León e Benavente dálle nome a este grupo por ser unha estrada que percorrían frecuentemente os catro músicos desta banda de indie-rock española. Estudio 3 desclasificou o arquivo dun dos concertos de León Benavente na primeira edición do Son do Camiño.
The Gifté unha banda de rock portuguesa que nos sorprendeu a todos, unha banda que hai que ver en vivo. Aquí podes escoitar un dos seus concertos en directo, sen edición. Así soaron en Santiago de Compostela no 2018
Estudio 3 Desclasificados saca á luz a gravación inédita dun dos concertos en Galicia da banda estadounidense The Cynics. Escoita en exclusiva como soaban neste directo!
Estudio 3 rebusca nos seus documentos e desclasfica un concerto de Los Piratas. Escoita en exclusiva esta gravación da Radio Galega en produción propia.
Mambo Jambo é unha formación, nacida en Barcelona, na que participan algúns antigos compoñentes da histórica banda “Los Rebeldes”.
DERRAME_2012  BURNING.mp3

DERRAME_2012 BURNING.mp3

2012-06-2901:07:04

Burning é un grupo nacido en 1974 no Barrio da Elipa de Madrid. A súa calidade musical e a súa veteranía fixeron deles un grupo referencial do rock urbano.
loading
Comments