Discover
Todos os podcasts | 21 días co galego e + edición 2024
15 Episodes
Reverse
Luca (A Arxentina), Mafer (O Perú) e David (Venezuela) son tres rapaces que chegaron de fóra e quixeron aprender a falar en galego. Son tres exemplos de integración a través do idioma que lle pon guinda a esta edición dos '21 días co galego e máis'.
Nos 21 días co galego e + falamos do “Libro da memoria”, un proxecto que nace no CEIP López Ferreiro de Santiago da man das mestras Fátima Rodríguez Eiroa e Rosa E. Suárez Veiga.
Arrolos, trabalinguas, ditos... e moito máis.
Nos 21 días co galego e + o protagonista é o CEIP da Ramallosa de Teo. Os seus Ramalloseir@s veñen defender a importancia do patrimonio cultural a través dun telexornal ben curioso.
Alumna: Lucía Buján Barros de 6º.
Alumno: Lucas Aliste López de 6º.
Mestre: Óscar Suárez Carbia (coordinador do Equipo de Dinamización da Lingua Galega).
Nos 21 días co galego e + están moi concienciados para protexer o planeta e por iso dende o CEIP Pintor Laxeiro de Vigo amósannos unha morea de accións polo clima.
Alumna: Antía Borrega Domínguez 5º primaria. 10 anos
Alumna: Luísa Monroy Sobrino, de 6° de Primaria. 11 anos.
Mestre: Pablo Sobrino Nóvoa
Nos '21 días co galego e máis' imos ata Ourense. A rapazada do CEIP O Couto de Ourense está a traballar no achegamento á pintura e máis concretamente ás mulleres pintoras.
Os 21 días co galego e máis chegan ao CEIP Ponte dos Brozos de Arteixo, un dos colexios onde estudan máis alumnas e alumnos de procedencias diversas. Falamos con eles do valor da igualdade.
Xa imos pola metade dos @21DCGemais, así que reflexionamos sobre o galego con nais e pais do alumnado que participa nesta edición.
Participantes: 2 pais e 2 nais de 4 centros diferentes de Vigo, Pontevedra, Santiago de Compostela e O Barco de Valdeorras.
CEIP Pintor Laxeiro de Vigo. Pai: Xurxo Martínez.
CEP Campolongo Pontevedra. Filla: Paula Bugallo Pastoriza. Pai: José Luís Bugallo González.
CEIP López Ferreiro de Santiago. Nai: María Rey Pereira, nai de Carme (2° de Primaria) e Helena (5° de Primaria).
CEIP Ramón Otero Pedrayo de Viloira no Barco de Valdeoras. Diana Rodríguez Ramos
Nos 21 días co galego e + imos ata Santiago de Compostela para encontrar as nosas amigas e amigos do CEIP López Ferreiro que nos falan de mulleres imprescindibles.
Convidados:
Rosa Suárez Veiga, coordinadora do Equipo de Normalización da Lingua Galega.
Alumnos: Ulla Fernández David e Yago Iglesias Antelo.
Saber xestionar as emocións é unha aprendizaxe indispensable.
Nesta entrega dos 21 días co galego e máis co alumnado do CEP Campolongo de Pontevedra.
Fala: Sergio Meis Casalderrey, profesor no centro.
Os 21 días co galego e máis chegan ao colexio García Barbón de Vigo, onde a rapazada do 1º Ciclo canta (e baila, ollo!) a ritmo de rap. Ademais, a través do cine, falan de saúde e de benestar.
Nos 21 días co Galego e + na sétima entrega falamos dos 'Ecosistemas terrestres' con alumnas e os alumnos do CEIP Ramón Otero Pedrayo de Viloira, no Barco de Valdeorras.
Alumna do CEIP López Ferreiro de Santiago: Mariña Abollo Aneiros, 11 anos, 6° de Primaria. / Mestra: Rosa Suárez Veiga.
Alumna do CEIP Pintor Laxeiro de Vigo: Paula Rouco González Curso: 6°B Ed Primaria / Profe: Mª Eugenia Álvarez Piñeiro.
Alumna do CEIP Frei Luís de Granada de Sarria: Helena Sánchez López / Mestra: Begoña Otero Fernández.
Alumna do CEIP Ponte dos Brozos de Arteixo; Vera Riveiro Villar, 6º EP, 12 anos / Profe Álvaro Queiro Candal.
Terceiro día dunha nova edición dos 21 días co Galego e máis de Política Lingüística da Xunta. Desde o CEIP Frei Luís de Granada de Sarria.
Alumna: Cova Santaballa López de 6º de primaria.
Alumna: Nadia López Zahera de 6º de primaria.
Tema: vídeo sobre alimentación saudable onde relacionan as cores das froitas e os seus beneficios.
Convidadas:
Mestra: Isabel García Sanjurjo (Coordinadora do equipo de dinamización da lingua galega).
Alumna: Tania Penelas Iglesias. 6º de primaria, 11 anos.
Alumno: David Berdeal Torrón, 5º de primaria. 10 anos.
Regresa ao Galicia por Diante a iniciativa 21 Días co Galego e máis, un proxecto da Política Lingüística da Consellería de Cultura e Educación da Xunta de Galicia, co secretario xeral Valentín García e a profesora de lingua galega Pilar Ponte coma ideólog@s, para incentivar o idioma galego na comunidade escolar:
“O compromiso da rapazada é o máis bonito deste programa”



