Discover
Exército Mekemeke

105 Episodes
Reverse
Os mekemekes poñemos a furrular a nosa sabedoría para dar solución a todos os problemas dos mekemekes que acuden a nós.Non podíamos rematar esta tempada especial sen un consultorio a máis puro estilo mekemeke con respostas que non solucionan absolutamente nada nin consellos que leven por bo camiño.Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram, Twitter e TikTok.🔥 Forma parte dos mekemekes no noso Patreon.
O verán está cheo de pequenos rituais que todos recoñecemos e que fan desta estación algo máxico. Neste derradeiro programa de tempada os mekemekes recordan esas experiencias universais que nos acompañan cada ano: dende a eterna loita por conseguir un bronceado digno de revista (aínda que o resultado final sexa máis propio dun gambón cocido), ata a desesperada carreira contra o tempo para lamber un xeado antes de que se converta nunha poza pegañenta.E que dicir da vibe única dos chiringuitos, onde se mesturan o son das ondas, o tintineo dos vasos e ese cheiro inconfundible a crema solar e salitre.Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram, Twitter e TikTok.🔥 Forma parte dos mekemekes no noso Patreon.
Sempre é un auténtico pracer escoitar de novo a voz de Antón Rubal a través dos micros do mekerocho. Regresa un dos primeiros mekemekes que pasou polo programa para repasarmos a súa carreira como actor de dobraxe.Ademais, poñémolo a proba para ver se é capaz de recoñecer a personaxes míticos da xabaxeración aos cales el lle puxo voz.Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram, Twitter e TikTok.🔥 Forma parte dos mekemekes no noso Patreon.
Advertencia: consumir preferentemente antes de ir para a cama.Os mekemekes chegan ao micro arrastrando os pés, co cerebro medio fundido e o ánimo xusto para respirar. Gravado baixo mínimos vitais, falamos do que puidemos, como puidemos e ata onde nos deu a neurona. Hai momentos de lucidez intermitente, risiñas nerviosas, divagacións sen rumbo e cata de pasta de dentes caduca. Se algunha vez te sentiches tan canso que falabas coma un zombi e pensabas coma un cactus, este é o teu episodio.Grazallas por escoitar, por comprender e por rir connosco, mesmo cando estamos a punto de quedarmos durmidos.Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram, Twitter e TikTok.🔥 Forma parte dos mekemekes no noso Patreon.
Se para ti naide de ninguén, este programa está pensado para ti. Repasamos con Grande Amore os seus recordos das verbenas, así como as súas favoritas. Para despois viaxar ata Frexulfe. Sabémolo, parece que ten nome de vida alemá, mais o certo é que é unha parroquia do Valadouro.Poñemos a proba o mariñán que é Nuno reparando palabras e expresións que se din dende Viveiro ata Ribadeo. Claramente un programa pensado para a boa xente da Mariña.Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram, Twitter e TikTok.🔥 Forma parte dos mekemekes no noso Patreon.
Se che soa a palabra “temario” e tes máis subliñadores que plans de futuro, este episodio é para ti. Os mekemekes lánzanse ás oposicións sen drama, sen consellos e por suposto, sen estudar. Frases míticas, rutinas imposíbeis, comentarios familiares que non axudan e todas esas cousas absurdas que facemos para non abrir o tema 23.Un espazo para rirnos un pouco desa carreira de fondo onde ninguén corre, pero todo o mundo suda.Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram, Twitter e TikTok.🔥 Forma parte dos mekemekes no noso Patreon.
Aventurámonos nun dos ecosistemas máis perigosos da vida moderna: o supermercado. Dende o ninja dos conxelados ata o mítico velocirraptor da caixa rápida, analizamos as tribos que habitan entre carros, iogures e ofertas 3x2. Risas, test absurdo e algunha queixa pasivo-agresiva incluídas. Colle o carriño… e prepárate!Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram, Twitter e TikTok.🔥 Forma parte dos mekemekes no noso Patreon.
A nobre e universal arte de estar ata o carallo é o programa desta semana. Desde tecnoloxía rebelde ata a cremalleira que se quedan atrapadas no momento peor posible, os mekemekes exploran como a vida é un bucle de pequenos contratempos e grandes berros interiores. Inclúe test, sketchs absurdos e consellos que non arranxan nada mais consolan. Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram, Twitter e TikTok.🔥 Forma parte dos mekemekes no noso Patreon.
O verdadeiro abismo dixital: WhatsApp! Falamos dos grupos de clase, dos audios eternos, dos stickers de profes e das mensaxes enviadas por erro. Descubre connosco a fauna dos grupos, os códigos non escritos ddo dobre check azul e por que silenciar notificacións é o novo mindfulness.⚠️ Inclúe dramatizacións reais e traumas dixitais. Dálle ao play, ri un pouco e comparte este audio de 41:48 minutos que nunca deberías ter escoitado.Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram, Twitter e TikTok.🔥 Forma parte dos mekemekes no noso Patreon.
Neste episodio especial mergullámonos no universo místico-pop de Flos Mariae con DJ Misa. Pasamos revista á historia desta familia do Opus Dei que non deixa indiferente, dende os seus comezos como fenómeno viral ata os escuros secretos empresariais da súa traxectoria.Analizamos a súa presenza en internet, a serie La Mesías dos Javis, e a ruptura que deu lugar a grupos como Mariah’s Pop ou 4 HBD. Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram, Twitter e TikTok.🔥 Forma parte dos mekemekes no noso Patreon.
Din que vivimos nun tempo de consumo consciente… mais seguimos enchendo o carriño de Amazon ás 2 da mañá. Neste episodio os mekemekes exploran as contradicións da vida millennial: minimalismo de postureo, compras absurdas que non usamos, a crise existencial dos 30, e frases "espirituais" que non significan nada, pero soan moi ben en stories. Se tamén tes unha alfombra de ioga sen estrear, este episodio é para ti.Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram, Twitter e TikTok.🔥 Forma parte dos mekemekes no noso Patreon.
Unha viaxe pola experiencia internacional máis idealizada, e seguramente sobrevalorada, da vida universitaria. Neste episodio os mekemekes debullan os soños previos, as desventuras linguísticas, os amores efémeros e as dietas baseadas en carbohidratos con testemuños delirantes e anécdotas "reais" que che farán rir... ou revivir traumas.Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram, Twitter e TikTok.🔥 Forma parte dos mekemekes no noso Patreon.
Os mekemekes mergúllanse no lado máis ridículo e entrañable do amor e os celos. Comparten as síuas anécdotas incriblemente absurdas que demostran que, cando o corazón manda, a cabeza queda de vacacións.Entre historias vergoñentas, xogos disparatados e falsas reflexións profundas, prepárate para rir a esgalla e recoñecer que, no fondo, todxs fixemos un pouco o parvx por amor algunha vez. Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram, Twitter e TikTok.🔥 Forma parte dos mekemekes no noso Patreon.
Seguimos con novas incorporacións! Pablo Casal únese ao Exército Mekemeke para facernos escachar coa risa repasando a actualidade galega. A Fresadora é a sección que desenvolve dende hai unha morea de anos no programa Galiza... algo máis! na radio catalá Sants3Ràdio.Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram, Twitter e TikTok.🔥 Forma parte dos mekemekes no noso Patreon.
Os mekemekes repasan as súas primeiras veces. Entre anécdotas +18 e humor con dobre sentido, os mekemekes veñen a falarnos desas primeiras veces "adultas" que ninguén nos ensina: cambiar unha roda, pagar impostos ou sobrevivir á primeira “cea de empresa”.Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram, Twitter e TikTok.🔥 Forma parte dos mekemekes no noso Patreon.
Recoñecer esas pequenas obsesións que todxs temos é o primeiro paso. Os mekemekes axudaránche a desgancharte dos maratóns de novelas turcas ata a loita eterna por manter a racha en Duolingo. Exploramos as "adiccións light" que fan a vida máis divertida ou ás veces máis improductiva.Descubre por que estas teimas son máis comúns do que pensas e cando deberías preocuparte. Preparadx para asumir que es un "adicto" máis?Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram, Twitter e TikTok.🔥 Forma parte dos mekemekes no noso Patreon.
Con sono ou sen vida? Os mekemekes adéntranse de forma nada científica nas consecuencias que ten non durmir, acompañado de "consellos" totalmente inútiles. Perfecto para escoitar de madrugada ou tras durmir pouco, combina ciencia malinterpretada con situacións ridículas da vida cotiá. Os mekemekes retratan o día a día dos zombies funcionais que sobreviven a base de café. Un programa tan caótico como divertido para rirse do propio esgotamento. Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram, Twitter e TikTok.🔥 Forma parte dos mekemekes no noso Patreon.
Xa están aquí as entrevistas mekemekes! Comezamos cun novo espazo no programa no que visitarán o mekerocho diferentes persoas cun espírito claramente mekemeke.A primeira convidada é Pura, a avoa mekemeke, que xa participou connosco na primeira tempada e que volve (menos nerviosa) a colaborar co Exército Mekemeke. Repasamos con ela o pasado da sociedade galega e as vivencias dunha muller do rural criada en Santa Comba.Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram, Twitter e TikTok.🔥 Forma parte dos mekemekes no noso Patreon.
Episodio especial número 100! Como todo aniversario que se prece, celebrámolo con risas e momentos icónicos. Os mekemekes repasan os mellores instantes do programa, reviven anécdotas surrealistas e enfróntanse ao seu inimigo aférrimo, Ultraheroe.Ademais, aparecerá un convidado sorpresa que arrincará confesións inéditas que non deberían saír á luz. Prepárate para un episodio especial cheo de risas.Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram, Twitter e TikTok.🔥 Forma parte dos mekemekes no noso Patreon.
Neste episodio os mekemekes mergúllanse nos recordos das míticas clases de educación física do colexio. Desde o temido test de Cooper ata os equipos inxustos nas pachangas do patio, pasando pola clásica escusa de "dóeme a barrigola". Unha viaxe nostálxica cargada de humor na que revivirán anécdotas, inxustizas deportivas e a eterna dúbida: por que os profes sempre levaban chándal mais nunca corrían?Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram, Twitter e TikTok.🔥 Forma parte dos mekemekes no noso Patreon.