Discover
Todos os podcast | Como que non?

90 Episodes
Reverse
Chegou o momento! POR FIN volve o COMO QUE NON?! cunha convidada de luxo e que non nos visitaba desde a Sison 3: María Xosé Rodríguez. Ela e Carlos Tresandí recordarán vellos tempos. Ademais volve o CCC de Pepe Capelán que seguirá atendendo as consultas dos oíntes, coma a dun oínte galego que vén de retornar de Madrid. Está de volta o noso director de contidos Fran Rodríguez despois de varios meses en Honduras. Dani Lorenzo incorpórase á nómina de colaboradores. Alejandro Martínez "Pini" continúa aos mandos da dirección técnica e este ano terá que enfrontarse a Efemérides Aleatorias. Fernando RqR está chegando e continúa por quinta tempada consecutiva no programa. Hai chamada telefónica que atende Carlos Tresandí e música en directo con Los EP (Alberto Cunha, Andrés Cunha e Chus Dasilva) versionando un tema de Los Brincos: "Tú me dijiste adiós".
Neste segundo episodio da 5G, a nosa convidada María Xosé Rodríguez enfróntase ao novo concurso do programa: o CONCURSO 5G (ao xefe non se lle ocorreu un título mellor). E si, amigos e amigas, unha tempada máis Carlos Tresandí ten que explicar a mecánica sufrindo o escarnio e maldicer dos colaboradores habituais: Fernando RqR, Pepe Capelán e Dani Lorenzo. Ademais inauguramos o Museo Mutante de Fran Rodríguez que nesta ocasión vai ofrecernos dúas pezas da súa colección bizarra; adiantamos que son peluches terroríficos. Alejandro Martínez "Pini" volverá enfrontarse a unhas efemérides aleatorias e no apartado musical, Los EP (Alberto & Andrés Cunha e Chus Dasilva) vannos interpretar EN RIGOROSO DIRECTO unha versión do tema `Massachusetts dos míticos Bee Gees."
No Episodio 4 desta 5G recibimos no programa a Alberto Cunha, que ademais de falar connosco da súa carreira vai participar no concurso "A túa cara non me soa pero a túa voz case que si, creo... ou algo". Ademais, Carlos Tresandí volverá recomendar un novo xogo de mesa, Pepe Capelán ten nova consulta no CCC desta vez do outro lado do charco... E ten que ver con Fernando RqR... Alejandro Martínez "Pini" continúa analizando Efemérides Aleatorias. Acompáñannos os habituais Fran Rodríguez e Dani Lorenzo e no apartado musical recibimos ao trío The Three Roosters (Gilberto Misa:guitarra, Bruno F. Fresco: voz e armónica, Fran Sánchez: baixo) que hoxe nos interpretan un tema propio titulado "Our summer go"
Neste Episodio 5 da 5G, Fran Rodríguez volve abrir o seu Museo Mutante para amosarnos unha peza de colección que toma os martinis axitados, non revoltos. Ademais Alberto Cunha vai tentar superar os 31 puntos de María Xosé Rodríguez no Concurso 5G . Comoé habitual, volven as Efemérides Aleatorias de Pini, Carlos Tresandí volve recomendarnos un xogo de mesa, neste caso o UGHA BUGHA. Dani Lorenzo e Pepe Capelán estarán atentos a todo o que aconteza no programa e The Three Roosters interpretarannos en directo o tema "Get Side"
No Episodio 6 da 5G, despedimos a Alberto Cunha, que nos vai acompañar na nosa sección de debate "@s Todólog@s", onde o tema a discutiré seleccionado ao chou entre os moitos que nos propón a audiencia. Ademais, volve Dani Lorenzo cunha nova edición de Cinema Paquitof e Fernando RqR volverá sorprendernos co segundo pase do 'Camaleón'. Carlos Tresandí recomenda hoxe o Dixit Oddisey como proposta de xogo de mesa da semana. Fran Rodríguez e Pepe Capelán apuntarán o que sexa preciso durante o transcurso do episodio e The Three Roosters conclúen o seu periplo polo programa interpretando en rigoroso directo o seu tema 'End of the reason'.
Con el falaron dos seus últimos proxectos e ademais participou nun Brainstorming no que tentaron idear a vindeira sitcom galega.
Ademais estrearon unha nova edición dos Todólog@s nos que participaron Dani Lorenzo e J. Pablo Sangiao.
Alejandro Martínez “Pini” volveu á carga coas súas Efemérides Aleatorias e falaron con Pepe Capelán.
A nota musical deste programa veu da man de Sabela Cereijo que interpretou en directo “Perdóname” con Andrés Cunha.
O Como Que Non?! cumpriu 250 programas estreando unha nova sección con Óscar Cruz: o Rapsoda con Gas.
Por terceira temporada consecutiva volveu o Mundo Paquitof con Dani Lorenzo que hoxe nos trouxo dous singles moi especiais: un disco “Fundador” e “Las Cosas de Pepe da Rosa”.
J. Pablo Sangiao presentou unha nova edición de O Criticador.
Alejandro Martínez “Pini” analizou unha data ao chou nunha das súas Efemérides Aleatorias.
A música en directo volveuna poñela Sabela Cereijo, acompañada de Andrés Cunha á guitarra, interpretando en directo o tema “Madre”.
Tivo que descubrir cal dos colaboradores do programa tiña a chave para escapar da sección.
Conectaron con Pepe Capelán; Fran Rodríguez volveu ao estudio físicamente, J. Pablo Sangiao e Dani Lorenzo participaron nuns Todólog@s onde falaron de abreviaturas de nomes un pouco regu.
Alejandro Martínez “Pini” volveu analizar unha nova Efeméride Aleatoria
Música en directo correu a cargo de Rober Carcos que nos interpretou o tema “Samsara”.
Conseguiría superar a puntuación de Óscar Cruz?
Axudárono J. Pablo Sangiao, Dani Lorenzo, Alejandro Martínez “Pini” (que tamén analizou unha Efeméride Aleatoria) e Fran Rodríguez que inaugurou unha nova temporada do Museo Mutante traendo unha peza pertencente á película “Creep Show”.
A música en directo púxoa Rober Carcos que nos ofrecee unha interpretación de “Calado hasta los huesos”.
Unha nova Efeméride Aleatoria volveu ser escrutada por Alejandro Martínez “Pini”.
O Mundo Paquitof que trouxo Dani Lorenzo nesta ocasión descubriunos o que aconteceu cos famosos apartamentos en Torrevieja que regalaban no mítico Un, dos tres.
J. Pablo Sangiao non tivo tempo para a súa sección, pero adiantou que andaba argallando unha nova...
Fran Rodríguez estivo supervisando o que aconteceu no programa.
Rober Carcos puxo a guinda do programa interpretando en directo o tema “Canços Lentas”.
Non é a primeira vez que Sabela Cereijo estivo no programa, pero si a primeira vez que estivo na mesa do CQN?!
Encarou unha proba na que tivo que meter a letra dunha canción escollida por ela nunha base musical escollida polo programa
Nova Efeméride Aleatoria de Alejandro Martínez “Pini”.
Todólog@s nos que falaron do cambio de hora con J. Pablo Sangiao e Dani Lorenzo.
Música da man da gran voz de Sheila Patricia interpretando en directo “A Viaxe”.
Para botarlle unha man estiveron Dani Lorenzo, J. Pablo Sangiao e Alejandro Martínez “Pini” que analizou un episodio máis unha nova Efeméride Aleatoria.
Ademais, por primeira vez na historia do programa, utilizaron o, desde xa, saúdo oficial.
A música en directo correu a cargo de Sheila Patricia que interpretou en rigoroso directo “Orixe”.
Dani Lorenzo falou da versión inglesa do Un, dos tres no seu Mundo Paquitof.
Alejandro Martínez “Pini” analizou unha nova Efeméride Aleatoria e J. Pablo Sangiao estreou a súa nova sección Dimensión Sangiao onde trata casos paranormais, misteriosos, inexplicables… ou non…
A música en directo volveu estar a cargo de Sheila Patricia que nos interpretou “Canto de Caión”.
Recibimos a un clásico convidado da historia do CQN?! que volve a casa: Óscar Rosende dos Great Straits.
Puxérono a proba propoñendolle un xogo no que tivo que descubrir se o que soa é Dire Straits ou non.
Alejandro Martínez “Pini” analizou unha nova Efeméride Aleatoria e tamén participou nos Todólog@s xunto a Fran Rodríguez, Dani Lorenzo e J. Pablo Sangiao falando sobre como afrontar unha apocalipse zombi. A música en directo vai poñela o gran Eladio Santos que nos interpreta en rigoroso directo o tema “Academia”.
O líder dos Great Straits, Óscar Rosende, volveu un episodio máis ao COMO QUE NON?! para participar no CONCURSO CQN?!.
Fran Rodríguez abriu as portas do seu Museo Mutante e falounos de Chucky, o boneco diabólico, que tamén nos trouxo ao estudio.
Máis Efemérides Aleatorias de Alejandro Martínez "Pini". Pablo Sangiao e Dani Lorenzo quecendo na banda.
E a música en directo de Eladio Santos que nos interpretou "Fuimos los ciudadanos".
Dirixe e presenta Carlos Tresandí.
Óscar Rosende chegou ao COMO QUE NON?! recén terminado o seu concerto no García Barbón de Vigo cun cheo ata a bandeira.
Foi o protagonista do noso Rapsoda con Gas deste episodio.
Dani Lorenzo explicounos no seu Mundo Paquitof por que os holandeses teñen sona de "agarraos".
Pablo Sangiao falou de terraplanismo na súa Dimensión Sangiao.
Ademais tivemos Efemérides Aleatorias con Alejandro Martínez "Pini", e estivo con nós Fran Rodríguez.
Tviemos a música en directo de Eladio Santos que nos interpretou "El Norte".
Despois de dous anos, volveu ao COMO QUE NON a gran María Xosé Rodríguez, acompañada de Iago Regueira, un dos responsables do podcast Que no Panda el Cúnico.
Alejandro Martínez "Pini" volveu analizarnos unha Efeméride Aleatoria e, no final do programa, os convidados, Pini, Dani Lorenzo, Fran Rodríguez e Pablo Sangiao participaron nunha nova edición de Os Todólog@s onde trataron sobre o lugar onde non lles importaría quedar pechados.
A música en directo veu da man dunha muller que se estreaba no programa, Natary Feel. Presentounos un dos seus últimos temas, titulado "Meiga".
No Concurso CQN?! María Xosé Rodríguez e Iago Regueira tentan facerse un oco na final da temporada.. Non foi doado.
Contaron coa axuda de Alejandro Martínez "Pini", Pablo Sangiao, Dani Lorenzo, así como de Fran Rodríguez que trouxo un clásico da Universal ao Museo Mutante: o monstro da lagoa negra.
Coma sempre, tivemos música en directo da man de Natary Feel que interpretou "Camino".
María Xosé Rodríguez volve ao programa para poñer a proba o seu lado máis lírico cunha nova edición de Rapsoda con Gas.
E Iago Regueira cóntanos iso que lle quedou pendente hai dúas semanas.
Dani Lorenzo falou de cousas de suecos no seu Mundo Paquitof, continuando o que comezou hai tres episodios cos Países Baixos.
Pablo Sangiao trouxo Posesións Demoníacas á súa Dimensión Sangiao.
Ademais, Fran Rodríguez completou o cupo de colaboradores e a música en directo veu da man de Natayr Feel coa compaña de Rober Carcos que interpreta "Utopía" .
Preparando motores para os Especiais que veñen nas festas de Nadal, Carlos Tresandí lembra os mellores momentos do Especial Fin de Ano do 2020 onde recibimos a visita de grandísimos convidados e convidadas como Gloria Serra, David Amor, Lucía Veiga, Marita Martínez, Fran Cañotas, David Noya, a música de Le BarLuthier e un público en directo entregaod en La Goulette.
Unha selección moi especial para celebrar a Noiteboa nun novo capítulo do COMO QUE NON?!