DiscoverDescifrando a Historia
Descifrando a Historia
Claim Ownership

Descifrando a Historia

Author: Descifrando a Historia

Subscribed: 12Played: 80
Share

Description

Podcast en galego para a análise da Historia de Galicia.
Twitter: @DescifrandoHist
Instagram: @descifrandohistoria
En: iVoox, Spotify e podgalego

Por David Gesteira
86 Episodes
Reverse
Neste episodio de Descifrando a Historia, falamos con Xurxo Martínez para que nos explicase o nacemento do provincialismo e a figura de Antolín Faraldo. Tamén rozamos outros temas como o Rexurdimento, que características debemos ter para ser unha naciión e demais. Se queredes saber e comprender a importancia do século dezanove para Galicia e o seu devir, este é o voso episodio
Neste 33 programa de Descifrando a Historia falamos con Raquel C. Pico sobre a súa investigación que levou a cabo grazas aos xornais de inicios do século XX: os cambios e a modernidade nas mulleres galegas de comezos do pasado século. Todo un descubrimento, que pedían, que dicían, como pensaban, etc. Ademais, despois de escoitar o podcast, recoméndovos o libro que publicou sobre este tema, porque afonda moito máis e apréndese moito.
Neste 32 episodio de Descifrando a Historia falamos co historiador Carlos Barros, sobre varias cuestións da historia medieval que merecen ser relidas e repasadas para comprender mellor o destino dunha Galicia medieval e contemporánea, porque o presente é consecuencia inevitábel do pasado. A revolta irmandiña, o rei García, o culto a Santiago na Idade Media, etc. Todo neste episodio magnífico.
Neste programa de Descifrando a Historia falamos con Pilar García Negro arredor de nós, de Galicia, das mulleres galegas, de Rosalía de Castro, de Castelao e do futuro do noso idioma. Esperamos que o disfruten tanto como cando se fixo.
Basilio Álvarez foi un líder galego na loita a favor dos dereitos do campesiñado na época do agrarismo. Mais este cura e xornalista, tivo a súa cara e asúa cruz. Acompañanos neste breve podcast para coñecelo un pouco máis!
Este ano cúmprense cen anos das Escolas de Ensino Galego que deron o seu primeiro paso con galeguistas históricos como Ánxel Casal e María Miramontes. Hoxe, as escolas Semente son os herdeiros desa experiencia. Se queres coñecer a súa historia, os seus primeiros pasos, as outras escolas de linguas minorizadas ou minoritarias como as de País Vasco ou Irlanda, escoitade este fermoso podcast. Comparte parea que chegue a máis xente!
Neste episodio de Descifrando a Historia falamos co historiador Suso Vila ao redor dunha das familias nobres máis importantes do mundo medieval; os Soutomaior. Nobres da sona de Pedro Álvarez de Soutomaior, pertenceron a esta familia. Tamén descubriremos como se relacionaban os nobres cos monarcas nesta época e a construcción de todo un mundo nobiliar.
Neste novo episodio de Descifrando a Historia falamos con Serxio María dun dos pensadores máis destacados do galeguismo: Ramón Piñeiro. Os temas tratados foron moi variados, desde o seu compromiso con Galicia ata a súa ideoloxía. Que pensaría Ramón Piñeiro do Estatuto actual? Comparte e dálle ao gústame, só así será posible que se continúen facendo este tipo de podcast!
Neste episodio de Descifrando a Historia falamos co historiador Andrade Cernadas arredor dos mitos, lendas e demais cuestións que rodean ao apóstolo Santiago e a orixe das peregrinacións e o seu culto. Comparte e dalle ao "gústame" para seguir facendo este tipo de contido!
Neste 80 episodio de Descifrando a Historia falamos co historiador Perfecto Ramos Rodríguez para coñecer unha figura moi pouco coñecida entre todos nós: Joaquín Vaamonde Cornide, un afamado pintor que chegou a ter moito éxito mais que unha enfermidade o levou por diante cando apenas contaba con 30 anos.
Santiago de Compostela, a capital galega, é unha cidade que rezuma historia por todas as esquinas. Unha das últimas peculiaridades da cidade foi estudada pola historiadora Aldara Cidrás: os rótulos dos locais son únicos. De que nos pode falar? Que di de nós? Dálle ao gústame e comparte se queres que este podcast se siga realizando, depende de ti!
Neste episodio de Descifrando a Historia falamos con Heitor Pocallo, especialista en heráldica, para que nos narrase as orixes e evolucións do noso escudo ao longo da historia. Altamente recomendable! Comparte e dálle ao gústame para que se sigan facendo este tipo de podcast!
A finais do s.XX e xa en democracia había dúas posibilidades para o galego: a norma isolacionista e a norma reintegracionista. Finalmente optouse pola isolacionista e hoxe queremos explicar o porque, os seus protagonistas e demais cuestións que nos fan preguntar, porque falamos e escribimos así o galego?
Fai uns meses descubríronse unha serie de cousas moi importantes no Castro de Soutolobre-Lourido, tanto, que engaden á investigación histórica novos interrogantes. Por iso, desde Descifrando a Historia quixemos saber máis sobre o mesmo e a súa contorna, e para iso contactamos co director da escavación, o cal nos aportou máis luz e datos da importancia deste castro.
Neste episodio de Descifrando a Historia falamos co filólogo Souto Cabo para coñecer as orixes do noso idioma. Cando se comezou a falar en galego? E a escribir? Todo iso e máis neste trepidante episodio no que desciframos as orixes de algo moi noso. Comparte e dálle ao gústame, está na túa man que o proxecto continúe!
Neste 75 episodio de Descifrando a Historia falamos con Aurora Marco de Carmiña Sierra, a primeira muller socia do Seminario de Estudos Galegos. Cunha vida moi comprometida con Galicia e a liberdade, merece a pena escoitar o que foi a vida desta muller nada en Pontecesures e exiliada en Venezuela para que o franquismo non a perseguise. Se che gustou dálle a gústame e comparte, só así é unha forma de agradecer este traballo, grazas!
As dúbidas con respecto a existencia do Reino de Galicia na Idade Media asáltannos constantemente. É por iso que buscamos respostas antes especialistas no tema. Fai meses foi o historiador Andrade Cernadas e hoxe tócalle a Francisco Rodríguez. Ambos recoñecen a súa existencia pero hai diferenzas en canto aos aspectos concretos dese reino. Atentos e desfrutade. Dádelle ao gústame e compartide coas vosas amizades
Neste 73 episodio de Descifrando a Historia falamos sobre o tratamento da morte por parte dos galegos no Reino medieval de Galicia. Facemos un repaso moi interesante desde o século V ata o XV. Se che gustou dalle ao "gústame" e comparte para poder continuar con este traballo!
Neste episodio 72 de Descifrando a Historia falamos coa historiadora Natalia Jorge Pereira para saber máis do contrabando na raia entre Portugal e Galicia. Un tema moi interesante do cal temos bastante información pero que nos queda por saber moitas cousas. Se che gustou dalle ao gústame e comparte só así nos farás crecer e que se sigan facendo podcast da nosa historia
Roma intentou minguar o poder da sé compostelá porque lle preocupaba que seguise crecendo... ou iso afirma o noso invitado de hoxe o profesor Henrique Egea. Falamos de todo o que envolveu este tema e as consecuencias irreversibles que tivo na nosa terra, Galicia. Dálle ao gústame e comparte para facernos crecer!
loading
Comments 
loading
Download from Google Play
Download from App Store