DiscoverRetrato Sonoro
Retrato Sonoro
Claim Ownership

Retrato Sonoro

Author: Sons

Subscribed: 7Played: 79
Share

Description

Un podcast de Fidel Mouzo e Emmanuel Vazquez que comeza cunha foto, un instante captado en imaxe e cuxa descrición propicia a conversa, a memoria, os feitos e as persoas.
62 Episodes
Reverse
Este é un novo episodio do podcast Retrato Sonoro, en Sons.red. Nesta ocasión mergullámonos no olor da fariña quente e no crepitar da leña, nese universo onde o pan transcende a súa función de alimento para converterse en memoria, identidade e oficio. Viaxamos a Loureda, en Arteixo (A Coruña), para achegarnos a un forno que […] The post Emilio Souto Rega e o pan de Morales. first appeared on Sons Podcasts.
Hai conversas que son coma camiñar por unha rúa coñecida, con farois acesos e pasos ben marcados. E hai outras… que son como entrar nunha fervenza: poderosa, incontrolable e chea de vida. A de hoxe é desas. Neste novo episodio de Retrato Sonoro, cumpro unha vella aspiración: conversar con Felipe-Senén López Gómez, un dos grandes […] The post Mentres uns miran, outros enxergan, así fala Felipe-Senén first appeared on Sons Podcasts.
Boas, benvidas e benvidos a un novo episodio de Retrato Sonoro, presentado e producido por Fidel Mouzo. Retomamos o espírito inicial do podcast, deixando momentaneamente o serial sobre o viño con Jorge Marcote en Da cepa á bodega. Hoxe propoñémosvos unha viaxe ao pasado da man dunha muller coa que sempre asocio mestría: María Loira […] The post Entre pedras, paixón e latín mal falado: María Loira Enríquez e o segredo de vivir tranquiliña e feliz. first appeared on Sons Podcasts.
Benvidas e benvidos ao cuarto episodio deste apaixonante serial sobre a historia do viño en Galicia, «Da cepa á bodega», en Retrato Sonoro. Unha conversa conducida por Fidel Mouzo, con Jorge Marcote, viticultor, e o noso protagonista, o xornalista Luis Congil, autor de A marabillosa historia do viño en Galicia, publicada polo Consorcio Editorial Galego. […] The post Da cepa á bodega: Uvas, filoxera e… Graham Greene? Un episodio, o número 4, sorprendente con Luis Congil! first appeared on Sons Podcasts.
Benvidas e benvidos a este terceiro episodio do noso serial Da cepa á bodega, onde seguimos afondando na historia do viño en Galicia da man do xornalista Luis Congil, autor de A marabillosa historia do viño en Galicia, publicado polo Consorcio Editorial Galego. Este podcast, conducido por Fidel Mouzo e acompañado polo viticultor Jorge Marcote, […] The post Da cepa á bodega: O pasado e o futuro do viño galego. Con Luis Congil, episodio 3 first appeared on Sons Podcasts.
Benvidas e benvidos a este segundo episodio con Luis Congil, xornalista e autor de A marabillosa historia do viño en Galicia, onde seguimos afondando no legado vitivinícola do noso país. Se no primeiro episodio descubrimos documentos históricos que vinculaban o primeiro viño documentado de Ribadavia con América, ademais de fabulacións (ou non) de Álvaro Cunqueiro, […] The post Da cepa á bodega: Galicia, a reserva da viñosfera. Con Luis Congil, episodio 2 first appeared on Sons Podcasts.
Benvidas e benvidos a unha nova entrega de Da cepa á bodega, o serial dentro do podcast Retrato Sonoro, onde exploramos o mundo do viño en Galicia desde unha perspectiva cultural, social e histórica. Nesta ocasión, non imos falar de viticultores nin de como se fai o viño, senón da súa historia, documentada con paixón […] The post Da cepa á bodega: Descubrindo a marabillosa historia do viño en Galicia con Luis Congil. Episodio 1 first appeared on Sons Podcasts.
Chegamos ao derradeiro, alomenos de momento, episodio deste serial “Da cepa á bodega” con Alfredo Álvarez: sumiller, hostaleiro e creador de viños que durante estes 8 capítulos e algún extra que coñeceredes hoxe estivo acompañando a este podcast, Retrato Sonoro, durante estes meses. Jorge Marcote, alma mater deste serial sobre o mundo do viño en […] The post Episodio 8, tertulia, amizade e cata, despedimos cun “ata logo” a Alfredo Álvarez. first appeared on Sons Podcasts.
Benvidas e benvidos  a ‘Retrato Sonoro’, o podcast onde as historias máis auténticas cobran vida a través das voces dos seus protagonistas. Hoxe continuamos co noso serial ‘Da cepa á bodega’, coa colaboración esencial de Jorge Marcote, quen nos axuda a profundizar no mundo do viño e da restauración. Nos episodios anteriores coñecemos a Alfredo […] The post Episodio 7 O Peche de Casa Alfredo e a Aspiración Michelin first appeared on Sons Podcasts.
Benvidos, benvidos a un novo episodio de ‘Retrato Sonoro’. Eu son Fidel Mouzo e atopámonos neste espazo sonoro,onde cada conversa nos leva a descubrir o que está detrás das persoas que nos acompañan e das súas historias, e continuamos co noso serial ‘Da cepa á bodega’ coa sempre valiosa colaboración de Jorge Marcote, viticultor. Nos últimos […] The post Episodio 6 Matices do Viño a través do cristal e clientela influínte first appeared on Sons Podcasts.
Benvidas e benvidos de novo a ‘Retrato Sonoro’, o podcast onde exploramos as historias de xente que paga moito a pena coñecer, cun enfoque especial no noso serial ‘Da cepa á bodega’, que continuamos grazas á inestimable colaboración de Jorge Marcote, viticultor e creador de viños na D.O. Rías Baixas. Jorge, co seu amplo coñecemento […] The post Episodio 5. A Crise na Hostalería: Camareiros e Solucións first appeared on Sons Podcasts.
Benvidos de novo a ‘Retrato Sonoro’, onde seguimos co noso serial ‘Da cepa á bodega’, unha viaxe polo mundo do viño coa colaboración de Jorge Marcote, viticultor e creador de viños. Nos primeiros episodios tivemos a oportunidade de coñecer a fondo a Alfredo Álvarez. No primeiro episodio, Alfredo falounos da súa traxectoria e das tradicións […] The post Episodio 4.Casa Alfredo: A Revolución Gastronómica de Mos first appeared on Sons Podcasts.
Benvidas, benvidos a ‘Retrato Sonoro’, eu son Fidel Mouzo e este é o podcast onde capturamos as historias a través do son e da palabra. Seguimos co noso serial ‘Da cepa á bodega’, no que exploramos o apaixonante mundo do viño coa colaboración de Jorge Marcote, viticultor e creador de viños da D.O. Rías Baixas, […] The post Episodio 3 Rubines e os segredos dunha cata profesional first appeared on Sons Podcasts.
Ola de novo en Retrato Sonoro, eu son Fidel Mouzo e no episodio anterior de ‘Da cepa á bodega’, tivemos o pracer de coñecer a Alfredo Álvarez, quen nos apuntou a súa traxectoria no mundo do viño, a sumillería e os seus recordos familiares ligados ao servizo do viño. Se non o escoitaches, recoméndoche que […] The post Episodio 2: A sumillería con Alfredo Álvarez. first appeared on Sons Podcasts.
Benvidos a ‘Retrato Sonoro, o podcast onde retratamos, a través da palabra e o son, as historias das persoas que fan historia, ou alomenos a súa propia historia e que teñen a ven facernos partícipes dela. Hoxe estamos nun novo episodio do noso serial ‘Da cepa á bodega’, onde exploramos o mundo do viño e […] The post Episodio 1. Tradición e Viño: A Herdanza de Alfredo Álvarez first appeared on Sons Podcasts.
Benvidas e benvidos a «Da cepa á bodega» en «Retrato Sonoro»! Neste episodio número 3, pechamos esta serie con Javier Monsalve e Jorge Marcote, dúas persoas apaixonadas do mundo do viño que me acompañaron nestes tres episodios. Nos dous primeiros capítulos, comezamos coñecendo as historias persoais de Jorge e Javier, explorando como descubriron as súas […] The post “Da cepa á bodega”, os proxectos: Bodega Eloi Lorenzo e Jorge Marcote Viticultor. first appeared on Sons Podcasts.
Benvidos a un novo capítulo de «Retrato Sonoro». Neste segundo episodio da nosa serie especial «Da cepa á bodega» con Monsalve e Marcote, seguimos mergullándonos no mundo do viño da man dos nosos copartícipes na conversa Javier e Jorge. No primeiro capítulo, aquel que demos en chamar “En Arnoia, de viaxes vitais e historias inspiradoras” […] The post “Da cepa á bodega”: de sacar ollos. de facer viños de autor e viños “frikis”. first appeared on Sons Podcasts.
Benvidas, benvidos a un novo episodio de «Retrato Sonoro» co seu apartado vinculado á cultura vitivinícola que chamamos “Da cepa á bodega” e que propicia Jorge Marcote. Neste podcast, imos mergullarnos no apaixonante mundo do viño, pero tamén nas vidas e traxectorias dos nosos convidados. Para este capítulo, temos a Javier Monsalve. Como Jorge Marcote, […] The post «Da cepa á bodega»: En Arnoia, de viaxes vitais e historias inspiradoras. first appeared on Sons Podcasts.
Boas! Benvidos a este segundo episodio con Esther Teijeiro Lemos en “Da cepa á bodega con Jorge Marcote”. Como sabes levamos varios podcasts de Retrato Sonoro dedicándonos ao mundo da viticulutra e as persoas vinculadas a ela. Todas baixo o paraugas que nos cubre, Jorge Marcote, creador de Vinos Gea e traballador, a día de […] The post Da Cepa á Bodega con Esher Teijeiro e Jorge Marcote: «A voz da terra: o camiño, a incomprensión e a satisfacción do viño ecolóxico» first appeared on Sons Podcasts.
Benvidos a Retrato Sonoro, benvidos ao un novo apartado do serial “Da Cepa á Bodega con Jorge Marcote” que en esta ocasión terá a unha protagonista feminina: Esther Teijeiro Lemos. Hoxe traemos o primeiro episodio nestes serial de dous capítulos nos que a protagonista será esta octoxenaria en idade, non de espíritu e xa veredes […] The post Episodio 1: «Non emigrei porque quixen defender e traballar no que é noso». first appeared on Sons Podcasts.
loading
Comments 
loading