Discover
Temporada 2 | Lambóns de viaxe
34 Episodes
Reverse
Acompañamos a Álvaro Alonso, posprodutor e profesor na Universidade de Oslo, a un destino pouco habitual. Viaxamos por primeira vez a Omán. Álvaro amosaranos as paisaxes con aspecto marciano deste país. Con el visitaremos os wadis, vales desérticos, máis espectaculares deste espectacular destino.
Facemos unha ruta totalmente alternativa aos circuítos masificados. Viaxamos a Costa Rica con Raúl García para facer o Camiño de Costa Rica, un percorrido a pé de 280 quilómetros que une o Atlántico co Pacífico en 16 etapas. Raúl Garcia, xunto con Alba Prol, asinan o proxecto documental O Gran Camiño, que xa vai pola segunda temporada.
Acompañaranos Peile Jin, profesor chinés da Escola de Idiomas en Ourense, que leva vivindo en Galicia desde 2005. Peile amosaranos os mellores consellos para viaxar do xeito máis sinxelo e cómodo posible ata China. Con el veremos o que se pode facer unha visita moi completa á capital, Beijing.
A xornalista da Televisión de Galicia e autora do portal de viaxes Trotandomundos.com, Nadia Corbeira, repite en Lambons de Viaxe neste treito final de temporada, desta volta para levarnos ata Porto Rico. Con Nadia descubriremos moitas curiosidades sobre este destino, que non adoita ser dos máis habituais cando se decide viaxar ao Caribe.
A xornalista da Televisión de Galicia e autora do portal de viaxes Trotandomundos.com, Nadia Corbeira, volve pasarse por Lambóns de Viaxe. Nesta ocasión para contarons unha viaxe pouco habitual. Coñeceremos o Amazonas peruano. Partindo de Iquitos faremos varias rutas río arriba e río abaixo por unha das zonas máis fermosas do Perú e das que non se adoita falar, debido á gran fama turística que levan os percorridos principais que levan ata o Machu Pichu.
O programa de viaxes da Radio Galega, con Carlos García-Verdugo
Acompañamos á xornalista Ana Celia Vázquez á esquiar ata Andorra. Ana Celia comentaranos todas las opcións que hai para gozar deste deporte invernal no Principado e comentaranos tamén as distintas opcións de ocio e turismo que hai nas distintas vilas andorranas.
Probamos por primeira vez o Interrail. Sara Gil, Uxía Ramos e Juan Ares levarannos en tren por Europa visitando as paradas máis habituais do Interrail, como Bruxelas, Budapest, Praga ou Amsterdam, pero tamén teremos tempo en deternos en paradas menos haibtuais como Liubliana ou Split.
Viaxamos ás Illas Canarias, en concreto á Gomera. Esta pequena illa acolleou unha traballo de investigación que acabou converténdose nun interesante podcast sobre a historia de Francesco Meloni, o pai da primeira italliana Giorgia Meloni. Aldara falaranos do seu traballo en que profundiza sobre a estadía na Gomera de 16 anos de Francesco Meloni, que chegou ás Canarias fuxindo de Italia e acabou condenado en España a nove anos de cárcere por narcotráfico. Por suposto, visitaremos tamén os principais puntos de interese e coñeceremos como é o peculiar carácter desta illa, que ten mesmo idioma propio de asubíos, o silbo gomero.
Viaxamos en pleno inverno a Estocolmo con Uxía Ramos. Uxía, que estivo alí 5 días en xaneiro, contaranos o que se pode facer na capital sueca nunha escapada nestas épocas do ano. Ademais contaranos algunha anécdota curiosa como a experiencia de visitar un dentista de urxencia en Suecia
Nesta edición viaxamos ata un dos destinos máis paradisiacos que existen. Iremos co produtor audiovisual Miguel Martínez ata as Maldivas para comprobar cal é a mellor forma de achegármonos a este destino tan idílico. Nesta viaxe aproveitaremos tamén para facer unha escala curta, de 3 días en Doha, Qatar.
Volvemos a Italia, desta volta imos ata Roma con Juan Ares, que viviu alí dez meses. Juan amosaranos os recunchos máis auténticos da cidade. Percorreremos as zonas máis turísticas pero tamén visitaremos algúns lugares algo máis agochados pero con todo o encanto que un pode esperar desta fantástica cidade. Teremos capítulo especial para o barrio favorito de Juan, o barrio de Trastévere.
visitaremos Boloña da man de María Gamallo, actualmente no Departamento de Contidos de CRTVG. María estivo vivindo en Boloña durante nove meses. Contaranos todos os segredos desta cidade cun marcado carácter universitario e tamén nos indicará varias rutas e excursións que se poden facer por toda a Emilia Romagna.
E tamén enrevistas significativas ao longo do tempo no Lambóns de Viaxe
No capítulo 113 de Lambóns de Viaxe achegámonos coa xornalista Leire Vázquez ata Turquía. Leire, que viviu en Ankara catro meses, amosaranos todos os segredos da capital e levaranos ata algún dos destinos máis icónicos deste país como a Capadocia.
Lambóns de Viaxe é o programa de viaxes da Radio Galega, dirixido e presentado por Carlos García-Verdugo.
No capítulo 112 de Lambóns de Viaxe achegámonos coa xornalista Sara Gil ata Istambul. Sara viviu varios meses alí e contaranos cales son os seus lugares preferidos e tamén nos comentará unha chea de anécdotas que lle aconteceron na súa estadía nesta impresionante cidade.
Lambóns de Viaxe é o programa de viaxes da Radio Galega, dirixido e presentado por Carlos García-Verdugo.
Viaxamos a Dinamarca con Andrea Varela, do departamento de Coordinación Creativa de CRTVG. Nesta ruta de dez días veremos, por suposto, a capital, Copenhague. Pero tamén pararemos noutros lugares de interese como Hillerød ou Helsingør. Mesmo haberá tempo para saltar a Suecia e visitar Malmo.
Acompañamos a Ana Celia Vázquez, xornalista da CRTVG, nunha viaxe moi especial a Laponia. Papá Noel convidou a súa filla, Natalia, a visitar a súa casa en Romaniemi, Finlandia. Unha experiencia única chea de anécdotas divertidas.
Acompañamos a Nadia Corbeira, xornalista da CRTVG e autora do portal trotandomundos.com, nunha viaxe de 7 días por un dos destinos máis fascinantes do mundo. Iremos ata o Perú para visitar o Machu Picchu e Cuzco. Nadia comentaranos as distintas opcións de excursións, prezos, desprazamentos e aloxamentos que podemos atopar nestes destinos. Tamén nos indicará algunha pista ben interesante para poder coordinar todas as entradas e tickets que son necesarios para as distintas visitas.
Neste programa de Lambóns de Viaxe acompañamos ao noso compañeiro Pablo Goirigolzarri ata a cidade polaca de Cracovia, Krakow en polaco.
É a segunda cidade máis grande de Polonia cunha poboación preto de 800.000 habitantes. O seu xentilicio é cracoviano ou cracoviana.
Atópase no sur do país ao carón do río Vístula e ten unha extensión de 325 km cadrados, semellante á extensión do concello de Lugo.
A 70 km, construíuse o campo de concentración e exterminio de Auschwitz, onde foron asasinados maís dun millón de xudeus.
Pódese facer a peregrinaxe dende alá polo camiño de Santiago, que chega ata Europa do leste.
Son oriundos de cracovia, o Papa Xoan Pablo II, Andrzej Duda (actual presidente da República de Polonia), o piloto de Fórmula 1 Robert Kubika ou a pintora do Art Decó Tamara de Lempicka.



