DiscoverTemporada 1 | Lambóns de viaxe
Temporada 1 | Lambóns de viaxe
Claim Ownership

Temporada 1 | Lambóns de viaxe

Author: AGalegaAudio

Subscribed: 0Played: 0
Share

Description



O programa de viaxes da Radio Galega. Viaxamos por todo o mundo da mán dos nosos invitados que nos contan as súas viaxes máis peculiares

6 Episodes
Reverse
A federación de Malaisia é un pais do sureste asiático que está dividido en dúas partes. Colle a península Malaia e a Malaisia oriental, que está no norte da illa de Borneo e estas dúas áreas súmanse máis de 800 illas. A superficie total é comparable á península ibérica ainda que se estende no equivalente á distancia entre Lisboa ata Roma. Son 32 millóns de habitantes. A sua capital é Kuala Lumpur, con 2 millóns de habitantes e a súa área metropolitana son case 8 millóns. Este pais, Ten unha ubicación estratéxica privilexiada xa que hai que pasar por aquí para chegar por mar ata China, Malaios famosos: o deseñador Jimmy Choo a actriz Michelle Yeoh, que foi moza de James Bond, Wu Lien Te, o inventor da máscara cirúrxica, e Pua Khein Seng, inventor da memoria USB..
En Lambóns de Viaxe facémoslle unha visita en Hong Kong ao futbolista Dani Cancela. Con el pasearemos polos barrios máis coñecidos desta rexión e tamén descubriremos zonas menos habituais para os turistas como as praias de Sai Kung.
Nesta edición de Lambóns de Viaxe acompañamos a Alba Prol e Raúl García na súa aventura polo Camiño Inca, unha das expedicións que contan no seu premiado documental "O Gran Camiño"
En Lambóns de Viaxe viaxamos ata Singapur con Breixo Gómez, enxeñeiro galego que viviu neste pequeno país cheo de contrastes. Conél analizaremos o esixente modo de vida desta cidade-estado en queé moi complicado ter xubilación e onde está prohibido o chicle. Descubiremos algún dos edicificios máis luxosos de Asia e algunha das piscinas máis famosas do mundo. Un paseo cheo de idiomas, ata catro oficiais, e de anécdotas con festas en que se le a biblia, abraiantes aeroportos, illas artificais e algún dos eventos deportivos máis famosos do planeta.
Nesta ocasión acompañamos a dous aventureiros galegos e amantes do motor, Edgar Vigo e Fátima Ameneiro na súa experiencia no Mongol Rally, o coñecido como o "Dakar dos pobres". Percorremos máis de 13.000 quilómetros e atravesaremos 14 países para chegar desde Barcelona ata a capital de Mongolia, Ulán Bator
En Lambóns de viaxe acompañamos á xornalista Lara Lozano na viaxe que fixo coa ONG 'Amor Sin Barreras' para comezar a construción dun centro infantil en Turkana
Comments