Discover
Todos os podcast | Lambóns dixitais
88 Episodes
Reverse
Falamos coa desenvolvedora web brasileira Ana Rute Mendes sobre o papel das mulleres nbo ámbito tecnolóxico. Ana Rute, que traballa en Igalia, é unha das paticipantes na mesa redonda organizada por Wordpress Coruña co títuto "Error 404: mulleres en tech — fallo do sistema". Javi Mos cóntanos que Linkedin xa supera a Instagram en interaccións dos usuarios e que Youtube prevé ampliar a publicidade e que non se poda omitir nas aplicacións de TV. Marcus Fernández desvélanos que Play Station Store modifica os prezos dos seus productos dependendo do usuario interesado neles.
Vaise desenvolver na Coruña a primeira edición de Lareira Conf, un encontro do ecosistema dixital e tecnolóxico galego. Falamos cunha das súas promotoras, Andrea Magán. Anímase o debate sobre a conveniencia de prohibir o uso de redes sociais aos menores de 16 anos. Javi Mos traenos a listaxe das aplicacións máis descargadas no mundo e fálanos do xornalista da BBC que enganou a Chat GPT. Marcus Fernández ponnos exemplos da desinformación que circula por X e comenta o expediente que lle abriu a CNMC a Ibai Llanos
Falamos con Pablo Vilar, "Pablichor", deseñador gráfico e fanático do automobilismo, sobre os simuladores de rallys. Xavi Mos desvélanos que hai influencers que promocionan entre a mocidade o xogo en casinos ilegais e, tamén, que Meta está simulando coa súa IA actividade nas redes de persoas falecidas. Marcus Fernández coméntanos novas aplicacións de Whatsapp e de Google Chrome.
Javi Mos danos conta dun calote dixital no que as vítimas son profesionais do sector. Ademais comenta a intención de Google de que a sía IA ofreza comparativas de productos nas pescudas e a de Tik Tok de amosar contidos próximos á localización do usuario. Marcus Fernández anúncianos o próximo lanzamento de videoxogos de 007 e de John Wick e tamén os plans de Movistar para implantar conexións de 10 gigas.
A empresa coruñesa Aruma Studios lanza o videoxogo "Shadows of the afterland". O seu fundador, Rubén López, cóntanos todo o que debemos saber sobre esta aventura. Javi Mos cóntanos que o tiktoker Khabi Lame vendeu a empresa que xestiona a súa marca e actividades comerciais por 800 millóns de dólares. O comprador poderá desenvolver un xemelgo dixital do influencer. Javi tamén comenta as ganancias de Meta do ano pasado, máis de 200 mil millóns de euros. Marcus Fernández confírmanos que o agardado xogo GTA 6 estará dispoñible o 19 de novembro para PS5 e XBox. Ademais falamos do ataque de Pavel Durov, o propietario de Telegram, contra o presidente do goberno español despois do anuncio de que se prohibirá o acceso dos menores de 16 anos ás redes sociais en España.
A responsable de Avatares, Carmen Fernández Morante, explícanos polo miudo en que consiste este proxecto que poñen en marcha a Xunta e a USC para mellorar a atención educativa ao alumnado ingresado en centros sanitarios. Comentamos o anuncio do presidente do goberno, Pedro Sánchez, de que España prohibirá o acceso ás redes sociais aos menores de 16 anos. Decubrimos as razóns polas que Elon Musk une nunha mesma empresa as súas divisións espacial e de intelixencia artificial.
Neste programa conversamos cun experto en intelixencia artificial, asistentes de IA e ChatGPT. O finés Lasse Rouhiainen é cofundador da Unidade ELLIS de Alicante, unha fundación destinada á investigación en intelixencia artificial centrada nos seres humanos. Javi Mos comenta o estudo piloto que realizará a Universidade de Santiago para que os cativos que estén hospitalizados poidanparticipar nas clase coa axuda dun robot. Marcus Fernández explícanos o que é Molt Bot, un asistente de IA de código aberto que permite realizar tarefas directamente no noso ordenador. Ademáis falamos da decisión da BBC de preparar contidos específicos para Youtube.
Comentamos o proxecto de lei orgánica que regulará o dereito a recxtificación nas redes sociais e as "medidas" que anuncia X para restrinxir a capacidade de IA Grok de sexualizar persoas. Falamos do lanzamento de dous videoxogos con selo galego: "After Juice: Animal Disco Mafia" e "Super Woden: Rally Edge". Descubrimos un aspirador que sobe escaleiras e limpa os chanzos. Anunciamos a chegada de anuncios a Chat GPT e as novas modalidades de pagamento que prevé polo seu uso.
Comentamos o listado dos términos máis buscados en google en España en 2025. Explicamos como pretenden as autoridades australianas aplicar a prohibición de que os menores de 16 anos utilicen as redes sociais. Descubrimos como a IA de Grok pode converter imaxes en pequenos videos. Celebramos que o Flight Simulator de Microsoft xa se poda utilizar na PS5
Entende a IA o galego? Están adestrados os sistemas de Intelixencia Artifical para procesar contidos no noso idioma? A estas preguntas respóndenos Senen Barro, catedrático de Ciencias da Computación e IA da Universidade de Santiago, que participa no proxecto Ilenia, que ten como obxectivo xerar recursos dixitais que permitan desenvolver aplicacións multilingües nas diferentes linguas de España. Javi Mos explícanos o que significa Rage bait, a palabra que a Universidade de Oxford elixiu como máis representativa do ano. Marcus Fernández comenta a noticia da prórroga concedida polo goberno para a implantación nas empresas de Verifactu, o sistema de facturas dixitalizadas. Ademais falamos do novo videoxogo Marvel Cosmic Invasion
Entrevistamos a Fina Paulos Lareo e a Óscar Manuel Rey, dous profesores do IES de Baio pioneiros no uso da IA no ensino. Estes dous docentes acaban de publicar un libro que se chama "Intelixencia artificial para a sociedade". Javi Mos comenta a noticia de que a empresa 2Way vai ofrecer a posibilidade de falar con persoas falecidas creando os seus avatares. Tamén avanza que TikTok permitirá que limitemos o número de videos feitos con IA que queremos ver. Marcus Fernández fálanos da alianza entre Unity e Epic Games para publicar xogos creados por Unity dentro de Fortnite e descúbrenos que a IA tamén pode calcular a idade das persoas a través das súas fotos.
Analizamos as consecuencias da caída experimentada por Cloudflare, a plataforma que utilizan X ou Chat GPT para filtrar o seu tráfico web e previr ataques. Javi Mos comenta o informe da USC sobre "Infancia, adolescencia e benestar dixital", un estudo que desvela que o 10% dos menores recoñecen sufrir ciberacoso, que o 40 por cento dispoñen de móbil aos 10 anos e que moitos acceden ao porno nas redes a esa idade. Marcus Fernández anuncia que Valve vai lanzar a Steam Machine, un ordenador personalizado que serve de consola, e cóntanos ademais que a revista Game Informer volve editarse en papel. Tamén falamos da multa que a CNMV lle impuxo a X por acoller publicidade de entidades ilegais que promoven calotes financieiros.
Neste programa coñecemos o proxecto Talentos Inclusivos. O seu coordinador, Javier Pereira, explícanos como o Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información da UDC e ASPACE traballan para espertar vocacións STEM (Science, Technology, Engineering and Mathematics) entre os máis novos e dar a coñecer a realidade da discapacidade. Javi Mos cóntanos como a IA xa é quen de organizar as portadas dos medios dixitais para que gañen audiencia. Marcus Fernández fálanos dos problemas laborais da empresa Rockstar Games que están provocando retrasos no lanzamento do videoxogo Grand Theft Auto 6.
Para saber máis sobre SINTE, o Foro Inernacional de Arte e Cultura Dixital que se desenvolverá en Compostela, falamos co seu coordinador, Xulio Vázquez, e coa Directora de Acción Cultural da Cidade da Cultura. Probamos Pomelli, unha IA que crea de xeito autónomo anuncios para calquera negocio. Javi Mos comenta a noticia de que Samsung introducirá anuncios nas súas neveiras intelixentes. Marcus Fernández fálanos do superlativo crecemento de Nvidia. Abordamos a polémica suscitada pola decisión de Coca Cola de crear o seu anuncio de Nadal con IA.
O fundador de Makers Galicia, Enrique Saavedra, fálanos da XI edición da Maker Faire, un encontro que reune empresas, investigadores e profesionais para compartir coñecementos no eido da innovación e a sustentabilidade. Explicamos que é a AEO, a Answer Engine Optimization, a técnica para conseguir que a IA lle de preferencia aos contidos que desexamos. Ademais contamos por que as institucións están optando por reducir o investimento publicitario en redes e optando de novo polos medios tradicionais.
Iago Gordillo preséntanos Pixel á Feira, o primeiro Salón Galego do Videoxogo, que se desenvolverá no Pazo de Congresos de Compostela. Explicamos como funciona Comet, un navegador impulsado por IA que se pode descargar de balde. Marcus Fernández cóntanos que a plataforma Tinder xa ten versión en galego e comenta o "apagón" sufrido polos servizos na nube de Amazon. Xavi Mos desvélanos que Chat GPT se prepara para funcionar como rede social e que China lle vai esixir aos influencer que acrediten formación nas materias das que falan.
O convidado do programa é José Manuel Martínez Pérez, o fundador de Mobify, unha aplicación de móbil galega que permite alugar vehículos híbridos en moitos puntos da nosa comunidade. Ademais, Javi Mos comenta o descenso do uso das redes sociais e os cambios que a IA pode provocar na publicidade en internet. Marcus Fernández descúbrenos a ferramenta PictureMe, que nos permite retocar os nosos retratos fotográficos, e repasa dous eventos que se desenvolveron este mes en Galicia, o Xuventude Galicia Net Intermax e os Ecommerce Days de Pontevedra.
O noso convidado é Carlos Vieito, politólogo e experto en comunicación dixital, que nos fala do seu premiado videopodcast "Exército Mekemeke". Con el comentamos tamén as dificultades para conseguir que as plataformas incorporen o idioma galego. Explicamos como vai afectar a lei audiocisual aos influentes. Os que teñan millóns de seguidores terán que declarar os ingresos publicitarios cando superen os 300 mil euros. Javi Mos preséntanos LoveArt.ai, unha web que permite editar imaxes de balde con intelixencia artificial. Marcus Fernández descubre un teléfono español que bloquea o acceso ás redes sociais.



