DiscoverTodos os podcast | A crónica deportiva
Todos os podcast | A crónica deportiva
Claim Ownership

Todos os podcast | A crónica deportiva

Author: AGalegaAudio

Subscribed: 1Played: 9
Share

Description



A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades

579 Episodes
Reverse
Previa do Español - Celta. Falan Claudio Giráldez e Manolo González. No Deportivo, Antonio Hidalgo di que o partido en Castellón non é unha final. Na 1ª RFEF entrevistamos a Jaume Cuéllar, do CD Arenteiro, e fala Iago Iglesias na previa do CD Lugo - CD Guadalaxara.
A Federación Galega de Fútbol medita se solicitar a organización da fase final da Copa do Rel logo da clasificación para semifinais do Celta e do Deportivo xuvenil. No Pontevedra, Rubén Domínguez dí que queren fichar un medio centro. Camilo Díaz, presidente do Ourense CF: "Os técnicos din que xa se pode xogar no céspede do Couto". No Racing, previa de Guillermo Fernández Romo antes de viaxar a Tenerife.
Previa da Copa do Rei Xuvenil: RC Celta - Athletic Club e CD Tenerife - RC Deportivo. Isma Martínez anuncia a súa marcha do BM Porriño por motivos persoai ao remate da temporada. Previa do Básquet Coruña - Zamora e Cartaxena - Club Ourense Baloncesto.
As voces da sufrida vitoria do Dépor. Javi Recio, director deportivo do CD Lugo, pidelles aos xogadores que dean un paso adiante e recoñece estar preto de fichar a Borja Sánchez, ex do Oviedo. Diego Epifanio e Álex Galán na previa do Obradoiro - Menorca.
Marco Garcés, no Celta eFernando Soriano, no Dépor, fan balance do mercado de xaneiro. Presentado Riki no Dépor, Rubén López no Pontevedra CF e Iago Rodríguez no CD Lugo.
Derradeiro día do mercado de xaneiro: No Celta, sae Bryan Zaragoza á Roma e chega Matías Vecino, centrocampista de 34 anos da Lazio. O club trata de incorporar tamén a Álvaro Núñez, lateral do Elx; No Deportivo, reactivada a fichaxe do centrocampista do Albacete, Riki, para hoxe mesmo Na 1ª RFEF, mal momento do CD Lugo, e na 2ª RFEF, vitorias da UD Ourense e do Coruxo FC, que teñen derbi o domingo no Couto.
O Celta xogará co Paok de Salónica os 16º da Liga Europa. A ida será o 19 de febreiro en Grecia e a volta unha semana despois en Balaídos. No Deportivo, Antonio Hidalgo comparece antes de xogar en León. Escoitamos a Guillermo Fernández Romo no Racing e a Iago Iglesias no CD Lugo. No Open de Australia en cadeira de rodas o vigués Martín de la Puente accede á final logo de superar 6-4 e 6-4 ao nº1 do mundo.
Directo con Víctor López en Belgrado para coñecer a última hora do Celta. Fer López recibe a autorización da UEFA e pode xogar hoxe co Estrela Vermella. No Deportivo, José Ángel pide mirar cara diante. Previa do Arenteiro - Bilbao Athletic con Jorge Cuesta. No Pontevedra comparece Rubén Domínguez antes de viaxar a Talavera. Luís Casimiro, do Breogán, cumprirá en Granada 800 partidos dirixidos na ACB.
O Celta xa está en Belgrado. Viaxou Fer López mentres agarda a autorización da UEFA para poder xogar. Falamos con Rubén Blanco, que deixa o Olimpique de Marsella, e opina do Celta e do vicepresidente do Porriño Industrial. No Deportivo comparece Sergio Escudero logo de xogar uns minutos co Racing de Santander. O Pontevedra presenta a Diego Gómez, cedido polo Dépor, e ten apalabrado a Rubén López. No CD Lugo, declaracións do dianteiro Iker Unzueta.
Presentado Fer López no Celta: "Rebaixeime a ficha para poder vir". Previa da derradeira xornada da fase liga da Liga de Campións. No Breogán, Tito Díaz fai balance daprimeira volta na liga ACB. Támara Echegoyen completaa primeira volta ao mundo sen escalas nun maxitramarán tripulado só por mulleres.
O Celta e o Deportivo desaproveitan unha grande oportunidade de subir postos na táboa. Repasamos o sucedido no Real Sociedad 3 - Celta 1 e no Dépor 0 - Racing Santander 1. Na 1ª RFEF, vitoria do Lugo en Avilés e derrota do Ourense CF co Cacereño na Pinguela de Monforte. Na 2ª RFEF, a UD Ourense entra en postos de promoción de ascenso coa 3ª vitoria consecutiva.
Recuperamos os mellores momentos da clasificación do RC Celta para os 16º da Liga Europa. A Real Federación Galega de Fútbol suspende todos os partidos do sábado polo temporal. Hoxe, dúas citas na Primeira REF: En Balaídos ás 19:00h, Celta Fortuna – Zamora; e no Estadio Romano, ás 21:15h, Mérida - Pontevedra CF. Previa do Dépor – Rácing, con Antonio Hidalgo. O BM Porriño queda "ferido" despóis da marcha de Aitana Santomé e Paulina Pérez Buforn á liga romanesa. Falamos con Isma Martínez.
Na Liga Europa, Celta - Lille. Última hora con Víctor López. No Deportivo fala Samuele Mulattieri. Última hora con Javi Torres. Presentado o medio centro Antonio Perera no CD Lugo. Protagonistas da eliminación do Uni Ferrol na competición europea. Luis Casimiro na previa do Breogán - Real Madrid.
O francés Daniel Dutuel, ex do Celta, fala sobre o galego do Barcelona Dro Fernández e di que “o PSG é o mellor club para un xogador novo; Luís Enrique dá moita confianza". Tamén apunta que o Celta debería gañarlle ao Lille con facilidade. Semana de partido da Liga Guerreiras e volta de competición europea en Silicia para o At Guardés. Falamos coa capitá María Sancha.
O Celta suma a 3ª vitoria consecutiva na Liga e ten 8 puntos de vantaxe co 8º clasificado. Previa do Real Madrid - Mónaco. Falan Arbeloa e Mbappé. O Deportivo dá un golpe ra mesa cos 3 puntos sumados en Almería. Golazos galegos: Enol Coto para o Ourense CF e Rufo para a UD Ourense.
O Rayo Vallecano cae en Mendizorroza na Copa e chegará a Balaídos con baixas. Antonio Hidalgo comparece na previa do Almería - Dépor. No CD Lugo, Josep Gayá recoñece que de lateral non é a posición na que máis xogou na súa carreira. Segunda derrota do At Guardés na Liga Guerreiras. Previas de Carles Marco no Básquet Coruña e de Luís Casimiro no Breogán.
Récord de asistencia en Riazor con 28.500 seareiros para o partido de Copa co Atlético de Madrid( 0-1). Escoitamos os protagonistas con Javi Torres. No Celta, Óscar Mingueza asina coa Juve para a vindeira temporada. Presentados Alberto Gil no Pontevedra CF e Gabri Costa no CD Lugo. O Ensino de Lugo xogará o primeiro partido da Copa da Raíña co Valencia. Hoxe cita ligueira do At Guardés en Granollers.
O Celta suma a mellor primeira volta da súa historia en Primeira. Riazor estará ateigado para os oitavos de Copa co Atlético de Madrid. Álvaro Arbeloa ponse aos mandos do Real Madrid. Guillermo Fernández Romo, presentado no Rácing Club Ferrol.
O Celta pecha ás 21:00h no Sánchez Pizjuán a primeira volta da Liga. Última hora con Víctor López. O Dépor adestra pola tarde na previa dos oitavos da Copa do Rei co Atlético de Madrid. Fala o Cholo Simeone. A UD Ourense achégase aos postos de play off de ascenso no 21 aniversario de Noel González.
Previa do UD As Palmas - RC Deportivo, con Javi Torres. Última hora do Celta con Víctor López. Estamos en Arabia Saudita con Cristian Romero. Na 1RFEF, escoitamos a Míchel Alonso no Rácing; a Iago Iglesias no CD Lugo; e a Rubén Domínguez no Pontevedra CF
loading
Comments 
loading