DiscoverTodos os podcast | Mar de ardora
Todos os podcast | Mar de ardora
Claim Ownership

Todos os podcast | Mar de ardora

Author: AGalegaAudio

Subscribed: 1Played: 1
Share

Description



Mar de ardora expón toda a actualidade relacionada co mar e a pesca dende un punto de vista divulgativo e informativo.

106 Episodes
Reverse
David Fernández visita os bancos marisqueiros de Carril, Noia e a Illa de Arousa para comprobar como se rexenera o substrato para eliminar as cicatrices dun inverno pragado de temporais. Falamos co historiador Rafael Lema e co Director Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta, Anxo Miramontes sobre os traballos de busca do galeon Regazona, un dos barcos da Armada Invencible, afundido na enseada de Cariño. Coñecemos o "Litoral", o único barco de baixura de Galicia coa proa invertida. O catedrático de Enxeñería Química da Universidade de Santiago Gumersindo Feijoo explícanos o seu decálogo de beneficios do consumo de peixe. O biólogo Xavier García Galdo cóntanos como eran os mares primitivos e como xurdiu neles a vida.
Analizamos a caída do consumo de conservas e mariscos coa presidenta de Fedepesca, María Luis Álvarez. Contamos como se presenta a tempada de pesca nos ríos. 48 mil galegos teñen licenza para capturar pezas ata o 31 de xullo. Cada vez chegan máis especies exóticas ás costas do noso país. Falámos cun biólogo que estuda este fenómeno, Rafael Bañón. Fronte a Punta Langosteira hai unha zona experimental para probar prototipòs de xeración eléctrica maremotriz. Explícanos a súa utilidade o director do Instituto Enerxético de Galicia, Pablo Fernández. O biólogo Xabier García Galdo fálanos dos peixes planos.
Foi unha boa campaña a do polbo, pero chega o momento de decidir se é necesario ou non establecer outra veda prolongada para garantir a sustentabilidade do recurso. Sobre iso versa a reportaxe de David Fernández. Tamén falamos do futuro do cultivo de mexillón coa axuda de Uxío Labarta e Diana Zúñiga, autores dun estudo sobre a influencia neste molusco dos cambios ambientais nas rías. O patrón maior da Illa de Arousa, Juan José Rial, explícanos como vai o proxecto de engorde de ameixa que desenvolve a súa confraría. O científico do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo, Antonio Covelo, cóntanos as conclusións do proxecto Polybris, co que se demostrou a viabilidade de transformar residuos plásticos mariños en materiais capaces de depurar contaminantes. Con Alfredo López, da Coordenadora para o Estudo de Mamíferos Mariños, facemos balance dos varamentos de cetaceos ocorridos en Galicia nos últimos anos. O noso biólogo de cabeceira, Javier García Galdo, fálanos de "hortas mariñas"
Contámoslles en que consiste o Proxecto Volaria, unha iniciativa do Instituto Oceanográfico de Vigo que pretende estudar a contaminación que afecta á volandeira na ría e comprobar como se podería volver capturar sen risco para a saúde nin para a reproducción deste bivalvo. A profesora de Lingua e Literatura do IES Illa de Arousa, Elena Martínez, e o patrón Maior da Illa, Juan Rial, fálannos dos nomes e características das 80 praias da illa rcollidas nunha Guía que se acaba de publicar. Alberto Ordóñez amósanos a cara e a cruz dos temporais do inverno: a abundancia de lamprea no Ulla e a mortandade de ameixa en Carril. Coñecemos o traballo dun vendedor ambulante de peixe en Ourense, Antonio Otero. Debullamos o labor que desenvolve en Ribeira a asociacion Amicos para recuperar os corais capturados accidentalmente polos pesqueiros e o noso biólogo de cabeceira Xabier García Galdo explícanos que é a "pesca pantasma".
Está a anguía en perigo de extinción nos nosos rios? O goberno español, científicos e organizacións ecoloxistas pensan que si e propoñen que se deixen de capturar. O goberno da Xunta e os pescadores opóñense. Recollemos os argumentos duns e doutros. Explicamos o proxecto Maja, unha iniciativa da Universidade de Vigo que conseguiu pechar o ciclo completo da cria da centola en catividade. Coa axuda do profesor do CSIC Fiz Fernández lembramos á oceanógrafa viguesa Aída Fernández Ríos, elixida científica do ano. Coñecemos a María José Cacabelos, presidenta de Guimatur, asociación cultural que organiza roteiros para coñecer a nosa cultura mariñeira. O biólogo da asociación Hábitat, Damián Cosme, explícanos as razóns da alta mortandade de aves mariñas deste inverno e outro biólogo, Javier García Galdo, fálanos das raias.
Había trinta anos que non se vendía tan pouco peixe nas lonxas galegas. É a consecuencia do tren de borrascas que nos sacudiu este inverno. David Fernández percorreu os portos para pulsar o estado de ánimo do sector. Entrevistamos a Xavier Pérez Cobas, autor dun informe que estima en 850 millóns de euros o valor que xera cada ano a frota galega de palangre de superficie. Tamén coñecemos un estudo que establece os patróns de desova da pescada ibérica. Presentámoslles a María Candamo, unha muradá que no seu obradoiro Lixo Atelier aproveita os refugallos que chegan ás praias para crear xoias artesanais. O noso biólogo de cabeceira, Xabier García Galdo, fálanos dos vermes mariños.
Comezamos o programa falando dos danos que os continuos temporais deste inverno están causando nos bancos marisqueiros das rías. Abordamos a polémica xerada en torno á proposta do goberno de declarar a anguía especie en perigo de extinción. David Fernández fai balance da pasada campaña do polbo e pregúntalle ao sector como garantir a sustentabilidade da pesquería. Unha reportaxe de Alberto Ordóñez explícanos os problemas que provocan os golfiños nos aparellos dos barcos de cerco. Presentamos "As arestas da sustentabilidade", un libro divulgativo do catedrático de Enxeñería Química Gumersindo Feijoo. O biólogo mariño Xabier García Galdo fálanos dos bivalvos furadores.
Neste programa falamos co investigador do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo, Luis Taboada, sobre dous proxectos nos que traballa: o primeiro, o aproveitamento de restos de pesca e especies sen valor comercial para producir oleoxeles; o outro, establecer pautas para a explotación sustentable do ourizo de mar. Alberto Ordóñez trasládanos o grave problema da crecente contaminación das augas costeiras. Infórmanos sobre a invasión de toalliñas hixiénicas na ría de Ferrol e sobre o proxecto Placton no que centos de voluntarios retiran lixo do mar. Conversamos co escritor Santiago Llovo sobre "Corcubión, a súa historia salgada", o libro no que debulla a historia das fábricas de salgadura da vila coruñesa. O noso biólogo de cabeceira, Xavier García Galdo cóntanos que é a ecolocalización, o sistema que utilizan algúns depredadores mariños para captura-las súas presas.
Neste programa abordamos a polémica xurdida tralo anuncio do goberno de que se incluirá a anguía entre as especies en perigo de extinción. Conversamos sobre a situación deste peixe nas nosas augas co edafólogo Serafín González, presidente da Sociedade Galega de Historia Natural. En Galicia houbo tempos nos que se fabricaban motores para barcos. Albertyo Ordóñez lémbranos nunha reportaxe aos mecánicos, case sempre autodidactas, que realizaban ese traballo. Ademais falamos da ostra. O biólogo Xavier García Galdo ensínanos a diferenciar entre os diferentes tipos deste molusco e conversamos con Lucas Daporta, xerente de Mariscos Daporta, unha empresa de Cambados que comercializa ostras con certificado ecolóxico.
O sector da baixura conseguiu que o Ministerio de Pesca suspendera a aplicación das medidas máis lesivas do Regulamento Europeo de Control da Pesca. Sen embargo, os mariñeiros seguen pendentes da decisión final da Comisión Europea. Imos coñecer o seu punto de vista sobre esta polémica. Entrevistamos a Francisco López Valladares, presidente do Consello Regulador de Acuicultura Ecolóxica de Galicia. Participamos na campaña de retirada de reló nos bancos marisqueiros de Aguiño. A investigadora Cristina Gallego cóntanos como se pode extraer xelatina de alta calidade da pel do peixe. O biólogo Xavier García Galdo desvélanos se hai remuiños no mar.
Neste programa coñecemos como foron as vendas nas lonxas galegas en 2025. Falamos de Redecos, unha rede de sondas en augas pouco profundas para controlar as condicións das augas. Alberto Ordóñez cóntanos nunha reportaxe como evolucionaron os faros galegos. Visitamos en Vimianzo un muiño de marea construido hai maís de 300 anos e en Moaña duas carpinterías de ribeira reconvertidas en museo.
Neste programa Alberto Ordóñez acode a unha granxa de rodaballo para explicarnos o proceso de cría deste peixe plano. David Fernández cóntanos como se recolle e comercializan as algas en Galicia e resúmenos o ocorrido no Foroacui, o Foro dos Recursos Mariños e Acuicultura das Rías Galegas que se desenvolve en outubro pasado no Grove.
A consellería do Mar autoriza a captura de ouxas que devoran o berberecho e a ameixa nas rías. Preguntámoslle como se combate esta praga á patroa mnaior de Lourizán, Carmen Vázquez. Imos a un mercado de Vigo para que a pescantina Olaia Suárez nos diga como vai a campaña de Nadal. O director adxunto do porto de Celeiro, Eduardo Míguez, fálanos do seu acordo cunha sociedade irlandesa para capturar lirio en augas internacionais. O xerente da empresa Artio Nutrición, José Gigerín explícanos como transforma auga de mar en bebidas isotónicas. O biólogo Xavier García dinos como se forman as "ondas cadradas".
A flota palangreira galega reclama o remate da veda de pesca do marraxo. A xerente da Organización de Palangreiros Galegos, Juana Parada, fálanos do estado da pesquería. Na última década caeu o consumo de peixe en España un 30 por cento. Un grupo de expertos nutricionistas entre os que están Elvira Larque, Rosaura Leis e Federico Costa dannos motivos para que introduzamos os produtos do mar na nosa dieta. Con David Fernández repasamos a historia do servizo de gardacostas galego. Visitamos o muiño de marea de Vimianzo. Coñecemos a investigación que apunta a que as sardiñas malladas son vítimas dun parasito.
Os bateeiros galegos recibiron a desagradable visita da marea vermella ás portas do Nadal ameazando a súa campaña navideña. Falamos co presidente da Asociación de Produtores de Mexillón de Vilanova de Arousa, Manuel Janeiro, sobre as repercusioóns que pode ter o peche dos polígonos de bateas e sobre outros problemas que ten o sector. Comezan as actividades do proxecto Mar e Rías, que impulsan os Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro de Galicia. Guillermo González, xerente do GALP da Costa da Morte, explícanos como se pretende promocionar o turismo pesqueiro a través desta iniciativa. Avanzamos o contido das próximas Xornadas Técnicas de Difusión do Sector Pesqueiro que se van desenvolver en Celeiro falando cun dos relatores que participarán, Raul Villa Caro. Lembramos o naufraxio que lle deu o nome á Costa da Morte. O investigador Rafael Lema cóntanos que hai de verdade e que de lenda en todo o que se di do afundimento do barco da armada británica Serpent. O biólogo Xavier García desvélanos que hai "esponxas carnívoras".
Falamos co Director Xeral de Pesca e Acuicultura da Xunta, Cándido Rial, das posibilidades de modificar o reparto da captura de sardiña nas augas ibéricas. Na próxima tempada non se poderá pescar salmón en Galicia. Explicanos as razóns desta veda o presidente da Federación Galega de Pesca, Manuel Mouzo. Camino Gestal, do Instituto de Investigacións Mariñas, cóntanos en que consiste o proxecto Octosan, que tenta determinar os motivos do descenso da redución de capturas de polbo en Galicia. Alberto Ordóñez fai o seguimento da descarga en Marín das mil cincocentas toneladas de lura que trae das Malvinas un buque conxelador. Camariñas foi seleccionada para participar no proxecto "Voces do Mar" , unha iniciativa que pretende difundir a memoria das comunidades da pesca artesanal sobre a que conversamos co presidente da Federación Nacional de Confrarías, Basilio Otero. O noso colaborador Xavier García fálanos dos peixes voadores.
Os cerqueiros galegos seguen capturando bocarte ás portas do inverno. Falamos desta inusual situación co voceiro da Asociación de Armadores do Cerco de Galicia, Manuel Suárez. Os españois consumen un 30% menos de peixe que hai unha década. Preguntámoslle os motivos a Luisa Álvarez, directora da federación que agrupa aos comercializadores de pescado. A oceanógrafa Marta Álvarez explícanos en que consiste BioGeoSea, un proxecto para examina-la saúde dos océanos. O enxeñeiro naval Raul Villa cóntanos a historia do patrulleiro "Cabo Fradera", o segundo barco máis antigo da armada, que ten base en Tui. O biólogo Javier García dinos como localizan o seu alimento as aves mariñas.
Falamos coa xerente adxunta da Cooperativa de Armadores de Vigo, Mercedes Rodríguez, sobre os efectos da proliferación de megaarastreiros nos caladoiros comunitarios. Carlos Lois, da confraría do Grove, infórmanos da marcha da campaña do ourizo. David Villar cóntanos nunha reportaxe como se xestiona a colleita de algas en Galicia. Tamén coñecemos un proxecto da Universidade de Santiago e a empresa Porto Muiños sobre cultivo e comercialización das algas salicornias. Conversamos con Pilar Otero, presidenta da Asociación Nacional de Mulleres da Pesca e o biólogo Javier García descúbrenos os moluscos máis raros das nosas costas.
O presidente da Federación Nacional de Confrarías, Basilio Otero, cóntanos o tratado na xuntanza que mantiveron os pósitos do Cantábrico para poñer sobre a mesa os probelas da pesca artesanal. Para facer balance do bono-peixe falamos coa Conselleira do Mar, Marta Villaverde, e coa propietaria dunha peixería de Lugo, Isabel Peña. Conversamos sobre os accidentes no mar con Fran Pena, coordinador do sector marítimo de CCOO de Galicia. Con Alberto Ordóñez coñecemos a historia da conserveira máis antiga de España, Palacio de Oriente. Xavier García deixa a un lado desta volta os peixes para centrar a súa atención nos pescadores; concretamente na etnia Bajau de Malaisia e Indonesia, uns homes cunhas facultades inigualables para o mergullo en apnea.
loading
Comments