DiscoverTodos os podcast | Atmosféricos
Todos os podcast | Atmosféricos
Claim Ownership

Todos os podcast | Atmosféricos

Author: AGalegaAudio

Subscribed: 0Played: 0
Share

Description



Os podcast do programa de meteoroloxía e medio ambiente de Mabel Montes

38 Episodes
Reverse
E ademais Nico Campos propúxonos un debate sisudo: quen contamina máis coas súas viaxes en avión, Taylor Swift ou Beyoncé? O último programa da temporada do Atmosféricos non ten perda!
Éxodos climáticos

Éxodos climáticos

2024-06-1756:58

Interesámonos tamén pola chamada factura climática, unha conta con moitos ceros que pon contra as cordas as economías máis vulnerables. E ademais, soubemos por que son esenciais os servizos climáticos e coñecemos o colectivo Madres por el Clima, nais coraxe que loitan por un planeta mellor.
Escola de calor

Escola de calor

2024-06-1056:58

En Ourense, dous investigadores puxeron en marcha unha escola de calor para analizar o confort térmico da cidade das Burgas contando coa participación da cidadanía. Ademais soubemos como pode repercutir este exceso de temperatura na tempada de furacáns e na presenza na atmosfera de gases contaminantes e moi nocivos para a saúde, como o ozono. Tamén nos achegamos á Costa da Morte para compartir unha xornada de limpeza de praias coa asociación Mar de Fábula e con máis dun cento de escolares.
Que vén o lobo!

Que vén o lobo!

2024-06-0355:30

No programa, desta volta, repasamos a situación da especie lobo ibérico que para sobrevivir ten que enfrontar problemas como o furtivismo, a degradación dos seus hábitats e a pobreza xenética. Ademais estamos na época idónea para avistar algún oso pardo polos Ancares ou polo Courel, coñecemos o funcionamento dos centros de recuperación de fauna salvaxe de Galicia, e falamos das néboas.
As dores climáticas

As dores climáticas

2024-05-2756:58

A calor, o frío e a humidade excesivas axudan a propagar enfermidades novas e empeoran outras. O cambio climático ten boa culpa. No Atmosféricos indagaron sobre as chamadas enfermidades meteotrópicas e sobre os mapas de risco da calor deseñados para tentar previr as consecuencias das vagas de calor sobre a poboación. Ademais abriron liña co Brasil para coñecer de primeira man cal é a situación da cidade de Porto Alegre logo das peores inundacións da súa historia.
As autoridades sanitarias extreman a alerta ante a propagación de enfermidades infecciosas como a febre hemorráxica de Crimea-O Congo, o zika, ou a febre amarela, asociadas á insectos migrados ata as nosas latitudes desde o sur global. As carrachas que transmiten a primeira ou o mosquito tigre, responsable das segundas, xa se instalaron en Galicia e aínda que non hai constancia de que circulen os virus, Xunta e Universidades fan un seguemento constante das poboacións destes insectos para previr calquera andazo. Canda eles, as moscas comúns convértense en crebacabezas en concellos como Tomiño, onde o uso inadecuado dos xurros agrícolas provocou unha auténtica invasión destes bechos.
Lixo, do mar ás redes

Lixo, do mar ás redes

2024-05-1356:58

Iniciativas públicas e privadas tratan de darlle a volta ou de atallar esa viaxe, por exemplo, pescando o lixo no propio océano con artes de pesca. Ademais, lanzamos unha pregunta, canto estariades dispostos ou dispostas a poñer do voso peto para loitar contra o cambio climático?
As conquistas do mar

As conquistas do mar

2024-05-0656:57

No Atmosféricos interesámonos por este fenómeno do crecemento marítimo, que puxo en cifras o Instituto Oceanográfico Español nun traballo publicado na revista Geosciencies. E preguntamos en dous concellos, un da costa atlántica e outro da mediterránea, como pensan amañar o que as ondas se empeñan en estragar. Ademais, na súa Cidadela, Laura Cortés báixalle a ponte a Ángela Fontán, oceanógrafa e experta en costas vulnerables.
Adentrámonos nas xunglas xurídicas internacionais para analizar as sentenzas históricas en materia de xustiza climática ditadas polos tribunais de Dereitos Humanos de Europa e de Latinoamérica. Preguntamos tamén que foi da Lei de Restauración da Natureza, perdida durante a súa tramitación nas espesuras burocráticas e políticas da Unión Europea. Ademais, compartimos expedición pola selva máis salvaxe e auténtica con Tonhito de Poi, un namorado da Amazonía.
Urxe mandarmos á historia a queima dos combustibles fósiles, causantes dos gases de efecto invernadoiro, pero non é fácil. As centrais térmicas de carbón, como a de Meirama ou a das Pontes, pecharon como parte da estratexia da UE na súa loita contra o cambio climático. Agora investigadores da Universidade da Coruña acaban de presentar un estudo no que avaliaron os impactos psicosociais destes procesos nas poboacións que dependían destas industrias. No Atmosféricos interesámonos por esas conclusións e tamén polo chamado colapsismo, a corrente de desánimo que medra ao abeiro do caos climático e que conduce á inacción e ao conformismo fronte ao que se considera inevitable. E volveu a Cidadela de Laura Cortés, con María Sánchez, escritora e veterinaria e unha das voces novas que reivindica a dignidade do rural olvidado.
Saúdos ao sol

Saúdos ao sol

2024-04-0856:58

A eclipse solar, visible parcialmente desde a Costa da Morte, un destino turístico privilexiado para a contemplación das estrelas, apenas colonizado pola luz artificial. Interesámonos por outro problema que acosa os ceos: o exceso de lixo espacial. Millóns de anacos de foguetes e de satélites orbitan sobre a Terra. Hai que tomar medidas antes de que o espazo se convirta nun vertedoiro. Cal é a razón da continuidade das borrascas que lle afectan a Galicia? Inauguramos sección con Nico Campos, que nos trae unha proposta diferente que combina lecer e paisaxe: practicar ioga ao aire libre desde as paraxes máis espectaculares de Galicia canda Hanh, unha moza vietnamita namorada do noso país.
Declive do fenómeno do Neno, que podería axudar a baixarlle uns graos ao planeta. Como está afrontando o proceso de descarbonización o transporte marítimo. Volve a Cidadela de Laura Cortés e trasladamos un chamamento da ciencia que pide axuda cidadá para salvar os cabaliños de mar.
A piques de asubiar o final do inverno, a borrasca Mónica deixou nevaradas en abundancia no norte da Península, salvando a tempada de esquí e aliviando as concas fluviais do nordeste esquilmadas pola seca. En Galicia tamén choveu e nevou con intensidade deixando moitos ríos en risco de desbordamento. E todo isto sucede logo de que en febreiro se volvesen bater récords de temperatura. No Atmosféricos preguntamos se as nevaradas extraordinarias son compatibles co quentamento do planeta. Ademais coñecemos un sistema de alerta temperá deseñado na Universidade de Vigo para coñecer o como e cando dos futuros desbordamentos do Miño.
As consecuencias do máis que probable colapso da AMOC, o sistema de correntes oceánicas que distribúen a calor dos trópicos polo Atlántico Norte. A freada desta corrente podería traer consigo unha nova glaciación en Europa. Conversa sobre o decrecentismo e a eficacia das mensaxes científicas con Fernando Valladares, reputado investigador do CSIC, que saltou dos laboratorios á protesta nas rúas. E tamén coa xornalista e divulgadora ambiental, Irene Baños, que ante a incerteza climática e vítima da chamada ecoansiedade, escribiu un libro en que avoga por superar a parálise individual e traballar a prol do esforzo colectivo.
Ante as protestas de agricultores e gandeiros o Atmosféricos pregunta por fórmulas como a da agricultura rexenerativa. É un modelo que propón un novo xeito de relación coa terra, baseado na sostibilidade ambiental e social e que promete rendibilidade sen depender de fertilizantes químicos ou de grandes maquinarias
Asomámonos ao abismo do cambio climático repasando as causas da calor anómala que convertiu xaneiro no mes máis cálido da historia do planeta. Tamén coñecemos a nova ferramenta deseñada por investigadores galegos para predicir o tempo dentro da Catedral de Santiago co obxectivo de evitar as humidades que sofre o templo. Un estudo conclúe que a pesar do impacto na saúde que ten a exposición ao gas radon, os galegos non sabemos como evitar que nos afecte. Volvemos ás praias para preguntarlles ás voluntarias de Noia Limpa se seguen ou non chegando os pélets de plástico do Toconao.
Emerxencia por seca

Emerxencia por seca

2024-01-2955:58

Aínda que en Galicia a chuvia xa nos viña sobrando, noutras rexións do Estado o anticiclón está a agravar unha seca que xa é histórica. Oito millóns de andaluces e seis de cataláns afrontan un horizonte de restricións severas na auga se non chove intensamente durante a primavera. No Atmosféricos afondaron nas causas deste déficit de precipitacións e nas medidas que se propoñen para paliar a situación. Unha seca que repercute tamén en Galicia e que segundo un informe agrario, converte o 2023 no peor ano da historia para o campo español.
Afondamos na nova crise ambiental que vive Galicia, a provocada pola marea dos 'pélets' de plástico perdidos polo buque Toconao. Preguntamos polas correntes marítimas que trouxeron os granulados ás praias galegas, a lexislación (se é que a hai) que regula o transporte marítimo de mercadorías e o impacto dos microplásticos nos ecosistemas mariños. Ademais, conversamos cunha desas persoas que se molla -en sentido literal e figurado -en defensa do mar, o mariñeiro e influenciador Rogelio Santos.
Canto lixo de regalo

Canto lixo de regalo

2024-01-0855:58

Pasou o Nadal e agora hai que desfacerse, pero correctamente, de todo o lixo xerado nesta época. Agora volvemos a clase para aprender sobre o jet stream ou corrente en chorro. Saberemos máis sobre os avances nas investigacións en xenómica dos microorganismos presentes nas augas galegas grazas a unha investigadora -a xefa- do equipo que detectou o virus da COVID nas augas residuais durante a pandemia. E Nico Campos e Xulia Pisón contarannos as aventuras das microalgas salvando o planeta cos seus superpoderes.
En 2023 batéronse récords de calor, tivemos temporais, grandes incendios... En Atmosféricos falamos de moitos deses momentos, tendo sempre de pano de fondo o cambio climático. Foi un ano histórico polas altas temperaturas que acadou o planeta. O máis quente desde que hai rexistros. Unha distinción preocupante que analizamos con Susana Bayo; Juan Taboada, de Meteogalicia e o catedrático de Xeoloxía Juan Ramón Vidal Romaní.
loading
Comments