DiscoverTodos os podcast | Atmosféricos
Todos os podcast | Atmosféricos
Claim Ownership

Todos os podcast | Atmosféricos

Author: AGalegaAudio

Subscribed: 0Played: 0
Share

Description



Os podcast do programa de meteoroloxía e medio ambiente de Mabel Montes

38 Episodes
Reverse
O Atmosféricos inicia a súa andaina na Radio Galega cargando nas alforxas os misterios das isóbaras, das predicións primaverais, do coidado das hortas no mes de abril, lembrando o pasado do humedal desecado da Limia e compartindo distopías climática cunha das autoras da webserie ''Mentres non chova'' .
Océanos de calor

Océanos de calor

2023-04-2457:24

A ciencia corrobora que a temperatura dos océanos está a subir con consecuencias evidentes nas criaturas mariñas. Falamos con científicos e científicas dos cambios constatados no comportamento das especies e da necesaria alfabetización oceánica por parte da cidadanía. A xornalista Teresa Abuín amósanos cal pode ser a contribución do xornalismo en prol dese activismo ambiental e escoitamos o relato salagado da escritora Rosa Aneiros, que unha vez foi quen de salvar unha quenlla.
Que chova, que chova

Que chova, que chova

2023-05-0156:27

Programa no que se afonda na problemática da seca, unha das máis severas da historia de España e que tamén lle está afectar a Galicia. Preguntamos por que o país dos mil ríos non é rico en auga, por como repercute a escaseza de chuvia nas actividades agrogandeiras e que medidas se poñen en marcha para atallar a perda de auga. A escritora vimiancesa Natalia Lema achegaranos a historia dun encoro que a lombos do progreso mergullou aldeas e vidas.
Programa en que preguntamos pola saúde dos pulmóns verdes do país, se os nosos bosques e montes respiran. Saberemos de árbores senlleiras propias e sinalaremos as incongruencias do chamado negacionismo climático.
Paxariños piadores

Paxariños piadores

2023-05-1557:13

O Atmosféricos interésase polo estado de conservación da avifauna en España e en Galicia, con hábitats cada vez máis deteriorados e ameazados polo cambio climático. Ademais coñeceremos quen é o Neno máis rebuldeiro a efectos do clima, e asistiremos canda a súa directora, á estrea da película SICA que nos fala de mar, de natureza e de nenos que mandan nas nubes.
O mundo sen insectos

O mundo sen insectos

2023-05-2957:21

Os invertebrados son as criaturas máis ameazadas polo cambio climático. Falaremos cos expertos para saber se o mundo sería viable sen a presenza destes bechiños, ás veces molestos. Visitaremos un museo vivente de abellas en Arzúa e con Susana Bayo aprenderemos sobre as treboadas.
Hai un problema grave co lixo no medio mariño. Preguntamos polos puntos negros nas Rías Galegas, polas verteduras da Mina de San Finx na ría de Muros-Noia, pola emerxencia ambiental ocasionada polos microplásticos e apuntámonos a clases de surf en que aprendermos a coidar o medio mariño e a identificar contaminantes como as chamadas bágoas de serea.
Os algoritmos verdes

Os algoritmos verdes

2023-06-1257:46

a IA pode complicarnos ou mellorarnos a vida pero adestrar as ferramentas de intelixencia artificial supón un consumo enorme de enerxía. A ciencia investiga as maneiras de que os algoritmos sexan máis sustentables. Falamos tamén de cultura sustentable, de DANAS, dos ataques das candorcas coñecidas como Galdys, e comezada a costeira, lembramos a chamada Guerra do Bonito
O expolio do vento

O expolio do vento

2023-06-1957:51

Afondamos no conflicto entre a industria eólica e os propietarios dos terreos onde se prevé o asentamento de parques de muíños, o tránsito cara as enerxías renovables está camiño de crear un problema social en Galicia. Saberemos por que as turbulencias aéreas van ir a máis se non se frean as emisións dos gases de efecto invernadoiro, e xornalista e poeta Anxo Quintela, agasállanos cun radiopoema sobre o vento.
Turismo in-sostible

Turismo in-sostible

2023-06-2657:52

O Atmosféricos da Radio Galega marcha de vacacións de verán pero antes coñecemos os lugares da costa en que a ONG Ecoloxistas en Acción chantou as súas Bandeiras Negras. Interesámonos por se é viable en tempos de masificación vacacional, a coexistencia do turismo e a sostibilidade ambiental. Saberemos que rapidamente se están a derreter os xeos do Ártico e despedimos o curso canda os alumnos do Colexio As Revoltas de Cabana que aprenden sobre fauna galega no esteiro do río Anllóns.
O programa abre a nova temporada afondando na problemática dos incendios forestais de sexta xeración. Que son? Como actúan? Quen os prenden? Entrevistamos a bombeiros forestais, expertos universitarios e a fiscal coordinadora das fiscalías de medio ambiente de Galicia para saber do quen e do como desta lacra.
Regresamos a dúas zonas asoladas polos lumes nos últimos anos, Chandebrito en Nigrán, e a serra do Courel. Como saen adiante os veciños e veciñas? Segue habendo medo? Falamos coa veciñanza e cos comuneiros para saber se mudou a forma de entenderen o monte. Falamos tamén con outras voces que propoñen incluír perspectivas novas na loita contra o lume, desde a incorporación das voces femininas na xestión do patrimonio forestal ata a visión da arte na súa relación coa natureza.
Analzamos a xestión do lixo en España e en Galicia. Cumprimos os obxectivos da Unión Europea de separación e de reciclaxe. Funcionan realmente os actuais sistemas de recollida selectiva? Falamos con avogadas expertas en lexislación europea, con ONG ambientalistas, con representantes dos sistemas de xestión e coñeceremos unha iniciativa de reciclaxe que converte o lixo mariño en alfaias.
A industria da moda é unha das máis contaminantes do planeta, con enorme impacto no cambio climático. O programa aborda a necesidade de que o sector téxtil se adapte ás esixencias dunha sostibilidade real. En especial, céntrase no papel da fast fashion ou moda rápida que promove patróns de consumo compulsivo e de dubidosa responsabilidade ambiental.
No mes dos Defuntos preguntámoslle á filósofa experta en tanatoloxía Susana Montó como afrontan a morte os animais, a súa e a dos seus conxéneres. Ademais, investigamos outra morte, a que provocan as grandes choivas nas colleitas e no marisco coas pistas que atopan os científicos de que estes episodios irán a máis.
Vai cambiar algo?

Vai cambiar algo?

2023-11-2753:57

A piques de comezar en Dubai a Conferencia das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático preguntámonos que se pode esperar desta reunión na que os países deben dar solucións e compromisos fronte ao quecemento desbocado do planeta. Esta semana tamén afondamos no mundo da micoloxía e na posibilidade de ver auroras boreais desde Galicia. E estreamos sección, a 'Cidadela', da man da xornalista Laura Cortés.
Analizamos o acordo do último cumio climático, a COP 28, celebrado en Dubái, que os organizadores cualifican de éxito. Será a mera mención á necesidade de eliminar os combustibles fósiles suficiente para que os países tomen medidas decisivas? Pode ser realmente un plan B usar a tecnoloxías para paliar o exceso de carbono na atmosfera, como propuxeron os Emiratos Árabes? Ademais, indagaremos sobre o clima de Marte. E Darío Adanti, ilustrador e fundador da revista Mongolia, contaranos que hai do meteorito que se encamiña cara o noso planeta e que ameaza con facer diana.
A erupción dun volcán preto da vila de Grindavik xa non sobresalta aos islandeses pero volver pór nerviosa parte de Europa por se se repetía o colapso aéreo de 2010. En Galicia, no día de Nadal coñecemos algo máis da azarosa vida das anguías, que arestora están en perigo crítico de extinción. E preguntámonos como afronta a industria do xoguete o reto da sostibilidade.
En 2023 batéronse récords de calor, tivemos temporais, grandes incendios... En Atmosféricos falamos de moitos deses momentos, tendo sempre de pano de fondo o cambio climático. Foi un ano histórico polas altas temperaturas que acadou o planeta. O máis quente desde que hai rexistros. Unha distinción preocupante que analizamos con Susana Bayo; Juan Taboada, de Meteogalicia e o catedrático de Xeoloxía Juan Ramón Vidal Romaní.
Canto lixo de regalo

Canto lixo de regalo

2024-01-0855:58

Pasou o Nadal e agora hai que desfacerse, pero correctamente, de todo o lixo xerado nesta época. Agora volvemos a clase para aprender sobre o jet stream ou corrente en chorro. Saberemos máis sobre os avances nas investigacións en xenómica dos microorganismos presentes nas augas galegas grazas a unha investigadora -a xefa- do equipo que detectou o virus da COVID nas augas residuais durante a pandemia. E Nico Campos e Xulia Pisón contarannos as aventuras das microalgas salvando o planeta cos seus superpoderes.
loading
Comments