DiscoverTodos os podcast | Mundo raro
Todos os podcast | Mundo raro
Claim Ownership

Todos os podcast | Mundo raro

Author: AGalegaAudio

Subscribed: 0Played: 1
Share

Description



Espazo cultural e divertido coa retranca e tolemia habitual do escritor Pedro Feijoo

83 Episodes
Reverse
Pelis de xornalistas

Pelis de xornalistas

2023-10-0613:22

Pelis de xornalistas? Claro que si, amigas, con Pedro Feijoo no #MundoRaroGxD.
Sobre planetas, polémicas, premios, Pepe Carvalho e Diego Ameixeiras. No #MundoRaroGxD de Pedro Feijoo
Queredes saber como se prepara Pedro Feijoo para os premios Xerais? Pedro tamén. As historias de Marilar Aleixandre e Manuel Esteban. Hoxe no #MundoRaroGxD
Rosalía, Castelao, Lope, Cervantes… Historias de mortos que igual non estaban tanto… No #MundoRaroGxD de Pedro Feijoo
Os nazis fan cousas de nazis? Eslava Galán ten un libro que conta quen son para escépticos. Cóntacho Pedro Feijoo no seu #MundoRaroGxD
Máis presentacións de libros bizarras con Fina Casalderrey, Lito Vila Baleato , Javier Pena López, Susana Giménez, Susana Pedreira, Diego Giráldez e Mercedes Corbillón. No #MundoRaroGxD de Pedro Feijoo
Napoleón ao detalle

Napoleón ao detalle

2023-12-0117:46

No #MundoRaroGxD de Pedro Feijoo centrámonos na película que está a causar moita controversia nos últimos días. Nin máis nin menos que o Napoleón de Ridley Scott.
Nadal? Si, o da felicidade, os reencontros e todo iso está moi guai, pero... e que pasa co máis importante? Ou sexa, que pasa cos agasallos? Sabemos agasallar correctamente? Non podemos pasar ese detalle á lixeira... Sobre todo cando é a un escritor a quen queremos agasallar! O dos agasallos, un mundo raro xa de en por si, así en xeral. "Bonito isto? Pero, a ver... pode saberse en que carallo estabas pensando?" Agasallos de Nadal que, directamente, xamais deberon existir. E que pasa cos agasallos relacionados cos escritores? Que se regalan os escritores entre eles? De acordo, falemos claro... Que é o que nos gusta que nos regalen?
Si, tamén existen libros sobre o Aninovo. Aquí van tres propostas: unha en positivo, outra moi guai e mesmo unha para o Aninovo... chinés! E entre os escritores hai para todos os gustos: de Oscar Wilde a Mark Twain ou de Ambrose Bierce ao pai de Isabel Allende. No #MundoRaroGxD de Pedro Feijoo.
Toca darlle a benvida ao 2024. E que mellor maneira para facelo que con novidades literarias. A ver, centrémonos. Se, por exemplo, o voso é o rollo extreme-cultureta... Desde Salman Rushdie ata García Márquez. Se resulta que o voso é máis o Premio Nobel... oh my dog, imos ser malos! Munro, Aleksievich e... Murakami! (Buuuh, pringao!!!) E agora si: novidades das que nos molan. Jo Nesbo, Camilleri, Dennis Lehane e Eduardo Mendoza.
Pedro Feijóo ponse dramático e anímanos a estar preparados para a fin do mundo: os libros que nos axudarán a afrontar as catátrofes e eses clásicos que hai que ter lidos antes de que desapareza o Universo: Somos auga que pensa, de Joaquín Araújo; O Banco de Peixes, de Frank Schätzing; Lugar seguro, de Isaac Rosa; A terra permanece, de George R. Stewart; A estrada, de Cormac McCarthy; ou Sobrevive. Como Sexa! de John Seagal.
Malos e superviláns

Malos e superviláns

2024-01-1916:27

Malos e superviláns. Os favoritos de Pedro Feijoo, no #MundoRaroGxD. Tamén a espectacular edición da Semana Negra de Novela da biblioteca de Verín.
Especial #MundoRaroGxD con Pedro Feijoo dende a Semana da Novela Negra da Biblioteca de Verin. Con Fernando Rueda como 'guess star'
O Padriño

O Padriño

2024-02-0218:18

A historia de Mario Puzo e o Padriño dá para unha serie. Cóntacho Pedro Feijoo. E cántacho tamén.
O xogo das pelis

O xogo das pelis

2024-02-0916:52

"Ensíname os cartos!" "Estás falándome a min?" "Imos precisar un barco máis grande..." Saberías dicir a que películas corresponden estas famosísimas frases? Francamente, queridos, a Pedro Feijóo si que lle importa.
Celebramos o Día Mundial dos Amores Imposibles. Na ficción esta temática dá moito xogo así que Pedro aproveitou para recomendar literatura, pelis e música de amores con pouco futuro.
O Celta

O Celta

2024-02-2312:54

Hoxe é o Día Mundial do Compromiso Internacional para o Control do Mercurio, o cuadraxésimo terceiro aniversario do famoso golpe de estado de Tejero, e... outras cousas, de xeito que... Pedro Feijóo falou do Celta! Libros: 1.- "1.100 anos de Historia do Celta", de Eduardo Rolland, 2.- "Como siempre, lo de siempre", de Lucía Taboada. e 3.100 anos de afouteza e corazón, de... un pouco de autobombo? Noooon...
Execucións raras

Execucións raras

2024-03-0116:55

Hoxe imos pasar do Día Mundial do Cumprido... á morte por garrote vil. E todo así, nun plis plas! Ao fío de O derradeiro verdugo, adiante co garrote vil. Mañá, hai cincuenta anos... Unha pouca de historia dun... invento español? A ver, aseghún... O seu funcionamento, e outros desastres. A "bondade" de Fernando VII. E todo isto... podendo escoller outros métodos? Meh, a guillotina é para afrancesados e fabricantes de clavicordios!
No 8M Pedro Feijoo presentounos unha listaxe de destacadísimos nomes de home da literatura internacional.
Musicais raros

Musicais raros

2024-03-1515:16

Cando o musical se come o libro. Con Pedro Feijoo no #MundoRaroGxD.
loading
Comments