DiscoverAs follas novas
As follas novas
Claim Ownership

As follas novas

Author: ensaia.

Subscribed: 0Played: 1
Share

Description

Entrevistas a algunhas das persoas que máis positivamente están a impactar en Galicia. Traxectorias admirables de campos moi diversos nas que afondaremos para aprender do seus procesos creativos e formas de entender o mundo.

Unha iniciativa de ensaia en liña co propósito de impactar positivamente na seguinte xeración a través de crear unha cultura de xenerosidade. Presentado por Cintia Salido e con reportaxes fotográficas de Ricardo Lede, invitámosche a ser parte da comunidade e aprender dalgunhas das persoas máis fascinantes que coñecemos grazas á «Bolsa ensaia».

Seica vai chover.
16 Episodes
Reverse
Entrevistamos a Hadrián Jamardo, autor de banda deseñada e integrador social galego de Caldas de Reis que explora nas súas viñetas temas de interese social e cultural. A través do seu traballo, convídanos a pensar a cultura como refuxio e como camiño de volta: unha evasión que, lonxe de illarnos, nos expón a outras maneiras de ver o mundo e nos devolve ás persoas. Receptor da «Bolsa ensaia» en 2025 polo seu talento e a súa mirada sensible sobre as relacións. Falamos con el do oficio de crear e, por suposto da orixe da súa obra «Tixoliño».| Sobre As follas novas.Entrevistas a algunhas das persoas máis fascinantes que coñecemos grazas á «Bolsa ensaia» con traxectorias admirables en campos moi diversos. Aquí afondamos no seus procesos creativos e formas de entender o mundo. | Sobre ensaia. Somos un movemento que, en forma de comunidade e cunha visión de longo prazo, doa anónima e desinteresadamente cartos para, entre outras iniciativas, outorgar anualmente bolsas que apoien traxectorias destinadas a impactar positivamente en Galicia. Súmate á comunidade para outorgar máis bolsas e coñece máis sobre nós ⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠na nosa web: ensaia.com⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠
Entrevistamos a Mariluz Pascual, integradora e educadora social galega orixinaria de Vilardevós que centra o seu traballo na dinamización comunitaria e no valor da xente maior. A través do seu proxecto, convídanos a explorar a memoria oral, os refráns e a identidade dos nosos pobos para transformalos en pontes interxeneracionais, chegando incluso a poñer o acento na urxencia de combater a soidade non desexada. Finalista da «Bolsa ensaia» en 2025 epolo seu talento e sensibilidade social. Falamos con ela da necesidade de que o rural non perda o seu propio patrimonio humano.| Sobre As follas novas.Entrevistas a algunhas das persoas máis fascinantes que coñecemos grazas á «Bolsa ensaia» con traxectorias admirables en campos moi diversos. Aquí afondamos no seus procesos creativos e formas de entender o mundo. | Sobre ensaia. Somos un movemento que, en forma de comunidade e cunha visión de longo prazo, doa anónima e desinteresadamente cartos para, entre outras iniciativas, outorgar anualmente bolsas que apoien traxectorias destinadas a impactar positivamente en Galicia. Súmate á comunidade para outorgar máis bolsas e coñece máis sobre nós ⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠na nosa web: ensaia.com⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠
Entrevistamos a Pablo López, artista e xestor cultural que entende o seu traballo como un espazo de mediación social e colectiva. A través do seu proxecto, convídanos a explorar a arte como unha práctica accesible e fóra das dinámicas elitistas. Finalista da «Bolsa ensaia» en 2023, falamos de creatividade, do esmero de rehabilitar esa antiga vivenda en Camelle para crear na contorna un espazo de residencias artísticas no rural como A Casa no alto ou da necesidade de que as localidades pequenas non perdan o rumbo e recuperen o seu patrimonio natural.| Sobre As follas novas.Entrevistas a algunhas das persoas máis fascinantes que coñecemos grazas á «Bolsa ensaia» con traxectorias admirables en campos moi diversos. Aquí afondamos no seus procesos creativos e formas de entender o mundo. | Sobre ensaia. Somos un movemento que, en forma de comunidade e cunha visión de longo prazo, doa anónima e desinteresadamente cartos para, entre outras iniciativas, outorgar anualmente bolsas que apoien traxectorias destinadas a impactar positivamente en Galicia. Súmate á comunidade para outorgar máis bolsas e coñece máis sobre nós ⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠na nosa web: ensaia.com⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠
Entrevistamos a Yas Deluaces, música e artista sonora que entende o mundo dende a súa áncora en Mazaricos. A través do seu proxecto, convídanos a explorar os códigos da música tradicional para transformalos en propostas contemporáneas, chegando incluso a debuxar a xeografía e cantar as montañas. Finalista da «Bolsa ensaia» en 2025 polo seu talento. Falamos de creatividade, do esmero de reabilitar esa antiga casa familiar para crear na contorna un espazo de creación no rural como Abubela ou da necesidade de que o campo xere a súa propia riqueza. | Sobre As follas novas.Entrevistas a algunhas das persoas máis fascinantes que coñecemos grazas á «Bolsa ensaia» con traxectorias admirables en campos moi diversos. Aquí afondamos no seus procesos creativos e formas de entender o mundo. | Sobre ensaia. Somos un movemento que, en forma de comunidade e cunha visión de longo prazo, doa anónima e desinteresadamente cartos para, entre outras iniciativas, outorgar anualmente bolsas que apoien traxectorias destinadas a impactar positivamente en Galicia. Súmate á comunidade para outorgar máis bolsas e coñece máis sobre nós ⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠na nosa web: ensaia.com⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠
Entrevistamos a Monse Piñeiro, artista plástica e creadora escénica que investiga a fascinante relación entre a luz e os corpos en movemento. A través da súa obra, convídanos a explorar o precine e os xoguetes ópticos para descubrir a ilusión do movemento desde unha mirada analóxica e artesá. Finalista da «Bolsa ensaia» en 2024 polo seu talento e capacidade investigadora, fálanos sobre a importancia de habitar o aburrimento para cultivar a creatividade. Unha conversa sobre a formación continua, o deseño de iluminación e o proxecto Lanterna Máxica, que nos ensina que a arte é unha ferramenta fundamental para facer o mundo un lugar un pouco máis amable.| Sobre As follas novas.Entrevistas a algunhas das persoas máis fascinantes que coñecemos grazas á «Bolsa ensaia» con traxectorias admirables en campos moi diversos. Aquí afondamos no seus procesos creativos e formas de entender o mundo. | Sobre ensaia. Somos un movemento que, en forma de comunidade e cunha visión de longo prazo, doa anónima e desinteresadamente cartos para, entre outras iniciativas, outorgar anualmente bolsas que apoien traxectorias destinadas a impactar positivamente en Galicia. Súmate á comunidade para outorgar máis bolsas e coñece máis sobre nós ⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠na nosa web: ensaia.com⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠
loading
Comments