Discover A toupeira_rillando raices
A toupeira_rillando raices

A toupeira_rillando raices
Author: Radio Liverdade
Subscribed: 0Played: 1Subscribe
Share
© 2025 Radio Liverdade
Description
Non e unha toupeira calquera, e unha toupeira con alfombras e tapices nas paredes, altofalantes e cables moitos cables. Instrumentos colocados conforme e devido, esperando a ser tocados. Cocinha de lenha con pota a ferver e a terreza da nosa toupeira e o monte son os campos as montanhas pequenas e grandes con esa banda sonora que non deixa de soar.
24 Episodes
Reverse
Temos que devir que foi todo unha honra 
ter estado de conversa com Mercedes Peón
tendo em conta 
que foi todo um pequeno atropelo a nossa proposta
ista a de acompanharnos aqui na toupeira
e espirse, se cabe um pouco
Como xá dizemos moitas vezes
para nos e um honra  e um prazer
que nos deixem, e poder contar estas historias
as criaturiñas da toupeira somos mói de escoitar
e claro,
non perde-mola oportunidade de contar a nossa maneira
estes contos que nos fan viajar a outros mundos
iso si,
poderia semelhar a um marmuro
tratado e misturado com ondas ercianas,
em todo caso, um conto o que podes escoitar
aqui abaixo, na toupeira...
como se chamaban as convidadas de hoxe?
Era un tal, Miguel si Miguel Muñoz as lanternas
e ela, como non...
a fermosísima  dona Ana Vallés
pois xa o escoitaredes,
autodidacta,directora de escena, 
dramaturga, bailarina, actriz e poeta visual 
En 1986, fundan Ana e Baltasar Patiño
en Santiago de Compostela 
a compañía galega Matarile Teatro, 
a que dende entonces, experimenta con diferentes tipos de lenguaxe escénico 
atravesando teatro, danza, performance ou circo
foron os primeiros en programar danza contemporánea na Galiza
no teatro Galán 
o que mantiveron aberto 
entre os anos 1993 y 2008
En 1995, puxeron en marcha 
o Festival Internacional de danza 
En Pé de Pedra 
que se celebrou durante doce anos 
nas ruas e prazas de Compostela. 
Case nada!
Poderíamos estar falando longo e tendido de Matarile
de Ana Valles e Baltasar Patiño 
un grande no que se refire neste mundo da iluminación
e do que falaremos del noutro programar
porque creou unha obra que deu moito que falar
e a que tivemos a oportunidade de ver en directo
Pussy Cake, Cona Biscoito
Como vos podo presentar a nosa invitada de hoxe...
...o que pasou con Idoia foi que namorounos
si, as criaturiñas que avitamos esta casa vella, 
namoramos dunha idoia zabaleta
andróxena, romántica, rabiosa, radical, realista...
madán olliños 
son adxectivos que poderían describir a Idoia zabaleta
pero o que si podemos decir con certeza 
que é unha destacada creadora da escena contemporánea actual, 
formouse en Nova Danza e Improvisación 
na cidades de Barcelona, Ámsterdan e Nova Yorke, 
ampliando posteriormente a sua formación con creadoras como David Zambrano, Meg Stuart e Vera Mantero entre outras. 
Como intérprete colaborou en varios montaxes 
da compañía Mal Pelo, 
dos que temos moitas ganas de falarvos
porque coñecimos a María Muñoz que algo ten que ver 
con eso do Mal Pelo
dende 2008 Idoia Zabaleta cogoberna 
xunto a Juan González 
o espacio e de creación AZALA 
espacio de investigación, 
fomento y divulgación da creación escénica 
e referente total desta casa vella.
coproduce e crea o frente da sua compañía 
Moare Danza, 
obras como
La puta inocencia, no 2001, 
El rato de José 2002,
Gata sombra 2005,
Dueto 2006
e Piel, no 2007 
e ata aquí podo ler 
o resto son xa vo lo conta
a nosa convidada de hoxe 
Idoia Zabaleta
_quérovos presentar ao noso convidado de hoxe,
chámase Andrés Corchero, un manchego moi japo.
Si, japo de Xapón. 
Como xa ides escoitar na nosa toupeira de hoxe, 
Andrés Corchero, 
e un bailarino ben recoñecido neste mundo 
das artes escénicas e do movemento. 
E dicimos que e moi japo,
porque formouse en Xapón con un tal Min Tanaka, 
mestre bailarino, referente total da danza Butoh , 
esa danza que ten o seu orixe na posguerra 
deste pais como foi Xapón...  
unha danza onde se traballan 
os mundos interiores, a escoita, 
combinado con movementos que poden recordar 
a tempos pasados, 
como cando vemos as velliñas moverse,  
movementos cansos aparentemente, pero certeiros 
de ter estado toda unha vida lidando cun corpo. 
Cada movemento ten unha historia 
e unha maneira de estar e facer sentir...
Na Toupeira de hoxe, imos conhecer a Felix Fernández, artista interdisciplinar, multidisciplinar, transdisciplinar, como moi ben se presenta el mesmo.
Felix Fernández chega a Casa Vella para facer unha residencia e traballar nun proxecto de corte autobiográfico ao que lle chama “Xavier a través de min” onde imos encontrar a performance,  o show,  a danza, a música e a imaxe, para falar do seu irmán o que se foi pola súa vontade. Traballo de corte existencial  cun gran traballo de corpo axudado pola bailarina Ruth Balbís, e Raquel Calvo como Arteterapeuta e no traballo de coaching axudando neste traballo tan emocional...
Disfrutádeo e descubride a Felix Fernandez e a sua música, no que como DJ faise chamar Jëan Fixx...
_Na Toupeira de hoxe, poderemos escoitar a entrevista que lle fixemos a Lucas Codró, bailarino arxentino afincado en Madrid. 
Seguimos aquí na Casa Vella, neste espazo de creación e residencias de artistas no ámbito da danza e do movemento das artes escénicas.
Desta vez, Lucas Condró ademais de ter estado de residencia con cinco bailarinas investigando no seu último traballo, o que lle ten ocupado fai xa cinco anos,  Espazo e  Asymmetrical Motion . Esta técnica, por chamarlle de algunha maneira, o Asymmetrical Motion, que lle  leva a facer talleres por todo o mundo, como o que fixo aquí na casa vella de dous días despois da sua residencia de investigación. Tamén ten editado un libro moi interesante, onde fala e explica como chega a sua vida, e  que é o Asymmetrical Motion.
Esperamos que sexa do boxo agrado esta Toupeira de Hoxe.
se queredes pórvos en contacto con nos, non o dubidedes e escribídenos...
pacodexastre@gmail.com
Hoxe na Toupeira, imos contarvos o que aconteceu 
ou o que nos, as criaturiñas da toupeira
puidemos recoller coa nosa gravadora nómade
na casa Casa Vella ...
si, seguimos aquí rillando raizes 
neste espazo de creación e investigación 
do movemento e da música
porque os nosos convidados, de desta vez 
viñeron a crear danza e música
da man de Daniel Rodriguez  bailarino e coréografo 
e un gran director de proxectos tan fermosos 
como o que creou
aquí na casa vella 
acompañado de Aida Tarrio 
no traballo de voz e coreografía 
e Berto desta vez sen V, na produción musical...
_Programa finnanciado con cargo
aos fondos da UE e o plan 
de recuperación e residencia
apoiado pola Xunta de Galicia
a través da axencia Galega
das industrias Culturais_
Seguimos aquí abaixo na toupeira
contando o que acontece nesta Casa Vella
neste espacio de creación
onde non para de pasar xente
desta vez con Sabela Domínguez e Julia Laport 
estas dúas bailarinas acompañadas de Gena Mamonde
a que facía entre outras cousas de ollo externo
a proposta destas dúas mozas como son Sabela e Julia  
ten moito que ver coas danzas urbáns e sobre todo co Waacking
Seguimos aquí abaixo na toupeira
contando o que acontece nesta Casa Vella
neste espacio de creación
onde non para de pasar xente
Desta vez con Sabela Domínguez e Julia Laport 
estas dúas bailarinas acompañadas de Gena Mamonde
a que facía entre outras cousas de ollo externo.
A proposta destas dúas mozas como son Sabela e Julia  
ten moito que ver coas danzas urbáns e sobre todo co Waacking
_Seguimos na Casa Vella_
neste espazo de creación artística e investigación, de encontros, 
meditación e dinamización. 
Neste contesto como é o rural alaricano.
Sen dúbida, un proxecto que vai dar que falar, 
porque o que aquí está pasando nesta casa, 
non é normal. 
O que están argallaron estes dous, 
Nuria e Rubén e unha cousa moi fermosa.
Na Toupeira de hoxe imos coñecer a Guilherme Moraes, vailarino, coreógrafo e pedagogo de Belo Horizonte, Brazil. Polo seu paso pola Casa Vella un espacio para todas aquelas criaturiñas que fan da danza e do movemento o seu oficio. Sita na aldea de Amiadoso o carón de Allariz.
O que quere ser o segundo capítulo  de Rillando raizes da Danza na Toupeira_
Sabela Mendoza Fernandez
Investigadora y Gestora cultural / Arts & Cultural Manager - Researcher.
Investigadora, creadora y gestora cultural independiente, especializada en danza y artes performativas. Soy co-responsable del proyecto de mediación ‘Cara a unha escena plural’ y fundadora y directora de ‘De corpos presentes’, plataforma gallega para las artes performativas contemporáneas. Colaboro con el coreógrafo Javier Martín desde la producción y el acompañamiento artístico. Escribo y hablo sobre danza en varios medios y soy vicepresidenta de la asociación Emprendo Danza. He trabajado como curadora, asesora o gestora para Hablar en Arte, Teatro Pradillo, Colectivo RPM, Consultarte, Proxecta o Curtocircuíto, entre otras. Me licencié en Derecho (2007), cursé un Máster en Gestión Cultural (2008) y más adelante un Máster en Práctica Escénica y Cultura Visual (2016). Me formé en danza y artes del movimiento y en 2016 estrené la performance “El público está aquí”, publicada como libro por la ed. Estraperlo. En 2020 presenté “Dedicatoria” en colaboración con la poeta Nieves Neira
Hoxe estamos nos estudios de Radio Allariz falando e rindo, claro que si... con a nosa esperta en arte, a licenciada Esmeralda McFlurry, a que nos vai a explicar como funciona  a cor e a luz_
Comezamos esta Toupeira co que quere ser a segunda parte de Tolemia.  
O 29 de maio na plaza do Toural de santiago de Compostela, Combócase o Orgullo Tolo, co lema, A Tolemia Okupa a Rua, Organizado polos grupos de apoio mutuo GAM Compostela e GAM Dime, cun cartel no que rezaba o seguinte: Concentracion, lectura de manifiesto, exposicion fotográfica, mesa informativa e micros avertos… é aquí onde entramos nos, as criaturinhas da toupeira. Temos que decir que este dous programas de Tolemia son gracias a unha criaturinha chamada Maria Tola, que foi a encargada de recoller os testimonios e facelos chegar aquí abaixo, seguramente non tardedes en escoitar outra vez este nome na Toupeira, porque este que vos fala está que bate palmas coas orellas. Con colaboradoras como esta, así calquera fai un prorama de Radio. Gracias a Maria Tola, poidemos retomar esta Toupeira que tiña tempo que non publicaba nada, polos motivos que sexa, estivemos moito tempo nun Limbo. Pero xa estamos eiquiiii e con moitas ganas de retomar esto que e a radio.
Como xa disemos O orgullo tolo celebrábase en en santiago de compostela e tolas e tolos okupaban as ruas, esas Criaturinas que con moito orgullo ían falar das suas tolemias, diante de todos, dando a cara e a voz, para que se escoite e visibilice este temazo que é a locura e que tanto medo nos da.  
Neste programa que temos por diante, imos escoitar estes testimonios que non sempre se van a escoitar claramente por a calidae de son, pero non nos imos a por esquisitos con eso, intentaremos arranxalos un pouco e imos a darlle voz a todas estas criaturinhas que con moito valor, acercáronse a este micros abertos do Orgullo Tolo para contar as suas vivencias, opinións sobre o sistema sanitario mental, e tamén imos escoitar algún poema sempre misturado con cancións coma estas que nos está servindo de banda sonora.
Cunha de Maria Tola_
Son Paco DeXastre e esto é A Toupeira, Rillando Raices desta vez pola segundo viaxe da Tolemia, desatade os cinturón, porque nesta viaxe non vos van facer falta… recordade que todas estamos tolas de algunha maneira pero algunhas criaturiñas temos carnet e diploma, como decía un tolo chamado Nacho un clomw moi pallaso.
Imos poder escoitar a un trio que puidemos capturar coa nosa grabadora nómada, nunha taberna moi especial como é a Corte dos Bois, onde poderedes escoitar concertos coma o de este trio, con nome e apelidos, XacobeMartinezAnteloTrio. Formado polo propio Xacobe, facendo pequeno o contrabaixo, Xosé Miguélez soprando o xaso e a Max Gomez arreándolle a batria como se non oubera mañán.
Orgullo Tolo_
Hoxe falamos as tolas, si as tolas de atar. Porque de atar e outros maltratos aos que nos teñen sometidas, a todas nos, as criaturiñas que estamos como cabras e que xa estamos un pouco fartas, queremos denunciar e darlle voz. Porque o sistema sanitario público mental, necesita mellorar, por decilo de algunha maneira. Imos escoitaralgún relato, voces de xente tola. Si, esa xente perigosa para o sistema, criaturiñas extrañas as que é millor pechar e atar, e se cabe drogar ata o punto de que non pensen e molesten. Se vos dades conta é o que nos fan a todas nos esta sociedade, aos que molestamos e non somos normais, as que non seguimos a corrente, as que pensamos, as que berran, os que choramos, ¨ os homes non choran¨ as que nacimos en corpos que non nos corresponden, ou calquer cousa que se lles ocurra decir que non é normal, entón poñenche un nome ou danche un diagnóstico e listo para o teu tratamento. Por eso hoxe imos falar e se cabe berrar como xa fixeron outras antes de nos. Como cantaba un tolo chamado Paco Ivañez, xa non hai tolos en españa!
A Touperia Rillando Raices do Jazz...
Imos escoitar un concerto que grabamos coa nosa grabadora nómada nunha das nosas salas preferidas, a "Araca da Noe" da man dun trio liderado por Pablo castaño ao xaso alto, Marcos Pin a guitarra e Alexandre Touceda ao contrabaixo.
E esta vez imos contar coa axuda de Uxia Tipeja nos comentarios.
Oímonos!!
Hoxe comezamos esta Toupeira con este canto ao amor. O amor pola nosa música, esta a que naceu nesta terra galega, a  que puido quedar no esquecimento, pois os acontecementos como xa sabedes, non axudaron. Pero aínda así, puido sobrevivires ata o dia de hoxe, e creo que con moi boa saude. Supoño e quero creer, que grazas a estas xentes teimudas, as dos povos e vilas deste pais.
Imos escoitar un concerto, que gravamos coa nosa gravadora nómade, un grupo de Lisboa que se chama A Caixa De Pandora, e tamén os roidiños típicos desta Arca, que é a da Noe. Imaxinade que estades na Arca, visualizádea se a coñecedes, senón, inventádea. Pechade os ollos e abride ben as orellas e escoitade a este trío que o conforma Rui Filipe ao piano, a Sandra ao Chelo, frautas, clarinete e María ao violino. Tres criaturiñas da música clásica pero tan contemporáneos, frescos e soñadores.
A Toupeira embarca na Arca da Noe presentando o seu programa en vivo e en directo_
Hoxe a nosa toupeira embarca nesta taberna en Vilar de Santos, na Arca da Noe. Unha taberna moi especial para nos, os degustadores de raíces. Ten unha axenda de concertos ao vivo que me atrevería dicir, que e unha das salas de concertos máis activa do país, e non me equivoco dicindo que está recoñecida como tal. Nominada dúas veces como mellor sala, nos premios da musica ao vivo nos Martin Códax e gañando unha estatuínha no 2017.

























