Achegando a Literatura Galega

O podcast “Achegando a Literatura Galega” é un espazo no que pai e filla conversan sobre un escritor galego en cada capítulo. Obra, estilo, curiosidades e algunha cousa máis sobre os escritores máis importantes da nosa literatura.

Manuel Maria

Pechamos esta primeira tempada de Achegando a Literatura Galega co poeta popular con alma rural: Manuel María, quen elevou a Terra Cha, Galiza e a nosa literatura até onde debe estar. Oxalá máis galegos coma el!

06-20
39:52

Eduardo Blanco Amor

Recordaremos neste noveno episodio as múltiples loitas de Blanco Amor: a defensa da II República, da pluralidade de España, das clases máis oprimidas ou da liberdade de tendencias sexuais. E.B.A. deixounos auténticas obras de arte como A Esmorga, Os Biosbardos ou Xente ao Lonxe, das que falararemos hoxe porque nunca é tarde para ler ou reler a este grande xenio.

05-30
30:28

Manuel Antonio

Adicamos o oitavo episodio ao poeta do mar, ao vangardismo galego: a Manuel Antonio. Quen se foi demasiado novo no veleiro, para sempre, co peso eterno de todos os adeuses.

05-23
33:31

Especial Letras Galegas

Neste especial das Letras Galegas faremos un repaso por todos os homenaxeados ata a actual Xela Arias.

05-17
33:16

Alfonso Daniel Rodríguez Castelao

Enchemos este sexto episodio de frases célebres para celebrar o Castelao novelista, ensaista, dramaturgo, orador, pintor, debuxante, ilustrador, caricaturista e político. Para celebrar que “a nosa lingua rústica vive porque ainda temos moito que dicir nela”. Para celebrar a existencia dun galego que fixo que Galiza sexa máis grande.

05-10
35:30

Ricardo Carvalho Calero

Coincidindo casi co final da súa homenaxe nas letras galegas 2020, adicamos este quinto episodio a Carvalho Calero, así: con lh, como el mesmo reinvindicou. A Don Ricardo escritor, lingüista, xornalista... e profesor.

05-02
31:12

Ramón Otero Pedrayo

Correspóndelle a Otero Pedrayo este cuarto episodio, no que falaremos de parte da súa amplísima obra e intentaremos sacar algunha conclusión de porqué debemos lelo e do gran legado que nos deixa.

04-25
36:13

Leiras Pulpeiro

Voltamos a terras mindonienses, esta vez para falar de Leiras Pulpeiro, autor modesto e humilde que o tempo lle deu o recoñecimento merecido. Profundizaremos na súa vida é obra por unha das persoas que máis o ten lido e estudado.

04-17
33:43

Rosalía de Castro

Neste segundo capítulo adicado a Rosalía De Castro, profundizaremos na súa inmensa figura do Rexurdimento como pioneira da poesía galega e pensamento feminista, explicaremos a súa obra costumista, intimista e social e, por suposto, recitaremos unha pequena mostra dos seus versos.

04-02
42:48

Álvaro Cunqueiro

Neste primeiro episodio de “Achegando a Literatura Galega”, coñeceremos un pouco mais a vida e obra de Cunqueiro. Falaremos do seu gran talento, a súa ilimitada imaxinación, o sei inconfundible estilo, a presenza de Mondoñedo e a Mariña Lucense na súa obra e, por suposto, recitaremos algún fragmento seleccionado. Mil primaveras máis para Don Álvaro Cunqueiro!

03-25
33:36

Recommend Channels