Discover
Descifrando a Historia
98 Episodes
Reverse
Neste episodio de Descifrando a Historia, falamos con Xurxo Martínez para que nos explicase o nacemento do provincialismo e a figura de Antolín Faraldo. Tamén rozamos outros temas como o Rexurdimento, que características debemos ter para ser unha naciión e demais. Se queredes saber e comprender a importancia do século dezanove para Galicia e o seu devir, este é o voso episodio
Neste 33 programa de Descifrando a Historia falamos con Raquel C. Pico sobre a súa investigación que levou a cabo grazas aos xornais de inicios do século XX: os cambios e a modernidade nas mulleres galegas de comezos do pasado século. Todo un descubrimento, que pedían, que dicían, como pensaban, etc. Ademais, despois de escoitar o podcast, recoméndovos o libro que publicou sobre este tema, porque afonda moito máis e apréndese moito.
Neste 32 episodio de Descifrando a Historia falamos co historiador Carlos Barros, sobre varias cuestións da historia medieval que merecen ser relidas e repasadas para comprender mellor o destino dunha Galicia medieval e contemporánea, porque o presente é consecuencia inevitábel do pasado.
A revolta irmandiña, o rei García, o culto a Santiago na Idade Media, etc. Todo neste episodio magnífico.
Neste programa de Descifrando a Historia falamos con Pilar García Negro arredor de nós, de Galicia, das mulleres galegas, de Rosalía de Castro, de Castelao e do futuro do noso idioma. Esperamos que o disfruten tanto como cando se fixo.
Vivir da historia é moi difícil. Ou iso din algúns. Hoxe falamos con Mercedes Vázquez Bertomeu, que xunto con outras socias, teñen unha emrpesa que se dedica a historia, nin máis nin menos.
Fálase galego no Bierzo? Pódese estudar a nosa lingua na comarca veciña? A estas preguntas responde Sara Rodríguez experta no galego do Bierzo e estudosa do mesmo. Para escoitar e aprender.
Pensamos que sabemos todo da Revolución de 1846 pero se escoitamos a Cesár Caramês e as súas últimas explicacións decatarémonos que hai cousas que non se explicaron ben. Con intención? Acompáñanos neste trepidante podcast.
As comarcas galegas foron unha división territorial de finais do s. XX. Na actualidade hai debate sobre se funcionaron e cumpriron co seu papel e diso queremos falar co especialista Borxa Neira, que ten traballos ao redor deste tema. Compartide!
A educación pública é un "luxo" dos últimos anos, porén os nosos antepasados xa querían aprender a ler e a escribir un mínimo pa desenvolverse no mundo. Hoxe falamos con Narciso de Gabriel, para que nos fale das escolas de ferrado. Marabilla de programa. Compartide!
Neste episodio de Descifrando a Historia falamos coa historiadora Natalia Jorge Pereira ao redor dunha figura moi importante para o galeguismo: Alonso Ríos.
Aínda que xa é algo falado e sabido por moitos, o galego xa non é a lingua máis falada en Galicia. Hoxe facemos un repaso polos castigos que sufriu ao longo da historia a nosa lingua.
Nesta 5 tempada de Descifrando a Historia falamos con Rubén Castro sobre as medidas tradicionais de Galicia: ferrados, fanegas e demais. Que teñen de especial?
Este é o último episodio da cuarta tempada de Descifrando a Historia, nel conversamos con Martín Fernández Calo sobre o reino suevo e algunha cuestión que outra sobre a importancia dun reino que durou case douscentos anos.
Neste 89 programa de Descifrando a Historia falamos con Serxio María, orixinario de Calvos de Randín, sobre a historia do seu Couto Misto. Lendas e realidades mistúranse neste trepidante podcast.
Neste episodio de Descifrando a Historia falamos con Roberto Mera sobre dúas figuras galegas con firmes compromisos democráticos. Alejandro Viana e Amado Garra, é hora de coñecer as súas historias.
As fortificacións entre Galicia e Portugal non sempre estiveron aí. Comezaron na Idade Media e Idade Moderna. Mais que nos din?
Basilio Álvarez foi un líder galego na loita a favor dos dereitos do campesiñado na época do agrarismo. Mais este cura e xornalista, tivo a súa cara e asúa cruz. Acompañanos neste breve podcast para coñecelo un pouco máis!
Este ano cúmprense cen anos das Escolas de Ensino Galego que deron o seu primeiro paso con galeguistas históricos como Ánxel Casal e María Miramontes. Hoxe, as escolas Semente son os herdeiros desa experiencia.
Se queres coñecer a súa historia, os seus primeiros pasos, as outras escolas de linguas minorizadas ou minoritarias como as de País Vasco ou Irlanda, escoitade este fermoso podcast.
Comparte parea que chegue a máis xente!
Neste episodio de Descifrando a Historia falamos co historiador Suso Vila ao redor dunha das familias nobres máis importantes do mundo medieval; os Soutomaior.
Nobres da sona de Pedro Álvarez de Soutomaior, pertenceron a esta familia. Tamén descubriremos como se relacionaban os nobres cos monarcas nesta época e a construcción de todo un mundo nobiliar.
Neste novo episodio de Descifrando a Historia falamos con Serxio María dun dos pensadores máis destacados do galeguismo: Ramón Piñeiro. Os temas tratados foron moi variados, desde o seu compromiso con Galicia ata a súa ideoloxía. Que pensaría Ramón Piñeiro do Estatuto actual?
Comparte e dálle ao gústame, só así será posible que se continúen facendo este tipo de podcast!























