Descifrando a Historia

Análise da Historia de Galicia Twitter: @DescifrandoHist Instagram: @descifrandohistoria iVoox e Sportify Por David Gesteira

O nacemento do provincialismo e a importancia do s. XIX para Galicia, con Xurxo Martínez

Neste episodio de Descifrando a Historia, falamos con Xurxo Martínez para que nos explicase o nacemento do provincialismo e a figura de Antolín Faraldo. Tamén rozamos outros temas como o Rexurdimento, que características debemos ter para ser unha naciión e demais. Se queredes saber e comprender a importancia do século dezanove para Galicia e o seu devir, este é o voso episodio

09-01
59:00

Os cambios e a modernidade nas mulleres galegas de inicios do XX, con Raquel C. Pico

Neste 33 programa de Descifrando a Historia falamos con Raquel C. Pico sobre a súa investigación que levou a cabo grazas aos xornais de inicios do século XX: os cambios e a modernidade nas mulleres galegas de comezos do pasado século. Todo un descubrimento, que pedían, que dicían, como pensaban, etc. Ademais, despois de escoitar o podcast, recoméndovos o libro que publicou sobre este tema, porque afonda moito máis e apréndese moito.

03-01
54:15

A Revolta Irmandiña, o Rei García e demais cuestións medievais con Carlos Barros

Neste 32 episodio de Descifrando a Historia falamos co historiador Carlos Barros, sobre varias cuestións da historia medieval que merecen ser relidas e repasadas para comprender mellor o destino dunha Galicia medieval e contemporánea, porque o presente é consecuencia inevitábel do pasado. A revolta irmandiña, o rei García, o culto a Santiago na Idade Media, etc. Todo neste episodio magnífico.

02-15
01:16:02

Arredor de Nós, conversa con Pilar García Negro sobre a Galicia histórica e actual

Neste programa de Descifrando a Historia falamos con Pilar García Negro arredor de nós, de Galicia, das mulleres galegas, de Rosalía de Castro, de Castelao e do futuro do noso idioma. Esperamos que o disfruten tanto como cando se fixo.

09-17
01:07:37

Pódese vivir da historia? Conversa con Mercedes Vázquez, empresa DeHistoria

Vivir da historia é moi difícil. Ou iso din algúns. Hoxe falamos con Mercedes Vázquez Bertomeu, que xunto con outras socias, teñen unha emrpesa que se dedica a historia, nin máis nin menos.

04-15
38:39

Unha panorámica do galego no Bierzo con Sara Rodríguez

Fálase galego no Bierzo? Pódese estudar a nosa lingua na comarca veciña? A estas preguntas responde Sara Rodríguez experta no galego do Bierzo e estudosa do mesmo. Para escoitar e aprender.

03-15
36:47

A implicación popular na Revolución de 1846 con César Caramês

Pensamos que sabemos todo da Revolución de 1846 pero se escoitamos a Cesár Caramês e as súas últimas explicacións decatarémonos que hai cousas que non se explicaron ben. Con intención? Acompáñanos neste trepidante podcast.

02-15
34:35

Falemos das comarcas galegas, con Borxa Neira

As comarcas galegas foron unha división territorial de finais do s. XX. Na actualidade hai debate sobre se funcionaron e cumpriron co seu papel e diso queremos falar co especialista Borxa Neira, que ten traballos ao redor deste tema. Compartide!

01-16
35:31

A educación no pasado de Galicia, con Narciso de Gabriel

A educación pública é un "luxo" dos últimos anos, porén os nosos antepasados xa querían aprender a ler e a escribir un mínimo pa desenvolverse no mundo. Hoxe falamos con Narciso de Gabriel, para que nos fale das escolas de ferrado. Marabilla de programa. Compartide!

12-15
34:20

Alonso Ríos, a historia dun galeguista, con Natalia Jorge

Neste episodio de Descifrando a Historia falamos coa historiadora Natalia Jorge Pereira ao redor dunha figura moi importante para o galeguismo: Alonso Ríos.

11-15
55:50

Chegamos tarde? Conversa con Carlos Callón

Aínda que xa é algo falado e sabido por moitos, o galego xa non é a lingua máis falada en Galicia. Hoxe facemos un repaso polos castigos que sufriu ao longo da historia a nosa lingua.

10-15
34:08

Os segredos das medidas tradicionais de Galicia, con Rubén Castro

Nesta 5 tempada de Descifrando a Historia falamos con Rubén Castro sobre as medidas tradicionais de Galicia: ferrados, fanegas e demais. Que teñen de especial?

09-15
35:13

Novas cuestións sobre o reino suevo, con Martín Fernández Calo

Este é o último episodio da cuarta tempada de Descifrando a Historia, nel conversamos con Martín Fernández Calo sobre o reino suevo e algunha cuestión que outra sobre a importancia dun reino que durou case douscentos anos.

07-15
38:02

O Couto Misto: orixes, historia e evolución con Serxio María

Neste 89 programa de Descifrando a Historia falamos con Serxio María, orixinario de Calvos de Randín, sobre a historia do seu Couto Misto. Lendas e realidades mistúranse neste trepidante podcast.

07-01
37:31

Alejandro Viana e Amado Garra, dúas figuras con firmes compromisos con Roberto Mera

Neste episodio de Descifrando a Historia falamos con Roberto Mera sobre dúas figuras galegas con firmes compromisos democráticos. Alejandro Viana e Amado Garra, é hora de coñecer as súas historias.

06-15
01:24:52

Que nos din as fortificacións na raia galego-portuguesa? Conversa con Rebeca Blanco-Rotea

As fortificacións entre Galicia e Portugal non sempre estiveron aí. Comezaron na Idade Media e Idade Moderna. Mais que nos din?

06-02
37:16

A cara e a cruz de Basilio Álvarez, con Miguel Cabo

Basilio Álvarez foi un líder galego na loita a favor dos dereitos do campesiñado na época do agrarismo. Mais este cura e xornalista, tivo a súa cara e asúa cruz. Acompañanos neste breve podcast para coñecelo un pouco máis!

05-15
56:52

Cen anos das escolas de ensino galego, con Santiago Quiroga e Emilio Xosé Ínsua

Este ano cúmprense cen anos das Escolas de Ensino Galego que deron o seu primeiro paso con galeguistas históricos como Ánxel Casal e María Miramontes. Hoxe, as escolas Semente son os herdeiros desa experiencia. Se queres coñecer a súa historia, os seus primeiros pasos, as outras escolas de linguas minorizadas ou minoritarias como as de País Vasco ou Irlanda, escoitade este fermoso podcast. Comparte parea que chegue a máis xente!

05-01
01:09:26

Unha familia nobre para comprender o mundo medieval: os Soutomaior con Suso Vila

Neste episodio de Descifrando a Historia falamos co historiador Suso Vila ao redor dunha das familias nobres máis importantes do mundo medieval; os Soutomaior. Nobres da sona de Pedro Álvarez de Soutomaior, pertenceron a esta familia. Tamén descubriremos como se relacionaban os nobres cos monarcas nesta época e a construcción de todo un mundo nobiliar.

04-15
47:13

O pensamento político de Ramón Piñeiro con Serxio María

Neste novo episodio de Descifrando a Historia falamos con Serxio María dun dos pensadores máis destacados do galeguismo: Ramón Piñeiro. Os temas tratados foron moi variados, desde o seu compromiso con Galicia ata a súa ideoloxía. Que pensaría Ramón Piñeiro do Estatuto actual? Comparte e dálle ao gústame, só así será posible que se continúen facendo este tipo de podcast!

04-01
54:47

Recommend Channels