Discover
Dominio
Dominio
Author: Raquel Couto Antelo
Subscribed: 1Played: 1Subscribe
Share
© Raquel Couto Antelo
Description
Esta é a apaixoante historia dun Dominio en busca das súas orixes nunha viaxe trepidante na que contará ca axuda do investigador que era tan bo que todos dicían que era Lapolla, da estilosa Señorita New Look e ata, quen o diría, do malvado malvadísimo Doutor tcp/ip
20 Episodes
Reverse
Este é o derradeiro capítulo da novela Dominio, e, non, desta tampouco vou poñer nin sequera un pequeno adianto do seu contido. O que si vou facer é agradecerche que escoitases os dezanove capítulos anteriores; ou que os vaias escoitar, neste caso, recomendo, tamén, descargar a novela, de balde, por se houbese a remota remotísima posiblidade de perderse: https://www.bubok.es/libros/8313/Dominio-Lendas-de-paixon-dun-dominio-perdido-e-atopado-por-un-Afgano
A Lideresa do Sector_a, Hotspot e o Yeti avanzan polos laberínticos corredores do edificio de Juan Flórez 80 ate unha sala, de súpeto escoitan un ruído na parede. Sasser confésalle a Miss Comtred como soubo que Espís Trin aparecera pola empresa. Catwoman fálalle ó metrosexual Doutor Zyxel 660 da súa orixe e dille que ten unha irmá.
O Malvado malvadísmo Doutor TCP/IP prepara, en solitario, o encontro perfecto con Cor, ó non darse reconciliado con Invisible, que aínda ten moi presente a xogada do seu, noutrora amigo. O Investigador e Catwoman chegan ó apartamento da estilosa Srta. New Look para atopar a Juindon e Poppy perplexas ca reacción de Siga ó ver de novo ó despistado Doutor Zyxel 650.
Hotspot achégase cada vez máis á escaleira asasina e comeza a percibir "cousas", o detective supersegredo do CSI estaba estreitando o cerco sobre o Malvado malvadísimo TCP/IP, sen que este se decatase de nada porque seguía concentrado nas súas investigacións para conquistar a Cor e Miss Comtred e Mr Llollovic achéganse ó ático de Espís Trin para achar máis pistas sobre a súa desaparición.
Por un lado profundizamos na vida máis persoal do Doutor TCP/IP, por outra a Lideresa do Sector_a (a nosa radical favorita) está en pleno rescate do tal Zilarte e de Hotspot (unha vixiante da praia, que deixou a súa california natal porque estaba farta de que a encasillasen como a típica loira californiana, retocou as raíces e marchou o máis lonxe da civilización que puido, e acabou montando unha discográfica aquí na coruña) e por último, Pelusa, outro que tal baila,fai unha...




