DiscoverEfervesciencia
Efervesciencia
Claim Ownership

Efervesciencia

Author: Efervesciencia

Subscribed: 23Played: 1,294
Share

Description

Doses de ciencia sen contraindicacións. Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os xoves ás 21 horas. Os podcast con numeración corresponden a programas íntegros. Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Economía e Competividade) Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma de Bronce dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación. Aínda non coñeces á Avoa de Einstein? 198539
836 Episodes
Reverse
Historias de virus: Habelos hainos. O VIH. Con César Muñoz Fontela. Os primeiro casos da Sida detectáronse en Estados Unidos, o virus identificouse en Francia, pero a verdadeira orixe deste virus está en África a principios do século XX.
O equipo do catedrático de Toxicoloxía da USC Manuel López-Rivadulla ten moito que ver coa validación e posta en marcha dos test de drogas que che pode facer a Guardia Civil de Tráfico calquera estrada do país. Con el repasamos a historia da toxicoloxía forense. A web "Ceos Galegos" de Dosi Veiga da conta do primeiro caso documentado de raio azul en Galicia nunha posta do sol. O autor deste vídeo inédito é Alfredo Madrigal. As redes sociais axudan a reforzar ás linguas minoritarias? O grupo de física non lineal da USC crea un modelo matemático que simula esta cuestión. Os falantes dunha lingua poden considerarse un sistema complexo. E neste caso engádese a variable da interconectividade mediante as redes. Os resultados apuntan a que en determinadas circunstancias, as redes axudan a reforzar aos grupos minoritarios, segundo nos conta Alberto Pérez.
(0:20) Levamos décadas acurralando á polio. O método para erradicar da terra esta terrible enfermidade enfróntase a un perverso dilema. Pero ningunha opción é valida coas guerras actuais. (4:56) Infiltrámonos no XVII Congreso Nacional de Viroloxía que tivo lugar en Santiago a principios de mes. Alí coñecemos en conversa con Antonio Alcamí (CBM-CSIC) que a gripe aviar vai causar estragos na Antártida o vindeiro verán. Falamos tamén con Jesús López Romalde (coordinador do comité organizador) e Juan García Arriaza (CNB-CSIC). (29:50) Na nosa segunda mesa de convidados contamos con Carmen Rivas (CIMUS), Ana Fernández Sesma (Icahn School of Medicine do Monte Sinaí de Nova York) e Albert Bosch (Universidade de Barcelona).
O virólogo César Muñoz Fontela, investigador do Instituto de Medicina Tropical Berhand Noch de Hamburgo, cóntanos a historia do virus de Ébola e como acabou investigando esta doenza.l
[Versión estendida] A avaliación actual da investigación susténtase en que revistas científicas publican os seus resultados os investigadores, pero este modelo ten moitas eivas. Unha delas é irrelevancia de investigacións locais e a subestimación das humanidades. A cibermetría permite agora crear indicadores máis transparentes e diversos, como avoga a iniciativa europea COARA. Conversamos con Isidro Aguillo, vicedirector do Instituto de Bens e Política Publicas do CSIC e director do laboratorio de cibermetría.
(2:46) O virólogo César Muñoz Fontela, investigador do Instituto de Medicina Tropical Berhand Noch de Hamburgo, cóntanos a historia do virus de Ébola (30:38) A avaliación actual da investigación susténtase en que revistas científicas publican os seus resultados os investigadores, pero este modelo ten moitas eivas. Unha delas é irrelevancia de investigacións locais e a subestimación das humanidades. A cibermetría permite agora crear indicadores máis transparentes e diversos, como avoga a iniciativa europea COARA. Conversamos con Isidro Aguillo, vicedirector do Instituto de Bens e Política Publicas do CSIC e director do laboratorio de cibermetría.
Achegámonos ao Museo Etnográfico de Quiroga para coñecer o Xeoparque Montañas do Courel ao fío do XXII Simposio de Ensino da Xeoloxía organizado pola Asociación Española para o Ensino das Ciencias da Terra, AEPECT. (2:39) Conversamos co coordinador do equipo organizador do simposio, Eloy Cabarcos, coas profesoras de xeoloxía Ana Bueno e Natalia Fernández, e co presidente da AEPECT, o profesor da Universidade de Girona David Brusi. (32:51) Coñecemos o Xeoparque Montañas de Courel da man do seu coordinador científico, Daniel Ballesteros, e de Roberto Castro, presidente da Asociación Montañas de Courel
(2:02) A Igrexa da Universidade da USC acolle a exposición "Instrumentos de Visión" con fotografías de Armin Linke para conmemorar o seu 25 aniversario e os 70 anos do CERN. Conversamos sobre ciencia, arte e a historia da física de partículas en Galicia co director do IGFAE Carlos Salgado e Mónica Bello, comisaria da exposición e responsable de "Art at CERN". (36:00) Novo episodio de "Voces da Ciencia": Ana Vietez, a cultivadora de árbores in vitro. Unha entrevista de Iolanda Casal, Elena Corredoira e Manuel Vicente.
(1:57) Unha vez ao ano son os investigadores os que escollen vir onda nós a participar no obradoiro Comunicar Ciencia na Radio. Contamos con Tamara Pazos, Álvaro Silva Teira, Patricia Fernández Calvo, Pablo Otero Tranchero, Diego Cacheda e Pedro Peón. (25.25) Visitamos Pobra do Brollón nun día de feira para coñecer o proxecto de divulgación "Ciencia á Feira" promovido por XuvenCiencia. Conversamos sobre micorrizas e microenxertos cos profesores da Escola Politécnica Superior de Enxeñería do Campus de Lugo da USC Santiago Lamosa e Juan Luis Fernández. Tamén contamos con Helga Peral de XuvenLab e o alcalde de Pobra do Brollón, José Luis Maceda.
[Versión estendida] Celebramos a X Noite Efervescente en Sobrado dos Monxes, unha festa inclusiva para a observación do ceo. Acompáñannos Ángel Vidal para falar dos pementos de Padrón e os nosos estreleiros Javier Pérez Couto e Martin Pawley para contarnos a Guía do Ceo do verán. A música e a poesía virán da man da poeta Estíbaliz Espinosa e o pianista Juanjo Fernández. As sonificacións do investigador do Instituto de Astrofísica de Andalucía Rubén García Benito permitirannos converter datos do universo en imaxes sonoras. José Manuel López Vilariño explicaranos como a biotecnoloxía permitiu crear unha auténtica cervexa de abadía con lévedos recollidos no propio mosteiro de Sobrado. Coñeceremos con Nacho Munilla algunhas das aves que podemos ver, e escoitar na lagoa de Sobrado. E todo isto coa compaña dos amigos da asociación AMIPA, da asociación a Maristela e a ONCE de Santiago.
(2:26) O matemático do Bermés José Rodríguez é o noso gran primeiro científico. A Real Academia Galega das Ciencias dedícalle este ano 2023. Pero ao redor da súa figura se están a divulgar unha serie de mitos e esaxeracións. Carmen Villanueva vén de realizar a súa tese de doutoramento sobre José Rodríguez. (2:16) Eva Poveda preséntanos o cinefórum "Cine ConCiencia" organizado polo Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur. (19:33) A directora do Instituto Universitario de Xeoloxía da UDC Aurora Grandal é a pioneira en estudar o rexistro fósil galego. Comezou a súa carreira estudando o oso cavernario. É especialista nos mamíferos do cuaternario en Galicia. Tamén formou parte do equipo multidisciplinar que estudou a Elba, a muller do mesolítico que é o resto humano máis antigo atopado na nosa comunidade. Tamén conversamos co espeleólogo e investigador Marcos Vaqueiro. (51:21) Anunciamos a X Noite Efervescente.
[Versión estendida] isitamos o "Mapas Lab" da Universidade deV Vigo para coñecer como simulan a evolución da biodiversidade no espazo e no tempo. Sara Varela gañou unha prestixiosa "Starting Grant" do ERC (Consello Europeo de Investigación) para estudar o comportamento da biodiversidade no planeta nos últimos 540 millóns de anos. Un caso concreto é aparición do sangue quentes nalgúns grupos de dinosauros, como nos contou Sara Gamboa.
(1:57) O cheiro a piscina non é o que ti cres que é. Bibiana García Visos fálanos dos cheiros do verán. (13:37) Visitamos o "Mapas Lab" da Universidade de Vigo para coñecer como simulan a evolución da biodiversidade no espazo e no tempo. Sara Varela gañou unha prestixiosa "Starting Grant" do ERC (Consello Europeo de Investigación) para estudar o comportamento da biodiversidade no planeta nos últimos 540 millóns de anos. Un caso concreto é aparición do sangue quentes nalgúns grupos de dinosauros, como nos contou Sara Gamboa. (41:21) É posible medir a posición da columna vertebral sen facer radiografías e cun método non invasivo e barato. O CITENI da Universidade da Coruña patentou un dispositivo que pode axudar a traumatólogos e ortopedistas. Conversamos co enxeñeiro biomecánico Florian Michaud.
Conversamos sobre "eco-esperanza" frente "eco-ansiedad" y negacionismo con Fernando Valladares (Profesor de Investigación do CSIC no grupo de Ecoloxía e Cambio Global no MNCN) e Valentina Raffio (xornalista de ciencia e medio ambiente en "El Periódico") no Ciencia na Aldea.
No Ciencia na Aldea conversamos con Gemma del Caño (farmacéutica, especialista en seguridade alimentaria), Teresa Valdés Solís (Investigadora del INCAR-CSIC) e Conchi Lillo (Neurobióloga da Universidade de Salamanca). As tres teñen en común a súa aposta persoal pola divulgació da ciencia.
A aldea de Pena da Nogueira no Concello de Negueira de Muñiz pasou de ter catro habitantes a ser por tres días un epicentro da divulgación científica e ambiental coa celebración da terceira edición de "Ciencia na Aldea". Neste monográfico conversamos con Alberto Uría e Vanesa Paredes (Asociación Corripa), Fernando Valladares (Profesor de Investigación do CSIC no grupo de Ecoloxía e Cambio Global no MNCN), Valentina Raffio (xornalista de ciencia e medio ambiente en "El Periódico"), Félix Torres (entomólogo, profesor da Universidade de Salamanca), Lucía González (astrofísica e promotora de Allande Stars), Henrique Nepomuceno (director do Parque Biolóxica da Gaia, Portugal), Gemma del Caño (farmaceútica, especialista en seguridade alimentaria), Teresa Valdés Solís (Investigadora del INCAR-CSIC) e Conchi Lillo (Neurobióloga da Universidade de Salamanca).
"Mellor de madeira" é o lema da edición de 2024 da feira cientifíca Galiciencia organizada por Tecnópole en San Cibrao das Viñas. Irmandamos a Galiciencia co Día da Ciencia na Rúa en A Coruña da man da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias e os Museos Científicos Coruñeses. (16:35) O botánico Bernabé Moya alerta sobre os problemas que sofren as árbores sobranceiras e denuncia a agresión ao teixo milenario de San Cristobal de Valdueza no Bierzo (42:15).
Repasamos a historia do deseño galego (15:46) (35:42) ao tempo que asistimos ao VII Encontro de Deseño para a Innovación Empresarial. Conversamos con Carmen Bouza (1:48), Javier Cañada e Irene Bazo (17:52) e Uqui Permuy (37:39).
Desde a Porta do Sol de Vigo realizamos o programa cara o público no festival científico CINVIGO. Contamos coa presenza de Miguel Ángel Correa, Margarita Vázquez González, Trinidad Vázquez, Aroa Álvarez e Noel Queipo. Co pianista Juanjo Fernández e os actores Estíbaliz Espinosa e Manuel Fernández representamos sonoramente fragmentos da obra de teatro Copenhague. Que pasou no encontro entre Heisenberg e Bohr na Copenhague ocupada polos nazis cando a bomba atómica era só unha posibilidade teórica? (34:10) Aceleradoras de empresas con Patricia Fernández (GAIN) e Nacho Iglesias (Vi&Go).
(1:43) Coñecemos a resolución da 5ª convocatoria do programa "Fábrica Intelixente" de GAIN con Patricia Argerey e Gregorio González de FINSA. (16:48) Achegámonos ao Instituto da Illa de Arousa para coñecer de primeira man o desenvolvemento das XX Xornadas de Tecnoloxía organizadas por APETEGA. (37:23) Noel Queipo convídanos á segunda edición do festival CINVIGO. (39:06) Patricia Preito é comisaria da exposición "Conciencia dunha tradición. Olaría de Mondoñedo, Bonxe, Samos e Gundivós".
loading