Discover
Efervesciencia

Efervesciencia
Author: Efervesciencia
Subscribed: 25Played: 1,908Subscribe
Share
© 2025 Efervesciencia
Description
Doses de ciencia sen contraindicacións. Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os xoves ás 21 horas. Os podcast con numeración corresponden a programas íntegros. Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades) Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma de Bronce dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación. Aínda non coñeces á Avoa de Einstein? 198539
886 Episodes
Reverse
Historias de virus: Habelos hainos. O VIH. Con César Muñoz Fontela. Os primeiro casos da Sida detectáronse en Estados Unidos, o virus identificouse en Francia, pero a verdadeira orixe deste virus está en África a principios do século XX.
O equipo do catedrático de Toxicoloxía da USC Manuel López-Rivadulla ten moito que ver coa validación e posta en marcha dos test de drogas que che pode facer a Guardia Civil de Tráfico calquera estrada do país. Con el repasamos a historia da toxicoloxía forense.
A web "Ceos Galegos" de Dosi Veiga da conta do primeiro caso documentado de raio azul en Galicia nunha posta do sol. O autor deste vídeo inédito é Alfredo Madrigal.
As redes sociais axudan a reforzar ás linguas minoritarias? O grupo de física non lineal da USC crea un modelo matemático que simula esta cuestión. Os falantes dunha lingua poden considerarse un sistema complexo. E neste caso engádese a variable da interconectividade mediante as redes.
Os resultados apuntan a que en determinadas circunstancias, as redes axudan a reforzar aos grupos minoritarios, segundo nos conta Alberto Pérez.
(0:23) Os resultados das Enquisa de Percepción Social da Ciencia e a Tecnoloxía da FECYT presentados esta semana amosan fendas importantes na confianza da cidadanía na ciencia. (3:14) Wicho analiza a actualidade aeroespacial coas últimas remudas na ISS. (13.27) Iago Regueira Rodríguez, "thepharmacist42", preséntanos o seu monólogo "A mucosidade, unha marabilla incomprendida" que quedou segundo na última edición do "Ciencia Calidade". (22:30) Seguimos coñecendo con Andrea Muras o concurso de monólogos científicos en galego "Ciencia Calidade". (28:31) Presentamos o programa de doutoramento Industrial do GAIN e conversamos con Carmen López, directora de I+D+i de Balidea.(36:45) Voces de Ciencia: Esther Fernández, investigadora, mestra de mestres e xestora.
Presentamos o programa de doutoramento Industrial do GAIN e conversamos con Carmen López, directora de I+D+i de Balidea.
Monográfico dedicado aos Premios á Transferencia 2025 da Real Academia Galega de Ciencias. (3:30) Efeméride do 12 de xuño do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez. (4:28) Carlos García é investigador do grupo I+D Pharma onde dirixe o "Aerogels Lab" e vén de gañar o premio "Francisco Guitián Ojea" por desenvolver aeroxeles estériles con aplicacións biomédicas. (33:14) Ruta botánica no Mosteiro de Caaveiro con Maite Vence de Observer. (37:32) O premio Fernando Calvet levouno o grupo de investigación Neurobesity do CIMUS dirixido por Miguel López polo desenvolver novas estratexias contra a obesidade baseadas no control do gasto enerxético desde o hipotálamo.
[Versión estendida] Noite Efervescente desde a Casa dos Veciños da Aldea do Couto en Ponteceso. Estiveron connosco o alumnado das Aulas Científicas Eduardo Pondal e os amigos da Asociación AMIPA. Tamén contamos con Esther Suárez, Isabel Segura, Borja Tosar, Xabier Pérez Couto e Estíbaliz Espinosa.
[Versión estendida] Monográfico dedicado ao programa Ignicia da GAIN para transferir o coñecemento dos centros de investigación galegos ao mercado. (2:09) Carmen Cotelo é a directora da Axencia Galega de Innovación. (10:19) Eferméride do 29 de maio do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez. (11:38) María de la Fuente lidera a unidade de nanooncoloxía e terapúetica transacioal do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago, IDIS, e é a promotora da spin off Diversa. (34:30) Sense Aeronautics é unha spin off de Gradiant especializada en análise de vídeo para drons. O seu responsable é Fernando Gago. (45:12) A intelixencia artificial axuda a vender pisos en PhotoIlike creada pola spin off Indestia. Conversamos co profesor de Ciencias da Computación da UdC Juan Romero.
Desde o panóptico do Museo de Arte Contemporánea de Vigo, o Marco, celebramos o día internacional dos museos da man do Proxecto LUMES nunha confluencia de ciencia e arte, entre a academia e o publico, e entre o norte de Portugal e Galicia. (4:05) Fran Aboy é o responsable do LUMES. (10:24) A UNESCO nomeou a Braga como Cidade Creativa da Artes Audiovisuais. Contamos con Sara Borges, coordinadora do "Circuito", o servizo educativo do Braga Media Arts. (16:03) Luis Hernández dirixe o grupo Videalab da UdC de visualización avanzada con aplicacións á arquitectura dixital e ao patrimonio histórico. (37:26) Eferméride do 22 de maio do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez. (38:39) En Braga atópase tamén o Laboratorio Ibérico de Nanotexia, INL, onde Lorena Diéguez lidera o grupo de dispositivos nanomédicos e Mariam Debs é a responsable de comunicación.
[Fragmento] Estivemos na aeródromo de Cerceda na fase clasificatoria galega do desafío CanSat da ESA, un concurso escolar de lanzamento de minisatélites do tamaño dunha lata de refresco. O representante galego para a final española resultou ser o equipo do Gemini Pólux. Así, fómonos tamén ao IES de Teis para coñecer ás súas integrantes, que son alumnas da Ucraína, Perú, Venezuela, Brasil, República Dominicana e Galicia
Celebramos desde Tecnópole en San Cibrao das Viñas o 20 aniversario da feira científica Galiciencia. Contamos con Javier Taibo, Margarita Ravelo, Tino Álvarez, Ana Piñeiro Sotelo, Vicente Mohedano, Cristina Mangana, Patricia Barciela, David Ballesteros, Carlos Nieto, Noemía Ortega, Adolf Cortel e Javier García Martínez.
(15:20) Estivemos na aeródromo de Cerceda na fase clasificatoria galega do desafío CanSat da ESA, un concurso escolar de lanzamento de minisatélites do tamaño dunha lata de refresco. O representante galego para a final española resultou ser o equipo do Gemini Pólux. Así, fómonos tamén ao IES de Teis para coñecer ás súas integrantes, que son alumnas da Ucraína, Perú, Venezuela, Brasil, República Dominicana e Galicia.
[Versión estendida] Asistimos á edición de 2025 de Ciencia na Aldea que se desenvolveu en Pena da Nogueira no Concello de Negueira de Muñiz organizada pola Asociación Corripa. Un encontro único entre o mundo da ciencia, do medio ambiente e a xente do agro. Conversamos co biólogo Javier Castroviejo (2:40), co botánico Bernabé Moya e os organizadores e promotores do Festival de Herbas Espontáneas de Ussaramanna (Cerdeña) Rosella Urrú e Walter Secci (15:57), coa poeta e xornalista Nieves Neira (31:40), cos entomólogos Félix Torres e José Carlos Otero (35:55), co ornitólogo Antonio Sandoval e o "naturalista sonoro" Carlos de Hita (58:01) e coa xente da Asociación Corripa Vanesa Paredes e Alberto Uría (58:01). A música corresponde ao concerto ao vivo de "Catro nun Zoco" (Mini, Mariña Quintillán, Iria e Navia Rivas) neste evento.
Un dos grandes enxeñeiros da historia e pai da termodinámica foi William Rankine, un personaxe descoñecido para o gran público. Retomamos as "Entrevistas no alén" da Avoa de Einstein con este enxeñeiro poeta que chamou ó noso teléfono de aludidos por citalo de esguello a semana anterior.
[Versión estendida] Desde o CINBIO conversamos con Luis Liz Marzán, o español máis citado en ciencia de materiais. Marzán, que tamén traballa no CIC BioMagune en San Sebastián, leva máis de dúas décadas desenvolvendo investigacións de vangarda co financiamento do ERC, o Consello Europeo de Investigación. Actualmente traballa na síntese de nanoparafusos que presentan propiedades novidosas con aplicacións na transmisión de información e na interacción con proteínas.
(3:27) Un dos grandes enxeñeiros da historia e pai da termodinámica foi William Rankine, un personaxe descoñecido para o gran público. Retomamos as "Entrevistas no alén" da Avoa de Einstein con este enxeñeiro poeta que chamou ó noso teléfono de aludidos por citalo de esguello a semana anterior.(11:20) Desde o CINBIO conversamos con Luis Liz Marzán, o español máis citado en ciencia de materiais. Marzán, que tamén traballa no CIC BioMagune en San Sebastián, leva máis de dúas décadas desenvolvendo investigacións de vangarda co financiamento do ERC, o Consello Europeo de Investigación. Actualmente traballa na síntese de nanoparafusos que presentan propiedades novidosas con aplicacións na transmisión de información e na interacción con proteínas.(41:45) Eferméride do 24 de abril do "Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez" (42:55) Previa á celebración do Festival CinVigo co director do CINBio Miguel Correa e a profesora do CPI Progreso de Catoira Marta Fernández.
(2:04) Doha Elrhoul e Manuel Romero Gómez son investigadores do grupo de Enxeñaría Enerxética (INGEN) do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI). Romero é o director da Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas (ETSNM) da Universidade da Coruña. Veñen de publicar un traballo que propón un método eficiente para que os metaneiros produzan in situ hidróxeno verde. Para isto, mediante unha variante do método Rankine orgánico aproveitan a calor residual dos motores e a recuperación de parte do gas natural que se perde por evaporación.
(21:49) Ruta de Turismo Científico das Cerdeiras de Pontedeume con Maite Vence.
(27:06) Desde o Instituto da Lingua Galega conversamos co dialectólogo Francisco Dubert sobre os traballos de doazón e validación de voces do Proxecto Nós. O obxectivo é conseguir que as intelixencias artificiais comprendan todas as entoacións e variedades do galego.
Achegámonos ao congreso da Rede Portuguesa de Comunicación da Ciencia SciCom Pt que se celebrou na Illa de Madeira. Conversamos con Ana Santos Carvalho, Sara Bettencourt (2:15), Pedro Russo e Mario Montenegro (12:38) e coñecemos entre outras iniciativas, a Conferencia Internacional de Teatro Científico de Coimbra. (38:48) O noso paxareiro, Nacho Munilla, cóntanos o recente achado de parasitismo intraespecífico en estorniños.
(2:13) A nosa sexóloga e xornalista Laura Veiga explícanos se é posible adiantar a regra. (14:45) A exposición "Menssana" achega a saúde mental aos adolescentes. Conversamos con Patricia Barciela, directora da Domus dos Museos Científicos Coruñeses.
(30:20) Efeméride do 10 de abril do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez
(31:52) Lucía Martín é investigadora en Epidemioloxía e Saúde Pública, e directora do Laboratorio do Radon de Galicia. O gas radon é unha asasino silencioso que tamén espreita nos centros de traballo, aínda que polo de agora se lle ten dado moi pouca atención legal e empresarial a este risco laboral.
[Versión estendida] Mario Pansera é investigador Oportunius da Xunta de Galicia e dirixe en Pontevedra o laboratorio Innovación e Postcrecemento da Universidade de Vigo, así como o proxecto PROSPRERA, financiado cunha Starting Grant do Consello Europeo de Investigación (ERC).
A súa investigación céntrase en como promover a innovación nun contexto de postcrecemento, o movemento R2R ("Dereito a Reparar") e a transición xusta cara a unha economía circular.
[Versión estendida] Os datos liberados hoxe pola colaboración DESI (Dark Energy Spectroscopic Instrument) no encontro anual da American Physical Society apuntan a que a enerxía escura non é unha constante, senón que vai devalando na historia do universo. Isto podería rachar co actual modelo estándar cosmolóxico Lambda CDM. Nolo debulla o investigador da Universidade de Berkeley Antón Baleato Lizarcos.
(5:55) Navegamos na Bitácora do Beagle con Julio Rodríguez, quen nos explica tres artigos científicos que estudan os nexos entre a saúde e o contexto social no relativo á falta de relacións sociais, a depresión e o envellecemento.
(23:04) Efeméride do 3 de abril do Calendario da Historia da Ciencia de Ramón Núñez
(24:45) Mario Pansera é investigador Oportunius da Xunta de Galicia e dirixe en Pontevedra o laboratorio Innovación e Postcrecemento da Universidade de Vigo, así como o proxecto PROSPRERA, financiado cunha Starting Grant do Consello Europeo de Investigación (ERC).
A súa investigación céntrase en como promover a innovación nun contexto de postcrecemento, o movemento R2R ("Dereito a Reparar") e a transición xusta cara a unha economía circular.