DiscoverHistorias dun país en guerra
Historias dun país en guerra
Claim Ownership

Historias dun país en guerra

Author: Radio Galega

Subscribed: 0Played: 1
Share

Description

Desde que comezou a ofensiva rusa en Ucraína, cidades enteiras foron destruídas e preto de seis millóns de persoas convertéronse en refuxiadas, provocando o maior éxodo rexistrado en Europa desde a II Guerra Mundial. As autoridades ucraínas denuncian os ataques indiscriminados contra a poboación civil perpetrados por Rusia e investigan como crimes de guerra os saqueos, asasinatos e violacións rexistrados en Mariúpol, Ivankiv, Bucha, Hostomel ou Irpín. Desde que comezou a guerra, a Radio Galega ofreceu a diario testemuños de vítimas desta guerra, que agora compilamos neste podcast, elaborado por Nuria López. Eles e elas son as protagonistas destas 'Historias dun País en Guerra'
35 Episodes
Reverse
Cando se cumpren catro meses de guerra en Ucraína poñemos punto e final a este podcast: Historias dun país en guerra. No capítulo 35 analizamos o custe humano da ofensiva, as consecuencias económicas e políticas derivadas da guerra e o impacto que provocou no patrimonio cultural.
O éxodo de refuxiados

O éxodo de refuxiados

2022-06-23--:--

Transcorridas dezasete semanas de guerra, dous millóns de ucraínos emprenderon o camiño de volta a casa. Outros cinco millóns continúan vivindo como refuxiados fóra do país. O malagueño Alejandro Nievas é cooperante en CEAR. Ata febreiro traballaba como voluntario en Luhansk.
A ofensiva no Donbas

A ofensiva no Donbas

2022-06-22--:--

Para a cidadanía do Donbas, a guerra non comezou en febreiro; fíxoo oito anos atrás. De Donetsk saíu en 2014 a deseñadora gráfica Olga Lebedkova. Marchaba por unhas semanas e, aínda que está desexando volver, de momento non ve posible regresar. Desde Alacante, onde vive desde 2017, explica como é a vida da súa familia no Donbas.
Hai unha semana, Anfisa Motora conseguíu sacar de Mariupol á súa mellor amiga e ós seus fillos. Atrás deixan unha cidade devastada e tomada pola propaganda rusa. Os pais de Olga Yatsyk levan un mes en Barcelona. As dúas poñen voz ó capitulo 32 de Historias dun País en Guerra.
Todo comezou en Kyiv

Todo comezou en Kyiv

2022-06-2017:24

A rexión de Kyiv simboliza a resistencia ucraína pero tamén quedará asociada para sempre coa barbarie e a crueldade rusa. A traductora Olga Tarnovska cre que a guerra será longa e pide máis armas para poder seguir plantando cara a Rusia.
Na fronteira de Medika

Na fronteira de Medika

2022-06-1711:49

En Medika, na fronteira entre Ucraína e Polonia, estivo prestando axuda durante os últimos tres meses a compostelá Susana Menéndez. Ela e o seu home proporcionaron comida, medicinas e roupa ós refuxiados. Eles son os protagonistas do capítulo 30 de Historias dun País en Guerra.
É Vitaly Suárez, o "anxo da garda" de Kherson. Un mozo ucraíno con familia en Moaña que leva desde o principio da guerra distribuíndo comida e medicinas entre a poboación desta rexión de Ucraína. Vitaly pon voz ó capítulo 29 de Historias dun País en Guerra.
A salvo en Galicia

A salvo en Galicia

2022-06-1512:32

Ó concello coruñés de Oleiros chegaron, desde Kheson, Lisa, a súa nai Seña e a súa avoa, Irina. Viñeron a Galicia fuxindo da guerra de Ucraína. Antonio abríulles a súa casa e deulles unha nova vida. Protagonizan o capítulo 28 de Historias dun País en Guerra.
Sobrevivir a Mariupol

Sobrevivir a Mariupol

2022-06-1413:13

Unhas 300 mil persoas saíron de Mariupol antes de que Rusia se fixera co control da cidade. O irmán de Alina Shatalova conseguiu sacar á súa familia de alí pero durante a fuxida foi tiroteado. A súa muller a súa filla viven agora en A Coruña
Arredor de 300 españois abandonaron Ucraína desde o principio da guerra. Tan só unha trintena seguen no país. A algúns, como Sergio Salinas, costoulles escapar. Outros, como Juan Mora e Carlos Muñoz optaron por quedar. Protagonizan o capítulo 26 de Historias dun País en Guerra.
Os membros da compañía teatral Proenglish Theatre decidiron que a guerra non paralizaría o seu traballo e ensaiaron "O libro das sirenas" nun refuxio antiaéreo de Kyiv. Falamos coa actriz protagonista, Anabell Sotelo, no capítulo 25 de Historias dun País en Guerra.
Unha marea de voluntarios acudíu a Ucraína ó principio da guerra. Moitos regresaron pero alí segue Rostislav Filippenko. Esta é a historia deste profesor de matemáticas hispanoucraíno reconvertido en voluntario que subministra medicamentos ós enfermos crónicos de Kharkiv.
O catedrático de Literatura Española, Olexandr Pronkevich, víuse obrigado a refuxiarse en Lviv ó comezo da guerra. Desde alí reorganiza a facultade de Filoloxía de Mykolaiv, da que é decano, moi afectada pola contenda. Protagoniza o capítulo 23 de Historias dun País en Guerra.
En marzo disparáronse as alarmas tralo ataque contra a central nuclear de Zaporiyia, a máis grande de Europa. Anna Sologub traballa alí e tivo que ser evacuada. Días despois Natalia Talankova abandonaba o país. Ambas protagonizan o capítulo 22 de Historias dun País en Guerra.
Ser médico ou enfermeira non é un traballo doado, moito menos en tempos de guerra. Sábeo Tovstyha Nazar, un médico de Lviv que se adica a evacuar enfermos e a subministrar material sanitario ás zonas quentes de Ucraína. El protagoniza o capítulo 21 de Historias dun País en Guerra
Cúmprense hoxe cen días de guerra en Ucraína. Máis de tres meses de ofensiva que deixan máis de 7 mil mortos, preto de 5 mil feridos e o maior éxodo que vive europa desde a II guerra mundial. Trala retirada de Rusia de Kyiv os ataques concéntrase no leste, na chamada rexión do Donbas. Mentres, as autoridades ucraínas denuncian os ataques indiscriminados cometidos contra a poboación civil e cifran en trece mil os presuntos crimes de guerra. Repasamos estes cen días de ofensiva neste capítulo especial: “Cen días de guerra en Ucraína”.
O regreso a Kharkiv

O regreso a Kharkiv

2022-06-0211:52

Regresamos a Kharkiv, a segunda cidade máis grande de Ucraína e da que os rusos se retiraron a mediados de maio. O centro histórico quedou estragado despois de dous meses e medio de constantes bombardeos. De alí saíron Nika Savchak e Diana Barsaga-Zinkovskaya. A primiera refuxiouse en Málaga; a segunda en Cuba. Diana volveu hai un mes a Lviv e conta os días para poder regresar a unha cidade devastada despois de cen dias de guerra. Elas son as protagonistas do capítulo 19 de Historias dun País en Guerra.
A rexión de Cherníhiv, situada no norte de Ucraína, quedou totalmente arrasada por mor dos ataques e os bombardeos. As autoridades calculan que o 70 por cento das edificacións están estragadas e tamén boa parte dos conductos de luz, gas e calefacción. Estímase que alí morreron arredor de setecentas persoas, moitas delas civis. Achéganos á realidade de Cherníhiv a profesora de idiomas Viktoria Paramonova. Ela é a protagonista do capítulo 18 de Historias dun País en Guerra.
Bucha, Hostomel e Irpín quedaron devastadas xa nas primeiras semanas de guerra. Nestas localidades situadas nos arredores de Kyiv, as tropas rusas cometeron todo tipo de atrocidades: asasinatos de civis, asaltos, execucións sumarias, agresións sexuais a mulleres e nenas… Cóntannolo Daria Rodnova, Kateryna Kobal e Viktoria Babaeva. Elas son as protagonistas do capítulo número 17 de Historias dun País en Guerra.
Esta semana cúmprense cen días da ofensiva rusa sobre Ucraína. Hoxe queremos poñer o foco nos trece mil crimes de guerra que presuntamente perpetrou Rusia en distintos puntos do país. É o caso de Ivankiv, unha localidade situada no norte, moi preto de Chernobyl. De alí escapou a mediados de abril a nosa testemuña. Desde entón vive en Barcelona. Ela é a protagonista do capítulo 16 de Historias dun País en Guerra.
loading
Comments 
Download from Google Play
Download from App Store