DiscoverInformativos
Informativos
Claim Ownership

Informativos

Author: Radio Municipal de Tui

Subscribed: 0Played: 1
Share

Description

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.
2042 Episodes
Reverse
Esta mañá os traballadores de empresa Levantina, de Porriño, manifestáronse en protesta do ERE plantexado pola compañía, que suporá o cese da actividade industrial e 95 despidos que afectarán a 17 traballadores tudenses. Hoxe falamos con Eva María Pérez, membro do Comité de Empresa que daba conta das reivindicacións dos empregados.
Estas son as novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h: - A obra de paso sobre o arroio Cotarel suporá un investimento de 1,5 millóns de euros financiados pola CHMS e polo Concello de Tui - A Garda Civil desarticulou unha banda itinerante especializada en furtos cometidos en centros comerciais con residencia entre Tui e Vigo - O Cineclub Tui homexanea a Diane Keaton proxectando mañá “Annie Hall” - O salcedense afincado en Tui, Javier Martínez revalida o Campionato de España de Rallies de Asfalto - Resultados deportivos da fin de semana
Estas son as novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h: - Na fachada do Centro de Saúde de Tui está situada dende onte unha placa en recoñecemento ao doutor Alejo Diz Jurado - O Concello de Tui solicita a percepción da cidadanía para elaborar o IV Plan de Igualdade Municipal - A Plataforma en Defensa da Sandidade Pública de Tui solicita que se cubran as baixas por xubilación no Centro de Saúde - A proposta teatral e musical para bebés, Pitiminí chega esta tarde ao Teatro Municipal de Tui - O Concello de Tui organiza mañá unha festa de Samaín - Ruta polos comercios tudenses para vivir un truco ou trato organizado por ACITUI - A ANPA do CEIP Randufe celebra esta tarde unha festa de Halloween - A aula da UNED de Tui celebra a actividade "Día de Defuntos á mexicana" - A Asociación Entroido de Pexegueiro apraza até mañá a andaina de Samaí - Información e citas deportivas
Estas son as novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h: - Esta tarde ten lugar un acto de recoñecemento ao doutor Alejo Diz Jurado coa colocación dunha placa na entrada do Centro de Saúde de Tui - Hoxe Levada Libre proxexta o documental “Unha historia galega, retratos da represión na Galicia de 1936” - A concelleira do Conxunto Histórico e Patrimonio, Ana Núñez, responde as reivindicacións da veciñanza do conxunto histórico de Tui - A veciñanza do conxunto histórico denuncia que onte á tarde unha ambulancia tardou 55 minutos en chegar á rúa Cuenca - Pinta Tui bateu récord de participación na súa décima edición - O Mercado de San Antonio, en Tui, acolle hoxe ás 20 h un encontro informativo para dar a coñecer as condicións de licitación dos postos dispoñibles - A proposta teatral e musical para bebés, Pitiminí chega mañá ao Teatro Municipal de Tui - Información deportiva
Estas son as novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h: - 85 elementos dos concellos do Baixo Miño forman parte do novo Catálogo de bens de valor cultural no litoral que está en exposición pública - A veciñanza do conxunto histórico de Tui transformou as rúas desta zona cunha decoración reivindicativa polo Samaín - Mañá ten lugar un acto de recoñecemento ao doutor Alejo Diz Jurado coa colocación dunha placa na entrada do Centro de Saúde de Tui - 600 bailaríns de distintos puntos de España e Portugal compiten esta fin de semana no XI Trofeo de Baile Deportivo Eurocidade - Este xoves haberá unha xornada informativa no Mercado de San Antonio ante a próxima licitación dos espazos dispoñibles - ACITUI súmase ás actividades para conmemorar Samaín - A aula da UNED de Tui acolle este venres a actividade "Día de Defuntos á mexicana" - Información deportiva
Estas son as novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h: - O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, presentou hoxe en Tui o proxecto piloto de reclamación dixital - A veciñanza do conxunto histórico de Tui “decora” esta zona da cidade polo Samaín de forma reivindicativa - A Cámara de Comercio de Tui celebrou o seu plenario nas instalacións da ORPAGU, no polígono empresarial de Areas - O Cineclub Tui pecha esta tarde a súa retrospectiva dedicada a Wim Wenders coa proxección de "Os irmáns Skladanowsky" - Este xoves haberá unha xornada informativa no Mercado de San Antonio ante a próxima licitación dos espazos que están dispoñibles - A aula da UNED de Tui acolle este venres a actividade "Día de Defuntos á mexicana" - Hoxe remata o prazo de inscrición para a Andaina de Samaín de Pexegueiro - Información deportiva
Estas son as noticias deste luns, 27 de outubro de 2025 - Atopado un tramo da muralla medieval tudense nas catas arqueolóxicas da praza da Estrela - Nico Montes, voceiro do PP, fala dos cambios no seo do grupo municipal popular - A homenaxe a Darío Álvarez Blázquez abriu o sábado a programación do Mes da Memoria Democrática en Tui - Nun mes celebrarase o Mercado de Nadal de Tui para o que está aberto xa o prazo de solicitude para participar - A Insua de Caldelas conta con nova directiva que prepara xa novas actividades - Pilar Blanco do Restaurante El Molino homenaxeada no V Foro da Muller Rural - A tudense Uxía Pérez Bugarín gañadora da 46ª Carreira Pedestre de Santiago ...
Tras a renuncia á acta de concelleira de Pilar Gregores, até o de agora membro do grupo municipal do Partido Popular e que previamente anunciar o pase a concelleira non adscrita, hoxe conversamos con Nico Montes, voceiro do grupo municipal do Partido Popular.
Estas son as novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h: - Pilar Gregores renuncia á acta de concelleira e o PP de Tui anuncia que Jorge Lima será o novo concelleiro - A praza Manuel Caramés, no Arrabal, permacerá cortada hoxe ao tráfico de vehículos e ao tránsito peonil - O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, participou no III For Urbano de España - A Biblioteca Municipal de Tui celebra o Día da Biblioteca - Mañá comeza o mes da Memoria Democrática en Tui cuha homenaxe a Dario Álvarez Blázquez - A película Sirat proxéctase hoxe no Teatro Municipal de Tui - Pinta Tui vai celebrar a súa décima edición este domingo - Malvas e Areas celebran as Festas na honra á Virxe do Rosario - Citas esta fin de semana - Información deportiva
Estas son as novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h: - A rúa Augusto González Besada pasa a ser de dobre sentido debido ás obras - Sete proxectos galegos foron seleccionados para participar na cuarta edición de VENTURA que comeza o 3 de novembro - Conferencia do catedrático Lourenzo Fernández “Novidades históricas arredor de Castelao...” hoxe ás 19 h no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela - Alumnado do Colexio Maristas visitaron hoxe a Biblioteca Municipal con motivo do Día da Biblioteca - O Concurso de pintura Pinta Tui celebra este domingo a súa décima edición Festival da Caída da Folla este domingo en Ribadelouro - O cociñeiro tudense Judicael Romero gañou o segundo premio na IV Edición do Campionato de Tapas e Pinchos de Galicia-Ribeira Sacra - Información deportiva
Estas son as novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h: - A Xunta de Galicia destina preto de 10 M€ ao Baixo Miño no proxecto de Orzamentos 2026 - A concelleira Pilar Gregores pasa a ser concelleira non adscrita deixando o grupo municipal do PP - Un veciño de Tui interceptado pola Gardia Civil por conducir sen carné - Unha persoa resultou ferida tras un accidente múltiple rexistrado onte na A-55, en Guillarei - O tudense Moisés Rodríguez Pérez é o novo deputado do Grupo Popular pola provincia de Pontevedra - ACEESCA reclama apoio urxente para finalizar a residencia “Miña casa, miña comunidade” - O Mercado de San Antonio ofrece novas oportunidade de emprendemento - O BNG celebra mañá un acto en homenaxe a Castelao - O 31 de outubro terá lugar a actividade "Día de Defuntos á mexicana" na aula da UNED e unha andaina de Samaín en Pexegueiro - Información deportiva
Estas son as novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h: - Comezaron as obras para mitigar o efecto illa de calor no aparcamento público no Parque Empresarial de fronte ao Outlet - O transporte público no Baixo Miño será obxecto dunha reestructuración por parte da Xunta - Tui busca a postal para felicitar o Nadal - Sete proxectos galegos foron seleccionados para participar na cuarta edición de VENTURA - Os tudense Rafael Sánchez Bargiela e Laureano Alonso participan no Congreso Internacional de Estudos Sefardíes en Lisboa cunha conferencia sobre Francisco Sánchez - Preto de 300 escolares tudenses disfrutaron hoxe co Quixote de Pedras de Cartón no ciclo +Escénicas - Manuela Contacontos presenta hoxe ás 17.30 h na biblioteca tudense “O gato con contos” - Dobre proxección hoxe de “Perfect Days” de Win Wenders no Cineclub Tui - Deportes
Estas son as novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h: - A alianza entre Tui e Salvaterra permitirá investir 7 millóns de euros nestes municipios - O Concello de Tui incrementa as partidas destinadas ás ANPAs, ás asociacións culturais, ás formacións musicais, ás bandas de gaitas e aos deportistas - ORPAGU cumple tres anos en Tui expandindo a planta e innovando nos seus produtos e proxectos - Pilar Blanco, propietaria de Restaurante El Molino de Tui foi unha das mulleres homenaxeadas no V Foro da Muller Rural Galega - A Cámara de Tui participou no Foro das Cámaras do Arco Atlántico en Bruxelas - Mañá chega ao Teatro Municipal de Tui o espectáculo de clown “Quixote” no programa +Escénica dirixido ao alumnado tudense - Dentro da programación do “Mes da Biblioteca”, mañá Manuela contacontos achega o espectáculo “O gato con contos” - Continúa mañá a restrospectiva de Wim Wenders coa proxección de “Perfect days” mañá martes - Información e resultados deportivos
Estas son as novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h: - A AECT Río Miño fai un chamamento aos gobernos de España e Portugal para que asuman a xestión do río Miño como unha prioridade conxunta no proximo cumio hispano-portugués - Hoxe abre o prazo para solicitar as becas a deportistas tudenses internacionais, ANPAs, as asociacións culturais, musicais e as bandas de gaitas - ORPAGU cumple tres anos en Tui expandindo a planta e apostando por novos produtos e proxectos - Cinco mulleres do Baixo Miño participan hoxe no V Foro da Muller Rural Galega - Repasamos todas as citas da fin de semana - Información deportiva
Estas son as novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h: - O Concello de Tui e o de Salvaterra foron beneficiarios de 4 millóns de euros de fondos europeos a través do Plan EDIL - A vindeira semana conclúe a proba piloto de eliminación da especie invasora Egeria densa na praia de Areeiros en Gurillarei - A veciñanza do conxunto histórico reuniuse o martes co alcalde de Tui para trasladarlle cuestións que lles preocupan - A compañía Os Naúfragos Teatro representan mañá a obra “Bulebule”, no Teatro Municipal de Tui - Mañá remata o prazo de inscrición para a actividade “Tecnoloxía, infancia e xuventude: ferramentas para familias” que terá lugar na Aula CEMIT de Tui - Información deportiva
O Concello de Tui e o de Salvaterra foron beneficiarios de 4,3 millóns de euros de fondos europeos a través do Plan EDIL, que mobilizarán máis de 7 millóns de €. Ambos municipios conformaron unha Área Funcional para concorrer a esta convocatoria. Agora executarán distintos proxectos que teñen o río Miño coma nexo de unión. O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e a alcaldesa de Salvaterra, Marta Valcárcel explicaron a que van ir destinados estes fondos e está alianza estratéxica que estableceron.
Estas son as novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h: - O IES San Paio de Tui é dun dos 173 institutos de ensino secundario de Galicia que participa no proxecto YAM que busca previr a conduta suicida entre a poboación adolescente - O concelleiro non adscrito, José Palacín solicita a publicación do informe da Policía Local sobre a reordenación do tráfico no centro urbano tras a apertura da rúa Ourense - A Aula CEMIT de Tui acolle este sábado a actividade “Tecnoloxía, infancia e xuventude: ferramentas para familias” - Concerto do cuarteto de saxofóns Kritis este sábado na sede da Escola da Banda de Música Popular de Tui en Guillarei - Esta tarde, ás 20.00 horas, terá lugar unha concentración en solidariedade con Palestina na praza da Inmaculada en Tui - Hoxe remata o prazo para remitir ás propostas aos Premios Deporte Tudense
Estas son as novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h: - Aberto ao tráfico o novo tramo da r/Ourense - Transportes adxudica por 835 mil € os estudos do Eixo Atlántico entre O Porriño e Portugal - O PP propón unha Empresa de Servizos Enerxéticos para cambiar as luminarias nas parroquias e reclama a anulación do préstamo de 3,1 millóns de € - O delegado territorial da Xunta visita ás instalacións do Punto Limpo de Tui, beneficiarias das axudas autonómicas para actuacións en materia de residuos - Lalá Teatro presenta ás 17.30 h na Biblioteca Municipal o contacontos “Estás como unha cabra” - O cineclub Tui proxecto hoxe “O ceo de Berlin” de Win Wender en dobre sesión ás 18.30 h e ás 20.45 h - O domingo 26 celébrase o X Concurso de Pintura ao Aire Libre Pinta Tui - Carlota González do Remo do Miño participou no Europeo de Remo de Mar - Leticia Diz gaña o Trail Montes de Vigo, e Adrián Sousa o minitrail
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro valoraba esta mañá as primeiras horas de funcionamento do novo tramo da rúa Ourense, logo de que onte á tarde abriuse ao tráfico. Explica as reordenación do tráfico en toda a contorna destacando que tanto a rúa Maristas coma o primeiro tramo da Avenida da Concordia pasan a ser de sentido único.
Estas son as novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h: - Completamos a rolda de conversas tralo pleno do mes de setembro co alcalde de Tui e voceiro do Partido Socialista, Enrique Cabaleiro - Esta tarde abre ao tráfico o novo tramo da rúa Ourense cara a Avenida da Concordia -O PP de Tui solicita a anulación do préstamo de 3,1 millóns de euros para renovar o alumeado -O Concello de Tui comeza hoxe e executar obras de suxeición dos muros e montaxe da cornisa no Teatro Principal - Hoxe comeza unha nova temporada do club de lectura feminista “Tempo de Mulleres” inicia hoxe unha nova temporada - O Cineclub Tui continúa mañá coa súa retrospectiva dedicada ao cineasta alemán Wim Wenders, coa proxección de "O ceo sobre Berlín" - Mañá continúan as actividades do Mes da Biblioteca, co contacontos para bebés "Estás coma unha cabra", de Lalá Teatro - Hoxe remata o prazo para inscribrise ao autobús do Teatro para acudir dende Tui a Santiago, ao salón teatro, á representación de “A serie clopen” do Centro Dramático Galego - Información e resultados deportivos
loading
Comments