Me cagho no demo de Anllóns

Diana traballa de asesora de empresas, ten un nivel económico aceptable, e, aínda así, gusta de aproveitar as cousas que atopa a carón dos colectores do lixo para decorar a súa casa. Un día atopa unha cadeira de brazos cun estampado que lle chama a atención pero que está desfondada. Xa na casa, comeza a desmontala para limpala e arranxala e descobre que, por debaixo, ten uns versos escritos. Os versos fanlle gracia e sóltaos a mínima ocasión que se lle presenta sen saber que o que está facendo, en realidade, é desconxurar, é dicir, liberar ó demo de Anllóns.

Me cagho no demo de Anllóns (A historia completa)

Diana traballa de asesora de empresas, ten un nivel económico aceptable, non tan bo como lle gustaría, pero aceptable; e, aínda así, gusta de aproveitar as cousas que atopa ó lado dos colectores do lixo para decorar a súa casa. Goza tanto do aforro como do proceso de restauración. Un día atopa unha cadeira de brazos cun estampado que lle chama a atención pero que está desfondada. Xa na casa, comeza a desmontala para limpala e arranxala e descobre que, por debaixo, ten uns versos escritos. Os versos fanlle gracia e sóltaos a mínima ocasión que se lle presenta sen saber que o que está facendo, en realidade, é desconxurar, é dicir, liberar ó demo de Anllóns.

01-21
01:43:21

Capítulo 12

Nas máxicas Fragas do Eume había unha aldea trasna igual que noutras moitas fragas. Pero os trasnos e trasnas máis vellas estaban caendo no aburrimento porque viven moitos anos e, ó final, todo acaba aburrindo. Un día Arume propón unha idea, ela era moito de ter ideas.

01-08
12:23

Capítulo 11

A historia do demo xa non aparece na televisión e a xente deixa de interesarse polo tema, emporiso Diana comeza a sentir que a seguen. Un día, na Praza de Lugo, alguén a agarra polo brazo e tira dela cara un apartado.

01-01
09:49

Capítulo 10

Diana e Begoña conxuran ó demo e sácano da casa do matrimonio que colliu a neveira. Nun primeiro momento quere darllo a Lois para os seus estudos, pero algo a fai cambiar de idea.

12-25
09:43

Capítulo 9

O escándalo que monta o demo na casa do matrimonio que colliu a neveira de Diana fai que todo o vencindario vaia curiosear e que a historia acabe na televisión, e canda a historia, o profesor Igor Casas de Andrade.

12-18
08:53

Capítulo 8

Diana e máis Lois conxuran ó demo dentro da neveira, déixana ó carón do colector e alguén se fai con ela pero iso, contra do que poida parecer, non implica que a tranquilidade volva á vida de Diana.

12-11
08:21

Capítulo 7

Diana consigue falar co meigo que conxurou ó demo na cadeira de brazos e que, a cambio dunha módica cantidade, lle explique os pasos que a seguir para desfacerse do demo.

12-04
08:15

Capítulo 6

Diana comproba que a mensaxe do Facebook non tivo o efecto esperado e chama a Lois desesperada. Lois dille que ten que buscar ó meigo que fixo o conxuro para que lle diga como desfacerse do demo.

11-27
07:59

Capítulo 5

Lois dille a Xiana que o que ten na casa chámase Demo de Anllóns, cóntalle a historia da orixe desa denominación e dalle unha idea de como desfacerse del.

11-20
09:21

Capítulo 4

Diante da porta, Diana, teme que as cousas volvesen á normalidade e quedar en ridículo diante de Lois, pero nada máis lonxe da realidade. Lois consigue identificar a "presencia" e que se faga máis presente, se cabe.

11-13
07:39

Capítulo 3

O profesor universitario que lle recomendaron na tenda máxica de preto da estación do tren non quixo axudar a Diana, pero Lois ofreciuse voluntario, e a pagarlle unha cea se fose preciso, para ir á súa casa ver o que alí estaba pasando.

11-06
06:55

Capítulo 2

Diana e a súa amiga Begoña volven ó seu piso para que esta comprobe cos seus propios ollos que o que lle di Diana é real. Aínda impresionada polo que está vendo, lembra que hai unha tenda máxica preto da estación do tren na que as poden axudar.

10-30
07:32

Capítulo 1

Diana adoita coller mobiliario do lixo, nesta ocasión atopa unha cadeira de brazos que lle encanta e lévaa para a casa. Mentres a está limpando descobre que hai algo escrito na tea do fondo.

10-23
07:29

Anuncio

O 23 de Outubro comeza o novo falangullo: Me cagho no demo de Anllons.

10-05
02:19

Recommend Channels