DiscoverOíches?
Oíches?
Claim Ownership

Oíches?

Author: Podgalego

Subscribed: 0Played: 0
Share

Description

Oíches? é o podcast oficial de Podgalego, a comunidade de podcasts en galego.
Promoción de podcasts e conversas arredor do podcasting.
8 Episodes
Reverse
O pasado 8 de abril participamos no CIP Carballo #Interplay2022. Neste programa traemos un resumo das cousas que alí pasaron e se falaron. Grazas á organización e a todas as persoas que participaron e aportaron na produción deste episodio. Presentan: Cris Terceiro (Viaxantas), Fran da Lobeira (As Conversas da Lobeira) e Uxío Broullón (areias sonoras). Créditos: Sintonía Oíches? (Midnight Lights, de WhatFunk, CC-BY). Foto: @leolopezfoto
Moitas veces, estando migrantes, xurde en nós a necesidade de tender unha ponte coa terra e un xeito de facelo é producir un podcast en galego. Para contarnos a súa experiencia están hoxe connosco: Silvio Falcón (@carallobueno), María Sabarís (@ForadeMapa), Carlos Barros (@LondonMadrina) e tamén a nosa querida compañeira Cristina Terceiro (@viaxantas). Están lonxe, espallados pola Europa, mais ao mesmo tempo moi preto. 00:00 Anteriormente en... 00:40 Inicio 01:17 Benvidas 02:24 Presentación dos proxectos 05:45 Que vos levou a facer un podcast en galego desde a diáspora? 12:36 Morriña ou pandemia? 20:10 Audiencias "locais"? 25:00 A conexión coa comunidade 32:44 O "bisté": Bueno Carallo Bueno vs Mimadriña! 35:45 Novas entradas no directorio 36:13 Consultorio técnico 40:56 Os podcásts recomendados 48:12 Off the record Presentan: Cris Terceiro (Viaxantas, Fran da Lobeira (As Conversas da Lobeira) e Uxío Broullón (areias sonoras). Consultorio técnico: Jorge Lama (@raivenra). Aviso: Obviamente, non publicamos a "cousa secreta" que María nos contou off the record, é todo unha montaxe para facer risa. Créditos: Sintonía Oíches? (Midnight Lights, de WhatFunk, CC-BY),Sintonía Consultorio (Local Forecast - Slower, de Kevin MacLeod, Simplified Filmmusic.io Standard License), recursos sonoros do consultorio (Arquivo sonoro da BBC, BBC’s Content Licence for RemArc).
Que facemos mal? Pois demorar máis do debido en publicar... Circunstancias alleas a nosa vontade fixeron que este programa, previsto para fin de ano, saia aínda agora :'( Sentímolo moito, non vai volver pasar. Analizamos a sondaxe que fixemos o mes pasado e presentamos unha nova sección: un consultorio técnico para resolver as vosas dúbidas, que chega da voz de Jorge Lama (https://twitter.com/raivenra). Presentan: Cris Terceiro (Viaxantas, Fran da Lobeira (As Conversas da Lobeira) e Uxío Broullón (areias sonoras).
O podcasting en galego xa non é só independente. Algúns medios do país tamén apostan por este formato non tan novo que colleu azos durante a pandemia. Hoxe falamos con algúns dos que na Galiza están a apostar polo podcasting, producindo o seu propio contido, como Praza, ou apoiando ós creadores e creadoras da terra, como Vinte, a revista Luzes ou a recente aposta da Radio Galega polos podcásts. Convidados:  Ana González Liste (@prazapublica), María Yáñez (@vintenapraza), Ghanito (@RevistaLuzes) e Tania Fdez. Lombao (@RadioGalega) 00:38 Presentación 36:42 Entrevista a Tania Fdez. Lombao (Radio Galega Podcast) 56:36 Conclusións 1:12:05 Cuestionario do bolseiro Presentan: Cris Terceiro (Viaxantas, Fran da Lobeira (As Conversas da Lobeira) e Uxío Broullón (areias sonoras).
Se sodes seguidores fieis do Oíches? xa saberedes que a pandemia tivo un impacto positivo tanto no consumo de podcast como na creación de contidos en galego neste formato. No último ano a entrada de podcasts no directorio multiplicouse por máis de 3 e xa somos 190! Por iso, neste cuarto episodio queremos darlle voz á canteira, a algunha desas novas voces que nos fan gozar coas súas propostas: Cecilia Pose (@vagon91), David Sobrino (@AteneoRadio, @dsobrinoplatas) e Iago Blanco e Mateo Cao (@os_dousdesempre) Presentan: Cris Terceiro (Viaxantas) e Fran da Lobeira (As Conversas da Lobeira).
loading
Comments