DiscoverSitio distinto
Sitio distinto
Claim Ownership

Sitio distinto

Author: Radio Voz Bergantiños

Subscribed: 0Played: 0
Share

Description

Radio Voz Bergantiños visita as aldeas das comarcas de Fisterra, Terra de Soneira e Bergantiños. Os habitantes cóntannos por que o seu é un "Sitio distinto".
20 Episodes
Reverse
Sitio distinto: Brens

Sitio distinto: Brens

2015-04-1319:50

A parroquia ceense de Brens é esta semana o destino do Sitio distinto.
Sitio distinto: Riobó

Sitio distinto: Riobó

2015-04-0134:55

O lugar de Riobó en Cabana é pequeno, pero garda moita historia detrás, sobre todo da Idade Media. Ademais en agosto celebran unhas prevodas medievais incribles. Queres coñecelo? Dalle ao play!
Esta semana viaxamos cara a costa de Bergantiños para visitar a parroquia de Brantuas, en Ponteceso
Hoxe viaxamos á comarca de Fisterra, á parroquia de Berdeogas, en Dumbría.
Esta semana chegamos á parroquia de Montemaior, en A Laracha. Olimpia Puente, Jesús Súarez, Isolino Esmorís e Leonardo Loureiro cóntannos a historia do lugar
Sitio Distinto: Salto

Sitio Distinto: Salto

2015-02-2428:58

Salto é unha das parroquias máis grandes da Costa da Morte. O Mosquetín, Castro, A Reparada, Torelo, Castromil, Señoráns... A asociación Neira Marcos sérvenas de guía para achegarnos á parroquia. Falan Teresa Ferreira, a presidenta e tamén o veciño Adolfo Fidalgo.
Sitio distinto: Lires

Sitio distinto: Lires

2015-02-1621:53

Nesta nova viaxe pola Costa da Morte chegamos a Lires, no concello de Cee. Unha parroquia e uns veciños con moito que contar
Viaxamos ata o concello de Laxe para coñecer Traba. A lagoa, os penedos, a praia... Falamos cos seus veciños
A mestra audiovisual Olaia Sendón guíanos pola aldea fisterrá de Sardiñeiro de Abaixo. Conversamos co mariñeiro Pepe, coas vendedoras Chus e Pilar e tamén con Alberto da Casa Lestón, un restaurante que está a piques de cumprir o século de historia.
Esta semana viaxamos ata A Imende, en Noicela (Carballo). Falamos e cantamos cos animados veciños desta parroquia
Esta semana visitamos o lugar de Pasarela, en Vimianzo, coñecido polos seus aserradoiros e os seus penedos. Escoitade o que nos contan os seus veciños.
Viaxamos ata a aldea de Segufe, en Seavia (Coristanco). Conversamos coa Rexubeira de Bergantiños, Asunción Antelo, co seu irmán e cos veciños Isabel Rey e José Antonio Andrade
Esta semana visitamos o pobo de Camelle, en Camariñas. Falamos do Alemán, conversamos con Manuel Tajes Sánchez "O Rubio", coas palilleiras, etc.
Esta semana viaxamos a Olveiroa, aldea do camiño de Santiago situada no concello de Dumbría
Continuamos a nosa viaxe polas parroquias da Costa da Morte. Hoxe é o turno de Canduas, no concello de Cabana de Bergantiños
Visitamos a aldea de A Pereiriña, en Cee, na nosa sección "Sitio distinto".
Cances é un lugar moi pegadiño a Carballo que garda pequenas historias. En Radio Voz Bergantiños propuxémonos descubrilas.
Fornelos é un lugariño da parroquia de Baio-Zas, que ten moito que contar. A asociación A Fonte estase a mover moito para mellorar a calidade de vida dos seus veciños. Radio Voz Bergantiños estivo visitando o lugar en Sitio Distinto.
Desprazámonos ata Corme para que os seus veciños nos conten por que é un sitio distinto. Falamos con Suso Lista, Francisco, Nieves e Juana
Estreamos sección en "Voces de Bergantiños". En "Sitio distinto", percorreremos as aldeas da Costa da Morte para que os veciños nos conten por que o seu lugar é especial
Comments