Todos os podcast | Ferrado e medio

Ferrado e medio está pegado á actualidade de todo o relacionado co agro e os seus cultivos, co campo e os seus animais, así coma as políticas e os tempos que o marcan e condicionan.

Ferrado e medio 24-09-2023

Os responsables de dous tecores avalían a declaración de emerxencia polo xabaril. Organizamos un debate sobre a suba do prezo do aceite. Chegan as campañas da pataca, a castaña e os cogomelos. A seca e a velutina ameazan a produción de mel. E os gandeiros estudan protestas para reclamar máis polo leite en orixe.

09-24
35:07

Ferrado e medio 01-10-2023

Un exterminador e dous investigadores avalían unha década de loita contra a vespa velutina. Reunimos outros tres protagonistas para entender a nova Lei de Benestar Animal. Atendemos á situación do lobo ibérico en España e visitamos a Festa da Faba de Lourenzá cun labrego e co presidente do consello regulador.

10-01
56:54

Ferrado e medio 08-10-2023

Principia a campaña da mazá, con boa froita pero prezos baixos, e xa rematou a do miillo, posiblemente unha das mellores de sempre, segundo nos din dende Chantada, Taboada ou Láncara. Contactamos con ASAJA para ter información sobre os seguros agrarios e fixámosnos en dúas novas: os casos da enfermidade hemorráxica coñecida como a 'covid' das vacas e a entrada en vigor da Lei de Benestar Animal.

10-08
56:55

Ferrado e medio 15-10-2023

No día da Muller Rural, anímanos a facer deporte Sheyla Bardanca, técnica da Federación de Asociacións de Mulleres Rurais e futbolista no Dubra. Outra muller, a fundadora de Pazo de Vilane, fai balance da súa aposta: de 50 a 200.000 galiñas. E brindamos co xerente da adega de Castrelo de Miño premiada polo mellor viño de 2022.

10-15
56:55

Ferrado e medio 22-10-2023

A recollida da castaña acumula anos de dificultades. Pola contra sorprendeu, para ben, o resultado da campaña do lúpulo. En Lugo, charlamos cun madeireiro das consecuencias dos lumes e rematamos ollando para os nosos museos do mundo rural.

10-22
56:54

Ferrado e medio 29-10-2023

Tralo ataque mortal a unha muller en Zamora, preguntámoslle ao experto sobre os perigos dos cans de pastoreo. A Asociación de Mulleres San Bartolomeu de Ínsua lembra o traballo do liño e falamos de gando co Sindicato Labrego Galego e co propietario dunha explotación para carne de Samos.

10-29
56:55

Ferrado e medio 05-11-2023

O xerente dun viveiro de Ourense fai balance do sector das platas ornamentais. En Chantada, comparten as novidades na loita contra a vespa velutina. Sabemos algo máis da cosmética natural con mel e atendemos aos primeiros casos da EHE detectados no gando bovino.

11-05
56:55

Ferrado e medio 12-11-2023

As chuvias danan centos de hectáreas de cultivo en Galicia, falamos co presidente dos avicultores da Galiña de Mos, a Xunta informa dos ataques dos lobos e reparamos en dous alimentos: os 'kiwiños' e o queixo premiado nos World Cheese Awards.

11-12
55:55

Ferrado e medio 19-11-2023

Tres protagonistas avalían os danos da chuvia prolongada nas colleitas. Agromuralla alértanos de que os prezos van facer que moitos alimentos sexan inasumibles para boa parte da xente. E ollamos para a campaña da castaña e para un libro sobre a cultura do mel na Costa da Morte.

11-19
55:55

Ferrado e medio 26-11-2023

O compañeiro Xosé Ramón Alvite, organizador da Semana Gandeira de Mazaricos, explícanos que as intensas choivas tamén afectaron ao gando. Conectamos con Santa Comba para festexar o medio século que cumpre a Cooperativa Xallas. E celebramos as boas perspectivas dos produtores de grelos, que esperan superar os 202.000 quilos vendidos o último ano.

11-26
55:55

Ferrado e medio 03-12-2023

Felicitamos a empresa de Alfoz que recibiu dous premios nunha cata de mel para logo analizarmos o impacto que a vespa velutina está a ter no sector apícola. No apartado do gando, conversamos co director da Asociación de Produtores de Porco Celta, que se queren organizar a nival estatal.

12-03
55:54

Ferrado e medio 10-12-2023

Consultamos cos presidentes de Carnideiros e da Federación Galega de Porcino sobre o prezo da carne no Nadal. Dende o Club de Raza Can de Palleiro analizamos o impacto da lei de Benestar Animal. Preguntamos pola colleita da D. O. Valdeorras e conectamos co investigador Carlos Spuch para avaliar as conscuencias do abuso de pesticidas e de herbicidas.

12-10
55:58

Ferrado e medio 17-12-2023

Coñecemos as reclamacións da plataforma SOS Rural, que se presenta en Galicia. En Láncara, falamos cun dos gandeiros que ofreceu aloxamento para poder contratar traballadores. E conversamos sobre a transhumancia no século XXI co presidente da Cooperativa A Carqueixa dos Ancares, despois de que fose declarada Patrimonio Inmaterial da Humanidade pola Unesco.

12-17
55:57

Ferrado e medio 24-12-2023

No día de Noiteboa, repasamos os prezos da carne, do aceite de oliva, en máximos históricos, e o da manteiga. Viaxamos ata Baroña, no Porto do Son, que se está consolidando como potencia resineira en Galicia, falamos co Consello Regulador da D. O. Valdeorras sobre o sector dos viños espumosos, e coa Asociación Galega de Cooperativas Agrarias facemos balance anual sobre este ramo.

12-24
55:55

Ferrado e medio 14-01-2024

A USC E e a Asociación Galega de Cooperativas Agrarias participan nun proxecto europeo que usa o pasto silvestre para reducir emisións. Afondamos na crise do sector avícola, golpeado polo aumento dos custos falando cun produtor de Silleda e outro de Rodeiro e coa vicepresidenta da asociación 'Defende a túa avicultura'. E con Proligal coñecemos o plan de investigación para potenciar a producion de oliva en Galicia.

01-14
55:58

Ferrado e medio 21-01-2024

Abordamos a situación forestal na comunidade galega cuns prezos á baixa. Analizamos tamén as repercusións da baixada do IVE do aceite nos prezos e as protestas que empezaron en Alemaña por parte do sector primario. Ademais, falamos da promoción do viño fóra da UE, das axudas contra o lobo, da campaña de vacinación da lingua azul para o ovino e bovino ou da recuperación do potencial das variedades tradicionais de aveas negras.

01-21
55:55

Ferrado e medio 28-01-2024

As intensas chuvias do outono e as altas temperaturas reduciron a mínimos as colleitas de grelos en varios puntos de Galicia. Xa poden solicitarse as axudas para compensar as perdas ocasionadas por mor do lobo. Analizamos os datos sobre alimentación ecolóxica que amosan as últimas enquisas. Falamos tamén do impulso económico que vai recibir a modernización dos regadíos da Limia e a evolución que tivo a Asociación de Asesores Rurais de Galicia.

01-28
55:57

Ferrado e medio 04-02-2024

Abordamos a situación do campo, con labregos e gandeiros poñendo a voz de alarma en Europa. SOS Rural presentou no Congreso unha Iniciativa Lexislativa Popular para protexer por lei as actividades primordiais do sector primario. Falamos tamén dos X Premios CEPYME que recoñeceron o labor de Maquinaria Agrícola TMC Cancela e da empresa lucense Campomayor.

02-04
56:55

Ferrado e medio 11-02-2024

Seguen as protestas no sector do agro español e abordamos esta situación dende varias persectivas. Natalia Corbalán, voceira de SOS Rural, explícanos como a nosa alimentación cada vez máis dependerá de Marrocos. Marcial Gende fálanos das claves do decálogo de reivindicacións das organizacións agrarias de cara ás mobilizacións en Galicia. Ademais, afondamos na recuperación de vinte variedades autóctonas de tomate.

02-11
55:55

Ferrado e medio 18-02-2024

Seguimos abordando as diferentes perspectivas arredor das mobilizacións no sector agrícola e gandeiro. Bruxelas tenta calmar os ánimos e flexibilizar as esixencias de reservas de terras en barbeito mentres o sector agrogandeiro xa está preparado para comezar as mobilizacións contra as políticas europeas. As I Xornadas Científico-Técnicas sobre Xestión Rexenerativa tratarán de avanzar no debate dun novo modelo agrícola e gandeiro más sostible. O sector forestal cre imprescidible pechar os ciclos industriais da madeira en Galicia para asegurar o seu futuro. Agronovo, unhas das principais asesorías agroalimentarias de Galicia, cumpre 20 anos.

02-18
55:55

Recommend Channels