DiscoverTodos os podcast | Lume na palleira
Todos os podcast | Lume na palleira
Claim Ownership

Todos os podcast | Lume na palleira

Author: AGalegaAudio

Subscribed: 14Played: 314
Share

Description

Programa especializado na música folk e tradicional, principalmente a propia de Galicia pero con atención puntual ás propostas chegadas doutros lugares.
66 Episodes
Reverse
Madrileño de nacemento, galego de corazón, o gaiteiro Miguel Ramalleira conversa a carón do Lume na palleira para presentarnos o seu primeiro traballo discográfico. No Recuncho da Palleta, Gustavo Couto trata sobre o pateado como peche dos seus especiais sobre as variantes da xota.
Cruzamos a fronteira para conectar co irmán portugués Manuel Maio, que nos abre a mirada ao seu 'Sem olhar ao tempo'. No Recuncho da Palleta, Xaime Estévez ofrécenos distintas versións da Danza de Espadas de Redondela, dende a tradición ata a música sinfónica.
A Requinta da Laxeira acada a maioría de idade e saca novo traballo, '... e Millore!', que veñen presentar neste Lume na palleira. No Recuncho da palleta chega Carme López cunha nova entrega de ReferentAs, desta volta centrada na figura de Elena de Toutón.
Un tributo á nosa Arina

Un tributo á nosa Arina

2022-04-1001:59:58

Programa especial no que lle dedicamos moito do noso tempo á estimada Arina Stam. Ramón Dopico conduce un Recuncho da Palleta no que nos acompañan Ché Vazquez e Francis Olivier. Con eles lembramos e homenaxeamos a Stam, coa presentación do disco 'A Nosa Arina'.
Empezamos no Recuncho da palleta con Xaime Estévez, que nos adianta os contidos do VIII Memorial Henrique Otero, 'o Gaiteiro do Fragoso'. Despois, conversamos con Alfonso Franco e María Pérez para saber máis do disco 'Acanteira', publicado pola asociación Galicia Fiddle.
Celebramos por adiantado o Día Internacional da Danza con Gustavo Couto no Recuncho da palleta. E logo miramos cara a Portugal coa entrevista a José Barros co gallo da presentación do dobre disco de aniversario 'Navegante 25 Anos'.
Tarde de encontros arredor do Lume na palleira. Lorca e Rosalía, Galicia e Andalucía, reúnense grazas ao encontro entre Uxía e Javier Ruibal en 'De tu casa a la mía'. E no Recuncho da palleta Xaime Estévez preséntanos o encontro 'Tradición en Camiño' de Mos.
'Levantarse e caer', unha busca dos impactos da infancia, é o novo traballo de Xabier Díaz, a quen entrevistamos neste Lume na palleira. Ademais, Ramón Dopico vén ao Recuncho da Palleta para recuperar gravacións históricas do cuarteto 'Os Mariñáns' de Guísamo.
Carme López trae no Recuncho da Palleta unha nova entrega de ReferentAs, desta volta con María Castro Romero como protagonista. E na segunda hora, acollemos uns grandes, Treixadura, que sacaron libro-disco de 30º aniversario, 'Camiño Longo'
Entre as novas confirmacións do festival de Ortigueira e mais os Xigantes e Cabezudos dos que nos fala Gustavo Couto, tamén temos tempo para unha entrevista aos Tiruleque. O quinteto da Coruña presentan o produto do seu aniversario '20 anos no Camiño'.
O 'Benquerer' das Malvela

O 'Benquerer' das Malvela

2022-06-0501:59:58

Carme López senta no Recuncho da Palleta para falarnos do segundo 'Encontro Celme de Zanfona'. A outra visita chega dende Mos. As Malvela veñen presentarnos o seu novo disco, 'O Benquerer'.
Xaime Estévez achégase ao Recuncho da Palleta para ofrecernos a segunda entrega de 'Santa Gaita', nesta ocasión centrada nos Santos de Verán. Na segunda hora, entrevistamos o trío Obal, que despois de tres anos de traballo foi quen de publicar o seu segundo disco, 'Posotopía', unha gravación que xorde exclusivamente do repertorio de José Manuel López López, o 'Gaiteiro de Poso'.
A desaparecida transmisora Rosa de Moscoso é a protagonista dunha homenaxe nun Recuncho da Palleta na que temos a colaboración de Carme López e a participación do compañeiro Rodrigo Cuevas. Na segunda hora recibimos visita dende Salamanca. O grupo Atairaos amósanos o seu primeiro traballo discográfico.
Pechamos a nosa 30ª tempada na Radio Galega con diversas novidades. O Recuncho da Palleta, con Guillerme Inácio, mestura tradición e modernidade, coa visita de Rubén Troitiño, responsable do portal web Arquivo virtual das músicas da Terra de Montes. Na segunda hora teremos entrevista a Coribantes de Buchabade, que presentan o seu novo disco, 'A ponte das músicas".
Comezamos nova tempada coas últimas novidades. No Recuncho da Palleta, hoxe con Xaime Estévez, citámonos para unha conversa con Xosé Manuel Fernández "Muxicas" presentando a cuarta entrega das súas 'Pezas guapas para gaita, para zanfona e acordeón', nesta ocasión dedicada ao Tempo de pasodobres - Tempo de furanchos. E ademais recibimos a visita do grupo Sangre de Muérdago.
Recibimos a Milladoiro para coñecer o seu novo traballo discográfico, 'Cantigas de Amigos'. E Recuncho da Palleta repasamos con Gustavo Couto algúns dos festivais que volveron este verán.
O Recuncho da Palleta sérvenos para coñecer 'Ideas para o comezo do curso', con Gustavo Couto. Conversamos con Jesús del Castillo e escoitamos o seu traballo 'Nexo'. O broche de ouro poñémolo coa entrevista ás Tanxugueiras, que presentan o seu novo disco 'Diluvio'.
Acendemos o Lume na Palleira coas xa tradicionais recollas sonoras que Vítor Otero trae ao Recuncho da Palleta dende o Domingo das Mozas do San Froilán de Lugo. Na segunda hora recibimos a visita duns dos máis grandes, Fuxan os Ventos, para festexar con eles os seus cincuenta anos e anunciarnos as actividades que teñen programadas para esta celebración.
Repasamos algúns dos gañadores dos IX Premios Martín Códax da Música. Compartimos o Recuncho da Palleta con Gustavo Couto e a organización do Pasabodeghas. Conversamos con Óscar Ibáñez, das III Xornadas 'O son da gaita'. Entrevistamos a A.C.F. O Fiadeiro, que celebran o seu XXV aniversario.
No Recuncho da Palleta recibimos a Ramón Dopico e diversos convidados relacionados coa XXXIV Xuntanza de Gaiteir@s, que organiza Airiños de Fene e que este ano homenaxeará o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira. Na segunda hora, entrevistamos ao gran Quico Comesaña, que lanzou o primeiro en solitario, 'Mãe', unha homenaxe a todo o que pode enxendrar vida.
loading
Comments