Xa coñecemos o corazón turístico de Praga, agora afondamos na súa gastronomía, nas súas xentes e na súa historia da man de Vanesa Noya. Con ela cruzaremos a ponte de Carlos IV para achegarnos ó Castelo de Praga, cońecer á Barbie de Praga ou pasar polo muro de John Lennon. Mais tamén falaremos do peso que a historia recente do país ten na cidade e nas súas xentes, do nazismo ó comunismo. Ademais, atoparás algunhas recomendacións para que non te timen nas casas de cambio, cal é o segredo da cervexa checa ou os pratos que non debes deixar de probar. Se che gusta o que escoitas, subscríbete, comenta ou recomenda este podcast en galego. Axúdanos a chegar a máis xente. Podes atoparnos en viaxantas.gal, Instagram, Twitter, Facebook e Telegram.
Praga é unha das cidades máis fermosas de Europa. Seguramente tes no maxín a imaxe icónica da ponte de Carlos IV que une o Castelo de Praga coa cidade vella, ou a armonía de pontes que adornan o río Moldava dende calquera punto panorámico. Mais na cidade das cen torres e as mil puntas tamén hai espazo para o deconstructivismo da casa danzante e as obras do artista checo David Černý, espalladas por tódolos barrios. No episodio 25 de Viaxantas falaremos deses contrastes, da pegada dunha historia recente especialmente turbulenta e de todo o que fai á capital da República Checa tan atractiva para os visitantes. Vanesa Noya, unha galega que xa leva máis de 8 anos vivindo en Praga, ponnos en contexto como se dunha guía profesional se tratase e lévanos por circuitos alternativos no corazón de Bohemia. Se che gusta o que escoitas, subscríbete, comenta ou recomenda este podcast en galego. Axúdanos a chegar a máis xente. Podes atoparnos en viaxantas.gal, Instagram, Twitter, Facebook e Telegram.
Achegámonos a Tromsø, tamén coñecida como a capital do Ártico, para gozar dun dos mellores espectáculos naturais do inverno: as auroras boreais. No episodio 24 de Viaxantas falaremos dos atractivos que agocha esta fermosa cidade noruega, situada a tan só 350 kilómetros do cículo polar Ártico e rodeada de montañas, fiordos e illas. Descubriremos máis sobre o pobo Saami, falaremos de gastronomía, música e da gran colonia de renos que vive nestas terras. Se o teu soño é ver auroras boreais, neste episodio atoparás todo o que precisas saber. DALLE AO PLAY. Viaxantas é o teu podcast de viaxes e experiencias en galego. Se che gusta o que escoitas, subscríbete, comenta ou recomenda este falangullo. Axúdanos a chegar a máis xente. Estamos en Instagram, Twitter, TikTok, Telegram, e tamén en Podgalego.
A Costa Amalfitana é un espectacular balcón natural ao mar Tirreno. Un deses destinos soñados, mil e unha veces fotografado e que ofrece sol, praia, solpores únicos e boa gastronomía. Pero que ocorre cando as expectativas chocan coa realidade? No 23 de Viaxantas percorremos estes 55 kilómetros da costa italiana da man da xornalista Maria Sabarís e reflexionamos sobre destinos masificados e sobre o impacto das redes sociais no noso xeito de viaxar, mais tamén compartimos os nosos imprescindibles desta ruta con forma de serpente que lidera as listas de destinos imprescindibles ano tras ano. Dalle ao play para iniciar este paseo.
A historia é o fío condutor deste episodio de Viaxantas. Da man de Carme Saborido, achegámonos á rexión italiana de Campania para coñecer a cidade greco-romana de Paestrum, entrar nas famosas ruínas de Pompeia e admirar a outra vítima do Vesubio, Ercolano. Ademais, o noso roteiro inclúe paradas en Nápoles e Salerno. Dalle ao play para iniciar este paseo. NOTAS DO EPISODIO: * Subscríbete á Newsletter de Viaxantas aquí: https://viaxantas.gal/subscribete/ * As Womansplainers, o podcast no que participa Carme Saborido: https://luzes.gal/category/autores-web/as-womansplainers/ * Podes coñecer Bari e Alberobello no episodio 16 de Viaxantas. Viaxantas é o teu podcast de viaxes e experiencias en galego. Se che gusta o que escoitas, subscríbete, comenta ou recomenda este falangullo. Axúdanos a chegar a máis xente. Estamos en Facebook, Instagram, Twitter e Telegram, e tamén en Podgalego.
Achegámonos aos Muíños do Folón e do Picón, no Rosal, para recomendarche unha actividade ao aire libre que ten de todo: historia, tradición, deporte, natureza e unhas vistas de postal sobre o Miño, albiscando o perfil da fronteira portuguesa e co Monte de Santa Trega sobresaíndo coma un guieiro nos días despexados. Neste roteiro axudaranme a recrear a imaxe sonora do lugar os fundadores da web Galicia Hiking, o alacantino Eugenio Plaza e a croata Marina Sokol. Con eles analizaremos o nivel de dificultade desta ruta de sendeirismo homologada, tomaremos nota dalgúns consellos e sorpresas que agocha este lugar e tamén coñeceremos como nos ven dende fóra. Ademais, o ciclista rosaleiro retirado Serafín Martínez amosaranos outro xeito de vivir a experiencia dos Muíños do Folón e do Picón, a través do deporte. El é un dos impulsores do Trail do Folón que cada ano atrae a centos de persoas cara esta localidade pontevedresa. Notas do episodio: Galicia Hiking: https://galiciahiking.wordpress.com/rutas-preparadas/ Documental sobre Nemesio Castro: https://memoriaviva.orosal.gal/nemesio/ Turismo de O Rosal: https://orosal.gal/turismo/ Guía Turística do Río Miño Transfronteirizo: https://orosal.gal/wp-content/uploads/2022/04/guia_turistico_rio_minho_transfronteirico.pdf Trail do Folón: http://www.traildofolon.com/ Viaxantas é o teu podcast de viaxes e experiencias en galego. Se che gusta o que escoitas, subscríbete, comenta ou recomenda este falangullo. Axúdanos a chegar a máis xente. Estamos en Facebook, Instagram, Twitter e Telegram, e tamén en Podgalego.
Os "días tolos" é o nome que recibe a semana grande dun dos entroidos máis populares de Europa, o carnaval de Colonia (Alemaña). Unha celebración á que cheguei sen querer e na que atopei algunha que outra semellanza con Galicia que che conto neste episodio de Viaxantas. Falaremos un pouco de historia, de tradicións e da faciana máis moderna desta cidade con 2000 anos, pero tamén da súa maxestuosa catedral, da tumba dos Reis Magos ou das orixes da famosa auga de Colonia. Apúntaste a esta viaxe sonora? Na nosa páxina web tes máis información sobre este destino: www.viaxantas.gal _______________________ Se che gusta o que escoitas, subscríbete, comenta ou recomenda este falangullo en galego. Axúdanos a chegar a máis xente. Estamos en Facebook, Instagram, Twitter e Telegram.
Apetéceche seguilos pasos dunha ruta migrante doutro tempo? Ese é o obxectivo deste episodio no que nos achegamos a un dos barrios máis bohemios de Suramérica. Volvemos ao meu querido Bos Aires, pero desta para descubrir a cara máis galega do centro histórico porteño: San Telmo. Un paseo no que me acompañan Andrés da Pedra - o guía gaiteiro - e Diego Martínez Duro - presidente da Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina-. Falamos de La Boca, de reliquias que cruzan océanos, do Camiño Branco a Compostela, de política galega na diáspora e cultura, moita cultura. Dalle unha escoita e se che gusta comparte. __________________________________________________________________________________ Notas do episodio: Neste episodio falamos sobre o farruco, unha fala de transición que misturaba o galego co italiano. Hai uns anos falei disto na Televisión de Galicia, podes volver a velo aquí: https://youtu.be/ggF34ysBL64 Podes saber máis sobre O guía gaiteiro aquí: https://www.instagram.com/andresdapedra/ Podes coñecer tódalas actividades da Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina aquí: http://www.fsgallegas.org.ar/ __________________________________________________________________________________ Se che gusta o que escoitas subscríbete, comenta ou recomenda este falangullo en galego. Axúdanos a chegar a máis xente. Estamos en Facebook, Instagram, Twitter e Telegram. Na nosa páxina web tes toda a información: www.viaxantas.gal
Apetéceche coñecer unha das cidades con máis ambiente de Europa? Entón este episodio é para ti, porque imos descubrir unha capital que transmite vitalidade e promete longas e intensas noites de festa. Un lugar cun mar de propostas culturais e que convida a facer algunha que outra falcatruada. Benvid@ a Ámsterdam! Neste paseo contamos con dous viaxeiros de excepción: Fran da Lobeira axudaranos a descifrar o barrio vermello coas súas historias de mariñeiro. E Carina Fragoso ensinaranos que Ámsterdam é perfecta para unha viaxe exprés. Veña, dalle unha escoita ao episodio 18 de Viaxantas e cóntanos que che parece. ___________________________________________________________ Se che gusta o que escoitas subscríbete, comenta ou recomenda este falangullo en galego. Axúdanos a chegar a máis xente. Estamos en Facebook, Instagram, Twitter e Telegram. Na nosa páxina web tes toda a información: www.viaxantas.gal
Benvid@ a esa Galicia profunda da que moitos presumimos. Neste episodio voute levar a unha parroquia galega que cada mes de xullo protagoniza portadas en medio mundo, aínda que durante o resto do ano non saibamos tanto dela. Por que en Sabucedo (A Estrada, Pontevedra) o traballo continúa paseniño os 365 días do ano para preservar, non só unha das tradicións máis senlleiras de Galicia, senón un ecosistema único no mundo. Benvid@ a unha Rapa das Bestas en 360º . Imos falar de moito máis ca dos días grandes da Rapa. Imos sobrevoar unha lenda que marca o carácter da veciñanza, escoitaremos sobre o valor do traballo en equipo e da defensa do rural, tamén de fixar poboación nesa terra e da preservación do monte. Ademais, contarannos sobre a beleza e os desafíos de conservar a estes cabalos salvaxes no mundo de hoxe. E para iso, acompáñannos: Paulo Vicente Monteagudo, Presidente da Asociación Rapa das Bestas e aloitador. Maruxa Obelleiro, veterinaria e integrante da asociación. Iván Sanmartín, avogado da asociación. Henrique Bazal, aloitador, expresidente da asociación e actual secretario. E Javi Brea, un deses aloitadores especiais. Que malia vivir lonxe, tamén pon o seu grao de area para que a tradición non decaia. Dalle unha escoita ao episodio 17 de Viaxantas.
O Grove é un paraíso gastronómico con maiúsculas que contenta o estómago e alegra a vista, grazas os seus miradoiros, as súas praias de area fina, as súas augas atlánticas de azul intenso e todo o ambiente dun destino de excelencia para turistas de preto e de lonxe. Ao percorrer as súas rúas ou degustar os seus pratos decátaste de que son, por sí sós, unha loa á tradición mariñeira, intrínseca ao ADN meco. No episodio 15 de Viaxantas imos converternos por uns minutos en turistas no noso propio país para coñecer o “Caribe galego” dende tres puntos de vista diferentes: O puramente turístico, con Mara Mariño, responsable da Oficina de Turismo da vila. O histórico, co conservador do Museo das Salgadeiras de Moreiras, José Luís Escalante González. E a faciana máis humana e emotiva, con Lorena Lores, filla de migrantes de O Grove, que nos conta o que representa esta vila para ela e cómo a foi ir coñecendo a través das descripcións de familiares ata visitala por primeira vez. ________________________ Se che gusta, subscríbete, comenta ou recomenda este falangullo en galego. Axúdanos a chegar a máis xente. Estamos en Facebook, Instagram e Telegram. Na nosa páxina web tes toda a información: www.viaxantas.gal
Agardo que esteas listo ou lista para a aventura sonora que che teño preparada porque esta vai ser unha viaxe no espazo e no tempo a través de tódolos continentes. Imos percorrer Panxea, esa masa xigante de terra emerxida, á que hoxe separan mares e océanos. E imos facelo a través da música, dos instrumentos e das civilizacións que lles deron vida con dous grandes mestres que se adican a recuperar estes sons esquecidos: o multiinstrumentista galego Abraham Cupeiro e o compositor e investigador arxentino, Alejandro Iglesias Rossi, director da Orquesta de Instrumentos Autóctonos y Nuevas Tecnologías da Universidade Nacional Tres de Febrero da Arxentina. Imos dala volta ao mundo a través das súas paisaxes sonoras. Acompáñasme? ________________________ Se che gusta, subscríbete, comenta ou recomenda este falangullo en galego. Axúdanos a chegar a máis xente. Estamos en Facebook, Instagram e Telegram. Na nosa páxina web tes toda a información: www.viaxantas.gal
Se hai algo que nos identifica en boa parte do mundo e polo que moitas persoas de lonxe sitúan Galicia no mapa, iso é o Camiño de Santiago. Por iso, neste ano Xacobeo no podía faltar en Viaxantas algunha referencia a esta ruta milenaria. Colle uns tenis cómodos, pon a mochila ás costas e a túa cuncha de peregrino porque no episodio 13 do podcast farémolo Camiño Nascente portugués, o da Gueira e dos Arrieiros e o de Fisterra cunha estadounidense neofalante da nosa lingua. Ela é Wendy Werneth e da súa man imos coñecer o espírito do camiño: dende as historias humanas que hai detrás de cada peregrinación a consellos prácticos para iniciar a ruta Xacobea nun ano aínda pandémico. Wendy coñece ben as dúas caras porque leva facendo diferentes camiños a Compostela dende o ano 2017. O último, rematouno hai só uns días e podes revivila experiencia, etapa a etapa, na súa canle de Youtube «Wendy speaks galego» . Déixoche o encerezo web aquí para que lle botes unha ollada. Paga a pena: https://www.youtube.com/channel/UCYoXpEkctnqvHhBnzVx2NdA Wendy é ademáis unha viaxeira intrépida, xa visitou 117 países e sumando. Nas súas redes sociais podes coñecer cales son as súas próximas viaxes e na súa web -The Nomadic Vegan- descubrir cómo percorrelo mundo comendo vegano (https://www.thenomadicvegan.com/) Boa escoita e bo camiño! ________________________ Se che gusta, subscríbete, comenta ou recomenda este falangullo en galego. Axúdanos a chegar a máis xente. Estamos en Facebook, Instagram e Telegram. Na nosa páxina web tes toda a información: www.viaxantas.gal
O episodio 12 de viaxantas é culpa, única e exclusivamente, da vaga de calor que estamos a ter por Bélxica estes días e que conseguiu que a miña mente só pense nunha escapadas refrescantes, con praias paradisíacas onde sopre unha brisa agradable constante, e na que poder gozar de bos parques naturais. E tendo isto en conta, decidín que xa era hora de que neste podcast falásemos dunha illa. Unha desas que case é máis popular no exterior que na casa, un lugar no que parece que sempre é primavera e onde os volcáns son protagonistas absolutos. Benvid@ a Lanzarote. Falaremos das mellores praias, de como sacarlle o máximo partido ao Parque Natural de Timanfaya e tamén de experiencias alternativas coas que gozar dunhas vacacións do máis completas e diferentes. Acompáñanme: Andrea e Carlos Vázquez, para falar de roteiros en bici e paseos en Jeep nunha illa case virxe. Jorge Barrio, para meterche o becho do submarinismo no corpo. Apúntaste a esta viaxe sonora? ---------- Se che gusta, subscríbete, comenta ou recomenda este falangullo en galego. Axúdanos a chegar a máis xente. Estamos en Facebook, Instagram e Telegram. Na nosa páxina web tes toda a información: www.viaxantas.gal
Ti como describirias a vila na que te criaches? Ese é o reto que che lanzamos no episodio 11 de Viaxantas Podcast. Aquí imos falar de historia castrexa e romana, de termalismo e de roteiros de sendeirismo. Benvid@s a Cuntis, esa vila tranquila que ten moito máis para ofrecerche ca termalismo. E para enterder mellor este municipio falamos con tres persoas que a coñecen ben: Heitor Picallo, ilustrador, escritor e investigador que coñece ben a faciana termal e histórica desta vila con máis de 2000 anos de historia. Manuel Martínez, técnico de turismo do Concello de Cuntis, que nos vai achegar os segredos menos coñecidos da localidade e arredores. Sandra Obarrio, da fundación Terra Termarum, que nos descifrará o Castro de Castrolandín e o proxecto de reconstrucción de cerámica castrexa que lidera. Boa escoita! ---------- Se che gusta, subscríbete, comenta ou recomenda este falangullo en galego. Axúdanos a chegar a máis xente.
Maio é o mes por excelencia das nosas letras e da nosa lingua, o galego, aínda que honralas, querelas e utilizalas debemos facelo os 365 días do ano. Por iso, no episodio 9 de Viaxantas quero sacar ámbalas dúas da súa zona de confort e ver cómo latexan, cómo medran e se expanden nun continente histórico para os galegos, América. E para facelo,a compañareime do presidente da Real Academia Galega, Victor Freixanes, que nos porá en contexto. Ademáis, debateremos con Carlos Rodríguez Brandeiro (director do Colexio Arxentino-Galego Santiago Apóstol de Bos Aires), Marta Villar (impulsora do "Faladoiro" do Centro Galicia de Bos Aires) e Débora Campos (xornalista e unha das fundadoras do grupo de Lectores Galegos en Bos Aires) sobre o presente e futuro da cultura galega na quinta provincia. Acompáñasme nesta homenaxe á galeguidade exterior? ---------- Se che gusta o que escoitas, subscríbete, comenta ou recomenda este falangullo en galego.
No episodio de hoxe imos coñecer unha das xoias naturais de Galicia, a Ribeira Sacra. Aínda que non imos quedar só nas súas paisaxes impoñentes, adentrarémonos tamén no románico rural galego e camiñaremos entre vides da man das súas xentes, para falar da posta en valor do noso rural. Son os seus habitantes os que fan a maior reivindicación de futuro para as súas vilas, como opción para vivir, para traballar, para preservalo noso. Para iso conto con dous bos axudantes: Beatriz Pérez é experta en románico da Ribeira Sacra e outro patrimonio. Con ela falaremos dos mil e un atractivos desta zona de Galicia, das tradicións ao redor da vendimia e dos manxares que a acompañan. Podedes coñecer máis sobre o que fai na páxina web do seu emprendemento: https://maisqueromanicorutas.com/ Primitivo Lareu, de Adegas e Viñedos Lareu contaranos tódolos segredos da viticultura heroica e do que iso implica para un negocio familiar como o que dirixe. Podes coñecelos mellor na súa web: http://www.adegaslareu.com/ Se che gusta o que escoitas, subscríbete, valora e comenta. Xa sabes que podes seguirnos en: Instagram: https://www.instagram.com/viaxantas/ Facebook: https://www.facebook.com/groups/3558732530911721 Ou bótalle unha ollada a nosa web: https://viaxantas.wordpress.com/ Máis en 15 días.
Volve Viaxantas, este espazo de encontro para corremundos con ganas de compartir historias e destinos. No episodio 16 estreamos tempada, a segunda xa, e percorremos un lugar con postas de sol capaces de emocionar ata ao teu amigo máis toxo. Imos coñecer a rexión italiana de Puglia e as súas xentes, que para aqueles que non se sitúen vén a ser o tacón da bota que todos debuxabamos á perfección de cativos. Unha zona con moitísimos encantos e onde os turistas somos simples espectadores duns costumes que, afortunadamente, non mudaron co tempo. Convídote a coñecer a colorida Bari Vecchia, a fermosa Polignano a Mare e as súas praias pedregosas bañadas polo Adriático, pero tamén os trulli de Alberobello ou a Grotte di Castellana nunha expedición para aventureiros sen medo a quedar perdidos polo camiño. Esta é unha viaxe en solitario con banda sonora propia, grazas a Domenico Madugn e o seu mítico VOOO-LA-REE. Se che gusta o que escoitas subscríbete, comenta ou recomenda este falangullo en galego. Axúdanos a chegar a máis xente. Estamos en Facebook, Instagram, Twitter e Telegram. Na nosa páxina web tes toda a información: www.viaxantas.gal
No episodio 10 de Viaxantas imos dar un paseo medieval a unha das cidades máis fermosas do corazón de Europa: Bruxas. Se queres saber a razón pola que aos habitantes de Bruxas lles chaman "tolos", se é certo que as casas teñen un grifo de cervexa directo da fábrica aos seus salóns ou por qué venden "souvenirs" específicos para hispanofalantes, dalle unha escoita a este novo episodio do teu podcast de viaxes e experiencias en galego. ---------- Se che gusta o que escoitas, subscríbete, comenta ou recomenda este falangullo en galego.
Collede un asento de ventá e poñédevos cómodos e cómodas porque acabades de subir a bordo dun tren que vos levará case ata o ceo. Neste episodio transportámonos novamente a América Latina para acariñala pachamama, tocalas nubes e descubrila cara B do norte arxentino. Moi boas, son Cristina Terceiro e isto é Viaxantas Podcast! Nesta escapada sonora imos coñecer unha das obras de inxenierías máis importante da Arxentina, o viaducto de La Polvorilla e o seu famoso tren a las nubes. Falaremos de paisaxes únicas, pero tamén da dureza da vida na Puna salteña. Falaremos de cultura e escoitaremos músicas da zona. Ademais, sabías que en Galicia tamén tivemos un intento de "tren ás nubes" propio. Fáloche del no episodio, pero podes coñecer tódolos detalles neste artigo que publicou La Voz de Galicia cando se cumpliron os 100 anos deste proxecto fallido: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/becerrea/2018/04/22/dia-pedrafita-quedo-trenel-bng-outeiro-pide-abrir-empresas-contratos-locales/0003_201804L22C6993.htm Tamén nos adentramos na celebración da Pachamama, contándoche algúns dos ritos fundamentais desta celebración que me pillou de paso. Súmaste á aventura? Se che gusta o que escoitas, subscríbete, valora e comenta. Xa sabes que podes seguirnos en: Instagram: https://www.instagram.com/viaxantas/ Facebook: https://www.facebook.com/groups/3558732530911721 Ou bótalle unha ollada a nosa web: https://viaxantas.wordpress.com/ Máis en 15 días.