axouxere

O falangullo axóuxere é o programa semanal dirixido por Silvia Tuñas Añón e Anxo Núñez Fernández no que falaremos das últimas novas, debatiremos e escoitaremos moitas sensibilidades diferentes dende un punto de vista moi propio. O programa conta xa con 4 tempadas repletas de contido e de momentos históricos cheos de emoción e significado. Non planeamos un fin para o proxecto e tampouco o realizamos con ánimo de lucro, se non como unha aposta por ofrecer unha alternativa informativa e de debate na rede e na nosa lingua. Xa que o programa ten un formato bastante dinámico e, no que tentamos sempre falar dos temas de rigurosa actualidade, non podíamos por outro nome mellor ca o Axóuxere. Que mellor metáfora para representar o debate sobre temas de actualidade ca un xoguete no que o único obxectivo é axitalo para que este produza son?

Axóuxere 46: Fixeron un Frankenstein de Castelao?

Falamos dos últimos temas de actualidade: Lumes no monte galego, oportunismo político, os acordos entre a UE e EUA e o machismo estructural. Para rematar esbardallamos sobre a exposición na que fan de Castelao un Frankenstein e facemos unha análise en retroespectiva do verán.

08-31
57:49

Axóuxere 45: Un podcast libre de fascismo

Silvia e Anxo exploran as últimas novas de actualidade: o problema da vivenda e a dificultade de atopar un piso de estudante, a corrupción no PSOE e outros titulares chamativos, a censura ideolóxica do PP no ensino galego ou o recoñecemento legal do almorzo no traballo. Esbardallan, coma sempre, dos temas que máis lles interesa, entre outras cousas a ver quen é a Pija e a Kinky. Resólvese que o Axóuxere é un falangullo libre de fascismo!

07-06
01:03:31

Axóuxere 44: Voltamos! 9 anos despois...

Logo de desaparecer de súpeto e sen ningunha explicación a comezos do 2019, Silvia e Anxo fan un recorrido case nostálxico das orixes do Axóuxere, falan dos motivos polos que desapareceu durante todos estes anos e cales son as súas intencións de cara o futuro.

06-16
01:13:39

Axóuxere 41: Especial fin de tempada e Eurovisão!

No programa de hoxe falaremos das ultimas noticias como é habitual. Destacamos: as brigadas de deseucaliptización, o deputado do BNG Luis Bará racha unha imaxe do rei no parlamento galego, promocionan a Feijoó como posíbel sustituto de Rajoy no estado español, unha rapaza dos CDR é detida acusandona de "terrorismo". Na outra metade do programa gozamos dun fantástico especial Eurovisao coa nosa convidada Tamara.

04-14
01:03:52

Axóuxere 40: Desbordadas coa actualidade, pero ben

Hoxe comezamos cunha sección de titulares e comentarios extra-rápidos. Seguimos coa clásica sección de actualidade no axóuxere con temas como: A novela de En Marea, os soldos de Feijoó e Rajoy, adoctrinamento na xuventude, a moción de censura en Fene e moito máis! Rematamos co caderno de bitácoras.

04-06
59:39

Axóuxere 39: Somos uns ignorantes

No programa de hoxe Silvia e Anxo falan dos ultimos temas de actualidade e traennos as seccións habituais do programa. En actualidade destacamos a deputada vándala de En Marea, a falsificación das notas de Cifuentes, o asasinato político no Brasil e o primeiro atropelo dun coche autónomo. Tamén contamos coa recente sección "Ponme a proba" e coa improvisación da Toada.

03-23
01:04:43

Axóuxere 38: "Non cho podes perder"

No programa de hoxe Silvia e Anxo falan dos conflictos en Lavapies, da Morte de Stephen Hawking, da malaeducación do noso presidente, do rei e dos eucaliptos na UE. Tamén estreamos nova sección "Ponme a proba" na que realizamos un par de tests con resultados absurdos e rematamos coa improvisación da Toada.

03-16
01:04:24

Axóuxere 37: Mestres Mateo, Feminismo e un cura contrabandista.

No programa de hoxe falamos dos temas candentes de actualidade, coma é habitual e rematamos coa Toada. Na actualidade destacamos: Eurovisión is coming, os galardóns do audiovisual galego Mestre Mateo 2018, a data histórica da folga de mulleres e unha sorpresa propia. Na toada tamén falamos da curiosa historia do cura contrabandista galego.

03-10
01:05:33

Axóuxere 36: Liberdade de Expresión, himnos e improvisacións varias

No programa de hoxe Silvia e Anxo falan dos últimos temas de actualidade. Podemos destacar a crecente represividade do estado, a letra que propón Marta Sánchez para o himno do Reino Español, a tensión con Puigdemont e o éxito dos Bolechas en Portugal. Na sección final improvisamos, coma sempre, na Toada.

02-23
01:05:08

Axóuxere 35: Retranca na política galega e parola con Adrián sobre biotecnoloxía e ciencia

No programa de hoxe Silvia e Anxo falan das últimas novidades na política galega e que están a ser obxecto de mofa nas redes sociais. Nas novas de actualidade temos a Agustín Hernández chimpando lixo no Sar, a Villares decindo que Galiza é un "estado de ánimo", un gasto absurdo en curas no SERGAS e a querencia do PP por impor o castelán. Na segunda metade do programa de hoxe desenvolvemos unha parola marabillosa con Adrián Seijas sobre a biotecnoloxía e a ciencia.

02-16
01:15:51

Axóuxere 34: Actualidade e parola cineasta con Andrea

No programa de hoxe falamos, coma sempre, dos temas de actualidade: Holanda propón aceptar os insultos ao seu monarca, Emilio Cao, un futuro filme sobre a vida de Marcela e Elisa, o voó do Falcon Heavy, a prisión permanente e a sanidade pública. Para rematar temos unha paroia tranquila e relaxante con Andrea sobre varios filmes.

02-09
01:09:43

Axóuxere 33: Especial nova tempada, improvisación e información á par

No programa 33 estreamos a nosa cuarta tempada. 2 Anos ao teu carón facendo posíbel unha ollada diferente a actualidade na nosa lingua e dispoñíbel para todas e todos, axóuxere segue a medrar e nada nos vai frear! ;)

02-03
49:13

Axóuxere 32: Crespo, Rap na prisión, Alex Millet e Especial Nadal

No programa de hoxe falamos das polémicas declaracións do deputado do PP Carlos López Crespo, do rapeiro de La Insurgencia condeado á carcere e de como Trump provoca máis conflicto en Palestina. Temos o enorme orgullo de poder entrevistar a Alex Millet e facemos un especial de A Toada sobre o Nadal con Alba Calo.

12-09
01:03:28

Axóuxere 31: Suicidios bosnios, despilfarro en Vigo, Lázaro Louzao e Improvisamos na toada

No programa de hoxe Silvia e Anxo falan dos últimos temas de actualidade: A comunidade gitana galega premia á garda civil pola sua labor en catalunya e por defender "españa", un xeneral bosniocroata suicidase con veleno na lectura da sua sentencia por crimes de guerra, as persoas trans xa non terán que xustificar enfermidade para mudar de identidade no noso estado e o despilfarro de Vigo en alumeado para o nadal. Temos tamén o enorme orgullo de entrevistar a Lázaro Louzao, director de nove de novembro. Rematamos o programa coa sección "A Toada" onde improvisamos, coma sempre.

12-01
01:06:35

Axóuxere 30: Policías Nazis, corrupción na Xunta e Especial Feminismo

Hoxe comezamos a Actualidade no axóuxere falando da explotación que exerce Zara sobre os seus traballadores, o momento no que Iceta deixa de bailar, dos Policías Nazis e do caso Campeón que condea a cargos de confianza de Feijoó. O resto do programa, a partires do minuto 30, é un fantástico especial Feminismo no que temos o enorme orgullo de contar coa asturiana Andrea García Gonzalez, experta na materia.

11-24
01:15:17

Axóuxere 29: Facebook pervertido, alcaldes homófobos, mortes en Catalunya, unha denuncia e o PP

No programa de hoxe comezamos co Tecno-Axóuxere no que falamos das propostas polémicas de Facebook, do FaceID e de Twitter. Seguimos coa xa habitual Actualidade no Axóuxere no que comentamos as declaracións homófobas do Alcalde de Valga, as supostas ameazas de asasinatos a Catalunya e as conversas entre Ignacio Gonzalez e Eduardo Zaplana. Rematamos o programa coa sección de improvisación "A Toada".

11-17
01:09:11

Axóuxere 28: Camisola polémica, 155 a Madrid, o Salario das galegas, entrevista a Fins Eirexas e Improvisamos

Hoxe comezamos coas efémerides da semana para meternos xa de cheo na actualidade que nos rodea. Como primeira nova da Actualidade no Axóuxere comentamos a xa polémica camisola da selección española de futbol, seguimos coa intervención económica do concello de Madrid por parte do goberno do PP e rematamos a actualidade falando sobre o salario que perciben os e as galegas. Despois da habitual pausa e caderno de bitácora temos o enorme pracer de entrevistar a Fin Eirexas, secretario xeral de ADEGA co que falaremos da lei de depredacion da Galiza. Rematamos o programa coa sección A Toada na que improvisamos sen limites.

11-10
01:02:56

Axóuxere 27: Resistencia galega, sergas, franco, colonialismo e presos políticos

Hoxe comezamos cunha Ollada ao pasado de dez minutos na que relatamos a resistencia galega contra os Reis Católicos. No minuto 9:30 comezamos coa sección de actualidade na que falamos do sergas e o castelán, do roubo dos franco, da Galiza colonizada e dos presos políticos no estado. Rematamos os ultimos quince minutos do programa coa nova sección "A Toada" na que simplemente improvisamos sobre preguntas filosóficas facilonas e sen moito sentido.

11-03
01:05:05

Axóuxere 26: Silvia en Madrid, Catalunya, Agos Reigosa e Samaín

No programa de hoxe arrancamos a terceira tempada cun formato ben diferente ao que estamos acostumados. Anxo fala dende Outes e, a 600km, Silvia dende Madrid. Con todas as dificultades técnicas e de desenvolvemento que isto supón falamos, coma sempre, dos temas de actualidade que máis che interesan. Hoxe contamos tamén coa marabillosa voz de Agos Reigosa, presentador do podcast Decote, poderedelo escoitar na sección Rede de Falangullos.

10-27
51:25

Axóuxere 25: Especial dia da Patria

Hoxe Silvia Tuñas Añón e Anxo Núñez Fernández realizan o Axóuxere dende o Festigal en Santiago de Compostela con motivo do especial Dia da Patria Galega. Neste axóuxere dinámico e diferente aos demais falaremos cun montón de xente na rúa e contaremos tamén con diversas actuacións musicais da man de Yasmina Farhani Luaces.

07-26
01:11:56

Recommend Channels