DiscoverDecote
Decote
Claim Ownership

Decote

Author: Agos Reigosa

Subscribed: 2Played: 61
Share

Description

A túa ración diaria de Alt-P
106 Episodes
Reverse
Estamos de volta coa que podemos chamar segunda tempada do Decote. Adicamos este primeiro episodio para falar das opcións que temos para ver contido multimedia a distancia sen romper a cachola poñéndonos de acordo en que segundo empezar ou parar a reproducción. Para isto temos catro opcións, SyncLounge para Plex, Netflix Party para Netflix e Gaze e Rabbit para todo tipo de contidos.
Rematamos a serie de marzo con este libro anti-conspiranoia e que pode servir como refresco para todos aqueles, coma min, que teñen claro que a terra non é plana pero non teñen a facilidade para explicarllo e demostrarllo a un neno de cinco anos. Un libro cheo de historia para saber de onde veñen e o porque destas teorías tan absurdas coas que nos toca convivir.
#250 Stanley Parable

#250 Stanley Parable

2018-04-0410:33

Voltamos en abril co par de podcast que nos quedaron de marzo falando do feito en febreiro. En concreto hoxe tócanos falar dun desos videoxogos que son para pensar, para reflexionar e para entender o que ocorre en tantos outros, é dicir, un metaxogo.
#249 Altered Carbon

#249 Altered Carbon

2018-03-1208:41

Altered Carbon é a serie que vin en febreiro, unha serie feita e dispoñible en Netflix que moitos se apresuraron a comparar con Blade Runner, pero nada máis lonxe da realidade. Esta serie ambientada no século XXV bebe de moitas das referencias que bebeu Blade Runner e outros grandes do xénero pero ao estar baseada na novela de Richard K. Morgan ten o seu propio universo e normas para facer as delicias do espectador.
#248 Black Panther

#248 Black Panther

2018-03-0710:21

Pasamos dos 12 de xaneiro e chegamos a febreiro para comezar cun estreno, nada menos que Black Panther, a última aposta do universo Marvel que todo sexa dito, non deixou en min un sabor tan doce como lle ocorreu a maioría da xente. A parte de iso, recomendadísimas as sesións en VOS que podedes atopar nalgunhas nos cines de algunhas cidades, non en todas por desgracia, para gozar dos estrenos da mellor forma posible.
Última entrega da serie 12 do mes de xaneiro nesta ocasión para falar de cine, sendo máis concretos, para falar da polémica Ghost in the Shell que despois de tanto tempo agardando por ela pasou sen pena nin gloria pola salas de cine do país. Falamos diso, de todo o que bebe do anime de 1995, da series Stand Alone Complex e de como a insistencia de Hollywood por dixerirnos as películas antes de presentarnolas pode levar por diante a esencia das mesmas.
#246 Undertale

#246 Undertale

2018-02-2309:43

Tócalle o turno aos videoxogos, e tóca falar dunha das obras mestras do ano 2015. O traballo de Toby Fox, que foi capaz de encargarse de todos os apartados técnicos e artísticos de Undertale e ofrecernos un videoxogo sinxelo e ao mesmo tempo moi profundo. Unha historia de autocoñecemento e descubrimento do mundo dende un punto de vista moi persoal, unha obra que se adapta a nós segundo a imos explorando.
#245 Bojack Horseman

#245 Bojack Horseman

2018-02-2210:03

Continuamos co noso repaso a xaneiro e hoxe tócalle o turno ás series. Falamos en concreto de unha das mellores series de animación que un pode atopar en Netflix, de factoría propia e que xa conta con catro tempadas. Unha mezcla de humor e drama, do mellor e o peor do ser humano con toques de humor, toda unha recomendación para os que queren algo divertido pero tamén profundo e complexo.
Comezamos a serie falando de Karuki Murakami, un dos escritores máis coñecidos da escena mundial actualmente, e un dos seus libros de ensaio máis interesantes, polo menos para min, "De qué hablo cuando hablo de correr". Unha obra moi recomendable para corredores e seguidores de Murakami que pode ser algo dificil de dixerir para aqueles que non teñan interese nalgunha das dúas temáticas.
#243 12

#243 12

2018-01-3009:26

Agora que xa cumplimos os do primeiro mes xa podemos falar dos propósitos para o novo ano, e é que falar deles sen telos cumplido canto menos o primeiro mes non sería unha boa forma de empezar o ano. Pois iso, falamos dos meus propósitos para o novo ano, un para cada mes, pero vós tamén podedes deixarme os vosos ou trasladarme as vosas suxerencia nos comentarios.
#242 The Last Jedi

#242 The Last Jedi

2018-01-1012:02

Volvemos para falar dunha das películas máis agardadas do ano pasado, Star Wars: The last Jedi. Unha película que non deixou a ninguén indiferente e da que falamos hoxe no Decote para dar o noso puntos de vista, falar de algúns dos puntos máis polémicos e ver o que está por vir no universo cinemático de Star Wars.
Despois de pasar polo momento da realidade virtual coas apostas de HTC, Oculus e a propia Playstation, que parece que non acabar de convertirse no éxito que elas esperaban, chega o momento da realidade aumentada da man de Google e Apple co precentes das Hololens de Microsft. Serán estos kits para desenvolvedores capaces de marcar a diferencia? Complicado sabelo a día de hoxe, pero as sensacións non son boas
#240 The night manager

#240 The night manager

2017-10-0307:54

Como xa vos contei en algunha ocasión, non hai mellor momento para poñerse ao día coas series pendientes que o verán. Este verán deu para moito e a primeira que vos achego por aquí é esta The night manager na que podedes atopar a Hugh Laurie e Toom Hiddleston en todo o seu explendor. Unha serie curtiña pero que merece moito a pena, sobre todo se tedes Amazon Prime.
Despois de un ano e moitas vivencias toca falar do Apple Watch, da súa evolución e dos problemas que nos fomos atopando neste escaso ano de convivencia. O prezo de reparar a pantalla, como protexela ou a imposibilidade de escoitar podcasts dende estes son algúns dos problemas que o tempo non está resolvendo, máis ben todo o contrario.
Onte, sen previo aviso, Amazon presentou novos membros para a súa familia Echo así como un novo Fire TV. Moi interesantes as presentacións no eido dos asistentes de voz domésticos que, aínda que non chegaron a estes lares, xa teñen unha competición aberta nas terras americanas na que Amazon semella levar a dianteira. Mixx.io | El Windows de las casas  Emilcar Daily | Twitter y Amazon non dan más The Verge | The 5 biggest announcements from today’s Amazon hardware event
#237 Strava + Relive

#237 Strava + Relive

2017-09-2811:38

Verán é un momento perfecto para practicar deporte, polos menos no meu caso, é o momento do ano onde máis luz do días hai e máis quilómetros se poden meter ao corpo. Este ano, coa chegada do Apple Watch á miña vida estiven á procura de unha aplicación que puidese tirarlle todo o proveito e, aínda que frouxea nalgúns puntos, Strava foi a elexida. Todos os motivos no podcast de hoxe.
#236 TRÅDFRI

#236 TRÅDFRI

2017-09-2711:26

 Voltamos á normalidade do Decote falando de Tradsfri, e forma máis asequible de dar o primeiro paso no mundo da domótica da man de Ikea. Probamos este sistema de iluminación intelixente que proximamente se fará compatible con Homekit e outros sistemas de domótica, convertíndose nunha das formas máis económicas de iniciarse neste mundo. Falamos de como funciona, cales son as súas limitación e que funcións imos gañar coa chegada de Homekit.    Iluminación intelixente en Ikea
Tal e como prometemos onte, hoxe toca falar da historia dos blogs en galego, un medio moito menos extendido que o blog pero que nos últimos anos está atopando o seu momento de máis calidade e esparcemento. Falamos dos primeiros podcasts, da creación do falangullo e da creación de podgalego, o primeiro punto de encontro para a comunidade.Todo, como sempre, aberto as vosas colaboracións. Historia dos podcastsPodgalego
Voltamos despois de un inmerecido descando para falar do que estivemos facendo nas vacacións. Falamos neste primeiro podcast da temporada da historia dos blogs en galego, de cales foron os seus inicios e porque estiveron motivados, damos os nomes de algúns estudos clave e animámosvos a participar na creación destas dúas webs. Historia dos blogsPodgalego
#233 Tesla Model 3

#233 Tesla Model 3

2017-07-1212:20

Por casa anda rondando dende fai un tempo a posible renovación dun coche e un dos últimos contendientes en saír ao estrado foi o novo Tesla Model 3 (para que vexades a presa que temos). No episodio de hoxe tratamos algunhas das cuestións que nos surxiron ao fixarnos nun Tesla e cales foron as respostas e incógnitas que nos quedaron despois de informarnos. Web de TeslaSaúl López en YoutubeVlog NY
loading
Comments 
loading
Download from Google Play
Download from App Store