Discover
alareiradasmouras.radioeume

32 Episodes
Reverse
Hoxe falamos do cruceiro de Ribadeume. E analizamos a situación do patrimonio cultural de Galicia, a través de varias novas publicadas nas últimas semanas. Con Don Enrique conoceremos unha fonte da nosa vila. Na sección adicada ao arte descubriremos representacións pictóricas de meigas ao longo da historia. E pecharemos o programa coñecendo a axenda cultural do Concello de As Pontes para o vindeiro mes.
Hoxe falamos do Cruceiro da parroquia da Vilavella de As Pontes, do reloxo do apocalipse, dunhas pedras misteriosas de Romanía e da declaración como Ben de Interese Cultural do Parque do Pasatempo de Betanzos. E na sección adicada á pintura falaremos de pintores asasinos. Rematamos coa axenda cultural para a vila das Pontes durante o vindeiro mes. E cunha experiencia persoal relacionada coas mimofonías. Que vos preste!
Hoxe falamos do Cruceiro da Capela do Carme de As Pontes, da capacidade de comunicarse das plantas e vexetais, dunha nova ferramenta para a creación do mapa toponímico de Galicia e da xestión dos bens arqueológicos en Galicia. Coñeceremos tamén a historia dunha ponte viaxeira do noso concello. E na sección adicada á pintura falaremos do arte bruto ou arte marxinal. Rematamos coa axenda cultural para a vila das Pontes durante o vindeiro mes. E cunha experiencia persoal relacionada coa litotelerxia. Que vos preste!
Hoxe falamos do Cruceiro do Poboado de As Pontes, do cambio climático, do modelo de xestión cultural en Galicia, e da figura do Nadal galego do Apalpador. Coñeceremos tamén as vicisitudes da construción da cheminea da central térmica de Endesa nas Pontes, na década dos 70. E falaremos das distintas representacións que se teñen realizado do diaño na pintura ao longo da Historia. Rematamos coa axenda cultural de Nadal para a vila das Pontes. E cunha experiencia persoal relacionada cos avisos de morte. Que vos preste!
Inauguramos unha nova tempada da Lareira das Mouras, con contidos actuais e amenos, para tódolos públicos. Falamos do Cristo de Prada, os petróglifos da Pena do Golpe, o Magosto, a Cruz das Cabezas, os cadros malditos dos Nenos Choróns, coñecemos a Axenda Cultural do concello de As Pontes para o vindeiro mes, e moitas outras cousas.
Benvid@s á terceira tempada da Lareira das Mouras, na vosa emisora local Radio Eume. Retomamos esta aventura radiofónica polo mundo da cultura e a tradición oral, cun programa especial sobre a sexta edición da Cita coa Historia das Pontes, un evento de recreación histórica que terá lugar na nosa vila os vindeiros 13, 14 e 15 de setembro.
Derradeiro programa da segunda tempada da Lareira das Mouras, no que falamos sobre a orixe e características da festividade que da inicio ao verán, a noite de San Xoán. Unha noite cargada de superstición e maxia, na que persoas e animais danse cita arredor dos tradicionais foleóns. Dende o equipo da Lareira das Mouras, queremos agradecervos a vosa fidelidade e desexarvos que pasedes un bo verán. Vémonos á volta das vacacións. Sede bos, e que as mouras vos sexan propicias!
Hoxe centramos o noso programa nun mito fundacional. En concreto da ermida de Santa Eulalia do Portorroibo. Falamos tamén co profesor da USC Pedro López Barja de Quiroga, sobre os achádegos arqueolóxicos atopados nas escavacións deste santuario na década de 1970 e en concreto dunha estela romana cunha incripción moi característica e da que só existen en todo o mundo 10 exemplares, repartidos por países de Europa e África.
Neste novo programa coñecemos unha lenda do veciño concello das Somozas, onde se atopa un zoomorfo en pedra con forma de xabarín. Coñecemos a simboloxía asociada a este animal mítico da nosa mitoloxía e analizaremos a súa simboloxía na cultura celta atlántica. Con Cristina Arias seguiremos avanzando na historia de Toribio Mamed Casanova e a súa captura na reitoral do Freixo. E con Sonia Sueiro coñeceremos a axenda cultural das vindeiras semanas.
Hoxe centramos o noso programa na figura dos vedoiros, personas cunha capacidade sobrenatural que son quen de comunicarse co mundo dos mortos. Falamos tamén de cómo a ciencia trata de explicar esta capacidade, a través da disciplina científica da parapsicoloxía. Descubrimos temas musicais que teñen os espectros e aparicións como base das súas composicións. Coñecemos como continúa o episodio do apreixamento de Mamed Casanova no Freixo. E descubrimos a axenda cultural das Pontes para os vindeiros días.
Neste novo programa falamos dun camiño que conduce a un santuario milenario emprazado na serra da Capelada. Trátase de Santo André de Teixido, tamén coñecido como Santo André de Lonxe, un lugar máxico ao que durante séculos acudiron milleiros de galegos e galegas ofrecidos ao Santo por ter curado os seus males ou librado da morte. Rituais, ritos, tradicións e lendas, danse cita arredor deste santuario cedeirés que hoxe centrará o noso programa.
Nesta nova edición da Lareira das Mouras, falamos do poder curativo da auga e en concreto do manancial mineiromediciñal do noso concello, coñecido como a Fonte das Buliqueiras. Falaremos tamén das novas acontecidas no noso concello durante o ano 1902 e coñeceremos a Axenda Cultural para este Entroido que está por chegar.
Neste novo programa centrarémonos no elemento cultural denominado Camiño dos Arrieiros, que vai dende Bares ata As Pontes, ao longo de preto de 50 quilómetros. Falaremos con Manuel Camba Gayoso, presidente da Liga Céltiga Galaica que ten estudado este camiño milenario. Na sección de Atril e Partitura escoltaremos algúns cantos de arrieiro recuperados no noso país. Con Cristina Arias coñeceremos as novas que se publicaban sobre a nosa vila no ano 1900. E xa con Sonia Sueiro descubriremos as actividades culturais dos vindeiros días.
Neste novo programa da Lareira das Mouras centrémonos nun fito da historia de Galicia, do que non nos contaron moito ou nada no colexio. Un fito histórico que contextualiza o feito de porque cando cantamos o noso himno, dicimos: Fogar de Breogán. Coñeceremos tamén novas acontecidas no noso concello a finais do século XIX, con Cristina Arias. E con Sonia Sueiro coñeceremos a axenda cultural das vindeiras semanas.
Neste novo programa da Lareira das Mouras, coñeceremos unha figura mitolóxica con paralelismos en toda a rexión atlántica e indoeuropea. Descubriremos outros seres que están fondamente vencellados a espazos fluviais no Faladoiro, así como algunha que outra lenda do noso concello e bisbarra. Con Cristina Arias coñeceremos como era o noso concello no ano 1888. E con Sonia Sueiro poñerémonos ao día da axenda cultural do noso municipio.
Hoxe falamos sobre a maxia que agochan os lugares, nos que o paso do tempo deixou unha fonda pegada na súa paisaxe, na súa arquitectura, ou na súa enerxía. Entrevistaremos a Felipe Senén López Gómez, arqueólogo e técnico de xestión cultural, para falar do genius loci e de etnoarqueoloxía. E coñeceremos todas as actividades que poderemos desfrutar no marco da Feira de Fungos e Cogumelos que se celebrerá os días 26, 27 e 28 de outubro no noso Concello.
Iniciamos nova tempada do noso programa con novas voces e novas seccións. Hoxe falaremos dunha lenda local, a da Santa Compaña do Freixo. Coñeceremos os paralelismos desta figura mitolóxica alén das nosas fronteiras e outros exemplos de procesións fúnebres. Con Cristina Arias descubriremos como era a nosa vila hai máis de cen anos. E con Sonia Sueiro, coñeceremos que é o que poderemos ver e facer no noso concello nos vindeiros días.
Benvid@s a unha nova tempada da Lareira das Mouras, na vosa emisora local Radio Eume. Retomamos esta aventura radiofónica polo mundo da cultura e a tradición oral, cun programa especial sobre a quinta edición da Cita coa Historia das Pontes, un evento de recreación histórica que terá lugar na vila das Pontes os vindeiros 14, 15 e 16 de setembro.
No derradeiro programa da primeira tempada da Lareira das Mouras, falamos sobre a figura de Prisciliano, co teólogo e filósofo e escritor galego Victorino Pérez Prieto. Da man de López Ferro coñeceremos unha lenda local sobre un "santo" que viviu no noso concello en auténtica comunión con Deus e a Natureza. Descubriremos tamén algúns grupos musicais que teñen a defensa da Natureza como tema das súas composicións. En Lendas do s. XXI coñeceremos cómo será a pena de morte do futuro. E na axenda cultural coñeceremos as actividades que poderemos desfrutar no noso concello nos vindeiros días. Que teñades un bo verán e vémonos á volta!
Con motivo da celebración do Día Internacional dos Museos, adicamos o noso programa de hoxe a eles. Falaremos con José María López Ferro, director do Museo Etnográfico Monte Caxado, que nos falará do proxecto de traslado deste museo senlleiro da nosa vila.























