Discover
A radio de Pontevedra Viva - Cara a cara

500 Episodes
Reverse
Carmen Mola debutou editorialmente coa inspectora Elena Blanco, chegou con 'La novia gitana' e continuou con 'La red púrpura', 'La nena' e 'Las madres'.. Sete anos despois déixana descansar en paz, os lectores descubrián en 'El Clan' se é literal ou metafórico. Charlamos de novo cos seus coautores, Agustín Martínez, Antonio Mercero e Jorge Díaz, que estiveron en Pontevedra presentando esta novela. Para pechar esta serie de novela negra, tanto como un abismo, Carmen Mola despáchase a gusto, non deixa monicreque con cabeza nesta 'desorde' mundial no que está implicada a policía, a xudicatura, a política, ou a empresa. Non se gardaron nada, nin pinga de sangue, aínda que quizá onde menos sangue hai, o relato é máis cruento.
Foto: Mónica Patxot
Falamos con Natalia de Santiago de traballar por conta propia co gallo do libro que acaba de publicar: 'Emprende en positivo'. Empréndese moito ou pouco en España?, faltan ou non contidos financieiros nos ciclos obrigatorios da educación? hai moito medo ao fracaso?, hai demasiado impostos?, son algunhas das cuestións que vai respondendo esta experta en finanzas. Muller emprendedora, divulgadora de contidos financeiros e escritora de títulos de economía, empresa e tamén para público infantil.
Foto: Javier Ocaña
Carlos Risco Ulloa é xornalista. e autor de 'Objetos a los que acompaño'. Vivía exercendo esta profesión en Madrid, ata que un día decidiu cambiar o asfalto pola terra da Serra de Gredos. Alí decidiu emprender unha viaxe de volta. Regresou a Ourense, a unha aldea deshabitada, onde actualmente reside. É sobriño neto de Vicente Risco,"pater patriae das letras galegas", e por parte materna pertence "aos últimos Ulloa, o meu tío Gustavo era o propietario do Pazo de Santa Cruz (de Arrabaldo)".
Isto de acompañar aos obxectos ten a súa filosofía: "creo que nós acompañamos ás cousas. Realmente a que non dura é a nosa vida, os obxectos están connosco o tempo propio; porque cando están ben feitos, son herdados, vendidos nos rastros e traspasan xeracións. Iso é o bonito do ben feito". Entre estes obxectos herdados, comprados, atopados ou regalados, hai algúns cos que recrea a súa faceta de músico.
Foto: José Luis Santalla
O marinense David Gago Sampedro acaba de publicar a súa segunda obra, que non o seu segundo título, xa que en 2016 arrincou como autor co primeiro dos oito tomos de 'El diario de Ertélion'. Con 'RESET. Mejoramos seres humanos' continúa na ciencia ficción, pero con principio e final na mesma novela. Está ambientada nun mundo postnuclear no que, tras sobrevivir por moi pouco á destrución da humanidade, unha empresa de enxeñería sensorial logra ser capaz de extirpar un sentimento ou unha sensación a cada individuo, eliminando así un defecto ou unha limitación. A trama comeza cando corenta anos máis tarde de empezar a aplicar esta tecnoloxía, unha onda de suicidios arrasa o mundo.
A presentación oficial será este próximo sábado 14 no Museo Manuel Torres de Marín ás 12.00 horas contando con Miguel González Beltrán como condutor do acto.
Os Imperfectos debutan pero xa son perfectamente coñecidos non só no seu Vilagarcía natal, senón tamén dentro e fóra de Galicia. Un nome escollido con razóns, e explícannolas neste podcast. Tamén nos falan do primeiro tema 'Hai algo máxico' co que empezan a presentar o seu primeiro elepé, 'Supernova', que para 2025 xa se coñecerá ao completo, que vén con fomato físico e co que farán directos, o primeiro loxicamente de presentación deste traballo. Non inventaron nada, como din, pero soan a algo diferente. Conseguen nunha esfera pop na que hai máis sonoridades, fusionar unha voz cantante e unha voz que recita. Letras e voces en galego porque "pensamos e sentimos en galego", reinvindican. Os Imperfectos son Juan Carballo, voz poeta; Álvaro Cardalda, voz e teclados; e Pedro Falcón, guitarra.
Cruz Sánchez de Lara, avogada, activista e vicepresidenta de El Español, ofrece con 'En la corte de la zarina' unha novela histórica ambientada no reinado de Catalina II a Grande. Nese contexto recupera, ou descobre, o legado dun español, José de Ribas e Boyons Plunkett, militar, estratego, enxeñeiro e fundador da cidade ucraína de Odesa. É unha novela histórica e ao tempo unha novela moi actual: "Pontemkin é o ídolo militar de Putin e teño a convicción de que o que quere é ser un tsar e para ter un imperio faille falta Ucraína", así que esta lectura tamén axuda "a entender o que está pasado neste momento". Outro atractivo deste libro é a propia tsarina que protagoniza a parte frívola da novela que relata a promiscuidade de Catalina a Grande quen tiña ata unha catadora de amantes na corte.
'Yo debería estar muerto' é o título das memorias de Alejo Stivel. Naceu en Buenos Aires un 22 de marzo de 1959 co nome de Alejandro Stivelberg Katz. En 1976 chegou a España e coñecímoslle como o cantante de Tequila. Estética e música non lle faltan ao libro. A primeira resultado da colaboración con Fernando Rapa Carballo, codirector da revista Mongolia. A música era obrigada tendo en conta o binomio que conforma con Alejo, compositor e produtor ademais de cantante. Unha vez lido, no outono haberá ocasión - se finalmente Pontevedra tamén se inclúe -, de ver e escoitar en directo a un Alejo Stivel moi vivo.
Foto: Jeosm/Alejandro Stivelberg
Rosario Raro trae unha novela histórica baseada nos escritos da súa protagonista, Martha Gellhorn, a reporteira e escritora estadounidense nada a comezos do século XX. Fotografou e relatou conflitos bélicos como a guerra civil española ou a Segunda Guerra Mundial. Nesta contenda pecha o foco Rosario Raro para despregar a experiencia de Gellhorn na batalla de Normandía. Un desembarco que viviu a pesar das vicisitudes e impedimentos que querían privala dese momento.
A novela se escribiu desde os diferentes lugares en que se localiza e entre os que está, como non, Canfranc, o municipio do Pirineo aragonés tan presente nas obras de Rosario Raro. E última referencia sobre a protagonista que non debería parapetar a súa pegada. O que foi o seu marido está en 'Prohibida en Normandía': Ernest Hemingway.
Catro anos dedicou Juan Manuel de Prada a traballar en 'Mil ojos esconde la noche'. Discorre polo cuadrienio 1940-1944 e pola capital francesa ocupada polos nazis. E alí, en París, decenas de artistas, escritores, xornalistas, personaxes vinculados á cultura española daquel momento que recorreron ao exilio para seguir vivindo. Un libro extenso en nomes propios, en historia e historias, en linguaxe, en documentación e iluminado de forma esperpéntica, pasado polos espellos deformantes que escribiu Valle Inclán, como sinala de Prada. Entre todos estes personaxes reais un volve da ficción. Juan Manuel de Prada recupera da súa primeira novela, 'Las máscaras del héroe', a Fernando Navales, cuxa misión será conseguir que todos eles colaboren coas actividades da Falanxe na capital francesa.
Foto: Jeosm-PontevedraViva
O lucense Darío Villanueva foi reitor da Universidade de Santiago de Compostela e é profesor emérito. Presidiu a Real Academia Española e ocupa o cadeira D nesta entidade; tamén a FUNDEU, Fundación do Español Urxente; a Asociación de Academias da Lingua Española e preside o padroado da Universidade Nebrija. É autor de numerosos libros, 'El atropello a la razón' é o máis recente.
Falamos no podcast 'Cara a cara' deste último ensaio, moi incisivo, que toma nome da letra dun tango e que mira á posmodernidad, á sociedade contemporánea dominada polo relativismo e o escepticismo. Charlamos co autor da terminoloxía que expón "dentro deste contexto posmoderno en que vivimos"; de reflexión sobre as identidades; ou da deterioración do sistema escolar.
Pepa Muñoz é propietaria e chef do restaurante madrileño El Qüenco de Pepa. É a primeira muller que preside a Federación de Asociacións de Cociñeiros e Reposteiros. É responsable en España de World Central Kitchen, a ong doutro chef, José Andrés. Ten a Medalla de Honra e o Premio de Cultura da Comunidad de Madrid e acaba de publicar 'Un puchero de verdades'. Pepa Muñoz leva ademais engadido ao seu nome de pila outro apelido: tomates. Un produto sobre cuxas variedades investigou e recuperou; e que produce persoalmente.
Foto: Noelia Jiménez GP
'La oscuridad que habita en mí' vai máis aló da novela negra, do xénero policial. A virtude corresponde ao autor, o catedrático valenciano Joaquín Camps, que asina con este último título a súa sexta novela. Unha moza americana residente en Barcelona e dedicada a ser influencer encabeza a repartición de personaxes da novela. A súa vida dá un xiro radical cando o seu marido abandónaa e el refai a súa vida con outra muller e a filla desta. Cando a menor desaparece, Cameron convértese na principal sospeitosa e na primeira interesada en descubrir que está a ocorrer. Ollo!, un labirinto de espellos.
Un intercambio coa Coral Polifónica Follas Novas da Coruña ten como resultado a celebración dos 'Encontros coa música 2024'. O Orfeón Pontis Veteris promove este evento que se desenvolverá no Teatro Principal de Pontevedra este próximo sábado 15 de xuño a partir das 20.00 horas, con entrada gratuíta ata completar aforo.
Tres dos seus organizadores ofrecen detalles da convocatoria: Manuel Pintos, Manuel Fernández e Fidel Prieto. Pintos é director das dúas formacións pontevedresas que participarán na convocatoria, a Coral Helénica e do Orfeón Pontis Veteris.Aos dous anfitrións sumarase a Coral Polifónica Follas Novas da Coruña que actuarán contando coa dirección de Fernando Vázquez Arias.
'La noche que sonaron las campanas' é a primeira novela de Carmen Macedo. Debuta con NdeNovela, o selo co que Planeta presenta ao público a autores noveis. Publica un thriller de escenario. Isto é, unha novela negra onde o escenario é outro personaxe fundamental. Neste caso Bermiego, un pequeno pobo do concello de Queirós, en Asturias. Alí aparece o cadáver dun concelleiro de Urbanismo, desmembrado e enterrado ata os xeonllos baixo as ramas dunha árbore. E non é unha árbore calquera, é unha árbore que existe e ten a súa transcendencia: o teixo de Bermiego é milenario, un exemplar protexido e está considerado monumento natural.
A esta paisaxe verde, húmido, repleto de brumas, súmanse rituais, lendas, crenzas... un patrimonio inmaterial do que tamén bebe a autora. Daquilo do que se escribe, queda constancia.
'Dias salvajes' é unha ficción absolutamente real. Un mozo, herdeiro dunha dinastía de banqueiros, provoca un accidente kamikaze tras unha noite de festa desbocada. É o punto de partida de 'Dias salvajes', a última novela de David Jiménez, autor de éxitos como 'El director' o 'Diarios del opio'. Este correspondente, reporteiro e columnista recoñécenos que ao escribir ficción tampouco pode afastarse da verdade. Así, desfila a España de inicios do século XXI coas súas desigualdades, as súas contradicións, os seus excesos, a política, o poder, o diñeiro e todo iso que se cociña en lugares tan cobizados como os palcos dos grandes clubs de fútbol: "o niño do poder de España é o palco do Santiago Bernabeu" e dio a quen se encargou dirixir durante un ano o diario El Mundo.
Está tamén a impunidade de quen ten eses poderes e de quen non contan con eses resortes e teñen que confiar nas decisións da Xustiza. Para completar estes 'Dias salvajes' o duelo leva parte importante desta novela "sobre a coraxe de vivir" e para iso preparouse David Jiménez participando en terapias de grupo con pais que perderan aos seus fillos; unha circunstancia que lle dá un incuestionable realismo ao relato.
Alberto Pérez Portela estivo nunha primeira ocasión no podcast 'Cara a cara' para falarnos do breaking e dos traballos pioneiros nos que estaba inmerso. A segunda vez falounos das portas que se abren a esta práctica deportiva despois de incluírse nos Xogos Olímpicos de París e da importancia da adhesión destes clubs á Federación Galega de Baile Deportivo. Volve para dar conta desa tese doutoral que nos avanzaba e que foi cualificada pola Universidade de Vigo (Campus CREA de Pontevedra) con sobresaliente cum laude. Ten ademais outro engadido. Nunca ninguén, nin dentro nin fóra de España, expuxeran un traballo así.
Edurne Cadelo González publica 'Mara, 22 canciones y un verano'. Falamos con esta autora cántabra no podcast 'Cara a cara'. Escribe novela romántica, ou como a súa autora prefire definir, "historias de amor do bo".
O que inicialmente era unha escapada de fin de semana convértese nunha road trip xunto á banda musical do momento e a súa mellor amiga. É resumidamente o que lle sucede a Mara, a protagonista deste título, que ademais emprende unha viaxe "para buscarse e atoparse a través do espertar dos sentidos". A música é un ingrediente fundamental das súas novelas - esta tamén ten a súa playlist en Spotify -. Outro dos ingredientes do libro é a amizade, que no caso desta protagonista é ademais unha táboa de salvación.
O fogoso intercambio epistolar que Emilia Pardo Bazán e Benito Pérez Galdós mantiveron lévase estes días ao cinema. A produtora galega Agallas Films e a canaria Jugoplastika están en plena rodaxe contando coa dirección de Paula Cons Varela. A primeira semana desenvolveuse en emprazamentos de Madrid e estes días continúan no arquipélago canario.
"Unha película absolutamente contemporánea, aínda que estea ambientada entre 1887 e 1889, porque creo que todos os conflitos que viven e como os viven, a paixón, a sexualidade, faise absolutamente contemporáneo e mesmo un exemplo para os homes e mulleres de hoxe en día", explica Paula Cons. A actriz galega Lucía Veiga interpreta a Pardo Bazán, mentres que o actor canario Paco Déniz dá a réplica a Pérez Galdós. Conta con colaboración da TVG así como da televisión pública e institucións canarias. Agarda promocionar 'O meu ilustrísimo amigo' en 2025.
Mercé Alegría acaba de presentar no Casino de Pontevedra a súa última publicación, 'Trece ocas'. O antiquísimo xogo de mesa é o que propiciou este título. Leva nove anos investigando sobre as súas orixes, simbolismo, e vínculos. Un deles é o Camiño de Santiago. Un itinerario que é unha viaxe de autoconocimiento e ao que a autora leva ao protagonista do libro, Andrés, un mensaxeiro en bicicleta a quen unha entrega faille iniciar un camiño alén dunha ponte, nun lugar descoñecido. Nese tránsito viaxará polas súas crises persoais. 'As trece ocas' tamén vai acompañada dunha banda sonora que igualmente se pode visitar.
Non deixamos pasar outra faceta de Mercé e é que xunto ao que foi o seu marido, Xosé Carlos Pereira, rexentaron a mítica taberna Heicho de Dar Queridiña, na Insua, Ponte Caldelas, durante os anos 90. Un lugar pioneiro naqueles momentos e que foi unha referencia para quen quería tocar e escoitar música tradicional galega.
'Lo que el alborán esconde' é o terceiro título que autoedita Ana Carbajales. Oriúnda de Asturias, a súa vida está asentada en Pontevedra. Pon nome propio a outro capítulo deste podcast para falarnos desta última novela.
Imos á contraportada: "A morte do brigada Urriaga na comandancia da Garda Civil de Melilla poñerá patas para arriba a convivencia de tres mulleres que comparten piso na cidade desde hai uns meses. A detención de Liliana como principal sospeitosa sacudirá as súas vidas e desvelará segredos do pasado que cambiarán o trascurso dos acontecementos".



