DiscoverMalva e Duarte non calan
Malva e Duarte non calan

Malva e Duarte non calan

Author: Malva e Duarte

Subscribed: 4Played: 180
Share

Description

Un podcast da Revista Luzes no que Malva e Duarte non calan
68 Episodes
Reverse
Neste episodio Malva e Duarte falan sobre cousas que odian, en particular, unha das grandes inimigas do podcast: a directora de cine inglesa Emerald Fennell, culpable de crimes contra a humanidade tales coma Saltburn ou "Wuthering Heights".
Esta semana traemos a historia de John Quijada, un home estadounidense que, disposto a corrixir os erros das linguas modernas, crea o ithkuil, sen saber as escuras consecuencias que isto implicaría. A maior de todas elas? O mal rato que pasa Malva escoitando a súa historia.
Ben sabedes que as nosas tanxentes son como caixas sorpresa: non sabes que van conter ata que decides abrilas. Pois cremos que esta semana elevamos o concepto á enésima potencia.Acompañados unha semana máis por Sara Riveiro, traemos unha serie de temas que, se non estades familiarizados con eles, case mellor que preparedes a vosa infusión favorita, escoitedes o episodio, e descubrades con nós de que tratan.
Esta semana volve, como prometera, unha das mellores amigas do podcast, para falarnos dunha das súas grandes obsesións: gran vilán da historia L. Ron Hubbart.Se non sabes quen é espera a que cho conte ela. Se sabes quen é únete ao episodio mellor explicado da nosa historia no que tamén temos conversas sobre a saúdos gang.
Neste episodio, Malva e Duarte recomendan cousas: vídeos de youtube, álbumes, pelis… podedes ver o listado de recomendacións mencionadas no episodio aquí
Neste episodio no que ambas partes andaban nun silly mood, Malva fálalle a Duarte sobre as mulleres que en 1984 se manifestaron contra o apartheid en Sudáfrica desde Irlanda. Falamos de boycotts, Eurovisión e a adicción ao comfort.
TDAH e ligar

TDAH e ligar

2026-01-2001:14:57

Volvemos unha semana máis ás tanxentes e, nesta ocasión, a conversa da a sensación de ir tornando aos poucos nunha que terías no salón ás 5 da mañá co teu colega despois de vir de festa (ou, polo menos, máis do que acostumamos). Saltamos entre musicais, series, o déficit de atención, a xestión do desexo e como son as experiencias de ligar.
Esta semana traemos o episodio máis accidentado e caótico que fixemos ata a data. Por segunda vez consecutiva, contamos cun convidado: o tiktoker, filántropo, playboy e líder do G.A.I.S., Aleixo, que se pasou polo podcast para falarnos do poder do amor, tomando como fío condutor a historia do Batallón Sagrado de Tebas. Polo camiño, tamén houbo tempo para falar do noso odio por Lalín e da fascinante Semana Verde de Silleda.
Esta semana, dámoslle a benvida a Antón (ant0ntisim0), o primeiro convidado da tempada, para falar da nova obsesión de Malva e Duarte: Heated Rivalry, e os debates que rodean esta nova serie canadiense. Que é o queerbaiting? Pódese facer queerbaiting como individuo? Por que esta serie atrae a tantas mulleres como audiencia?
Neste novo episodio, acuñamos o termo marcosllorentismo para englobar a todos os fans das teorías da conspiración e da obsesión polos hábitos “saudables” de rigor máis que dubidoso, centrando todo na figura do xogador do Atlético de Madrid e irmán de aniversario de Malva, Marcos Llorente.
Esta semana, Malva e Duarte falan da recente viaxe de Malva a Irlanda e Bruxelas, conducir no lado equivocado da estrada, ciruxía estética, o medo a envellecer e a neutralidade cara o corpo como acto político.
Esta semana Malva e Duarte falan sobre a vida e morte da cuarta filla do tsar Nicolao II e a súa muller Alexandra, Anastasia. Discuten a película do 1997, Rasputín, a propaganda anticomunista e o legado dos Romanov. A Revolución rusa debeuse a un trato de Rasputín co demo ou Don Bluth minte?
Esta semana de tanxentes, Malva e Duarte envían o seu cariño aos ladróns das xoias do Louvre, comentamos o último tema de Rosalía, e, para variar, falan en galego sobre o uso do galego. Como tema central tocan o hiperindividualismo, as conversas incómodas e o rara que é a xente coes creadores de contido.
Esta semana viaxamos ata a fría Antártida para descubrir, a través do Endurance e de Ernest Shackleton, todas as cousas que poden saír mal… e aínda así saír ben. Entre xeo, mascotas e conducir pola esquerda, tocamos leccións para non perder o rumbo.
Volven as semanas das tanxentes! Neste novo episodio deixamos as historias a un lado para esbardallar de varios temas: comezamos coa xente que decide subir montes na súa crise dos 40; seguimos co pique entre Charlie XCX e Taylor Swift; e facemos unha pequena pausa para comentar as películas deste ano.
Esta semana Malva e Duarte falan sobre Nelly Bly, Nelly Brown ou Elizabeth Cochran, xornalista de “stunt” que se coou en manicomios, deu a volta ao mundo en menos de 80 días e foi expulsada de México. As tanxentes inclúen o tema da hixiene persoal e non podemos prometer que Taylor Swift non sexa mencionada.
O Palmar de Troia, parte II

O Palmar de Troia, parte II

2025-10-0201:11:24

Seguimos co Palmar de Troia! Nesta segunda parte repasamos a caída de Clemente e do seu séquito, descubrimos como a Igrexa Palmariana chegou a retocar a Biblia ao seu gusto e exploramos de que maneira esas modificacións seguen marcando o día a día da secta na actualidade.
O Palmar de Troia, parte I

O Palmar de Troia, parte I

2025-09-2201:08:11

Esta semana… Malva e Duarte falan de sectas. No primeiro episodio de Duarte desta primeira tempada, o pobre preparouse un guión tan longo que temos que dividir o episodio en dúas partes. Nesta primeira volta Duarte introdúcenos no mundo do Palmar de Troya mentres falamos de que diferencia a unha relixión dunha secta, títulos nobiliarios e crianzas atopándose á Virxe en prados.
🧚‍♀️ Volvemos (contra todo prognóstico). No primeiro episodio da nova tempada metémonos no tema do espiritismo, Houdini e Sir Arthur Conan Doyle para falar das fadas de Cottingley.Falamos de emigrar ao Reino Undo, do espiritismo mainstream e fotos trucadas… ou non!
Boa día, boa tarde, boa noite e benvides unha semana máis a Malva e Duarte… non calan??Este episodio é só para poñervos ao día: cambiamos de nome, abrimos a veda, e agora falamos o que nos dea a gana. Xa non só misterios (que tamén), senón calquera historia que nos guste.E é que on estabamos mortes! Estabamos de viaxe.
loading
Comments 
loading