Discover
Palabra de biblioteca

Palabra de biblioteca
Author: Fidel Mouzo
Subscribed: 1Played: 24Subscribe
Share
© 2025 Fidel Mouzo
Description
Micro falangullo ou podcast da Rede Municipal de Bibliotecas de Arteixo (A Coruña) no que falaremos de todo o que xira ao día a día das nosas bibliotecas. Contacontos, obradoiros, actividades, novidades... todo o referido á promoción da lectura.
36 Episodes
Reverse
Hoxe tedes novo Palabra de Biblioteca.
Nesta ocasión visítanos á Biblioteca Central "Henrique Rabuñal" o coordinador do Club de Lectura, Alfredo Ferreiro.
José Luis Alonso e Fidel Mouzo propoñen una conversa con Alfredo, onde falamos do impacto do COVID-19 no noso club e no Certame de Narracións Breves Manuel Murguía, tamén sobre o uso das diversas maneiras de escribir o galego, do uso do idioma nas redes sociais e a protección que merece o mesmo.
Unha conversa lixeira pero non por iso exenta de contido de relevancia.
Volve o podcast, Palabra de Biblioteca que produce o axudante de biblioteca Fidel Mouzo Puertas con José Luis Alonso, o responsable da Rede Municipal de Bibliotecas de Arteixo.
Hoxe traemos unha invitada moi especial porque o podcast faise internacional. Somos privilexiadas as bibliotecas de Arteixo por poder falar con Elena Traína, unha italiana traballando de Community Librarian das bibliotecas de Norfolk (Reino Unido).
Onde está Norfolk? Qué unha Community Librarian? Escoita a conversa con Elena porque é unha moi boa maneira de ver outras formas de xestión bibliotecaria noutros países: iniciativas, actividades... Elena é unha muller polifacética, xa o escoitas, non é? :)
José Luis Alonso, aporta novidades sobre a reapertura de certos servizos presenciais na Biblioteca Central "Henrique Rabuñal" de Arteixo.
Uso de equipos informáticos, presenza na sala xeral e horarios de quendas para cita previa. Pouco a pouco a biblioteca vai collendo certa normalidade.
Novo podcast. Agora xa fora do confinamento, porque con prudencia, podemos ir traballando noutras cousas e xa imos tendo frontes abertos laborais que hai que atender como a atención ás persoas usuarias con cita previa.
Nesta nova época, comezamos con un profesional das bibliotecas co que José Luis Alonso e Fidel Mouzo tiñamos moitas gañas de falar: Alberto Llano, bibliotecario no Concello de Teo.
Con Alberto falamos de varias cousas, entre elas as peculiaridades das bibliotecas no seu Concello, sobre a resposta como Rede de Bibliotecas de Galicia que tivemos ante a reapertura das mesmas despois do confinamento, e cómo está a situación das propia bibliotecas (as de Teo e as de Arteixo) con relación aos sistemas de xestión bibliotecaria (Koha ou SophiA).
Pensamos darlle outra dinámica ao podcast desde este mesmo e variará a periodicidade e a duración dos mesmos. Deixemos que evolucione... ;)
Grazas a Alberto pola súa presenza connosco e xa quedamos emprazados a outra conversa mais adiante. :)
José Luis Alonso, o director da Rede Municipal de Bibliotecas de Arteixo, fai un comunicado para contarvos as novidades de apertura da Biblioteca Central "Henrique Rabuñal" e como serán as normas para acudir á mesma, sempre con cita previa para a devolución e préstamo de documentos bibliográficos e audiovisuais.
Desexando vernos de novo... :)
Hoxe é o último podcast de Palabra de Biblioteca con esta periodicidade diaria. A partir do luns o persoal bibliotecario comezamos a preparar todo para que as persoas usuarias podades voltar a elas. Xa vos informaremos como merecedes.
Neste podcast de hoxe venres día 8 de maio, temos a Álex Antelo de Proyecto Bululú. Con él, José Luis e Fidel falamos das actividades que realiza de animación con toda a rapazada de Primaria do Concello de Arteixo, con moita da rapazada de Infantil, de cómo as normas que virán sobre limitación de aforos e demáis para as actividades afectarán ao desenrolo das mesmas, e incluso debatimos uns minutos si todo voltará a ser como antes cando a saúde das persoas non esté en perigo.
Grazas a Álex por conversar connosco no podcast da Rede Municipal de Bibliotecas de Arteixo.
Xoves día 7 de maio.
Hoxe é o día das Bibliotecas de Oseiro "Dora Vázquez" e de O Froxel "Francisco A. Vidal".
Con Eusebio Álvarez e Juan García, falamos do confinamento, das diferencias de estar nunha biblioteca mais pequena con outra mais masificada e das medidas a adoptar cando regresemos ao noso traballo nos nosos espazos bibliotecarios.
Por último Juan e Eusebio contarán as súas interesantes recomendacións.
Ola. Benvidas, benvidos a outra Palabra de Biblioteca.
Hoxe podes escoitar no noso podcast a Mari Luz Corral Uzal, responsable do Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais de Oleiros. Con ela, José Luis Alonso Torreiro, falará de que xa existen certos movementos para a reapertura dos nosos centros (en Arteixo teremos que agardar un pouco, pero estaredes ben informados) e doutras cousas como cal é a influencia desta crise sanitaria na vida de Mari Luz, cómo traballaron as bibliotecas de Oleiros neste espazo de tempo, e qué pasos debemos seguir para voltar á nova normalidade no que primará a saúde das persoas traballadoras dos servizos bibliotecarios e, sobre todo, a das persoas usuarias dos mesmos.
Por último, Mari Luz, fará unha serie de recomendacións moi interesantes de lectura dentro de Galicia Le, pero que dentro dun pouco poderedes coller nas diferentes bibliotecas de maneira presencial.
Grazas a Mari Luz e a todas as persoas que escoitades este podcast.
Palabra de Biblioteca deste martes 5 de maio, edición confinamento.
Hoxe acompáñanos Ana Hermida, da Asociación Lisístrata.
Ana é unha profesional que sempre fai actividades de animación á lectura nas nosas bibliotecas, tanto para rapazada como para persoas adultas con presentación de actos ou na caseta polo Día do Libro.
Neste podcast, cóntanos sobre a Asociación, sobre o confinamento e o seu impacto na cultura e por último as súas recomendacións.
May the 4th be with you. Por isto festexamos o Día da Forza en 4 de maio.
Boas, hoxe achegamos un Palabra de Biblioteca moi especial porque Jose Luis Alonso e Fidel Mouzo teñen a honra de falar cun convidado de grande altura. Se non fose así, non teríamos chamado no noso Concello de Arteixo á Biblioteca Central polo seu nome: Henrique Rabuñal.
Podedes escoitar a Don Henrique falar sobre o seu libro: Ricardo Carvalho Calero: O anxo da terra de Editorial Galaxia, e facer pequenos comentarios sobre esta obra que, como ben sabedes, protagoniza o persoeiro literario que é homenaxeado este ano 2020 polo Día das Letras Galegas.
Fala da estructura dun libro accesible para toda aquela persoa que se queira achegar Carvalho Calero, comenta da vida e circunstancias do autor e por último, falamos dun fío de Twitter que está a realizar Henrique Rabuñal donde diariamente publica información da biografía e da obra de Ricardo Carvalho Calero. Facemos referencia a un Momento de Twitter, ferramenta que permite recompilar chíos, e que tes na ligazón.
Grazas a Don Henrique pola súa presenza en este Palabra de Biblioteca.
#bibliotecasmunicipais #Arteixo #aculturasegue #carvalhocalero2020 #díadasletrasgalegas #17maio
En día 1 de maio, día do traballo, a biblioteca segue a publicar o seu podcast, Palabra de Biblioteca.
Hoxe vimos con Rosa Barreiro, da biblioteca municipal de Caldas de Reis (Pontevedra). Falamos José Luis e Fidel das medidas que terán que tomar as bibliotecas cando voltemos a abrir con regularidade e con afán de darlle seguridade ás persoas que traballamos e todas as persoas usuarias que vos acheguedes ás bibliotecas.
Teremos tempo para facer algunha que outra recomendación por parte de Rosa e de José Luis.
Grazas por escoitarnos e voltamos o luns día 4 de maio cunha persoa ilustre de Arteixo.
Hoxe, en Palabra de Biblioteca do día 30 de abril e dándolle fin ao mes do libro, tes a María Benítez, da Biblioteca Pública de Ourense.
Con María, falamos das peculiaridades da biblioteca na que traballa (unha biblioteca pública do estado, transferida ás comunidades autónomas), de redes sociais (é a responsable da conta de Twitter desta biblioteca), das iniciativas nestes tempos de confinamento para as persoas usuarias que están nas súas casas..., e por suposto aportará as súas recomendacións.
María ademáis está nunha iniciativa coordinada pola Biblioteca de Montijo (Extremadura) na que están Ourense, La Rioja e Cádiz que se chama BiblioTeConecta cunha canle en YouTube.
Hoxe día 29 de abril en Palabra de Biblioteca estamos con Rosa Vizcaya da Biblioteca de Meicende "Antón Castro" e con Héctor García da Biblioteca de Pastoriza "Miguel Sande".
Falamos de sensacións persoais sobre o coronavirus e o seuimpacto a nivel individual, nas bibliotecas a nivel laboral e das actividades que deixaron de facerse nas bibliotecas, de como será o regreso ás mesmas e de recomendacións lectoras pola súa banda. Moitas grazas aos dous por este ratiño e compartir as súas impresións no podcast.
Hoxe, día 28 de abril, falamos con Ana Bello Vázquez, concelleira de cultura do noso concello.
Ana fala con José Luis e Fidel desta crise do coronavirus, o impacto na súa vida diaria de relacións coas persoas pola seu rol de política, o impacto na programación de diversos eventos relacionados coa concellaría que dirixe e dalgunha que outra recomendación.
Agardamos sexa do voso interese o que nos ten que contar unha política cultural no ámbito local.
Con Mónica Carballo da Biblioteca Municipal de O Saviñao (Lugo) falamos hoxe en Palabra de Biblioteca das características propias que ten unha biblioteca nun entorno rural, un concello con grande extensión territorial pero non tanta poboación, de diferentes iniciativas dentro do seu ámbito comarcal e dalgunhas das medidas que tomará cando ás bibliotecas rematen co confinamento e abran as súas portas ao público en xeral. Remataremos, como non podía ser doutra maneira coas recomendacións de lecturas que propón.
Hoxe sábado voltamos con Palabra de Biblioteca, José Luis e Fidel a falar con José Antonio. As persoas usuarias da Rede Municipal coñecédelo porque xa traballou en Pastoriza e algunha vez en Meicende, aínda que onde está sempre é polas tardes na Biblioteca Central "Henrique Rabuñal".
Facemos unha breve introducción onde comentamos qué tal está sendo a acollida do podcast, dalgunha interacción por parte vosa e logo xa con José Antonio falamos de que hoxe sábado 25 de abril tería sido o sábado escollido para facer a saída ao feirón que todos os anos fai a Rede de Bibliotecas para repartir libros procedentes de expurgo ou doazóns particulares. Explicamos o proceso.
Remataremos, como sempre, coas recomendacións lectoras ou de series que tanto José Antonio como José Luis teñen para vos.
Benvidas a todas as persoas que seguides este podcast. Na introducción de hoxe día 25 de abril,falamos José Luis e Fidel do día do libro tan atípico de onte, da iniciativa de 31 bibliotecas de Galicia para celebrar o 23 de abril.
Logo iniciamos a conversa con Xabier sobre este confinamento, dos proxectos que tiña posto en marcha, da situación das persoas traballadoras da cultura e como non, neste podcast, das súas recomendacións.
Agardamos de veras disfrutedes desta conversa.
Hoxe en Palabra de Biblioteca neste Día do Libro, 23 de abril con Marisa, da Biblioteca Municipal de Miño (A Coruña).
Con Marisa botamos unha visual a cómo vai mudar a nosa visión sobre a profesión bibliotecaria ou outros aspectos da vida, da importancia das redes sociais ou de grupos de mensaxería que valen como auténticos canales de creación de comunidade bibliotecaria.
Grazas a Marisa pola súa participación neste día tan sinalado.
Prometemos alomenos un podcast por día co gallo da conmemoración do Día do Libro e chegamos con este novo capítulo onde Fidel Mouzo fala con Merce Vázquez, da Biblioteca Pública Municipal de Portonovo (Concello de Sanxenxo) no que falamos de varios temas: de xestión interna das bibliotecas, de cómo será a volta, da necesidade das bibliotecas para reducir a fenda dixital para xente con menos recursos ou para persoas maiores non familiarizadas coas novas tecnoloxías...
Unha conversa moi lixeira, moi amena e pensamos que interesante. Grazas a Merce e grazas a todos os que participaches dunha maneira ou outra no feedback positivo que nos estades a dar. Recorda que se queres enviar algún comentario, suxestión, recomendación ou consulta podes facelo a través de Facebook, Twitter, neste mesmo blog con un comentario ou através do correo electrónico biblioteca@arteixo.org.
Escoitas Palabra de Biblioteca, hoxe con Merce de Portonovo.
Voltamos no día de hoxe co podcast José Luis Alonso (o bibliotecario) e Fidel Mouzo (o axudante) para falar con Teresa Rivela, bibliotecaria no Concello de Ribadavia.
Con ela falamos sobre a súa biblioteca, a forma de levar o confinamento e a relación coas persoas usuarias, dunha iniciativa en Utrera para levar os libros á casa dos usuarios e algunha que outra recomendación por parte de Teresa e de José Luis.