DiscoverREFERENTES: Memoria LGBTIQA+ Galega
REFERENTES: Memoria LGBTIQA+ Galega

REFERENTES: Memoria LGBTIQA+ Galega

Author: Avante LGBT+ Pontevedra

Subscribed: 2Played: 0
Share

Description

Conversas con persoas LGBTIQA+ galegas que son referentes e que nos precederon na nosa loita. Porque a nosa memoria tamén é diversa!

Podcast a cargo do colectivo Avante LGBT+ na cidade de Pontevedra. Se queres saber de todo o que organizamos ou queres participar connosco somos @AvanteLGBTPontevedra no Instagram.

Edición dos episodios a cargo de Fran Barros Fernández.
4 Episodes
Reverse
Laura Bugalho naceu no 1964 en Compostela, e é unha muller trans referente na nosa memoria diversa. Militante desde os seus 11 anos —cando morre Franco—, participou activamente en asociacións sociais, culturais, no feminismo, a loita LGBTIQA+, denunciando mafias que abusaban de persoas migrantes e sufrindo persecucións por iso...Agora, cóntanos como foi todo ese percurso: desde un colectivo trans dunha persoa que levou a realidade trans ao Parlamento galego a comezos dos 2000 (Transgaliza), até a utopía feita realidade (a Asociación de Familias de Menores e Mocidade Trans ARELAS). Falamos, entre outras cousas de por que decidiu ficar na Galiza, como viviu a exclusión no feminismo e como as loitas deberían tecer redes entre as marxes.Laura Bugalho é a terceira convidada de 'Referentes', un podcast de Avante LGBT+ Pontevedra. Nel, entrevistamos persoas LGBTIQA+ galegas que nos precederon na nosa loita. Porque a nosa memoria é diversa e colorida!Neste caso, contamos co financiamento económico do Atardecer Solidario. Esta iniciativa, que ten lugar na Quinta de San Amaro en Meaño, apoia asociacións locais, proxectos solidarios e colectivos que traballan pola inclusión. Para isto, organizan un encontro anual con comida, música e moita festa.Se queres saber das novas actividades que organizamos ou asistir ás nosas asembleas abertas, podes seguirnos nas nosas redes:​Instagram: ⁠https://www.instagram.com/avantelgbtpontevedra/⁠​Canal de difusión: https://whatsapp.com/channel/0029VakaVxIK0IBnzaAQwX36Este podcast foi gravado por Miryam Toro Pazos e editado por Fran Barros Fernández.
Guillermina Domínguez Touriño é a terceira convidada de 'Referentes', un podcast de Avante LGBT+ Pontevedra. Nel, entrevistamos persoas LGBTIQA+ galegas que nos precederon na nosa loita. Porque a nosa memoria é diversa e colorida!Neste programa quixemos contar coa protagonista —xunto con Estela Lama— da primeira voda lésbica na Galiza despois da aprobación do matrimonio igualitario. Profesora de historia e lesbiana visíbel, Guillermina loitou desde as aulas para crear espazos seguros de aprendizaxe e reivindicar a memoria das mulleres na arte. Con tres fillas, feminista, divorciada e coa fama de “ovella negra”, non se agocha e vive feliz de ter loitado, reivindicando tamén que “temos, por desgraza, aínda moito por sachar”.Se queres saber das novas actividades que organizamos ou asistir ás nosas asembleas abertas, podes seguirnos nas nosas redes:​Instagram: https://www.instagram.com/avantelgbtpontevedra/​Twitter: https://twitter.com/AvantePonte​Canal de difusión: https://whatsapp.com/channel/0029VakaVxIK0IBnzaAQwX36Este podcast foi editado por Fran Barros Fernández.
Nanina Santos é a segunda convidada do proxecto ‘Referentes’, organizado por Avante LGBT+ Pontevedra. Neste programa quixemos contar cunha voz fundamental do movemento feminista galego das últimas décadas do século XX: escritora, feminista, activista LGBTIQA+, participou na creación da Asociación Galega da Muller, na revista galega de pensamento feminista Andaina... ‘Lesbianas en todas partes, tamén aquí. Feminismo e lesbianismo na Galiza de finais de século’ é a segunda palestra sobre a historia do movemento LGBTQIA+ galego. Porque a nosa memoria é diversa e colorida! Se queres saber das novas actividades que organizamos ou asistir ás nosas asembleas abertas, podes seguirnos nas nosas redes: Instagram: https://www.instagram.com/avantelgbtpontevedra/ Twitter: https://twitter.com/AvantePonte Este podcast foi editado por Fran Barros Fernández.
Nesta primeira entrega de "Referentes" falamos con Carlos Valcárcel, activista LGBT+ no Colectivo Gai de Compostela (1994-2004) e profesor na UVigo. Como foi a súa experiencia na loita, como eran as asociacións antes, como ve o colectivo no presente... Se queres saber das novas actividades que organizamos ou asistir ás nosas asembleas abertas, podes seguirnos nas nosas redes: Instagram: https://www.instagram.com/avantelgbtpontevedra/ Twitter: https://twitter.com/AvantePonte Se queres saber máis de Carlos Valcárcel, o noso convidado neste primeiro episodio, podes clicar nestas ligazóns: Spotify do seu proxecto musical: https://open.spotify.com/artist/5LiclPapWQa6om4tvLXyNI?si=yC6WHGW1Qpu4cnQ8-5bdfQ Máis información del: https://linktr.ee/carlos.valcarcel Instagram do seu proxecto para practicar interlingua e crear contido educativo: https://www.instagram.com/orlophe_interlingua/ TikTok do seu proxecto para practicar interlingua e crear contido educativo: https://www.tiktok.com/@orlophe_vauchertres O lugar onde fixemos a palestra foi o Centro Social A Pedreira en Pontevedra (Rúa Senra, 36). Se queres saber das actividades que alí teñen lugar, podes clicar nestas ligazóns: Instagram da asociación o Quilombo: https://www.instagram.com/oquilombopontevedra/ Twitter da asociación o Quilombo: https://twitter.com/o_quilombo Este podcast foi editado por Fran Barros Fernández.
Comments