ensaiando.
Description
Nace «As follas novas», o podcast de ensaia. Por suposto, antes de comezar as entrevistas coas incribles persoas que virán por este espazo, queriamos darche a benvida e compartir contigo como se cociñou esta idea que dende hoxe xa é unha realidade.
| Sobre As follas novas.
Entrevistas a algunhas das persoas máis fascinantes que coñecemos grazas á «Bolsa ensaia» con traxectorias admirables en campos moi diversos. Aquí afondamos no seus procesos creativos e formas de entender o mundo.
| Sobre ensaia.
Somos un movemento que, en forma de comunidade e cunha visión de longo prazo, doa anónima e desinteresadamente cartos para, entre outras iniciativas, outorgar anualmente bolsas que apoien traxectorias destinadas a impactar positivamente en Galicia. Súmate á comunidade para outorgar máis bolsas e coñece máis sobre nós na nosa web: ensaia.com










