O Instituto Castro Alobre de Vilagarcía conmemorou hoxe o Día Internacional da Saída do Armario nun acto organizado polo grupo de Diversidades Afectivo Sexuais do centro. A pista de atletismo de Fontecarmoa estrea luminarias nun proxecto de 165.000 euros, promovido polo Concello e financiado a través da Deputación Pontevedra, que pretende a mellora das instalacións para que poidan albergar competicións oficiais. A contorna da estación de ferrocarril de Pontecesures luce nova imaxe tralas obras de acondicionamento executadas polo Concello e a Deputación cun orzamento duns 470.000 euros, financiados nun 70% con fondos provinciais. O Concello de Pontecesures xa es centenario. O municipio celebrou os seus cen anos como vila independente nun pleno extraordinario que incluiu a estrea da Muiñeira de Cesures. A Festa do Marisco encara a última fin de semana desta edición co obxectivo de alcanzar as 100.000 persoas visitantes e a entrega das Centolas de Ouro En Cambados, os xardíns do Pazo Torrado acollen dende esta tarde e ao longo da fin de semana a segunda edición do Solidarity Fest.
Unha muller foi detida esta mañá en Vilagarcía tras provocar un altercado nun céntrico bar da cidade. o bar Concello, e ferir a unha das responsables do local ameazándoa de morte. Un veciño de Vilanova, duns 50 anos, foi detido pola Garda Civil en Ribadeo cando circulaba pola autoestrada do Cantábrico nun vehículo no que transportaba alrededor de diez kilos de estupefacientes ocultos nos baixos do coche. O sindicato CIG volve a denunciar a situación laboral existente na Escola Infantil Municipal de Vilagarcía , xestionada dende hai máis de 30 anos pola empresa Bonecos Vilagarcía S.L. O grupo municipal do BNG de Vilagarcía quere saber os datos reais de participación, na Carreira Solidaria por Ucraína celebrada o pasado 27 de setembro polas rúas da cidade, provocando, segundo afirman, o colapso de tráfico no centro urbano. O Concello agarda que a Festa do Marisco alcance este ano a asistencia dunhas 100.000 persoas. O evento gastronómico encara a última fin de semana cunha presencia constante de visitantes e actividades paralelas como o Premio Europeo de Gastronomía Tradicional Lola Torres. A Praza de Abastos acolleu esta mañá unha nova xornada do ciclo 'O calendario da ría na túa mesa' que promove o consumo de peixe de proximidade. En Cambados, os xardíns do Pazo Torrado acollen dende mañá venres e ao longo da fin de semana a segunda edición do Solidarity Fest.
En Cambados, os xardíns do Pazo Torrado acollen dende mañá venres e ao longo da fin de semana a segunda edición do Solidarity Fest. Un evento promovido dende a Fundación Condado de Taboada que inclúe unha ampla programación de concertos, con Guadi Galego e Ortiga, postos de artesanía, gastronomía e actividades co fin de recadar fondos para a investigación contra o cancro. Para saber os detalles falamos con Juan Barrié, membro do Patronato da Fundación Condado de Taboada..
As excavacións arqueolóxicas que o Concello de Vilagarcía está a realizar no Castro Alobre quedarán rematadas a vindeira semana, segundo as estimacións dos responsables da empresa A Citania, encargada dos traballos. Vilagarcía recibirá esta tarde a visita do xurado do concurso ‘Vilas en Flor’, o certame que premia a mellora e potenciación paisaxística dos concellos galegos de menos de 40.000 habitantes. O Grove e a Xunta abordaron esta mañá o proxecto de humanización da rúa Luis Antonio Mestre nun encontro que mantivo en Santiago o alcalde José Antonio Cacabelos coa Conselleira de Infraestructuras María Allegue. A Festa do Marisco pasa o ecuador mantendo unha importante presencia de visitantes, nun ambiente máis relaxado que durante a fin de semana, pero cunha boa afluencia nas carpas. Sanxenxo inicia un programa para promover o bo trato á infancia e á adolescencia do municipio sensibilizando á cidadanía co fin de defender os dereitos dos menores. O grupo parlamentario socialista afirma que a Xunta non vai conceder axudas propias para o peche de seis meses decretado nos bancos de libre marisqueo de Arousa.
Continúa aberto o último operativo contra o narcotráfico desplegado pola Policía Nacional en ambos marxes da ría de Arousa, un dos máis importantes dos efectuados ao longo deste ano. En Vilagarcía, xa hai data para a celebración da Feira Castes na súa vertente musical. Do 21 ao 23 de novembro, o evento reunirá na Praza da Peixería e na contorna da Praza de Abastos artistas de referencia como Kiko Veneno, Carlangas ou o grupo galego Monolius DOP. Cambados estudará o proxecto que ten a nova propiedade do Pazo de Montesacro para que a súa conversión en hotel de categoría superior destinado a aloxamentos e eventos redunde en beneficio para a vila. O Grove sigue inmerso nos preparativos da Festa do Marisco, que se celebrará do 2 ao 12 de outubro. A unha semana do seu inicio, as concesiones dos postos gastronómicos todavía son provisionais. Ribadumia celebra esta fin de semana, venres e sabado, o segundo encontro literario, coa implicación de librarías e conserveiras da comarca na súa organización, ademáis da Xunta de Galicia e a Deputación Pontevedra. A Asociación Autismo BATA organiza mañá un concerto benéfico no Salón García da man do grupo ‘Orfeón Voces Graves de Arousa’, que dará comezo ás 20:00 horas.
A Policía Nacional busca ao autor dun roubo rexistrado a primeira hora desta mañá na gasolineira Cepsa da recta de Rubiáns, en Vilagarcía. O Concello de Vilagarcía volveu a expresar esta mañá a súa solidariedade co pobo palestino seguindo a convocatoria realizada pola Federación Galega de Municipios e Provincias que se realizou simultaneamente noutros concellos e deputacións de Galicia. A colaboración municipal coas Comunidades de Montes de Vilagarcía para o mantemento e prevención de incendios forestais permitiu o acondicionamento de ata 46 hectáreas de monte. O Concello de Cambados e a empresa Xesta Telecom asinaron esta mañá un convenio para promover iniciativas medioambientas vencelladas a un desenvolvemento sostible do municipio. O Grove conta os días para a 72 edición da Festa do Marisco que se celebrará na Praza do Corgo do 2 ao 12 de outubro. Cambados recupera a carreira popular 10K da man do club atletismo Cambados e o Concello coa axuda da Deputación de Pontevedra e a colaboración de Gadis e Froiz.
A campaña da vendima entra na recta final e de momento xa se rozan os 40 millóns de kilos de uva recollida nas diferentes subzonas da D.O Rías Baixas. A Plataforma en Defensa da Ría de Arousa pide ao Ministerio de Transición Ecolóxica e a Portos de Galicia que rectifiquen o novo punto de verquido elexido para depositar os dragados portuarios. O alixo de cocaína incautado esta pasada fin de semana na Pobra supera os 3.000 kilos, trala localización de novas cantidades por parte da Policía Local nas últimas horas. A agrupación de Protección Civil e Emerxencias de Vilagarcía dispón dende hoxe dunha nova ambulancia destinada a usos preventivos. O Concello de Sanxenxo proxecta a renovación das instalacións do Punto Limpo "As Cereixeiras" cun orzamento previsto de 82.000 euros, financiados nun 90% mediante fondos europeos. Ribadumia abrirá este xoves, 18 de setembro, o prazo de inscrición para as actividades de lecer e tempo libre organizadas polo Consistorio, A Deputación de Pontevedra creará no polígono industrial de Barro un espazo robotizado para gardar as coleccións do Museo de Pontevedra. O Pazo Emilia Pardo Bazán de Sanxenxo acolle este sábado dous espectáculos musicais con representación única na comarca: Un Mundo de Fantasía é Bienvenidos La Radio Fórmula. Conversamos sobre ambos co xerente da productora DiverFest. O humor, protagonista da programación de outono en Vilagarcía, con Carlos Blanco, Touriñán e David Cepo. O barrio do Piñeiriño, en Vilagarcía, pecha o verán cunha fin de semana cargada de música e bo ambiente baixo a organización da Asociación Veciñal Breogán.
A bandeira palestina luce dende hoxe no balcón da Casa Consistorial de Vilagarcía en sinal de condena ao xenocidio en Gaza. A ruptura entre a Organización de Productores de Parquistas de Carril e a Confraría da localidade, que culminou coa apertura en agosto das naves do Ramal, escala un novo episodio. A Plataforma en Defensa da Ría de Arousa fai un chamamento á cidadanía da comarca para que acuda á manifestación “por un monte galego vivo e con futuro” que terá lugar este domingo en Santiago. O grupo municipal do BNG do Grove lamenta que o alcalde José Cacabelos “priorice o paso do autobús escolar pola rúa Hortos fronte fronte á seguridade viaria da veciñanza”. Sanxenxo propón á empresa Narom como adxudicataria da humanización da contorna do pavillón de Baltar por importe de 240.000 euros. Vilanova recibirá 12.500 euros do Plan + Provincia para facer fronte á pavimentación de vías en Fontenla e Paderne. A Concellería de Obras e Servizos de Barro investirá preto de 24.000 euros, ive incluído, na mellora da xestión de biorresíduos con 175 novos composteiros individuais no rural e 35 contedores marróns para productores singulares da hostelería. A romaría Folk no Alobre de Vilagarcía xa ten nova data de celebración tralo aplazamento por mor da chuvia: será o domingo 28 de setembro e os concertos adiántanse ás 17:00 horas .
Un veciño de Cambados foi detido en Meis por presunto tráfico de drogas durante un operativo de control de persoas e vehículos realizado pola Garda Civil este mércores. A Garda Civil decomisou un total de 990 paquetes de tabaco de contrabando durante un control de vehículos en la vía pública, a la altura de la parroquia de Vilalonga. O grupo municipal do BNG de Vilagarcía exixe rigor á Xunta e o Concello no arranxo das deficiencias detectadas no albergue de Carril, tan só dous meses despóis da súa estrea. O Partido Popular de Vilagarcía alerta do abandono que, asegura, sufren algunas rúas de A Lomba con baches e herbas que invaden viais e beirarrúas. O alcalde do Grove responde á veciñanza de Terra de Porto que iniciou mobilizacións para impedir o paso de vehículos pesados e autobuses escolares pola rúa Hortos, Farase unha excepción na prohibición sinalizada co autobús escolar ao igual que se fai co camión do lixo. A vendimia na D.O Rías Baixas afronta a recta final e está a ser visitada estes días por cinco prescriptores de Estados Unidos que recorren os traballos de colleita polas diferentes subzonas. O Encestarías organiza o seu primeiro torneo feminino, que será amadriñado por Lola Oliveira e celebrarase o 28 de setembro no pavillón Sara Gómez de Vilagarcía a partir das 17 horas. O festival Revenidas abre este xoves 11 as súas portas para unha nova edición que promete manter o espírito combativo e festivo.
As protestas a favor de Palestina que marcaron o paso da Vuelta Ciclista pola provincia recibiron esta mañá a valoración tanto do presidente da Deputación, Luis López, como do subdelegado do goberno en Pontevedra Abel Losada. Despóis de que preto dun milleiro de persoas bloqueara o tramo final da etapa en Mos, o presidente provincial expresou o seu máximo respeto ás manifestacións pero dixo non consentir o “boicot”. Asimesmo, Luis López tamén censurou o que considera “doble moral” do BNG con respecto a participación de deportistas israelíes noutras probas deportivas celebradas en Lugo ou en Pontevedra. O subdelegado do goberno en Pontevedra, Abel Losada expresou a súa condena pola interrupción da proba deportiva, o seu apoio ás manifestacións pacíficas, a defensa da actuación policial e as súas críticas á alcaldesa popular de Mos, Nidia Arévalo, e do deputado do BNG Nestor Rego. A estrada entre Vilagarcía e Catoira converteuse nas últimas horas nun punto negro de accidentes con catro sinistros en escasos intervalos de tempo. Os xabaríns provocaron esta pasada noite dous novos accidentes de tráfico na PO-548 á altura de Bamio, no mesmo punto, o kilómetro 15, e cun intervalo dunhas horas. A vendima continúa mirando cara a meteoroloxía nun momento trascendental da colleita no que todas as adegas da D.O Rías Baixas están inmersas nos labores de recollida de uva con 31,3 millóns de kilos recollidos. A praia da Concha reabre ao baño tras o episodio de contaminación microbiolóxica notificado o pasado venres, día 5 de setembro. En canto ao albergue de Carril, o Concello responde a Turismo de Galicia que “sempre estará disposto a asumir calquera desperfecto tal e como se fixo para a apertura das instalacións" pero nega "deficiencias estructurais" segundo o informe de patoloxías. O grupo de goberno do BNG de Cambados responsabiliza á Xunta da cancelación do programa de conciliación «Xoubiñas», previsto para este curso escolar por un "erro na resolución da concesión". Sanxenxo iniciou estes días as obras de mellora enerxética da Casa de Cultura de Nantes, cos traballos na fachada exterior, e a humanización da Travesía Arenal en Portonovo, co picado e levantamento do pavimento. Ribadumia elaborou un mapa con rutas alternativas ante os cortes de tráfico con motivo da etapa prólogo da 23ª Volta Ciclista a Galicia que se desenvolverá na localidade este xoves 11 de setembro. Os amantes das motos teñen esta fin de semana unha cita en Sanxenxo coa 37 Concentración Mototurística Internacional Rías Baixas na que se agarda a presencia duns 20.000 moteiros en Baltar.
Dúas persoas resultaron feridas graves a consecuencia dunha liorta a martelazos rexistrada esta mañá na suposta “narcocasa” de Trabanca Badiña, en Vilagarcía. A xuiza de Instrucción decretou a posta en liberdade do mozo de Vilagarcía investigado por supostamente ter matado á súa nai no domicilio que ambos compartían na rúa Duque de Rivas. Turismo de Galicia exixe ao Concello o arranxo dos desperfectos detectados no Albergue de Carril, estreado este verán trala cesión por parte do Concello á rede de albergues de Galicia e con peche cautelar dende o pasado venres. Os clubs deportivos de Vilagarcía saen á rúa para captar talento de cara á nova temporada e organizan xornadas na rúa co obxectivo de achegar ás súas disciplinas ás familias. As carabelas portuguesas dan unha tregua en Sanxenxo e no Grove ainda que quen acuda ás praias debe ser todavía cauto ao achegarse á auga. Os propietarios do Polígono de Paradela-Carracedo, en Caldas, dan luz verde ao desenvolvemento do parque empresarial. A Sociedade Filarmónica de Vilagarcía celebra o seu décimo aniversario cun programa de concertos que inclúe a actuación da Orquestra Sinfónica de Galicia e da Real Filharmonía, A Illa de Arousa e a Mancomunidade do Salnés organizan unha nova experiencia turística e cultural para "revivir a orixe do Camiño de Santiago a través da Ruta Traslatio".
Paro agosto: co peche do período estival e o remate das contratacións de verán o desemprego aumenta no Salnés e baixa lixeiramente no Barbanza. Sanxenxo colgou unha vez máis o cartel de "completo" logrando unha ocupación media do 88,44% durante o mes de agosto. En Caldas, o alcalde Jacobo Pérez, solicita unha reunión co Ministerio de Transporte e Mobilidade Sostible para solicitarlle que se teñan en conta as propostas municipais no futuro proxecto da Variante Oeste. Na Illa de Arousa, o alcalde Luis Arosa volve a reclamar á Xunta que preste atención ao colexio Torre Illa e arranxe deficiencias que, segundo asegura, se veñen arrastrando dende hai anos. Vilagarcia reafirma que o cambio na circulación da rúa Adolfo Pedrido Morla, a partir de hoxe con sentido único, "repercutirá positivamente na zona de Fontecarmoa". Ravella solicitou autorización á Autoridade Portuaria para a instalación da estatua "O Adeus" de César Lombera no peirao de Pasaxeiros. A presenza de carabelas portuguesas vivas en praias de Sanxenxo sigue provocando que o Concello prohiba o baño e ice a bandeira vermella nos areais afectados. Vilagarcía volve a mirar cara Ucraína coa II Carreira Solidaria organizada por Arousa Moza en colaboración co Concello e La Caixa. Meis agarda a presencia de máis de 70 coches de toda Galicia na II Concentración de Clásicos que se celebrará este domingo 7 de setembro.
Programa Especial Festa do Albariño 2025 en directo dende o Paseo da Calzada de Cambados, con entrevistas a asistentes, representantes das adegas, alcalde, Concelleiro de Festas e presidente da D.O Rías Baixas. Tamén nos achegamos ata o Túnel do Viño celebrado no Salón Peña e revivimos o pregón pronunciado por Domin.
Continúa activo o incendio forestal orixinado de madrugada en Meaño e que mantén en alerta aos servizos de extinción tras queimar unhas 20 hectáreas. Un pequeno incendio rexistrouse en Sanxenxo nunha zona de vexetación baixa situada en Major, a uns metros do París Dakar. Denunciado en Sanxenxo por depositar unha bolsa de lixo á beira dun farol nun lugar non autorizado. Rescatados dous homes, veciños de Poio e Sanxenxo, tras sufrir un accidente cando camiñaban pola Ruta dos Muíños de Samieira, en Poio. Cambados vive o "pé de Cuba" da Festa do Albariño coa actuación de Panorama esta noite en Fefiñáns e xogos tradicionais na Praza do Concello. A Festa do Albariño volverá a dispoñer dun Punto Lila de prevención de Violencia de Xénero que se ubicará na planta baixa do Pazo Torrado. Vilagarcía saca a licitación a ampliación da rede de abastecemento e saneamento na rúa Muíños de Cea cun orzamento que supera os 90.000 euros e un prazo de execución de tres meses. A empresa Nemesio Ordóñez iniciou a instalación de 24 reductores de velocidade en diferentes zonas do rural de Vilagarcía. Esquerda Unida de Vilagarcía pide explicacións pola paralización da obra do Ramal e critica que se iniciara en pleno verán. Sanxenxo habilitou unha ducha natural na praia de Pragueira aproveitando a auga do regato que desemboca no areal. Catoira realizará por primeira vez a obra de teatro da Romaría Vikinga con voz música en directo.
Cambados reedita a Festa Mariñeira coa idea de dar un novo pulo ao proxecto de recuperación da dorna Airexa e convertela nun buque escola. O BNG de Cambados cre que o Festival Son do Mar demostrou que o Pombal é a alternativa para que Fefiñáns quede libre de eventos multitudinarios. Vilagarcía volverá a encherse de proxeccións cinematográficas durante a Semana de Cine que se desenvolverá no salón García do 4 ao 9 de agosto, organizada polo Cine Club ádega en colaboración co Concello. O PP de Vilagarcía levará a pleno unha moción para garantir o desplieque integral da fibra óptica nas zonas rurais e periurbanas. O punto limpo de Sanxenxo terá un novo peche perimetral e mellorará a canalización de augas pluviais.
A Festa da Ameixa de Carril celebrará o 9 e 10 de agosto o seu trinta aniversario con 9.000 racións do bivalvo e unha paella para 500 persoas. A mesma fin de semana, do 8 ao 10 de agosto, Vilanova terá a Festa do Mexillón que, ademáis, fai coincidir coa Feira de Oportunidades do comercio local. O PP de Vilagarcía fará un seguimento da cancelació do concerto de Mago de Oz para saber cal foi o custe real desta decisión, empezando por unha pregunta no vindeiro pleno. Os delitos rexistrados na provincia no que vai de ano tenden á estabilidade, segundo se constatou esta mañá na Xunta Provincial de Seguridade. En Vilagarcía, a delincuencia retrocedeu un 6,9% no primeiro semestre de ano, A actividade turística de Sanxenxo creceu un 20% no primeiro semestre, segundo os datos do Big Data contratado pola Mancomunidade. Sanxenxo asumirá a organización das Festas de San Roque de Portonovo tras oito anos colaborando cunha importante achega económica. Concello da Illa de Arousa e Deputación ratificaron o convenio de financiamento para a transformación da contorna urbana do Naval. Cambados reedita as “albas da gloria” para as celebracións de mañá 25 de xullo.
Vilagarcía cancela o concerto de Mago de Oz "por frivolizar a prostitución e o consumo de drogas" e o sustitue por Los Toreros Muertos. Un camión queda encaixado baixo a ponte interprovincial de Catoira tras ser guiado polo GPS. Detido un veciño de Valga de 53 anos por cultivar no seu domicilio 162 plantas de marihuana. As obras de ampliación da piscina municipal de Vilagarcía comezarán o luns cun prazo de execución dun ano e un orzamento de 3,2 millóns de euros. O grupo de goberno de Vilagarcía levará ao pleno deste mes a denominación da nave de deportes náuticos como ‘Nave de Deportes Náuticos-Antón Paz’. O BNG de Sanxenxo quere eliminar a denominación "Juan Carlos I" do nome que recibe o porto deportivo da localidade polo "rexeitamento social" que xenera a súa figura. As Casas Modernistas da Illa de Arousa, que albergan a biblioteca, a escola de música e o club de xubilados, disporán este inverno do sistema de climatización por xeotermia. Varios concellos do Salnés xunto con outros trinta da provincia serán beneficiarios de cinco proxectos de eficiencia enerxética a través de paneis fotovoltaicos que mobilizarán ata 4,2 millóns de euros. A estrada provincial entre A Vichona e Dena dispón de cunetas transitables trala mellora executada pola Deputación. Cambados, capital da solidaridade en outubro coa celebración da segunda edición do Solidarity Fest, organizado pola Fundación Condado de Taboada en colaboración co Concello. Catoira abre esta fin de semana a programación complementaria da Romaría Vikinga con actividades deportivas que, organizadas por diferentes colectivos, reunirán a máis de 300 persoas na vila.
Consternación en Caldas polo falecemento do xoven de 14 anos que perdeu a vida tras lanzarse a nadar na laguna de Pedras Miudas, en Catoira. A humanización da rúa Conde Vallellano encara unha nova fase coa intención de que as obras queden rematadas en setembro. A Sala de exposicións Rivas Briones reabre as súas portas despois de permanecer pechada por obras un par de meses. Ribadumia realiza unha auditoría da rede municipal de abastecemento para detectar e minimizar as perdas de auga, así como mellorar o funcionamento do servizo. A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou hoxe a adxudicación dos contratos para a conservación de firmes na rede viaria provincial por importe de máis de 4,4 millóns de euros. Sanxenxo recibe a Categoría Ouro na Rede Galega de Praias sen Fume ao contar con 24 praias no programa. Dispositivo especial de mobilidade en Sanxenxo ante a chegada de 15.000 persoas para o concerto de Juan Luis Guerra. O campo de golf de Meis acollerá do 21 ao 27 de xullo a IX Semana de Ouro do Albariño, organizado pola Fundación Monte Castrove e o Concello de Cambados. A Romaría Vikinga de Catoira aumentará o mercado "para convertelo nunha verdadeira feira de temática vikinga no centro da vila". En Valga desenvolverá durante o vindeiro mes o Agosto Gastronómico cos chefs Álex Iglesias, Coque Fariña e Xoanqui Ameixeiras ao frente das actividades.
Aplazada a declaración de Durán pola querela da socialista María José Vales. A defensa do rexedor pediu un atestado da Garda Civil que consta noutro xulgado. O patrón maior de Portonovo, sancionado cunha multa de 2.469 euros imposta pola Consellería do Mar por exceder nuns 115 kilos as capturas de polbo que tiña no seu barco. A cuarta edición do Festival Son do Mar e o V Sachaso Rock reunirán no Pombal, en Cambados, a unhas 2.500 persoas do 24 ao 28 de xullo nun programa que fusiona música urbana, indie e rock. A Festa da Vieira abre esta tarde no Paseo da Calzada a carpa gastronómica na que se ofrecerán ata o domingo catro propostas de elaboración do bivalvo a prezos de entre 5 e 6 euros. A praia do Campanario, en Bamio, acollerá o sábado 26 de xullo a II Romaría Lombos do Ulla, organizada polas asociacións ‘Galicia Fermosa’, ‘Mulleres Rurais de Bamio’ e ‘Aldea Global’, ademais do Concello. Sanxenxo pon dende hoxe a disposición de veciñanza e visitantes unha parcela de 4.000 m2 para estacionamento gratuíto na estrada da circunvalación, próxima á estación de autobuses. Ribadumia está a levar a cabo nestes días traballos de mantemento e posta a punto do mobiliario urbano. O grupo municipal do PSdeG-PSOE de Ribadumia alerta da aparición de novos vertedoiros incontrolados no municipio, algúns deles en zonas de especial valor ambiental.
O corpo sen vida dun home de 72 anos foi atopado esta mañá no litoral de Moaña xunto a unha embarcación de recreo emborcada na praia de Borna. O patrón maior da confraría de Portonovo, interceptado con 118 kilos de polbo ilegal que capturara en augas da ría de Pontevedra. O BNG atribúe o falecemento dun veciño de Vilagarcía de 49 anos como consecuencia dun infarto ao retraso no servizo da ambulancia medicalizada trasladada a Sanxenxo. O acceso ao Castro Alobre quedará recuperado en breve. O Concello de Vilagarcía ven de adxudicar as obras de reparación do muro, a varanda e as escaleiras por importe de 165.000 euros. Abre o prazo para solicitar a instalación de atraccións, postos de alimentación, de venda e casetas de xogo nas Festas de San Roque de Vilagarcía. Rematan as obras de mellora da cuberta e fachada da Escola Infantil de Vilanoviña executadas polo Concello mediante unha achega da Xunta duns 20.000 euros. Conclúe a segunda fase da rexeneración do banco marisqueiro de O Bohído cunha nova sementeira de 44.000 unidades de ameixa babosa e xapónica.