DiscoverPodcast AROUSA SI RADIOAROUSA NOTICIAS 06 11 25
AROUSA NOTICIAS 06 11 25

AROUSA NOTICIAS 06 11 25

Update: 2025-11-06
Share

Description

A asociación Esmar contra a Violencia de Xénero centrará en Cambados a súa programación do 25 N, que inclúe a estrea do documental "Vivas" de Rubén Riós.

Cambados aproba por unanimidade a proposta dos grupos de goberno para que Costas do Estado inclúa na desafectación os viais e zonas verdes aledañas ás instalacións deportivas.

Besteiro, exixe dende Vilagarcía que a Xunta que modifique os Orzamentos para 2026 co fin de que garantan a creación de chan industrial.

O Partido Popular de Vilagarcía afirma que coa subida da taxa de lixo o Concello gañou durante este ano máis do previsto para o coste do servizo.

O PP da Illa denuncia que a futura concelleira nacionalista Lidia Barreira actúa "irregularmente" como representante do goberno municipal sen ter tomado posesión da acta.

Dúas empresas, Río Producciones e Servicios Integrales optan á montaxe e aluguer da gran carpa que Sanxenxo ten previsto converter nun Pazo de Nadal situado na Praza do Mar.

A Tómbola Benéfica de Amigos do Belén de Valga volverá a recadar fondos para a Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica, que dirixe o doutor Ángel Carracedo.

Un incendio de madrugada provoca importantes danos nunha vivenda do Grove, afortunadamente sen feridos.

Ingresa en prisión provisional, comunicada e sen fianza, o xoven detido o pasado setembro en Vilagarcía por, presuntamente, matar á súa nai.
Comments 
00:00
00:00
x

0.5x

0.8x

1.0x

1.25x

1.5x

2.0x

3.0x

Sleep Timer

Off

End of Episode

5 Minutes

10 Minutes

15 Minutes

30 Minutes

45 Minutes

60 Minutes

120 Minutes

AROUSA NOTICIAS 06 11 25

AROUSA NOTICIAS 06 11 25