DiscoverPodcast AROUSA SI RADIO
Podcast AROUSA SI RADIO
Claim Ownership

Podcast AROUSA SI RADIO

Author: Pury González

Subscribed: 2Played: 13
Share

Description


Información Local e Comarcal de luns a venres en Arousa Pontevedra Día a Día, a actualidade dos nosos concellos e comarcas: Salnés, Barbanza, Ulla-Umia, Pontevedra...
1338 Episodes
Reverse
A Subdelegación do Goberno activa dende hoxe o Plan de Vialidade Invernal que garante a circulación con seguridade pola rede de estradas estatais. A lonxa de Tragove está a bater récords históricos de descarga de volandeira nesta campaña de Nadal recén iniciada con máis de 7.000 quilos diarios durante a primeira semana. Novo vestiario para o campo de fútbol da Pelada e a renovación do chan e parte do material para o ximnasio municipal do pavillón Sara Gómez, en Vilagarcía. A cidadanía de Vilagarcía e a clientela do comercio local terán unha hora gratis nos aparcamentos cubertos de titularidade municipal, segundo a nova orde fiscal que se aprobará no pleno deste mes. Sanxenxo volve a apostar polos Recunchos de Nadal e dona 48 abetos que se ubicarán en once espazos diferentes ás asociacións do municipio para que decoren eles mesmos. A Illa de Arousa aproba de forma definitiva a adquisición ao Plan Nacional sobre Drogas das dúas parcelas embargadas no seu día a Marcial Dorado para a construcción de vivenda pública. Cambados aborda a prevención do suicidio nunha xornada de charla coloquio este domingo 23 na Casa da Calzada. O Cemiterio de Santa Mariña, en Cambados, acolleu esta mañá a homenaxe a Josefina Blanco, destacada actriz do século XIX comezos do XX e prodixio dos escenarios teatrais. A Orquestra Sinfónica de Galicia actúa mañá no Auditorio Municipal de Vilagarcía interpretando dúas composicións de Mozart e Dvorák. Condenados dous porteiros dun pub de Sanxenxo a multas de 1.350 e 360 euros por un delito leve de lesións tras agredir a un xoven que tentou sacar unha copa do local.
A Policía Nacional investiga o intento de asalto a unha vivenda ubicada en Cornazo. Segundo nos relatou a propietaria da vivenda, os feitos aconteceron o pasado venres sobre ás 9 da noite cando dous homes tentaron entrar na casa sen saber que había xente dentro. Búscase a un xoven de 23 anos do que nada se sabe dende que foi visto por última vez este luns no seu posto de traballo en Carril. Uns 300 profesionais da atención primaria e os PACs do Salnés están chamados ás mobilizacións e á folga convocadas polos sindicatos CCOO, CIG, UXT e CSIF. Vilagarcía estrea unha novidosa campaña do 25N basada nun proceso de escoita entre a cidadanía sobre o BOTRATO. Chegan a Cambados dous espectáculos musicales interactivos que están de xira por España: "Un Mundo de Fantasía" e "Bienvenidos" estarán no Auditorio da Xuventude o 22 de novembro ás 17 e ás 20 horas.
A Policía Nacional mantén aberta unha investigación tralo suceso rexistrado esta fin de semana nun hotel de Vilagarcía onde unha moza de 19 anos resultou ferida con varios cortes nunha perna. A rúa Clara Campoamor, que a veciñanza xa estreou o pasado venres, recibiu esta mañá a visita institucional do Concello de Vilagarcía e a Deputación de Pontevedra, aprazada no seu momento debido ás intensas chuvias. Operarios municipais xa traballan na reparición da da tubaxe de pluviais que esta fin de semana provocou a aparición dunha gran focha na praia da Compostela. A intensa chuvia motivou o derrumbe parcialo nun muro na rúa Carbuxeira, en Sanxenxo, afortunadamente sen danos persoais. Os traballos de mellora da Rúa Cesteiros e Panadeira, en Sanxenxo, avanzan a bo ritmo coa colocación da baldosa hidraúlica en ambos viais. A subdelegación do goberno en Pontevedra conmemorou esta mañá cun minuto de silencio Día Internacional en Lembranza das Vítimas de Accidentes de Tráfico. Ribadumia celebrará a Gala da octava edición da Festa do Deporte o sábado 29 de novembro ás 18:00 horas no Auditorio Municipal de Ribadumia.
A pesar das adversas condicións meteorolóxicos destes días, a campaña de extracción da centola está obtendo bos resultados de capturas. A Conselleira do Mar, Marta Villaverde, visitou hoxe a lonxa meca para comprobar as descargas da xornada. A reparación do Albergue de Carril comezará a vindeira semana cun orzamento de 4.400 euros que será asumido polo Concello de Vilagarcía. A reparación do firme da rotonda do Cavadelo iniciarase o vindeiro luns, se o tempo o permite, a través do Plan de Asfaltados Municipal. Vilanova recibirá os primeiros recursos do III Plan de Infraestruturas Deportivas da Deputación de Pontevedra con 140.000 euros para a renovación do céspede artificial do campo da S.D Chispa. Sanxenxo contará en 2026 cun orzamento municipal de 69,8 millóns que se someterá a debate no pleno ordinario do próximo 24 de novembro. A cidadanía de Caldas mobilizarase o 29 de novembro en protesta polo proxecto da Variante Oeste O Plan Integrado de Emprego do Salnés comezou o itinerario da súa XIV edición cunha formación pioneira e innovadora na que participan 30 persoas: o curso “Machine Learning para Procesos de Selección Intelixentes” en departamentos de Recursos Humanos. O comercio e a hostelería de Vilagarcía xa se poden adherir á campaña de bonos ‘Son da Casa!’ do 2025, que comezará a funcionar a partir do día 1 de decembro.
As chuvias intensas que se veñen reproducindo dende a pasada noite están a afectar con especial incidencia a localidades como Vilagarcía ou Vilanova. O grupo municipal do BNG de Vilagarcía pedirá no vindeiro pleno que se adopten medidas preventivas cando se teña previsión de condicións climatolóxicas adversas. Sanxenxo abre hoxe o prazo de inscrición para ocupar as casetas do mercado navideño que se instalará na carpa del Pazo de Nadal do 5 de decembro ao 5 de xaneiro. A convocatoria de folga do persoal de limpeza do Hospital do Salnés está a ter un seguimento do 100%. A recoñecida actriz María Galiana chega ao Auditorio Municipal de Vilagarcía este sábado para presentar a obra ‘Eu só quero irme a Francia’. A Illa de Arousa conmemora este sábado os 40 años da existencia da ponte que une o municipio insular co continente. A Deputación de Pontevedra tinguirá de azul o Pazo provincial este xoves polo Día Mundial da Diabete.
O inicio da campaña de extracción de centola deixa xa as primeiras incautacións de marisco na ría de Arousa. Gardacostas de Galicia decomisou 340 kilos deste crustáceo a unha sola embarcación por superar os topes máximos establecidos. A primeira xornada da centola deixou na lonxa meca prezos máximos de 34 euros por kilo para os primeiros crustáceos descargados, case cinco toneladas en total e unha facturación de 72.000 euros. Case o 80% dos polígonos de bateas de mexillón permancecen clausurados á extracción tralos últimos peches decretados hoxe polo Intecmar debido á extensión da toxina lipofílica (diarreica). Varios xabaríns e ata seis vehículos víronse implicados nun accidente múltiple rexistrado no tramo de vía rápida entre Sanxenxo e O Grove, á altura da parroquia de Noalla, afortunadamente sen persoas feridas. Martín Codax recibe a aprobación ambiental da Xunta para o seu proxecto dunha planta de compostaxe na parroquia de San Salvador de Meis. Vilagarcía abrirá o Nadal o 29 de novembro. Ese día será o acto de acendido da iluminación que se celebrará ás 19:00 horas na Praza de Galicia. A empresa responsable do asfaltado en avenida Juan Carlos I arranxará nos próximos días o socavón situado á altura da rúa Castor Sánchez con aglomerado en frío. As obras do novo peche perimetral do Punto Limpo de Sanxenxo avanza coa construción dun muro de contención e a mellora da canalización de pluviais. A Policía Local de Sanxenxo adhírese á campaña da DXT de especial vixilancia e control do transporte escolar durante esta semana. Catoira retira as pólas e árbores que están en contacto ou próximas aos cables do alumeado público ao longo de sete quilómetros de estradas municipais.
Unha veciña de Vilagarcía detida pola Garda Civil tras ser interceptada na peaxe de Teo tras recorrer la autopista en sentido contrario e dar positivo na proba de alcoolemia. Investigados dous veciños de Vilagarcía e unha muller de Caldas como presuntos autores dun roubo con forza no que sustraeron 160 kilos de cable telefónico en Zas. A Ministra de Defensa, Margarita Robles, comproba en Urovesa o avance do novo vehículo de exploración e recoñecemento terrestre que se está producindo na factoría valguesa. O persoal do servizo de limpeza do Hospital do Salnés irán á folga 15 días en novembro e decembro en demanda de equiparación das súas condicións laborais coas das plantillas doutros hospitais de referencia. Xa hai data para que a renovada rúa Clara Campoamor de Vilagarcía poida ser utilizada pola veciñanza tras un investimento municipal de 660.000 euros. Será este venres tras colocar o mobiliario urbano e os puntos de luz que faltan. O Grove pon en marcha un plan de mellora de infraestructuras viarias municipais comezando pola renovación integral da rúa Caldelas e a recuperación do paso peonil que a enlaza coa avenida de Xoán XXIII. O CIM de Sanxenxo leva atendidas este ano a 216 víctimas de violencia machista, cifra moi superior ás 145 do pasado ano. O actor e monologuista Xosé Antonio Touriñán regresa a Vilagarcía, desta volta da man de David Perdomo, para presentar o seu novo espectáculo de humor, "Amoriños". Será o 13 de decembro ás 21:00 horas no Auditorio Municipal.
Ravella fai público un informe da Tesourería municipal, complementario ao que antes fixeran Secretaría e Intervención, que “desminte claramente” o que o goberno local considera "un novo bulo" do Partido Popular local, neste caso, referido á taxa de lixo. A Feira do Viño Castes inicia mañá co Túnel do Viño a súa programación que se prolongará durante este mes de novembro. Vilanova inicia a tramitación do tan desexado Centro de Talasoterapia do Terrón, tras vinte anos de espera. Sae a licitación a construcción da piscina con auga de mar por importe de 600.000 euros e un prazo de execución de seis meses. A Illa de Arousa proxecta a humanización da área deportiva de Testos cun orzamento dun millón de euros "que pode marcar o inicio dunha nova etapa na vida deportiva e social do municipio". Sanxenxo volve a presumir de cifras de emprego, e mellora de novo os datos mensuais con respecto a anos anteriores cunha taxa de paro do 5,7% en outubro. O grupo Ence prevé plan de recorte de persoal que afectará a 39 operarios da fábrica de Lourizán mediante prexubilacións e baixas incentivadas.
A asociación Esmar contra a Violencia de Xénero centrará en Cambados a súa programación do 25 N, que inclúe a estrea do documental "Vivas" de Rubén Riós. Cambados aproba por unanimidade a proposta dos grupos de goberno para que Costas do Estado inclúa na desafectación os viais e zonas verdes aledañas ás instalacións deportivas. Besteiro, exixe dende Vilagarcía que a Xunta que modifique os Orzamentos para 2026 co fin de que garantan a creación de chan industrial. O Partido Popular de Vilagarcía afirma que coa subida da taxa de lixo o Concello gañou durante este ano máis do previsto para o coste do servizo. O PP da Illa denuncia que a futura concelleira nacionalista Lidia Barreira actúa "irregularmente" como representante do goberno municipal sen ter tomado posesión da acta. Dúas empresas, Río Producciones e Servicios Integrales optan á montaxe e aluguer da gran carpa que Sanxenxo ten previsto converter nun Pazo de Nadal situado na Praza do Mar. A Tómbola Benéfica de Amigos do Belén de Valga volverá a recadar fondos para a Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica, que dirixe o doutor Ángel Carracedo. Un incendio de madrugada provoca importantes danos nunha vivenda do Grove, afortunadamente sen feridos. Ingresa en prisión provisional, comunicada e sen fianza, o xoven detido o pasado setembro en Vilagarcía por, presuntamente, matar á súa nai.
Baixa o paro no Barbanza en 38 persoas e sube no Salnés en 122. O mercado laboral pecha outubro con comportamentos desiguais nas nosas comarcas. Vilagarcía exixe á Xunta que asuma as súa responsabilidade na reparación do colexio A Lomba. A Consellería asegura que son deficiencias de mantemento correspondentes á administración local. Autorizada a retirada do transformador da praza da Liberdade, no Carril, e a repotenciación do sistema eléctrico a través de varias rúas da localidade. Esquerda Unida solicita ao Concello que obrigue aos propietarios do aparcadoiro do supermercado LIDL a retirar as barreiras e peches que actualmente impiden o seu uso como aparcadoiro público. Concello e plataformas veciñais entregan na Subdelegación do Goberno en Pontevedra preto de 4.000 alegacións contra a Variante Oeste proposta polo Ministerio de Transportes e Movilidade Urbana. Sanxenxo volve a apostar, un ano máis, polo mercado británico e participa na World Travel Market de Londres. Catoira proxecta a recuperación total do Camiño Real cun itinerario dende o centro da vila ata o termo municipal de Vilagarcía.
O xoven detido esta fin de semana en Riberia como presunto autor dun intento de parricidio en Carreira permanece ingresado en Psiquiatría do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago. Técnicos municipais e o arquitecto municipal de Vilagarcía elaboran un informa sobre a a situación estructural do colexio A Lomba de Vilgarcía tras os desprendementos rexistrados o pasado venres para que a Xunta proceda con urxencia ao seu arranxo. Comezan as obras de pavimentación da rúa Fontecarmoa, enmarcadas dentro do Plan de Asfaltados do Concello de Vilagarcía no que se investirán máis de 300.000 euros na mellora de viais do municipio. Cambados denuncia unha vaga de actos vandálicos tras aparecer destrozada a escultura do Mirador de Refoxos. Zona Centro e o Concello poñen en marcha unha nova edición dos Bonos de Outono que permiten facer compras no comercio e na hostelería local por valor de 30 euros cun custe de 20. Ribadumia celebrará o Día Internacional para a eliminación da Violencia contra as Mulleres con actividades durante todo o mes de novembro baixo o lema "Por min e por todas as miñas compañeiras" O Concello de Sanxenxo convoca o III Concurso de Iluminación “Deslumbra co teu Nadal” no que se repartirán 4.000 euros en premios.
A Garda Civil investiga o suceso acontecido a primeiras horas desta mañá na estrada AP-9 ao seu paso polo concello de Vilaboa provocado por un lanzamento de pedras dende un paso elevado. Vilagarcía proxecta un quinto acceso á Via Verde do Salnés que, ademáis, suporá a ampliación da senda en case 300 metros. Sanxenxo pon en marcha o primeiro Camiño Escolar Seguro co alumnado do colexio da Florida, apostando pola mobilidade sostible e a seguridade infantil. A Fundación Amigos de Galicia alerta do impacto que, segundo asegura, están tendo as revisións recentes do Ingreso Mínimo Vital en numerosos fogares galegos. A Deputación de Pontevedra e o Mosteiro de Armenteira asinarán un convenio de colaboración destinado á produtos de cosmética elaborados con aceite de camelias da provincia de Pontevedra. A veciñanza acude aos Mercados das Flores de Vilagarcía e Cambados nas vésperas do Día de Defuntos.
Unha masiva manifestación de profesores do ensino público percorreu esta mañá as rúas da cidade de Pontevedra nunha segunda xornada de folga convocada polos sindicatos CIG e STEG en demanda de mellores condicións laborais. Vilagarcía licita o proxecto para renovar a iluminación no paseo marítimo, que conta cun presuposto de 496.000 euros e catro meses de execución e avanza unha segunda fase. As obras da nova Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) da Illa de Arousa avanzan a "bo ritmo" coa previsión de que os traballos queden rematados no prazo estimado de maio do vindeiro ano. A rúa Outeiro da Vila, da Illa de Arousa, queda dende hoxe en sentido único de circulación dende o IES cara a Rúa Paradela. Meaño disporá antes de que remate o ano dunha nova área de esparcemento nos Pasales, na contorna do Pump Truck, con pérgola, vexetación e bancos nun proxecto impulsado dende a Mancomunidade. En Valga, quedaron inauguradas as obras de supresión dos dous pasos a nivel ubicados na parroquia de Cordeiro, concretamente nos puntos de Carracido e Castiñeiras-Carballa. O Partido Popular na Deputación de Pontevedra presentará este venres no Pleno unha moción solicitando ao Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible a inmediata anulación do actual proxecto da Variante Oeste de Caldas. O Grove e Sanxenxo promocionarán esta fin de semana en Oporto a media Maratón Entrerías, que celebrará a súa terceira edición o 17 de maio. Cambados adianta a esta tarde ás 19.30 o desfile musical da Santa Compaña ante a previsión de chuvia para mañá.
O Instituto Castro Alobre de Vilagarcía conmemorou hoxe o Día Internacional da Saída do Armario nun acto organizado polo grupo de Diversidades Afectivo Sexuais do centro. A pista de atletismo de Fontecarmoa estrea luminarias nun proxecto de 165.000 euros, promovido polo Concello e financiado a través da Deputación Pontevedra, que pretende a mellora das instalacións para que poidan albergar competicións oficiais. A contorna da estación de ferrocarril de Pontecesures luce nova imaxe tralas obras de acondicionamento executadas polo Concello e a Deputación cun orzamento duns 470.000 euros, financiados nun 70% con fondos provinciais. O Concello de Pontecesures xa es centenario. O municipio celebrou os seus cen anos como vila independente nun pleno extraordinario que incluiu a estrea da Muiñeira de Cesures. A Festa do Marisco encara a última fin de semana desta edición co obxectivo de alcanzar as 100.000 persoas visitantes e a entrega das Centolas de Ouro En Cambados, os xardíns do Pazo Torrado acollen dende esta tarde e ao longo da fin de semana a segunda edición do Solidarity Fest.
Unha muller foi detida esta mañá en Vilagarcía tras provocar un altercado nun céntrico bar da cidade. o bar Concello, e ferir a unha das responsables do local ameazándoa de morte. Un veciño de Vilanova, duns 50 anos, foi detido pola Garda Civil en Ribadeo cando circulaba pola autoestrada do Cantábrico nun vehículo no que transportaba alrededor de diez kilos de estupefacientes ocultos nos baixos do coche. O sindicato CIG volve a denunciar a situación laboral existente na Escola Infantil Municipal de Vilagarcía , xestionada dende hai máis de 30 anos pola empresa Bonecos Vilagarcía S.L. O grupo municipal do BNG de Vilagarcía quere saber os datos reais de participación, na Carreira Solidaria por Ucraína celebrada o pasado 27 de setembro polas rúas da cidade, provocando, segundo afirman, o colapso de tráfico no centro urbano. O Concello agarda que a Festa do Marisco alcance este ano a asistencia dunhas 100.000 persoas. O evento gastronómico encara a última fin de semana cunha presencia constante de visitantes e actividades paralelas como o Premio Europeo de Gastronomía Tradicional Lola Torres. A Praza de Abastos acolleu esta mañá unha nova xornada do ciclo 'O calendario da ría na túa mesa' que promove o consumo de peixe de proximidade. En Cambados, os xardíns do Pazo Torrado acollen dende mañá venres e ao longo da fin de semana a segunda edición do Solidarity Fest.
En Cambados, os xardíns do Pazo Torrado acollen dende mañá venres e ao longo da fin de semana a segunda edición do Solidarity Fest. Un evento promovido dende a Fundación Condado de Taboada que inclúe unha ampla programación de concertos, con Guadi Galego e Ortiga, postos de artesanía, gastronomía e actividades co fin de recadar fondos para a investigación contra o cancro. Para saber os detalles falamos con Juan Barrié, membro do Patronato da Fundación Condado de Taboada..
As excavacións arqueolóxicas que o Concello de Vilagarcía está a realizar no Castro Alobre quedarán rematadas a vindeira semana, segundo as estimacións dos responsables da empresa A Citania, encargada dos traballos. Vilagarcía recibirá esta tarde a visita do xurado do concurso ‘Vilas en Flor’, o certame que premia a mellora e potenciación paisaxística dos concellos galegos de menos de 40.000 habitantes. O Grove e a Xunta abordaron esta mañá o proxecto de humanización da rúa Luis Antonio Mestre nun encontro que mantivo en Santiago o alcalde José Antonio Cacabelos coa Conselleira de Infraestructuras María Allegue. A Festa do Marisco pasa o ecuador mantendo unha importante presencia de visitantes, nun ambiente máis relaxado que durante a fin de semana, pero cunha boa afluencia nas carpas. Sanxenxo inicia un programa para promover o bo trato á infancia e á adolescencia do municipio sensibilizando á cidadanía co fin de defender os dereitos dos menores. O grupo parlamentario socialista afirma que a Xunta non vai conceder axudas propias para o peche de seis meses decretado nos bancos de libre marisqueo de Arousa.
Continúa aberto o último operativo contra o narcotráfico desplegado pola Policía Nacional en ambos marxes da ría de Arousa, un dos máis importantes dos efectuados ao longo deste ano. En Vilagarcía, xa hai data para a celebración da Feira Castes na súa vertente musical. Do 21 ao 23 de novembro, o evento reunirá na Praza da Peixería e na contorna da Praza de Abastos artistas de referencia como Kiko Veneno, Carlangas ou o grupo galego Monolius DOP. Cambados estudará o proxecto que ten a nova propiedade do Pazo de Montesacro para que a súa conversión en hotel de categoría superior destinado a aloxamentos e eventos redunde en beneficio para a vila. O Grove sigue inmerso nos preparativos da Festa do Marisco, que se celebrará do 2 ao 12 de outubro. A unha semana do seu inicio, as concesiones dos postos gastronómicos todavía son provisionais. Ribadumia celebra esta fin de semana, venres e sabado, o segundo encontro literario, coa implicación de librarías e conserveiras da comarca na súa organización, ademáis da Xunta de Galicia e a Deputación Pontevedra. A Asociación Autismo BATA organiza mañá un concerto benéfico no Salón García da man do grupo ‘Orfeón Voces Graves de Arousa’, que dará comezo ás 20:00 horas.
A Policía Nacional busca ao autor dun roubo rexistrado a primeira hora desta mañá na gasolineira Cepsa da recta de Rubiáns, en Vilagarcía. O Concello de Vilagarcía volveu a expresar esta mañá a súa solidariedade co pobo palestino seguindo a convocatoria realizada pola Federación Galega de Municipios e Provincias que se realizou simultaneamente noutros concellos e deputacións de Galicia. A colaboración municipal coas Comunidades de Montes de Vilagarcía para o mantemento e prevención de incendios forestais permitiu o acondicionamento de ata 46 hectáreas de monte. O Concello de Cambados e a empresa Xesta Telecom asinaron esta mañá un convenio para promover iniciativas medioambientas vencelladas a un desenvolvemento sostible do municipio. O Grove conta os días para a 72 edición da Festa do Marisco que se celebrará na Praza do Corgo do 2 ao 12 de outubro. Cambados recupera a carreira popular 10K da man do club atletismo Cambados e o Concello coa axuda da Deputación de Pontevedra e a colaboración de Gadis e Froiz.
A campaña da vendima entra na recta final e de momento xa se rozan os 40 millóns de kilos de uva recollida nas diferentes subzonas da D.O Rías Baixas. A Plataforma en Defensa da Ría de Arousa pide ao Ministerio de Transición Ecolóxica e a Portos de Galicia que rectifiquen o novo punto de verquido elexido para depositar os dragados portuarios. O alixo de cocaína incautado esta pasada fin de semana na Pobra supera os 3.000 kilos, trala localización de novas cantidades por parte da Policía Local nas últimas horas. A agrupación de Protección Civil e Emerxencias de Vilagarcía dispón dende hoxe dunha nova ambulancia destinada a usos preventivos. O Concello de Sanxenxo proxecta a renovación das instalacións do Punto Limpo "As Cereixeiras" cun orzamento previsto de 82.000 euros, financiados nun 90% mediante fondos europeos. Ribadumia abrirá este xoves, 18 de setembro, o prazo de inscrición para as actividades de lecer e tempo libre organizadas polo Consistorio, A Deputación de Pontevedra creará no polígono industrial de Barro un espazo robotizado para gardar as coleccións do Museo de Pontevedra. O Pazo Emilia Pardo Bazán de Sanxenxo acolle este sábado dous espectáculos musicais con representación única na comarca: Un Mundo de Fantasía é Bienvenidos La Radio Fórmula. Conversamos sobre ambos co xerente da productora DiverFest. O humor, protagonista da programación de outono en Vilagarcía, con Carlos Blanco, Touriñán e David Cepo. O barrio do Piñeiriño, en Vilagarcía, pecha o verán cunha fin de semana cargada de música e bo ambiente baixo a organización da Asociación Veciñal Breogán.
loading
Comments 
loading